Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 14/06/2016 - 26/07/2016.
Dende o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 26 de xullo de 2016, para os ciclos de grao medio.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN,FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
San Caetano, s/n
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546562Fax: 981546550
http://www.edu.xunta.es
Versión en formato PDFConvocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17.
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
Aspirantes acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.
Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.
- Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño:
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo; os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.
- Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en belas artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en deseño industrial.
-Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio de artes plásticas e deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:
a) Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.
AUTONÓMICA
Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2007).
AUTONÓMICA
Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño (DOG nº 59 do 25 de marzo de 2013).
AUTONÓMICA
Resolucíón do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2016).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Resolución do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17 (DOG nº 115 do 17 de xuño de 2016).
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 14/06/2016 - 20/06/2016.
A partir do día seguinte ao da publicación da Resolucíón no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de xuño de 2016, para os ciclos de grao superior.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN,FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
S.X. APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial
San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546511Fax: 981546551
Convocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17.
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
Aspirantes acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.
-Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para efectos académicos, e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezanove anos, ou os dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.
Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas, ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.
Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, ben que no momento de formalizar a matrícula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida.
- Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
- Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en belas artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en deseño industrial.
- Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de artes plásticas e deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:
a) Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.
AUTONÓMICA
Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2007).
AUTONÓMICA
Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño (DOG nº 59 do 25 de marzo de 2013).
AUTONÓMICA
Resolución do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2016).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Resolución do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17 (DOG nº 115 do 17 de xuño de 2016).
Tramitación en liña
Presencial
Prazo de presentación: 07/08/2015 - 07/09/2015
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881996077 / 881996078Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
1. A campaña tarxeta-bono Cultura Galega realizada pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ten por obxecto a subvención da compra de certos produtos culturais, entre a poboación comprendida entre os 18 e 30 anos, mediante a emisión de bonos cos cales o usuario/a se beneficiará dunha subvención para adquirir libros en galego e/ou entradas para asistir a espectáculos de artes escénicas representados na Comunidade Autónoma galega (no suposto de representacións teatrais, estas deben ser en idioma galego).
2. Cada un destes bonos concretizados nunha tarxeta(s)-bono Cultura Galega terá un prezo de venda de 33 euros e daralle ao/á portador/a un valor de 50 euros para a adquisición de libros en galego ou entradas a espectáculos de artes escénicas representados na Comunidade Autónoma galega (no suposto de representacións teatrais, estas deben ser en idioma galego) e realizados dentro da rede de establecementos adheridos á campaña.
A diferenza subvención de 17 euros en cada tarxeta-bono será achegada pola Agadic co obxectivo de incentivar o consumo destes produtos culturais.
1. Consideraranse beneficiarios destas axudas as persoas físicas que adquiran unha Tarxeta-Bono Cultura Galega polos medios e canles establecidos na cláusula segunda, parágrafo 3, da presente resolución, e comprendidas entre as idades de 18 a 30 anos.
2. Para a adquisición dos produtos subvencionables será precisa a presentación por parte do beneficiario de documento acreditativo da súa identidade. Os beneficiarios quedarán sometidos ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.
1. Poderán adherirse ao programa tarxeta-bono Cultura Galega, aceptando esta como medio de pagamento, aqueles establecementos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia de que sexan persoas físicas ou xurídicas, cumpran os seguintes requisitos:
a) Sexan establecementos mercantís de libre acceso ao publico, dedicados fundamentalmente á venda de libros (pemes e grandes empresas) ou de espectáculos escénicos (teatro, danza, música...), con independencia da súa titularidade pública ou privada.
b) Dispoñan de acceso á internet no punto de venda.
2. O número máximo de establecementos que poderán adherirse a este programa é de 180 e as solicitudes resolveranse por orde de entrada.
AUTONÓMICA
RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015 para o desenvolvemento e a promoción da tarxeta-bono Cultura Galega. (DOG Núm. 148 do 6 de agosto de 2015)
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
Servizo de Turismo
Praza Luis Seoane, s/n
15008A CORUÑA
Teléfono: 981184674 / 981184681Fax: 981184678
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
Servizo de Turismo
Ronda da Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294220 / 982294227Fax: 982889053
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
Servizo de Turismo
R/ Curros Enríquez, 1-4º
32003OURENSE
Teléfono: 988386069 / 988386035Fax: 988386727
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
Servizo de Turismo
R/ Fernández Ladreda, 43-6º
36003VIGO
Teléfono: 986805520 / 986805574Fax: 986805575
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
AXENCIA TURISMO DE GALICIA
DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
Estrada Santiago ? Noia km3
15703SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546365Fax: 981546371
Se unha persoa física ou xurídica está interesada na apertura dun establecemento dos denominados furanchos,(adegas nas que a súa actividade principal sexa a de subministrar mediante prezo o viño excedente do consumo propio que procede dos seus viñedos), debe presentar, ante o Servizo de Turismo da Xefatura Territorial da provincia correspondente, a declaración responsable de que cumpre os requisitos establecidos na normativa vixente para o inicio de actividade e solicitar a oportuna clasificación turística.
AUTONÓMICA
Decreto 116/2008, do 8 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos de restauración do grupo de furanchos (DOG nº 113 do 12 de xuño de 2008)
AUTONÓMICA
Orde do 23 de setembro de 2008, pola que se desenvolve o Decreto 116/2008, do 8 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos de restauración denominados furanchos en Galicia (DOG nº 194 do 7 de outubro de 2008).
AUTONÓMICA
Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246 do 19 de decembro de 2008).
AUTONÓMICA
Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOG nº 36 do 23 de febreiro de 2010).
AUTONÓMICA
Orde do 10 de maio de 2010 da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de declaración responsable e comunicación previa relativos a actividades de servizos turísticos (DOG nº 107 do 8 de xuño de 2010).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
O Decreto 50/2014, do 10 de abril, entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia: o 27 de maio de 2014.
Prazo de resolución: Consultar o apartado obxecto
Sentido do silencio administrativo: Consultar o apartado obxecto
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE MONTES
R/ Vicente Ferrer, 2
15008A CORUÑA
Teléfono: 981184575Fax: 981184672
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE MONTES
Ronda da Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294531Fax: 982294874
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE MONTES
Avda. da Habana, 79-3º
32004OURENSE
Teléfono: 988386695Fax: 988386697
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE MONTES
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805411Fax: 986805478
Un colectivo ou grupo de persoas propietarias de predios ou as persoas por eles au¬torizadas poderán solicitar, de xeito conxunto e continuado (até 3 meses), autorización para a execución dun aproveitamento madeireiro ou leñoso nunha única solicitude, por medio dunha persoa representante legalmente habilitada e conforme o modelo establecido no anexo V (MR604B) e para os efectos de autorización de consulta dos datos de identidade das persoas propietarias, no anexo XI (incluído en MR604B).
Prazo de resolución
15 días hábiles
Período máximo de inclusión de novas parcelas
A persoa repre¬sentante a que se concedeu a autorización inicial terá un período máximo de tres meses, contados desde o día de notificación da concesión da autorización compartida inicial, para poder ir engadíndolle máis aproveitamentos madeireiros e leñosos noutras superficies fo¬restais dando conta dos requisitos establecidos.
A inclusión de novas parcelas non suporá a ampliación deste prazo de tres meses.
Cómputo de prazos de resolución
Os prazos de resolución nos procedementos de autorización computaranse desde a data en que se rexistra a solicitude telemáticamente.
Sentido do silencio
O sentido do silencio será estimatorio, entendéndose concedida a autorización solicitada.
Prazo para a execución do aproveitamento
O prazo máximo para a execución do aproveitamento madeireiro ou leñoso é de doce meses, contados desde a data da notificación da autorización ou, se é o caso, desde a data en que se produza o efecto positivo do silencio administrativo.
O prazo para a realización do aproveitamento poderase prorrogar, logo de solicitude xustificada, por un único prazo, que en ningún caso poderá superar o da concesión inicial. A solicitude da prórroga deberá presentarse con anterioridade a que transcorra o prazo inicialmente concedido para executar o aproveitamento.
Prazo para a rexeneración tras a realización do aproveitamento
Unha vez executado o aproveitamento, en casos de corta final, a persoa propietaria do monte ou terreo forestal deberá realizar as actuacións necesarias encamiñadas á rexeneración, natural ou artificial, da superficie afectada, procedendo á renovación da masa arborada nun período de tempo non supe¬rior a dous anos contados desde a data en que finalice a execución do aproveitamento autorizado, agás causas xustificadas, debida¬mente acreditadas, tales como que a especie para rexenerar necesite un maior período ou aqueloutras baseadas nun cambio de uso ou actividade que afecte a superficie obxecto do aproveitamento e impida ou dificulte decisivamente esta renovación.
A rexeneración natural ou artificial en montes ou terreos forestais deberá respectar as distancias establecidas no anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Montes ou terreos forestais de natureza privada xestionados por persoas físicas ou xurídicas de dereito privado situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que non poderán afectar en ningún caso a terreos baixo un réxime de protección especial ou a especies do anexo I e a superficie total conxunta da solicitude non superará as 15 hectáreas.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos.
Nesta solicitude deberase desagregar, de xeito individualizado por persoa propietaria e referencia catastral, a especie e o volume total de madeira obxecto de aproveitamento, de conformidade co modelo establecido no mesmo anexo V (MR604B).
As novas parcelas de inclusión, deberán estar, en todo caso, situadas na mesma parroquia ou en parroquias colindantes con respecto á situación do predio ou predios en que se situaban as especies obxecto da autorización compartida inicialmente concedida, e sempre dentro da mesma provincia.
AUTONÓMICA
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
AUTONÓMICA
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE SANIDADE
DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE
SERVIZO DE SANIDADE AMBIENTAL
San Lázaro s/n
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881542955Fax: 881542943
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
R/ Durán Loriga, 3-7ª
15003A CORUÑA
Teléfono: 981155832Fax: 981155813
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
Montevideo, 9
27001LUGO
Teléfono: 982292087Fax: 982292128
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
Avda. Zamora, 13
32005OURENSE
Teléfono: 988066325Fax: 988066331
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
R/Fernández Ladreda, 43-1º
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986885878Fax: 986505610
Regular as condicións de formación do persoal dos establecementos que realizan prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing.
Entidades, públicas ou privadas, interesadas en obter autorización administrativa para exercer actividades de formación do devandito persoal na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Dispoñer dunha estrutura organizativa e xerárquica axeitada para o desenvolvemento das accións formativas con descrición de responsabilidades, funcións e campos de actuación obxecto das súas actividades.
- Dispoñer dun programa de formación, así como dos recursos materiais e persoal axeitado para realizar as actividades de formación, de conformidade co artigo 8 e o anexo II do Decreto 13/2004, de 15 de xaneiro.
- Dispoñer dun sistema continuado de formación do persoal formado/docente que asegure a permanente adecuación deste, e as funcións a realizar.
AUTONÓMICA
Decreto 13/2004, do 15 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos técnicos e condicións sanitarias mínimas aplicables ás prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2004).
AUTONÓMICA
Orde de 22 de xullo de 2004, de regulación da formación do persoal que realiza prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing e o procedemento para a autorización das entidades de formación (DOG nº 152 do 6 de agosto de 2004).
AUTONÓMICA
Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade. (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE SANIDADE
DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE
SERVIZO DE SANIDADE AMBIENTAL
San Lázaro s/n
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881542955Fax: 881542943
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
R/ Durán Loriga, 3-7ª
15003A CORUÑA
Teléfono: 981155832Fax: 981155813
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
Montevideo, 9
27001LUGO
Teléfono: 982292087Fax: 982292128
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
Avda. Zamora, 13
32005OURENSE
Teléfono: 988066325Fax: 988066331
CONSELLERÍA DE SANIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS
R/Fernández Ladreda, 43-1º
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986885878Fax: 986505610
Regular as condicións de formación do persoal que realiza operacións de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.
Entidades interesadas en obter autorización administrativa para impartir os cursos de formación do devandito persoal.
- Ser universidades, centros docentes ou servizos oficiais.
- Dispoñer dunha estructura organizativa e xerarquización axeitada para o desenvolvemento das accións formativas.
- Dispoñer dun proxecto de formación, recursos materiais e persoal adecuado para realizar as actividades de formación, de conformidade cos contidos e duración establecidos no anexo III desta norma.
- Dispoñer dun sistema continuado de formación do persoal/docente que asegure a permanente adecuación deste ás funcións que se van realizar.
AUTONÓMICA
Orde do 14 de abril de 2004, de regulación da formación do persoal que realiza operacións de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar a lexionalose e o procedemento para a autorización das entidades de formación (DOG nº 83 do 30 de abril de 2004).
AUTONÓMICA
Orde do 15 de abril de 2008, de modificación da do 14 de abril de 2004, de regulación da formación do persoal que realiza operacións de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar a lexionelose e do procedemento para a autorización das entidades de formación (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).
AUTONÓMICA
Decreto 9/2001, do 11 de xaneiro, polo que se regulan os criterios sanitarios para a prevención da contaminación por legionella nas instalacións térmicas (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2001).
AUTONÓMICA
Orde de 9 de febreiro de 2005 pola que se modifica a do 14 de abril de 2004 (DOG nº 46 do 8 de marzo de 2005).
AUTONÓMICA
Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade. (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).
ESTATAL
Orde SCO/317/2003, de 7 de febreiro, polo que se regula o procedemento para a homologación dos cursos de formación do persoal que realiza as operacións de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións obxecto do Real Decreto 909/2001, de 27 de xullo (BOE nº 44 do 20 de febreiro de 2003).
ESTATAL
Real Decreto 865/2003 de 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose. (BOE nº 171 do 18 de xullo de 2003).
Tramitación en liña
Presencial
Prazo de presentación: 15/12/2015 - 02/01/2016.
Quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805097 / 986805469Fax: 986805436
O obxecto desta norma é a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromizon marinus) nas augas do río Ulla durante o ano 2016.
Período e horario hábil.
1. O período hábil de pesca será:
a) Nas pesqueiras de Areas (Herbón), do día 4 de xaneiro ao 26 de marzo.
b) No tramo comprendido desde a pesqueira das Vellas (Herbón) ata a pesqueira da Trapa (Herbón) ambas incluídas, do 1 de febreiro ao 23 de abril.
c) No tramo comprendido desde as pesqueiras da Caseta e Furado (Carcacía) ata a pesqueira de Lampreeiro, lugar das Pesqueiras (Reis) todas incluídas, do 8 de febreiro ata o 7 de maio.
O mesmo día que remate o período autorizado retiraranse as artes de pesca.
2. As redes só poderán estar colocadas desde as 20.00 horas ata as 8.00 horas.
Prohíbese a realización dos labores de pesca (deberán levantarse as redes das pesqueiras) desde as 8.00 horas dos sábados ata as 20.00 dos luns.
As pesqueiras tradicionais situadas no río Ulla, detalladas no anexo I desta orde.
1. A pesca da lamprea só se poderá practicar nas pesqueiras autorizadas e coas limitacións que a seguir se indican:
a) Nas pesqueiras de Areas e das Vellas deberán deixar libre a canle central do río e non poderán traballar na denominada «vea».
b) Deberán empregarse redes que non causen dano a outras especies piscícolas.
c) Serán devoltos ás augas ou entregados aos axentes que o soliciten todos aqueles exemplares piscícolas que non sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras.
d) En todo momento deberán colaborar co persoal do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, seguindo as súas instrucións.
2. Estas limitacións obrigan todas as persoas autorizadas, sexan ou non titulares das pesqueiras.
Permisos.
Toda persoa que traballe nas pesqueiras deberá estar en posesión da correspondente licenza de pesca e do permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira, documentos que deberá levar consigo xunto co DNI/NIE durante a práctica desta actividade.
Xunto cos permisos entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto e estar sempre á disposición do persoal do Servizo de Conservación da Natureza. Unha vez rematada a temporada, deberá ser entregado no prazo de 15 días. O cumprimento deste requisito será indispensable para optar a permisos da próxima temporada.
No caso de que traballe a pesqueira unha persoa distinta do seu titular, para a obtención dos citados permisos deberá acreditar no Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra que está autorizado polo titular.
AUTONÓMICA
Orde do 2 de decembro de 2015 pola que se regula a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Ulla e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para o ano 2016 (DOG nº 237 do 14 de decembro de 2015).
Tramitación en liña
Presencial
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: Un meses
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
CONSELLERÍA DO MAR
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PESCA E DE MERCADOS DA PESCA
SERVIZO DE PESCA
RÚA VALIÑO, 63-65
15703SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544072Fax: 981544740
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006A CORUÑA
Teléfono: 981182029Fax: 981182027
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863VIVEIRO
Teléfono: 982555002Fax: 982555005
CONSELLERÍA DO MAR
DELEGACION COMARCAL DE PESCA DE PONTEVEDRA
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805470Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201VIGO
Teléfono: 986817113Fax: 986817160
CONSELLERÍA DO MAR
DELEGACION COMARCAL DE PESCA DE FERROL
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403FERROL
Teléfono: 981337315Fax: 981337318
CONSELLERÍA DO MAR
DELEGACION COMARCAL DE PESCA DE RIBEIRA
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960RIBEIRA
Teléfono: 881997155Fax: 881997151
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA COMARCAL - ÁREA DE MAR DE VILARGARCIA DE AROUSA
Alto da Rosa s/n - Carril
36610VILAGARCIA DE AROUSA
Teléfono: 886206308Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Para a celebración de concursos, campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa, deberá solicitarse autorización como mínimo cun mes de antelación, empregando o modelo do anexo V. As solicitudes presentaranse na xefatura territorial do departamento territorial correspondente da consellería con competencias en materia de pesca, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Organizadores de concursos, campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa, así como os practicantes de pesca submarina nas zonas do litoral definidas como prohibidas.
A devandita autorización non exime da necesidade de contar con outras autorizacións, en especial as relacionadas coa seguranza marítima previstas no Real decreto 62/2008, do 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das condicións de seguranza marítima, da navegación e da vida humana no mar aplicables ás concentracións náuticas de carácter conmemorativo e probas náutico-deportivas.
Unha vez celebrada a competición ou campeonato, os responsables destes deberán remitir á dirección xeral con competencias en materia de pesca no prazo dun mes desde a data da súa celebración, o rexistro das capturas feitas no evento, indicando especie, número e peso. A non remisión dos ditos datos levará consigo que non se volva autorizar outro evento á mesma entidade.
As persoas que realicen inmersións con equipos autónomos nas zonas definidas como prohibidas no artigo 11º e o anexo VI, deberán solicitar autorización, utilizando o modelo recollido no anexo V, cunha antelación mínima de quince días á data da realización da actividade, á xefatura territorial do departamento territorial correspondente da consellería con competencias en materia de pesca.
AUTONÓMICA
Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 139 do 21 de xullo de 1999).
AUTONÓMICA
Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 188 do 24 de setembro de 2009).
AUTONÓMICA
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Tramitación en liña
Presencial
Prazo de presentación: 01/10/2016 - 31/10/2016.
Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
CONSELLERÍA DO MAR
DIRECCIÓN XERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ACUICULTURA
San Caetano, s/n
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881997247Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal
1. Esta orde ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ao fomento de novas empresas que practiquen unha acuicultura sustentable, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio de 2016.
2. Serán subvencionables os proxectos de creación de microempresas ou pequenas empresas acuícolas por parte de novos acuicultores, que cumpran os requisitos para ser consideradas novas micro ou pequena empresa.
Os novos acuicultores que creen por primeira vez unha micro ou pequena empresa acuícola como titulares da mesma.
Esta axuda concederase aos acuicultores que inicien as súas actividades no sector, sempre que:
a) Conten coas competencias e coas cualificacións profesionais axeitadas.
b) Creen por primeira vez unha microempresa ou pequena empresa acuícola como titulares.
c) Presenten un plan empresarial para o desenvolvemento das súas actividades acuícolas, xustificando a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto, así como a súa sustentabilidade.
Para estes efectos, terase en conta a definición de PEME da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, segundo a cal son microempresas, pequenas e medianas empresas (PEME) as empresas con menos de 250 empregados e cun volume de negocios anual igual ou inferior a 50 millóns de euros ou un balance xeral anual igual ou inferior a 43 millóns de euros.
As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo o indicado na mencionada recomendación. Así mesmo, para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros terase en conta o indicado nela.
Os posibles beneficiarios destas axudas estarán suxeitos, ademais de ao establecido no artigo 4, se o beneficiario é persoa física, aos seguintes requisitos:
a) Contar coas competencias e cualificacións profesionais adecuadas á actividade que se vaia desenvolver de acordo coa normativa estatal aplicable, que poderán ser, se o beneficiario é persoa física, as seguintes:
Módulo formativo: Actividades de cultivo de plancto e cría de especies acuícolas.
Código: MAP402_1.
Módulo formativo: Actividades de engorda de especies acuícolas.
Código: MAP403_1.
Módulo formativo: Produción de alimento vivo.
Código: MAP007_2.
Módulo formativo: Engorda de peixes, crustáceos e cefalópodos.
Código: MAP008_2.
Módulo formativo: Engorda de moluscos bivalvos.
Código: MAP100_2.
Módulo formativo: Produción en criadeiro de acuicultura.
Código: MAP101_2.
Módulo formativo: Mantemento de instalacións en acuicultura.
Código: MAP495_2.
Módulo formativo: Xestión da produción de criadeiro en acuicultura.
Código: MAP232_3.
Módulo formativo: Xestión da produción de engorda en acuicultura.
Código: MAP233_3.
Se o beneficiario é unha persoa xurídica, entenderase que reúne as competencias e cualificacións suficientes se entre o seu obxecto social se inclúe o exercicio da actividade da acuicultura.
b) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
c) Non incorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Non ter cometido infracción grave:
- Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves, segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
e) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
f) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
g) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).
h) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
i) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións.
j) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos ou ter presentadas as solicitudes destas. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.
k) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
l) A presentación dun plan empresarial que reflicte o desenvolvemento das actividades acuícolas, e xustifique a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto, así como a súa sustentabilidade.
m) Non ter creado con anterioridade á presentación da solicitude outra microempresa ou pequena empresa acuícola como titular.
Os posibles beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura, tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.
AUTONÓMICA
Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións relativas ao fomento de novas empresas acuícolas que practiquen unha acuicultura sustentable, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016)