VI482A - Bono de aluguer social do plan rehavita. Participación no programa de subvencións.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: 19/01/2017 - 20/11/2017.
Comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG e terminará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso o día 20 de novembro de 2017.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- Solicitude segundo el Anexo I, acompañada da seguinte documentación:
- Comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia (Anexo II).
- Copia da demanda interposta nun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas.
- No caso de nai xestante, certificado medico ou documentación que acredite o citado estado.
- Certificado acreditativo da situación de adopción en trámite, de ser o caso.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante, no caso de ser expedido por unha Administración distinta da Xunta de Galicia.
- Compromiso, asinado polas personas arrendataria/s e arrendadora/s, de someterse ás condicións do Programa de bono de alugueiro social, e número das contas bancarias nas que se ingresarán as subvencións (Anexo III).
- Informe social cos contidos referidos na orde de bases.
- Para o caso de mulleres víctimas de violencia de xenero, deberán acreditar esta condición mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos:
- Certificación, testemuño ou copia autenticada pola secretaría xudicial da orde de protección ou da medida cautelar adoptada.
- Sentenza que declare que a muller sufriu violencia de xenero.
- Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuicio oral ou documento equivalente en que conste a existencia de ditos indicios.
- Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local nos que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cese da convivencia.
- Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data na que se produciu o cesamento da convivencia.
- Para o caso das persoas privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación dos seguintes documentos:
- Título que acredite a súa condición de persoa propietaria ou usufrutuaria da vivenda afectada polos danos.
- Memoria que acredite a inhabitabilidade da vivenda polos danos sufridos.
- Reportaxe fotográfico onde se reflictan os danos sufridos pola vivenda.
- Contrato de arrendamento da vivenda e xustificante do depósito da fianza ou indicación do código de procedemento, número de expediente e ano de presentación do depósito da fianza. No caso de descoñecer se foi presentada a fianza.
- A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de acordo co establecido nos artigos 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para a presentación da solicitude poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365). - Tamen se poderá presentar a solicitude en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución. Este anexo tamen está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE PONTEVEDRA
Rúa Alcalde Hevia 7
36071Pontevedra
Teléfono: 986805610Fax: 986805663
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CORUÑA
Praza de Luis Seoane, s/n
15008Coruña, A
Teléfono: 981184801Fax: 981184860
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE OURENSE
Rúa Sáenz Díez, 1
32071Ourense
Teléfono: 988386271Fax: 988386235
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Información web: www.igvs.es
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE LUGO
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071Lugo
Teléfono: 982294602Fax: 982294624
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para o exercicio 2017, con financiamento plurianual.
Beneficiarios:
Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.
Requisitos:
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia durante, polo menos, os 12 meses.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 6.
e) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (en diante, IPREM).
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptuase o caso de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.
Para os efectos anteriores:
- Considerarase unha vivenda insuficiente aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil. Non se computará, neste suposto, a superficie correspondente a baños, corredores e tendais.
- Considerarase vivenda inadecuada por razóns de habitabilidade aquela que se atope en situación legal de ruína, así como aqueloutra que teña deficiencias que afecten de forma notoria a súa habitabilidade.
- Considerase vivenda inadecuada por razóns de mobilidade aquela que pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.
h) Que non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
i) Que os membros da unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non
b) Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento tivese unha duración superior aos 12 meses.
3. No caso de mulleres pertencentes ao colectivo de vítimas de violencia de xénero, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que a situación de violencia de xénero se producise no seo dunha relación de convivencia.
b) Que teña cesado a dita convivencia dentro dos 12 meses anteriores á presentación da solicitude.
c) Que á data de presentación da solicitude leven residindo polo menos dous meses nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscrito a unha Administración pública.
d) Que o documento acreditativo da situación de violencia sinalado no artigo 9 desta orde fose emitido dentro dos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Que a orde de protección ou calquera outra medida cautelar adoptada estea vixente na data de presentación da solicitude e se manteña na data da resolución desta axuda.
4. No caso de unidades de convivencia privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc., ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que a circunstancia imprevisible e sobrevida acaecese dentro dos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.
5. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos 9 meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que non se lles interpuxese unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
b) Que non teñan débedas derivadas de subministracións dos recibos de auga, electricidade e/ou gas da vivenda alugada a través do Programa Aluga por un período superior aos 2 meses.
6. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que entre a finalización do contrato de arrendamento e a presentación da solicitude de axuda non transcorresen máis de 3 meses.
7. No caso de unidades de convivencia en que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa, ademais de cumprir os requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da comisión de seguimento e coordinación do Programa de vivendas baleiras resulte acreditada en virtude do informe dos servizos sociais do respectivo concello a que se refire o número 10.X) do artigo 9.
AUTONÓMICA
Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, con financiamento plurianual (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2017).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres