IG406L - Axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros, cofinanciadas polo fondo europeo de desenvolvemento rexional, no marco do programa opera...

Actualizado el 12 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 ? e 200.000 euros (procedemento IG174).

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014 para os proxectos que finalicen en 2014 e o 30 de xuño de 2015 para os proxectos que finalicen no ano 2015. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento no prazo improrrogable dun mes desde o día seguinte á dita data (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).

A quen vai dirixido?

As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no citado Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, e acometan proxectos subvencionables. Non serán subvencionables as seguintes actividades:

a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios, e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura reguladas polo Regulamento (CE) 104/2000.

- CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40).
- CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38.

b) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):
- CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.

c) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

d) O sector do carbón e do aceiro:
- CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

e) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da Comisión DO C 160, do 28 de outubro de 2006:
- CNAE 09: clase 30.11.

Se cumpren os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser, así mesmo, beneficiarias:
a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As agrupacións de interese económico.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 1, número 7º, do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

Son obrigas dos beneficiarios:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e, se é o caso, manter os investimentos durante polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e poderá ser obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, especialmente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.
d) Comunicarlle ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, supere o custo elixible do proxecto.
e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
f) Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, a Consellería de Economía e Industria e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos postos, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es
Para dar publicidade do financiamento atenderase o establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG nº 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, apartados 1) e 2), do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es
g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Requisitos dos proxectos subvencionables:

a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.

b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderá ser incorrido con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos establecido na resolución de concesión.


d) O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades do sector servizos, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
- A construción.
- O comercio por xunto e o comercio retallista: reparación de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09, grupos 45.1, 45.2 e 45.4)
- O transporte e almacenamento.
- Servizos hostaleiros de aloxamento.
- Servizos de información e comunicacións.
- Seguros, reaseguros e fondos de pensións, excepto seguridade social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros.
- Actividades inmobiliarias.
- Actividades profesionais, científicas e técnicas.
- Actividades administrativas e servizos auxiliares.
- Educación.
- Actividades sanitarias e de servizos sociais.
- Actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.
- Outros servizos.

e) Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos consideraranse como un único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981182239

Fax: 981182240

Email: coruña@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

15403 Ferrol (Coruña, A)

Teléfono: 981337101

Fax: 981337106

Email: ferrol@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294032

Fax: 982294801

Email: lugo@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

32004 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988687289

Fax: 988687290

Email: ourense@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

36003 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986805305

Fax: 986805308

Email: pontevedra@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817366

Fax: 986817361

Email: vigo@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

Ligazón á normativa

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

Ligazón á normativa

Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 ? e 200.000 ?, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 230 do 2 de decembro de 2013).

Ligazón á normativa

Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas aos proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 (procedemento IG103) ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 237 do 12 de decembro de 2013).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 244 do 23 de decembro de 2013).

Ligazón á normativa

Resolución do 23 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas aos proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros (procedemento IG174) ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2013).

Ligazón á normativa

Resolución do 24 de marzo de 2014 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2014).

Ligazón á normativa

Resolución do 20 de xuño de 2014 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2014 das bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 119 do 25 de xuño de 2014).

Ligazón á normativa

Resolución do 5 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2017 (DOG nº 112 do 13 de xuño de 2018).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

Ligazón á normativa

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

Ligazón á normativa

Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.