PE601C - Bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para as persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 02/07/2016 - 01/08/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses.

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se indica:
    • a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
    • b) Título academico correspondente (só no caso de non autorizar a súa consulta) ou, no caso de non telo, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.
    • c) Certificación academica completa dos estudos realizados indicados nesta convocatoria, con detalle das materias cursadas e das cualificacións obtidas.
    • d) Currículum vítae da persoa solicitante cos documentos acreditativos dos meritos alegados (debidamente relacionados e paxinados). Non serán computables aqueles meritos alegados que non estean convenientemente xustificados.
    • e) Unha memoria asinada polo/a aspirante que incluirá os seguintes puntos:
      • Unha planificación da produción para cultivar un total de 5 millóns de exemplares de cría de ameixa babosa de 3 mm de tamaño.
      • Un estudo sobre as actividades de cultivo por área de produción que se van levar a cabo nunha instalación piloto de acuicultura tipo minicriadoiro de bivalvos.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
      As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, segundo o modelo que figura no anexo desta orde, que se poderá descargar en formato electrónico na ligazón servizos de administración electrónica da páxina https://sede.xunta.es, tamen se poderá descargar no enderezo electrónico https://www.mar.xunta.gal.
    • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)

Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2
27863Viveiro
Teléfono: 982555003Fax: 982555007

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

R/ Concepción Arenal, nº 8
36201Vigo
Teléfono: 986817113Fax: 986817102

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

CENTROS PÚBLICOS DE ENSINANZAS NÁUTICAS E MARÍTIMO-PESQUEIRO

INSTITUTO GALEGO DE FORMACIÓN EN ACUICULTURA DA ILLA DE AROUSA
Niño do Corvo, s/n
36626Vilanova de Arousa
Teléfono: 986527101Fax: 986527161

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN, ENSINO E RELACIÓNS SECTORIAIS

SERVIZO DE COORDINACIÓN E APOIO Á XESTIÓN
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701Santiago de Compostela
Teléfono: 981546151Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Información web: http://webpesca.xunta.es.

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

R/ Ramón y Cajal, nº 2 -5º
15006Coruña, A
Teléfono: 981182029Fax: 981182027

Versión en formato PDF

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura; así como proceder a convocar catro (4) bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos.

Beneficiarios:

Titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura.

Requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Pode presentarse aquel alumnado titulado como técnico medio en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnico medio en Cultivos Acuícolas e/ou técnico superior en Produción Acuícola/técnico superior en Acuicultura.
c) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.
d) Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 3 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura e se procede á súa convocatoria (DOG nº 124 do 1 de xullo de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.