Autorización compartida para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada de diferentes propietarios.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Datos solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
O Decreto 50/2014, do 10 de abril, entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia: o 27 de maio de 2014.
Prazo de resolución: Consultar o apartado obxecto
Sentido do silencio administrativo: Consultar o apartado obxecto
- Solicitude de autorización compartida consonte o modelo establecido no anexo V (MR604B) do Decreto 50/2014, do 10 de abril.
- Acreditación da representación mediante escrito de delegación expresa, contrato mercantil ou calquera outro medio de proba válido en dereito no caso das persoas físicas ou xurídicas que, en lugar da súa persoa titular, realicen a xestión ou o aproveitamento dos montes ou terreos forestais.
- A tramitación das solicitudes de autorizacións require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante, sexa persoa física, ou a da persoa representante no caso de persoas xurídicas. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo.
- No caso de montes veciñais en man común, precisarase acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asemblea ben por medio de certificación expedida polo/a secretario/a da comunidade.
- Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas das persoas titulares do aproveitamento, consonte o anexo XI do decreto 50/2014.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electróni¬cos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE MONTES
R/ Vicente Ferrer, 2
15008A CORUÑA
Teléfono: 981184575Fax: 981184672
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE MONTES
Ronda da Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294531Fax: 982294874
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE MONTES
Avda. da Habana, 79-3º
32004OURENSE
Teléfono: 988386695Fax: 988386697
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE MONTES
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805411Fax: 986805478
Un colectivo ou grupo de persoas propietarias de predios ou as persoas por eles au¬torizadas poderán solicitar, de xeito conxunto e continuado (até 3 meses), autorización para a execución dun aproveitamento madeireiro ou leñoso nunha única solicitude, por medio dunha persoa representante legalmente habilitada e conforme o modelo establecido no anexo V (MR604B) e para os efectos de autorización de consulta dos datos de identidade das persoas propietarias, no anexo XI (incluído en MR604B).
Prazo de resolución
15 días hábiles
Período máximo de inclusión de novas parcelas
A persoa repre¬sentante a que se concedeu a autorización inicial terá un período máximo de tres meses, contados desde o día de notificación da concesión da autorización compartida inicial, para poder ir engadíndolle máis aproveitamentos madeireiros e leñosos noutras superficies fo¬restais dando conta dos requisitos establecidos.
A inclusión de novas parcelas non suporá a ampliación deste prazo de tres meses.
Cómputo de prazos de resolución
Os prazos de resolución nos procedementos de autorización computaranse desde a data en que se rexistra a solicitude telemáticamente.
Sentido do silencio
O sentido do silencio será estimatorio, entendéndose concedida a autorización solicitada.
Prazo para a execución do aproveitamento
O prazo máximo para a execución do aproveitamento madeireiro ou leñoso é de doce meses, contados desde a data da notificación da autorización ou, se é o caso, desde a data en que se produza o efecto positivo do silencio administrativo.
O prazo para a realización do aproveitamento poderase prorrogar, logo de solicitude xustificada, por un único prazo, que en ningún caso poderá superar o da concesión inicial. A solicitude da prórroga deberá presentarse con anterioridade a que transcorra o prazo inicialmente concedido para executar o aproveitamento.
Prazo para a rexeneración tras a realización do aproveitamento
Unha vez executado o aproveitamento, en casos de corta final, a persoa propietaria do monte ou terreo forestal deberá realizar as actuacións necesarias encamiñadas á rexeneración, natural ou artificial, da superficie afectada, procedendo á renovación da masa arborada nun período de tempo non supe¬rior a dous anos contados desde a data en que finalice a execución do aproveitamento autorizado, agás causas xustificadas, debida¬mente acreditadas, tales como que a especie para rexenerar necesite un maior período ou aqueloutras baseadas nun cambio de uso ou actividade que afecte a superficie obxecto do aproveitamento e impida ou dificulte decisivamente esta renovación.
A rexeneración natural ou artificial en montes ou terreos forestais deberá respectar as distancias establecidas no anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
Montes ou terreos forestais de natureza privada xestionados por persoas físicas ou xurídicas de dereito privado situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que non poderán afectar en ningún caso a terreos baixo un réxime de protección especial ou a especies do anexo I e a superficie total conxunta da solicitude non superará as 15 hectáreas.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos.
Nesta solicitude deberase desagregar, de xeito individualizado por persoa propietaria e referencia catastral, a especie e o volume total de madeira obxecto de aproveitamento, de conformidade co modelo establecido no mesmo anexo V (MR604B).
As novas parcelas de inclusión, deberán estar, en todo caso, situadas na mesma parroquia ou en parroquias colindantes con respecto á situación do predio ou predios en que se situaban as especies obxecto da autorización compartida inicialmente concedida, e sempre dentro da mesma provincia.
AUTONÓMICA
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
AUTONÓMICA
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres