Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
Forma presentación
Tramitación en liña
Presencial
Datos solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
A licenza de pesca marítima de recreo poderá renovarse cunha antelación mínima de dous meses antes da fin da súa vixencia.
Prazo de resolución: 1 meses
Sentido do silencio administrativo: POSITIVO
- As solicitudes de obtención ou renovación da licenza de pesca marítima en superficie poderán presentarse, á elección da persoa solicitante da seguinte forma:
- 1) Vía escrita (en soporte papel), solicitude normalizada segundo o anexo II acompañada da documentación requirida.
Tamén poderán expedirse ou renovarse as licenzas, nas entidades financeiras nas que se realice o pagamento da taxa e que subscribisen o correspondente convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a tramitación de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie. Neste caso unicamente será necesario a presentación do DNI ou pasaporte. - 2) Vía telemática (por medios electrónicos):
Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://xunta.es/servicios, en concreto para este procedemento http://xunta.es/apps/1pd, onde se disporán os medios de axuda para a presentación da solicitude e a obtención ou renovación da licenza.
O solicitante poderá acceder a este servizo para obter ou renovar a licenza empregando un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3, consonte o disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOG do 24 de xuño) e modificado polo Decreto 38/2009, do 19 de febreiro (DOG do 3 de marzo) polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, e realizando o pagamento da taxa por algún dos procedementos habilitados.
Para a renovación da licenza poderá acceder tamén sen contar co certificado dixital, unicamente introducindo o par: número do documento de identidade e número de licenza.
- 1) Vía escrita (en soporte papel), solicitude normalizada segundo o anexo II acompañada da documentación requirida.
- Documentación necesaria para a obtención ou renovación da licenza de pesca marítima derecreo.
- a) Para a licenza de pesca marítima de recreo en superficie anexo II acompañado da seguinte documentación:
-DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta.
-Xustificante do pagamento da correspondente taxa. - b) Para a licenza de pesca marítima de recreo submariña solicude segundo o anexo III acompañada da seguinte documentación:
-DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta.
-Certificado médico oficial que acredite a aptitude para a práctica da pesca submariña. Os certificados médicos que cumpran os requisitos do artigo 25 da Orde do 14 de outubro de 1997 pola que se aproban as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas terán unha validez de dous anos. O resto dos certificados médicos considerarase que terán unha validez dun ano desde a data de emisión.
-Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cobra os accidentes en que puidese incorrer o titular da licenza durante o período da súa validez.
-Licenza de armas ou tarxeta federativa que a substitúa.
-Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
-Documento que acredite o consentimento paterno, materno ou titorial cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado. - c)Para a convalidación dunha licenza de pesca de recreo submariña vixente, outorgada por outra Administración pública nacional ou dun Estado membro da Unión Europea, será necesario achegar copia da licenza expedida pola dita Administración, acompañada do xustificante de pagamento da taxa correspondente.
-Certificado médico oficial que acredite a aptitude para a práctica da pesca submariña. Os certificados médicos que cumpran os requisitos do artigo 25 da Orde do 14 de outubro de 1997 pola que se aproban as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas terán unha validez de dous anos. O resto dos certificados médicos considerarase que terán unha validez dun ano desde a data de emisión.
-Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cobra os accidentes en que puidese incorrer o titular da licenza durante o período da súa validez.
-Licenza de armas ou tarxeta federativa que a substitúa.
-Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
-Documento que acredite o consentimento paterno, materno ou titorial cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado. - e) Autorizacións temporais das embarcacións da 6ª lista do Rexistro de matrícula de buques. presentarán unha solicitude de conformidade co modelo que figura no anexo IV desta orde, acompañada da seguinte documentación:
a) DNI, pasaporte ou autorización de consulta.
b) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do rol da embarcación.
c) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do despacho ante Capitanía Marítima.
d) Xustificante do pagamento da taxa correspondente.
- a) Para a licenza de pesca marítima de recreo en superficie anexo II acompañado da seguinte documentación:
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
CONSELLERÍA DO MAR
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PESCA E DE MERCADOS DA PESCA
SERVIZO DE PESCA
RÚA VALIÑO, 63-65
15703SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544072Fax: 981544740
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006A CORUÑA
Teléfono: 981182029Fax: 981182027
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863VIVEIRO
Teléfono: 982555002Fax: 982555005
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201VIGO
Teléfono: 986817113Fax: 986817160
CONSELLERÍA DO MAR
DELEGACION COMARCAL DE PESCA DE PONTEVEDRA
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805470Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
CONSELLERÍA DO MAR
DELEGACION COMARCAL DE PESCA DE FERROL
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403FERROL
Teléfono: 981337315Fax: 981337318
CONSELLERÍA DO MAR
DELEGACION COMARCAL DE PESCA DE RIBEIRA
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960RIBEIRA
Teléfono: 881997155Fax: 881997151
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA COMARCAL - ÁREA DE MAR DE VILARGARCIA DE AROUSA
Alto da Rosa s/n - Carril
36610VILAGARCIA DE AROUSA
Teléfono: 886206308Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
O obxecto desta orde é regular o procedemento para a obtención e renovación das distintas modalidades de licenza que habilitan para a práctica da pesca marítima de recreo, así como o procedemento para a obtención das autorizacións das embarcacións da lista 6ª do Rexistro de matrícula de buques e a validación das licenzas de pesca submariña concedidas por outras comunidades autónomas ou por outros estados membros. Así mesmo, determina as zonas nas que está prohibido o exercicio da pesca marítima de recreo submariña, os topes máximos de captura autorizados e certas condicións relativas ás autorizacións para a celebración de concursos e competicións deportivas.
(*) Para a resolución da solicitude no momento da súa presentación pode facer a tramitación deste procedemento a través do SERI (Servizo de Resposta Inmediata). Dispón dun modelo de solicitude específico.
(**) Para a concesión ou renovación da licenza para exercer a pesca marítima de recreo en superficie (clase A) pode facer a súa tramitación por vía escrita ou telemática.
Beneficiarios:
Practicantes da pesca marítima de recreo e submarina.
Requisitos:
Debe cumpli-las seguintes condicións:
- Para ser titular dunha licenza de pesca marítima de recreo en superficie é necesario ter unha idade mínima de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo acreditar tal circunstancia documentalmente de ser requerido.
- Para ser titular dunha licenza de pesca marítima de recreo submarina é necesario ter cumpridos os 16 anos.
Para a solicitude vía telemática deberá dispoñer do correspondente certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3.
AUTONÓMICA
Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 139 do 21 de xullo de 1999).
AUTONÓMICA
Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 188 do 24 de setembro de 2009)
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres