BS607A - Programa Benestar en Balnearios.
Obxecto
1. O obxecto é a oferta de prazas para as estadías e os tratamentos termais dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 e realizar á súa convocatoria.
2. Para tal efecto, enténdese por establecementos balnearios aqueles que dispoñen de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública segundo o artigo 2 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazas e quendas convocadas .
1. Convócanse 700 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia 2019, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV.
2. As quendas teñen una duración de 10 días, con nove noites cada unha, e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
3. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de outubro de 2019.
Servizos e prestacións ofertados .
1. A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:
a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
1º. O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
2º. O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
3º. O seguimento médico do tratamento.
c) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, termal ou residencial.
d) Póliza colectiva de seguro turístico.
2. As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en habitación individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude, nos termos do anexo I, e acreditalo ao incorporarse á quenda.
3. As persoas beneficiarias que estean interesadas en participar nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal, hoteleiro ou residencial terano que facer polos seus propios medios e ao seu cargo.
4. O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal, así como o de regreso, serán por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
2. A persoa solicitante poderá ir acompañada:
a) Do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa con quen teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do número primeiro.
b) Dun fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).
c) Dunha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1.
3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA
SERVIZO DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA
San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547391 / 981544640 / 981546737
Fax: 981545691
Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es
http://www.xunta.es/politica-social
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA
R/ Concepción Arenal, 7-9
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881537
Fax: 981881506
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo
R/ Serra de Ancares, 68 baixo
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294896
Fax: 982889162
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE
SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE
R/ Concello, 14
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988372430
Fax: 988370884
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO
SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO
Praza da Estrela, s/n - 3º Andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817214
Fax: 986817637
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 64 do 2 de abril de 2019).
Resolución do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 14 de maio de 2019 pola que se aproba a relación de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas para a estadía e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 (DOG nº 97 do 23 de maio de 2019).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres