Solicitude de Certificación Negativa de nome ou Razón Social
Consiste na obtención dun certificado acreditativo da non existencia doutra Sociedade co mesmo nome da que se pretende constituír.
A constitución dunha sociedade mercantil ou dunha entidade inscribible nun Rexistro Mercantil, esixe a obtención previa no Rexistro Mercantil Central dunha certificación favorable que recolla a expresión denominativa coa que vai ser identificada a sociedade como suxeito de dereitos e obrigacións en todas as súas relacións xurídicas.
Este certificado é un requisito indispensable para o outorgamento da Escritura Pública.
O articulo 413 do vixente Regulamento do Rexistro Mercantil no seu apartado primeiro establece, que "Non poderá autorizarse escritura de constitución de sociedades e demais entidades inscribibles ou de modificación de denominación, sen que se presente ao Notario a certificación que acredite que non figura rexistrada a denominación elixida. A denominación haberá de coincidir exactamente coa que conste na certificación negativa expedida polo Rexistrador Mercantil Central."
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Enchendo o formulario existente na web do Rexistro Mercantil Central.
Presencialmente
Directamente nas oficinas do Rexistro Mercantil Central, cun impreso de solicitude de Certificación.
Por correo
Remitindo unha solicitude ou unha carta ás oficinas do Rexistro Mercantil Central. O Rexistro contestará remitindo a certificación contra reembolso á dirección indicada na solicitude.
Prazos
Antes de constituir a sociedade.
Observacións
Máis información na páxina web do Rexistro Mercantil Central.
Oficinas
- Rexistro Mercantil Central
Rúa Príncipe de Vergara nº 94
28006 Madrid
Teléfono: 902 884 442 - Rexistro Mercantil Provincial de Pontevedra
R/ Eduardo Pondal, 68
36003 Pontevedra
Teléfono: 986 847 244
Fax: 986 865 988Horario: As solicitudes de denominación social só poderán efectuarse os días laborables en Madrid de 9 a 18 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
No mes de agosto é de 9 a 14 h.
Lexislación relacionada
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo