Solicitude de Certificado de Empadroamento
Os certificados, a diferenza dos xustificantes (volantes) deben estar asinados. Por este motivo non se poden emitir dende Internet. Pero pódesense solicitar por Internet e vir recollelos ao Concello.
Para as mayorías das situacións chega con solicitar un volante de empadroamento que é gratuito e pódese solicitar por Internet e imprimir de forma inmediata.
Os certificados serven para os seguintes casos especiais:
-Pensións non contributivas (10-5 anos) (invalidez, xubilación, ...) e pensións do estranxeiro (castelán)
-Adquisición nacionalidade española
-Adopcións internacionais (cando xa está concedida a adopción, para finalizar o trámite)
-Algúns trámites do xulgado e de notarías
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Unha vez que cubra a solicitude deberá recoller o certificado na oficina de Información do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n) nun prazo aproximado de 15 días. Se quere saber exactamente cando pode vir recollelo pode consultar o estado da tramitación do certificado.
No proceso de solicitude facilitaráselle un código de control que lle permitirá consultar o estado da tramitación do seu certificado. Cando a tramitación indique que o certificado está asinado poderá vir recollelo ás dependencias municipais.
O importe da tasa deberase aboar ao vir recoller o certificado solicitado (ver observacións).
Observacións
Existe unha taxa na emisión de certificados do Padrón municipal de habitantes. As tarifas dependen do tipo de certificado e poden consultarse no artigo 5.1 da ordenanza 10 de expedición de documentos.
-Os certificados de pensiones non contributivas son gratuitos
O importe deberase aboar ao vir recoller o certificado solicitado.
Oficinas
- Estatística - Vivendas
Concello de Vigo
Planta Baixa - Praza do Rei nº1
36202 - Vigo
Teléfono: 986 810 132
Trámites relacionados
- Solicitude de Xustificante / Volante de Empadroamento Individual
- Solicitude de Xustificante / Volante de Empadroamento Familiar
- Comprobación da Validez dos Xustificantes / Volantes de Empadroamento Emitidos por Internet
- Consulta do estado da tramitación dos certificados de empadroamento emitidos por Internet
- Alta no Padrón Municipal de Habitantes
- Modificación Datos Persoais no Padrón
- Modificación no Padrón por Cambio de Domicilio dentro do Mesmo Municipio
- Información e Asesoramento sobre Axudas Económicas para Mulleres
- Solicitude da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo