Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: 27/08/2016 - 26/09/2016.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- Cada solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Anexo I de solicitude cuberto.
b) Fotocopia do DNI.
c) Fotocopia do certificado de empadroamento.
d) Fotocopia da matrícula universitaria ou do ciclo formativo de grao superior correspondente ao curso académico 2016/17.
e) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (no caso de non autorizar a súa consulta).
f) 1 fotocopia do BOE/DOG onde se acredite a súa condición de deportistas de alto nivel/deportista galego de alto nivel, en caso de posuílo.
g) 1 certificado da federación nacional correspondente que o acredita como deportista de alto rendemento, en caso de posuílo.
h) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo coas función recollidas no artigo 8 da presente resolución.
i) Copia cotexada das titulacións oficiais técnicas nalgunha modalidade deportiva, só no caso de non autorizar a súa consulta.
j) Copia cotexada do título de licenciado/grao/diplomado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA EN PONTEVEDRA
Padre Fernando Olmedo, 1
36002PONTEVEDRA
Teléfono: 986854437 / 986857758
Email: cgtd@xunta.es
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das bolsas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte destinadas a estudantes para a súa participación como persoal colaborador na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD), co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia de deportistas menores de idade do CGTD mentres que os beneficiarios das bolsas completan a súa formación como estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior, familiarizándose coa realización de actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias das bolsas para persoal de apoio no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas que cumpran os requisitos.
Requisitos:
a) Ter entre 19 e 30 anos feitos no momento en que se publica a convocatoria.
b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, ou un ciclo formativo de grao superior.
d) Non estar propostos para unha bolsa de deportista no CGTD nin ser beneficiario da citada bolsa como deportista no momento da solicitude.
e) No caso de estudantes que tivesen sido bolseiros como deportistas bolseiros na residencia do CGTD, será necesario:
? Que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.
? Que pasase polo menos 1 ano desde que rematasen a súa estadía como deportistas bolseiros ata a presentación da solicitude como persoal de apoio.
f) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
AUTONÓMICA
Resolución do 18 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2016/17, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 161 do 26 de agosto de 2016).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Resolución do 18 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2016/17, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 165 do 1 de setembro de 2016).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres