En cumprimento dos artigos 4.1. m) y 10.3. e) da Lei 15/2002, de 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é necesaria autorización escrita para navegar e fondear nas augas do Parque Nacional. A regulación destas actividades enmárcase dentro dos obxectivos de conservación e uso público do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Pode consultar toda a información necesaria e realizar a solicitude na páxina do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
É unha autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais que se poderá conceder a cidadáns estranxeiros que se achen en España e, ou ben teñan vínculos familiares en España ou estean integrados socialmente.
Pode consultar os requisitos nesta páxina.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Toda a información necesaria nesta páxina do ministerio de empleo e seguridade social.
Consiste na obtención dun certificado acreditativo da non existencia doutra Sociedade co mesmo nome da que se pretende constituír.
A constitución dunha sociedade mercantil ou dunha entidade inscribible nun Rexistro Mercantil, esixe a obtención previa no Rexistro Mercantil Central dunha certificación favorable que recolla a expresión denominativa coa que vai ser identificada a sociedade como suxeito de dereitos e obrigacións en todas as súas relacións xurídicas.
Este certificado é un requisito indispensable para o outorgamento da Escritura Pública.
O articulo 413 do vixente Regulamento do Rexistro Mercantil no seu apartado primeiro establece, que "Non poderá autorizarse escritura de constitución de sociedades e demais entidades inscribibles ou de modificación de denominación, sen que se presente ao Notario a certificación que acredite que non figura rexistrada a denominación elixida. A denominación haberá de coincidir exactamente coa que conste na certificación negativa expedida polo Rexistrador Mercantil Central."
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Enchendo o formulario existente na web do Rexistro Mercantil Central.
Directamente nas oficinas do Rexistro Mercantil Central, cun impreso de solicitude de Certificación.
Remitindo unha solicitude ou unha carta ás oficinas do Rexistro Mercantil Central. O Rexistro contestará remitindo a certificación contra reembolso á dirección indicada na solicitude.
Antes de constituir a sociedade.
Máis información na páxina web do Rexistro Mercantil Central.
Rúa Príncipe de Vergara nº 94
28006 Madrid
Teléfono: 902 884 442
R/ Eduardo Pondal, 68
36003 Pontevedra
Teléfono: 986 847 244
Fax: 986 865 988
Horario: As solicitudes de denominación social só poderán efectuarse os días laborables en Madrid de 9 a 18 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
No mes de agosto é de 9 a 14 h.
Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.
A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude.
No caso da certificación urbanística, o informe técnico é certificado pola/o secretaria/o da Xerencia Municipal de Urbanismo.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Debe presentar na oficina de Rexistro da Xerencia de Urbanismo o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Os certificados, a diferenza dos xustificantes (volantes) deben estar asinados. Por este motivo non se poden emitir dende Internet. Pero pódesense solicitar por Internet e vir recollelos ao Concello.
Para as mayorías das situacións chega con solicitar un volante de empadroamento que é gratuito e pódese solicitar por Internet e imprimir de forma inmediata.
Os certificados serven para os seguintes casos especiais:
-Pensións non contributivas (10-5 anos) (invalidez, xubilación, ...) e pensións do estranxeiro (castelán)
-Adquisición nacionalidade española
-Adopcións internacionais (cando xa está concedida a adopción, para finalizar o trámite)
-Algúns trámites do xulgado e de notarías
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Unha vez que cubra a solicitude deberá recoller o certificado na oficina de Información do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n) nun prazo aproximado de 15 días. Se quere saber exactamente cando pode vir recollelo pode consultar o estado da tramitación do certificado.
No proceso de solicitude facilitaráselle un código de control que lle permitirá consultar o estado da tramitación do seu certificado. Cando a tramitación indique que o certificado está asinado poderá vir recollelo ás dependencias municipais.
O importe da tasa deberase aboar ao vir recoller o certificado solicitado (ver observacións).
Existe unha taxa na emisión de certificados do Padrón municipal de habitantes. As tarifas dependen do tipo de certificado e poden consultarse no artigo 5.1 da ordenanza 10 de expedición de documentos.
-Os certificados de pensiones non contributivas son gratuitos
O importe deberase aboar ao vir recoller o certificado solicitado.
Concello de Vigo
Planta Baixa - Praza do Rei nº1
36202 - Vigo
Teléfono: 986 810 132
Trámite para solicitar lugares acondicionados para o desenvolvemento de actividades socioculturais.
Entidades e asociacións sen ánimo de lucro, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, e dun xeito excepcional as asociacións non inscritas e cidadáns en xeral.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Consulte previamente a dispoñibilidade no Centro Municipal.
Deberá cubrir e entregar a solicitude directamente no Centro Municipal de Teis.
Centros Munipiais:
Centro Municipal de Teis
Camiño Maceiras, s/n
Teléfonos: 986 266 030
Fax: 986 266 035
Correo electrónico: camteis@vigo.org
Horario: Lunes a Viernes de 9 a 13:30 horas e de 16:30 a 22 horas.
Sábados: de 10 a 13 horas e de 17 a 22 horas.
Centro Municipal Casco Vello
Rúa Oliva, 12 - 36202 Vigo
Teléfonos: 986 266 841
Fax: 986 266 841
Correo electrónico: camcascovello@vigo.org
Horario: Luns a Venres de 10 a 13:30 horas e de 17:30 a 21:30 horas.
Centro Municipal Coruxo
Avenida Ricardo Mella, 296 - 36331 Vigo
Teléfonos: 986 491 190
Fax: 986 491 190
Correo electrónico: camcoruxo@vigo.org
Horario: Luns a Venres de 9:30 a 13 horas e de 16:30 a 20 horas.
Sábados: de 10 a 13 horas.
Centro Municipal Saiáns
Baixada á Praia 83 - 36392 Vigo
Teléfonos: 986 498 657
Fax: 986 498 657
Correo electrónico: camsaians@vigo.org
Horario: Luns a Venres de 9:30 a 13 horas e de 16:30 a 20 horas.
Sábados: de 10 a 13 horas.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta 2ª
Teléfonos: 986 810 157 / 986 810 290
Fax: 986 810 263
Correo electrónico: ofi.pcidada@vigo.org // ofi.acidada@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trátase de obter unha boca de cinceiro nos cemiterios municipais en concesión administrativa.
Calquera persoa maior de idade que se atope empadroado neste concello.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Remitindo a solicitude, a través da Carpeta do Cidadán, ao Rexistro Xeral do Concello.
Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza.
Presentando o impreso de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza.
Depende da existencia ou non de bocas no intre da solicitude.
No intre de facer a solicitude non é necesario que aporte ningunha documentación, ésta requiriráselle por escrito antes de proceder á adxudicación.
No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a iniciación do expediente para adxudicación requirirase autoliquidación por trámite do expediente de concesión por importe de 30 euros.
No caso de que a concesión non fose levada ata o final sexa por renuncia, impago ou calquera outra causa imputable ó interesado, o expediente pecharase sen dereito a devolución do importe ingresado pola tramitación.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trátase de obter unha boca de cinceiro en concesión nos cemiterios municipais para proceder a depositar cinzas.
Calquera persoa maior de idade.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Directamente na Oficina de Cemiterios.
Abonarase a taxa correspondente nese mesmo momento, de conformidade coa Ordenanza Municipal, na Recadación Municipal polo procedemento de autoliquidación a realizar en impreso regulamentario que facilitará o servicio de Cemiterios. Non obstante, oa se tratar de servizos que prestan en sábado, domingo ou festivo, o importe da autoliquidación ingresarase no servizo de Cemiterios.
O prazo de resolución é inmediato.
- A concesión de este tipo de propiedades municipales, depende da existencia de bocas valeiras no intre da solicitude.
- Transcorridos seis anos ou dez en caso de renovación dende o enterramento retiraranse as cinzas das criptas ou nichos ao osario xeral ou cinceiro no seu caso.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
As débedas coa Facenda Municipal poderán extinguirse total ou parcialmente por compensación, tanto en período voluntario como executivo, cos créditos recoñecidos pola mesma a favor do debedor.
Calquera persoa física ou xurídica que teña un crédito recoñecido polo Concello.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
O debedor que solicite a compensación deberá dirixirlle ó Concello a correspondente solicitude que conterá os seguintes requisitos:
a) Nome e apelidos ou razón social completa, Número de identificación fiscal e domicilio fiscal do obrigado tributario.
b) Débeda tributaria á que se refire a compensación e o seu importe, data de vencemento do prazo de ingreso voluntario e referencia contable.
c) Crédito contra o Concello que se ofrece compensar, o seu importe e natureza.
d) Declaración expresa de non ter transmitido ou cedido o crédito a outra persoa.
A Alcaldía acordará ou denegará a compensación no prazo máximo de seis meses.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Debe presentar a solicitude en documento regulamentado, xunto coa documentación requerida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.