Convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: 21/05/2016 - 20/06/2016.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada.
- Ás solicitudes xuntarase a seguinte documentación preceptiva:
- Copia do DNI da persoa solicitante, no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade, ou do documento acreditativo da súa identidade.
- Copia da titulación universitaria exixida no artigo 6, ou da acreditación de que foi solicitada, no caso de non autorizar a súa consulta.
- As persoas interesadas poderán solicitar, como máximo, tres destinos que deberán relacionar no anexo I por orde de preferencia.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas. - A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- Na presentación da documentación gardarase a seguinte orde: solicitude, documento acreditativo da identidade (de ser o caso), titulación académica, certificación académica persoal, currículo, xustificantes dos méritos alegados neste (na mesma orde en que aparezan relacionados nel) e proxecto(s) didáctico(s).
A documentación anterior que se presente de forma non electrónica achegarase sen ningún tipo de encadernación que dificulte ou impida a súa manipulación.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
SECRETARÍA XERAL DE POLITÍCA LINGÜÍSTICA
SUBDIRECCION XERAL DE POLÍTICA LINGUÍSTICA
Rúa de San Roque, 2
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544435Fax: 981544424
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
R/ Vivente Ferrer, 2
15008A CORUÑA
Teléfono: 981184720Fax: 981544785
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Ronda da Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294162Fax: 982294152
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
R/ Concello, 11
32003OURENSE
Teléfono: 988386659Fax: 988386600
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805971Fax: 986805045
Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:
Destino: Universidade de Berlín/ Localidade: Berlín/ País: Alemaña
Destino: Universidade Nova de Lisboa/ Localidade: Lisboa / País: Portugal
Destino: Universidade de Roma La Sapienza/ Localidade: Roma / País: Italia
Destino: Universidade de Zádar/ Localidade: Zádar / País: Croacia
Destino: Universidade do Estado do Río de Xaneiro/ Localidade: Río de Xaneiro / País: Brasil
Destino: Universidade de San Paulo/ Localidade: San Paulo/ País: Brasil
O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de tres anos. A data prevista de incorporación será o 1.10.2016, agás no caso das prazas localizadas nas universidades de Brasil, cuxa data será o 1.1.2017. As datas de remate serán, en todo caso, o 30.9.2019 e o 31.12.2019, respectivamente.
Beneficiarios:
Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
? Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
? Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.
? Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
? Non atoparse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
? Titulación académica:
- Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en estudos de galego e español.
- Grao en galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios.
- Poderá solicitar as prazas localizadas en Alemaña, Italia e Croacia quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Tamén poderán participar os lectores ou lectoras que, antes de rematar o período máximo de estadía, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derivase da resolución dun procedemento de tipo disciplinario.
As persoas adxudicatarias quedan obrigadas a:
- Acreditaren que superaron o Curso de formación de profesores de galego ou, no seu defecto, comprometérense a asistir e superar o dito curso na edición que lles indique a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non cumprir co previsto neste punto dará lugar á aplicación do estipulado no artigo 17.
- Comunicárenlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística o desenvolvemento de actividades alleas co obxecto desta convocatoria que poidan influír ou comprometer a súa actuación.
- Reintegraren os importes das bolsas indebidamente percibidos.
- Facilitaren toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
- Obter, se é o caso, os permisos pertinentes para unha estadía legal no país de destino, para o cal deben realizar os trámites oportunos e asumir os gastos correspondentes.
- Asistir ás actividades de formación a que sexan convocadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30.2 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.
Requisitos:
Quedan excluídas aquelas persoas que sexan lectoras de lingua, literatura e cultura galegas, ou que o fosen no seu momento, agás nos supostos de cobertura provisional previstos no artigo 16 desta orde.
AUTONÓMICA
Orde do 10 de maio de 2016 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (DOG nº 95 do 20 de maio de 2016).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres