Axudas para o programa de certificación externa da implantación das guías.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: 06/05/2015 - 05/06/2015.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- Para programas de certificación externa da guía, (anexo I B), presentarase a seguinte documentación:
- a) Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.
- b) Acreditación da representatividade do solicitante.
- c) Memoria pormenorizada do programa establecido no artigo 6 desta orde.
- d) Relación dos produtores que realicen o programa, que conterá, o nome do titular, o seu NIF e o REGA, segundo o anexo II.
- e) Unha base de datos informática coa estrutura indicada no anexo IV, antes de iniciar a execución do programa, na cal se inclúan os datos das explotacións acollidas a este.
- f) Folla resumo cuberta na súa totalidade, conforme o anexo III B.
- g) Un documento en que se establezan os requisitos que se deben cumprir para a certificación externa.
- h) Un plan de controis acordado pola entidade cos titulares das explotacións.
- i) Un documento de xestión da calidade con, polo menos, os seguintes procedementos escritos:
- 1º. Sistema e obxectivos do autocontrol.
- 2º. Sistema de seguimento e verificación da evolución.
- 3º. Plan de continxencia, no caso de non cumprimento das especificacións do proceso ou do produto por unha ou máis explotacións.
- 4º. Método e motivos de exclusión dunha ou varias explotacións.
- 5º. Método de incorporación de novas explotacións.
- 6º. Listaxe de rexistros que hai que realizar en cada explotación.
- 7º. Sistema de implantación de medidas correctoras.
- j) Un documento elaborado pola entidade de certificación con, polo menos, a seguinte información:
- 1º. Cronograma anual das visitas que realizará a entidade de certificación, de acordo coa guía e as liñas de traballo que hai que verificar.
- 2º. Procedemento de mostraxe de explotacións.
- 3.º Programa de control da entidade de certificación sobre a explotación.
- 4º. Tarifas da entidade de certificación para ese programa.
- A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS
SUBDIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA
SERVIZO DE PRODUCIÓNS GANDEIRAS E BENESTAR ANIMAL
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546180Fax: 981545735
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE GANDARÍA
R/ VICENTE FERRER, 2
15071A CORUÑA
Teléfono: 981184565Fax: 981184653
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE GANDARÍA
RONDA DA MURALLA,70
27071LUGO
Teléfono: 982294487Fax: 982294425
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE GANDARÍA
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071OURENSE
Teléfono: 988386515Fax: 988386524
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE GANDARÍA
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071PONTEVEDRA
Teléfono: 886206571Fax: 886206590
O obxecto da orde é establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva para a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías dedicadas á produción láctea procedente de vacún, ovino e cabrún, e a súa certificación externa. As guías que se implantarán serán as publicadas na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:
http://www.magrama.gob.es/es/ganaderia/legislacion/gu%C3%ADa_pch_vacuno_leche_tcm7-5893.pdf
As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar:
http://www.medioruralemar.xunta.es/
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as axudas para o ano 2015.
As liñas de axuda serán as seguintes:
- Axudas para a certificación externa da implantación das guías, levada a cabo igualmente mediante os correspondentes programas. Esta liña de axudas incluirá un proceso de asesoramento técnico intensivo previo ao procedemento de certificación externa.
Os labores de asesoramento deberán estar repartidos de xeito equilibrado entre todas as epígrafes correspondentes ás diferentes materias que inclúen as guías.
Quedan excluídos destas axudas os gastos vinculados á transformación ou comercialización do leite e os produtos lácteos.
As axudas unicamente poderán ser concedidas respecto ás actividades emprendidas ou realizadas con posterioridade á presentación das solicitudes e deberán axustarse ao prazo establecido nesta convocatoria.
As axudas concederanse en especie mediante servizos subvencionados e non poderán consistir en pagamentos directos en efectivo aos produtores.
Beneficiarios:
As centrais de compra, as cooperativas e sociedades agrarias de transformación que teñan entre os seus obxectivos a comercialización ou a transformación de leite de vaca, ovella ou cabra, e as agrupacións e as asociacións de produtores de leite (en diante «entidades») de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento (CE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
Requisitos:
1. Todo programa para a certificación externa para a implantación das guías, establecido no artigo 3.1.b), deberá incluír unha primeira fase de asesoramento técnico dunha duración máxima de dous anos e outra posterior de certificación.
2. Aqueles destinatarios destas subvencións que xa tivesen implantadas nas súas explotacións as guías de prácticas correctas de hixiene, poderán acollerse a un programa de certificación externa que non inclúa unha fase previa de asesoramento técnico.
Para iso, será imprescindible que o beneficiario do mencionado programa estea en condicións de implantar a certificación desde o primeiro ano de aplicación do programa.
3. Como conclusión do programa satisfactoriamente realizado, os titulares das explotacións obterán un certificado do cumprimento do documento normativo ou do grao de evolución que deberá ser emitido por un organismo independente de control, que debe cumprir cos requisitos establecidos no artigo 10.
4. O programa de certificación externa deberá incluír:
a) A información incluída no artigo 6 desta orde.
b) Un documento en que se establezan os requisitos que se deben cumprir para a certificación externa.
c) Un plan de controis acordado pola entidade cos titulares das explotacións.
d) Un documento de xestión da calidade con, polo menos, os seguintes procedementos escritos:
1º. Sistema e obxectivos do autocontrol.
2º. Sistema de seguimento e verificación da evolución.
3º. Plan de continxencia, no caso de non cumprimento das especificacións do proceso ou do produto por unha ou máis explotacións.
4º. Método e motivos de exclusión dunha ou varias explotacións.
5º. Método de incorporación de novas explotacións.
6º. Listaxe de rexistros a realizar en cada explotación.
7º. Sistema de implantación de medidas correctoras.
e) Un documento elaborado pola entidade de certificación con, polo menos, a seguinte información:
1º. Cronograma anual das visitas que se van realizar pola entidade de certificación, de acordo coa guía e as liñas de traballo que hai que verificar.
2º. Procedemento de mostraxe de explotacións.
3º. Programa de control da entidade de certificación sobre a explotación.
4º. Tarifas da entidade de certificación para ese programa.
5. De maneira opcional, o programa poderá incluír ademais unha serie de características que permitan achegar valor engadido do proceso ou do produto. Estas serán características que deben acadarse no proceso ou no produto por riba das establecidas nas guías para poder acceder á certificación externa, e manterse en estado de conformidade.
6. Unicamente se poderá incluír información adicional ao leite ou produtos lácteos mediante etiquetaxe facultativa, no caso de que se inclúan no proceso de certificación características que permitan achegar valor engadido ao produto, sempre e cando se cumpra o que se establece no Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios.
AUTONÓMICA
Orde do 23 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 83 do 5 de maio de 2015).
ESTATAL
Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa (BOE nº 270 do 9 de novembro de 2009).
ESTATAL
Real decreto 901/2010, do 9 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa (BOE nº 167 do 10 de xullo de 2010).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres