Solicitude de Certificación Urbanística

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.

A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude.

No caso da certificación urbanística, o informe técnico é certificado pola/o secretaria/o da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro da Xerencia de Urbanismo o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.

Documentación requirida

  • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
  • Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000
    No que se reflicte a posición exacta da parcela.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.