TR349C - Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través do seguinte programa:
- Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións en indefinidos dos contratos temporais de prácticas, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación realizadas desde o día 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016.

Para os efectos deste programa a transformación do contrato temporal en indefinido deberá producirse ao remate da duración inicial do contrato temporal.

A quen vai dirixido?

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.


Obrigas das entidades beneficiarias
1. Manter no seu cadro de persoal fixo ás persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da transformación subvencionada.
No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante, polo menos en tempo de dedicación igual á anterior, cunha nova transformación dun contrato temporal que estivese vixente na data de baixa da persoa traballadora substituída e, de non ser isto posible, cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.
2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da transformación, que se contarán desde o mes de realización da transformación.
3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberá presentarse respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes no que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os documentos TC2 das 24 mensualidades.
Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.
4. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador aos que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas que percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos aos que se refiren o anexo I do Regulamento (UE) num. 1304/2013, so Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.
A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola cal se solicita subvención.
No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

2. No se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.
3. No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).
Nos supostos de de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.

Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos dous apartados anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 881881582 / 981185893

Fax: 981881581

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386196 / 988386839

Fax: 988386838

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817008 / 986817016

Fax: 986817010

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2016).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 153 do 12 de agosto de 2016).

Ligazón á normativa

Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario e se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 14 de xullo) (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2018).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.