Solicitude de Compensación de Débedas
As débedas coa Facenda Municipal poderán extinguirse total ou parcialmente por compensación, tanto en período voluntario como executivo, cos créditos recoñecidos pola mesma a favor do debedor.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica que teña un crédito recoñecido polo Concello.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
O debedor que solicite a compensación deberá dirixirlle ó Concello a correspondente solicitude que conterá os seguintes requisitos:
a) Nome e apelidos ou razón social completa, Número de identificación fiscal e domicilio fiscal do obrigado tributario.
b) Débeda tributaria á que se refire a compensación e o seu importe, data de vencemento do prazo de ingreso voluntario e referencia contable.
c) Crédito contra o Concello que se ofrece compensar, o seu importe e natureza.
d) Declaración expresa de non ter transmitido ou cedido o crédito a outra persoa.
Documentación requirida
- Solicitude de Compensación de Débedas (2 copias)
- Certificado da oficina de contabilidade municipal da existencia de crédito recoñecido e pendente de pago
Ou no seu caso, xustificación de ter solicitado certificado da oficina de contabilidade do órgano xestor do gasto ou do pagamento, no que se reflicta a existencia do crédito recoñecido pendente de pagamento, a data do seu recoñecemento e a suspensión, a instancia do interesado, dos trámites para o seu aboamento en tanto non se comunique a resolución do procedemento de compensación.
- Impreso de autoliquidación
Para o caso de solicitude de compensación con débedas autoliquidables. Salvo que o interesado non estea obrigado a presentalo por obrar xa en poder da Administración, en tal caso, sinalará na solicitude o día en que presentou por rexistro a autoliquidación e o seu número de xustificante.
- Documentación Complementaria
Cando se solicite a compensación coa devolución dun ingreso indebido por calquera tributo deberá presentar:
- Copia do acto.
- Resolución ou sentenza firme.
- Declaración escrita do solicitante de que tal acto non está reclamado.
Observacións
A Alcaldía acordará ou denegará a compensación no prazo máximo de seis meses.
Oficinas
- Tesourería - Recadación
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo