Xunta de Galicia

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Os 20 primeiros días naturais de cada cuadrimestre.

    Versión en formato PDF

    • Declaración normalizada segundo o Anexo XX.
    • Prazo de presentación de solicitudes: Os 20 primeiros días naturais de cada cuadrimestre

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

    AGUAS DE GALICIA

    Estación de Autobuses
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544968 / 981544560Fax: 981544534

    Versión en formato PDF

    Mediante este modelo os suxeitos pasivos concesionarios de auga para usos de produción de enerxía hidroeléctrica comunicarán a Augas de Galicia os datos de produción hidroeléctrica aos efectos de determinar a base impoñible por estimación directa en cada cuadrimestre.

    Beneficiarios:

    Suxeitos pasivos concesionarios de auga para usos de produción de enerxía hidroeléctrica.

    Versión en formato PDF

    ESTATAL

    Lei 58/2003, do 17 de Decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302 do 18 de decembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 126 do 3 de xullo de 2012).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2012).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Correccción de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 143 do 27 de xullo de 2012).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Tramitar a autorizacion para o inicio de actividade de centros e programas de servizos sociais.

    A quen vai dirixido?

    Entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas que desenvolvan servizos ou programas de servizos sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    Requisitos

    Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:

    a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.

    b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.


    c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.

    d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.

    e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.

    f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.

    g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.

    h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.

    2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

    Para a tramitación desta autorización, no caso dos centros, é indispensable que as obras e instalacións estean totalmente rematadas e debidamente equipadas.

    No caso de centros, de non contar coa previa autorización para a creación/construción do centro, achegarase neste procedemento toda a documentación precisa para a súa tramitación co fin de resolver conxuntamente as dúas autorizacións.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    SERVIZO DE INSPECCIÓN DE MAIORES, DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

    Edificio administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957681

    Fax: 981957697

    Email: inspeccion.maioresediscapacitados@xunta.

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    SERVIZO DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL

    Edificio administrativo San Caetano, s/n

    15890 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981540041

    Fax: 981957697

    Email: servizos.comunitarioseinclusion@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    SERVIZO DE INSPECCIÓN DE FAMILIA E MENORES

    Edificio administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545688

    Fax: 981957697

    Email: inspeccion.familiaemenores@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185771

    Fax: 981185701

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294289

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. de la Habana, 79

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817217

    Fax: 986817637

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    Ligazón á normativa

    Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Con carácter previo á súa realización

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude normalizada (anexo II)asinada polo/a titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa.
    • Memoria explicativa do cambio solicitado, xustificación da súa finalidade e descrición detallada das alteracións estruturais, materiais ou funcionais, que se propoñen sobre os servizos autorizados, así como o prazo previsto para a execución das obras.
    • Cando proceda, remitirase a documentación tecnica necesaria para a emisión, con carácter previo á súa execución, do informe tecnico que asegure a adecuación do proxecto á normativa específica.
    • Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de modificación substancial de centros ou programas de servizos sociais exixidas na normativa vixente.
    • Para centros:
      • Proxecto das normas de funcionamento para o seu visado e, no seu caso, modelo de contrato a asinar coas persoas usuarias, e rexime de prezos ou tarifas.
      • Proxecto de modificacion/ampliación das pólizas de seguro de responsabilidade civil pola explotación do centro ou programa e do seguro de danos por sinistros do edificio no que se desenvolve o servizo (cando proceda).
      • Relación do novo persoal facendo constar o número de efectivos, a súa dedicación ao servizo, a súa relación laboral ou contractual coa entidade titular e as súas titulacións. No caso de centros de infancia, acreditarase tamen que o novo persoal posúe coñecementos básicos en primeiros auxilios, recoñecemento medico, vacinación contra a rubeola e carne de manipulador de alimentos.
      • Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular no que acredite:
        • A efectiva finalización das obras necesarias para o acondicionamento do inmoble (no caso de obras de ampliación ou reforma).
        • A disposición do equipamento necesario para a posta en funcionamento das novas unidades ou espazos, se e o caso.
        • Compromiso de adaptación do Plan de autoprotección ou de emerxencia segundo o tipo de centro (no caso de obras de ampliación ou reforma).
        • A disposición da licenza municipal de obra ou da súa solicitude, cando proceda.
      • Para programas:
        • Copia da documentación en virtude da cal se acredita o dereito polo cal se dispón do inmoble da instalación de referencia do programa.
        • Proxecto das novas normas de funcionamento para o seu visado, facendo constar o novo enderezo.
        • Copia da póliza de seguro de danos para garantir a reparación dos sinistros da base operativa do programa.
        • Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular no que acredite:
          • Que conta co equipamento necesario para o funcionamento do programa, que dispón do mobiliario básico da oficina e ademais conta con: ordenador, fax, telefono, correo electrónico, conexión a Internet, etc.
          • Que dispón das autorizacións e licenzas preceptivas para o desenvolvemento da actividade na base operativa do programa, ou ben a acreditación de telas solicitadas.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    SERVIZO DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL
    Edificio administrativo San Caetano, s/n
    15890Santiago de Compostela
    Teléfono: 981540041Fax: 981957697
    Email: servizos.comunitarioseinclusion@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    Edificio administrativo San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957696Fax: 981957697
    Email: inspección.ssociais@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881201Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817223Fax: 986817294

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    SERVIZO DE INSPECCIÓN DE MAIORES, DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA
    Edificio administrativo San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957681Fax: 981957697
    Email: inspeccion.maioresediscapacitados@xunta.

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294437Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    SERVIZO DE INSPECCIÓN DE FAMILIA E MENORES
    Edificio administrativo San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545688Fax: 981957697
    Email: inspeccion.familiaemenores@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Tramitar a autorización para a modificación substancial de centros ou programas de servizos sociais.
    Considéranse modificacións substanciais dun centro ou programa:
    a) Os cambios producidos no proxecto técnico da obra, unha vez obtida a autorización de creación ou construción do centro.
    b) Aqueles cambios na estrutura do centro ou do programa que xa se atopa en funcionamento, sempre que impliquen algunha das seguintes circunstancias:
    1.º Supoñan unha alteración funcional ou cambio de usos nas instalacións autorizadas.
    2.º Supoñan unha ampliación das prazas ou unha ampliación ou redución das unidades autorizadas.
    3.º Supoñan o traslado da instalación de referencia do programa autorizado a outra situación. Os traslados de centros autorizados a unha instalación diferente requirirán, en todo caso, unha nova autorización de creación e de inicio de actividade.

    Beneficiarios:

    Todas as entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas que desenvolvan servizos ou programas de servizos sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    Requisitos:

    Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:
    a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.
    b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
    c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.
    d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.
    e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.
    f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.
    g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.
    h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.
    2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    O presente decreto regula a creación, o acceso e o uso da historia social única electrónica.

    Soporte.
    1. O sistema de información que dá soporte á historia social única electrónica denomínase HSUE. Este sistema empregará os soportes documentais electrónicos adecuados para que a información e os documentos que forman a historia social única electrónica se almacenen garantindo a súa autenticidade, integridade, seguridade e conservación.
    2. En todo caso, o uso dos ditos soportes aterase ao disposto na normativa sobre tratamento automatizado de datos de carácter persoal. Así mesmo, procurarase a accesibilidade universal a ditos soportes, de acordo co establecido na Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e demais normativa de aplicación.

    A quen vai dirixido?

    Persoa usuaria do sistema galego de servizos sociais na Comunidade Autónoma.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA

    SERVIZO DE APOIO TÉCNICO-XURÍDICO

    San Caetano

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544661

    Fax: 981957876

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica (DOG nº 141 do 27 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

    En particular, esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, canto aos requisitos e condicións para cada tipo de servizo e/ou libranza, as intensidades de protección dos servizos, o réxime de compatibilidades entre os servizos e libranzas, os criterios para a xestión das prestacións do sistema e a efectividade delas, o procedemento de valoración e recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para os/as menores de tres anos, así como dos supostos de emerxencia social, o procedemento para o recoñecemento da efectividade do dereito ás prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas durante a tramitación do procedemento sen recibiren atención, as comisións provinciais de coordinación e o réxime de infraccións e sancións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.


    Titulares do dereito.
    1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia os españois que, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:

    a) Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
    b) Para os menores de tres anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
    c) Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia exixirase a quen exerza a súa garda e custodia.

    2. Así mesmo, será necesario que o beneficiario resida na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.

    3. As persoas que, reunindo os requisitos dispostos no parágrafo anterior, carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

    4. As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

    - Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.

    1. De conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia está configurado na Comunidade Autónoma de Galicia polo seguinte catálogo de servizos:

    a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal.

    b) Servizo de teleasistencia.

    c) Servizo de axuda no fogar.

    d) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:

    1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.

    2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.

    3. Servizo de atención diúrna especializada.

    4. Servizo de atención de noite.

    e) Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia:

    1. Servizo residencial de persoas en situación de dependencia.

    2. Estadías temporais en residencia.

    3. Servizo de atención residencial a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.

    f) Outros servizos de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.

    2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.

    Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.

    De conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:

    a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo privado dos enumerados no artigo 7.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 desta orde.

    b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determine no correspondente programa individual de atención.

    c) A libranza de asistencia persoal, que terá por obxecto a promoción da autonomía das persoas en situación de gran dependencia e dependencia severa, neste último suposto como complemento adicional da Comunidade Autónoma.

    - Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.

    1. De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 727/2007, do 8 de xuño, sobre criterios para determinar as intensidades de protección dos servizos e a contía das prestacións económicas da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e o Real decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia está configurado polo seguinte catálogo de servizos:

    a) Servizos de prevención das situacións de dependencia.

    b) Servizos de promoción da autonomía persoal.

    1. Servizo de habilitación e terapia ocupacional.

    2. Servizo de atención temperá.

    3. Servizo de estimulación cognitiva.

    4. Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional.

    5. Servizo de habilitación psicosocial para persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual.

    6. Servizo de apoios persoais e coidados en equipamentos especiais.

    c) Servizo de teleasistencia.

    d) Servizo de axuda no fogar.

    e) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:

    1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.

    2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.

    3. Servizo de atención diúrna especializada.

    4. Servizo de atención de noite.

    2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.

    3. A prevención será prioritaria para as persoas en situación de dependencia en grao I, co obxecto de previr o agravamento do seu grao e nivel de dependencia, polo que debe formar parte de todas as actuacións que se realicen no ámbito do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

    4. Os plans de prevención das situacións de dependencia, elaborados pola Comunidade Autónoma, concretarán no seu correspondente ámbito territorial os criterios, recomendacións e condicións mínimas que estableza o Consello Territorial do SAAD.

    - Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.

    De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:

    a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo dos enumerados no artigo 9.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 da mesma orde.

    b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determinen no correspondente programa individual de atención.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas de calquera idade que se atopen en situación de dependencia.

    As persoas que, reunindo os requisitos dispostos , carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

    As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

    Requisitos

    - Requisitos xerais para ser persoa beneficiaria.

    Poderán ser persoas beneficiarias das prestacións reguladas na presente orde as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Ter o recoñecemento da situación de dependencia nalgún dos graos establecidos na Lei 39/2006, do 14 de decembro, segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, conforme o calendario de aplicación progresiva establecido na disposición derradeira primeira da citada lei.

    b) Que a prestación sexa determinada como a modalidade de intervención máis axeitada, segundo as necesidades de atención da persoa en situación de dependencia, no programa individual de atención.

    c) Que se acredite o cumprimento dos requisitos específicos para o aceso ás prestacións que correspondan en cada caso, conforme a normativa vixente.


    d) Que a percepción da prestación se adecue ao réxime de compatibilidades regulada no capítulo III da presente orde.

    - Requisitos específicos de acceso e intensidade dos servizos:

    Intensidades dos servizos.

    1. A intensidade dos servizos do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia establecerase no correspondente programa individual de atención. A intensidade determinarase polo contido prestacional de cada un dos servizos asistenciais e pola súa duración ou extensión segundo o grao e nivel de dependencia recoñecido, nos termos establecidos nos artigos seguintes.

    2. Enténdense por servizos asistenciais os que ten que recibir a persoa en situación de dependencia para a súa atención e coidado persoal na realización das actividades da vida diaria, así como os que teñen como finalidade a promoción da súa autonomía persoal.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

    R/Concepción Arenal, 7-9

    15006 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881504

    Fax: 981881506

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo

    R/ Serra de Ancares, 68 baixo

    27003 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294427

    Fax: 982889162

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

    R/ Sáenz Díez, nº 33

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386199

    Fax: 988386159

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8

    Teléfono: 986817669

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 de 19 de febreiro de 2010).

    Ligazón á normativa

    Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro do 2012).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 42 do 29 de febreiro de 2012).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

    Orde do 9 de Agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 157 do 20 de agosto de 2012).

    Ligazón á normativa

    Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 10 de abril de 2013).

    Ligazón á normativa

    Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 86 do 6 de maio de 2013).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 94 do 20 de maio de 2013).

    Ligazón á normativa

    Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 64 do 2 de abril de 2014).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2014).

    Ligazón á normativa

    Orde do 25 de febreiro de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Orde do 27 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 169 do 4 de setembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 39/2006, 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia (BOE nº 299 do 15 de decembro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 96 do 21 de abril de 2007).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 140 do 12 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 99/2009, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do sistema para a autonomía e atención á dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 43 do 19 de febreiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Regular o procedemento para solicitar o dereito á efectividade das prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas só será recoñecido no suposto en que a Administración competente incorrese en demora en relación co prazo máximo para resolver establecido na normativa de aplicación sen que o/a interesado/a recibise a notificación da resolución pola que se aprobe o seu programa individual de atención.

    A quen vai dirixido?

    Titulares do dereito.
    1.Considérase persoa beneficiaria deste dereito, e segundo o disposto no artigo 40 do decreto 15/2010, do 4 de febreiro, a persoa que soportara o gasto.
    2.Si o gasto o soportou a persoa solicitante falecida, o abono das cantidades que correspondan derivadas deste recoñecemento corresponderá á comunidade hereditaria.
    3.Si o gasto o soportou outra persoa física distinta da persoa solicitante falecida, o aboamento das cantidades que correspondan derivadas deste recoñecemento corresponderá a esa/s persoa/s físicas sempre e cando acrediten todos os extremos sinalados nesta orde.
    4.No caso de libranza para coidados no contorno familiar considérase persoa beneficiaria á persoa coidadora non profesional sempre e cando cumpra os requisitos establecidos.

    Requisitos

    Requisitos comúns.
    O dereito á efectividade das prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas só será recoñecido no suposto en que a Administración competente incorrese en demora en relación co prazo máximo para resolver establecido na normativa de aplicación sen que o/a interesado/a recibise a notificación da resolución pola que se aprobe o seu programa individual de atención. Así, para as solicitudes presentadas con anterioridade á entrada en vigor do decreto 15/2010, do 4 de febreiro, o prazo establecido é de doce meses segundo o disposto no decreto 176/2007, do 6 de setembro.
    Para as solicitudes presentadas con posterioridade á entrada en vigor do decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e segundo o disposto nos seus artigos 14 e 15, o prazo establecido é de seis meses dende a data de presentación da solicitude.


    Non xerarán este dereito aquelas solicitudes nas que o/a interesado/a desistise do procedemento, renunciase aos dereitos recoñecidos ou cuxo expediente estivese paralizado por causa imputable ao/á propio/a interesado/a.

    Non xera este dereito cando o/a interesado/a estivese sendo atendido/a, simultaneamente á tramitación do expediente de dependencia, a través dun recurso do sistema galego de servizos sociais incluído como prestación do catálogo do SAAD.

    Para o recoñecemento desta efectividade é preciso que da documentación obrante no expediente se poida probar o grao e nivel de dependencia do/a interesado/a. Para estes efectos será preciso que, como mínimo, conste no expediente o informe de condicións de saúde e o informe social e, ademais, o resultado da aplicación do baremo establecido normativamente. Asemade é preciso que o grao e nivel de dependencia que se recoñecera ou se probe xere dereito no período de referencia segundo o calendario de implantación disposto na disposición final primeira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.

    Requisitos específicos.

    ?Requisitos específicos para a libranza vinculada á adquisición de servizos.

    - Para os efectos do recoñecemento da efectividade deste dereito deberá quedar acreditado o cumprimento de todos os requisitos establecidos nos artigos 32 e 33 da orde en relación aos requisitos exixidos para esta libranza.
    - En particular, deberá quedar acreditado que a persoa beneficiaria obtivo efectivamente, durante o período de referencia, a prestación do servizo por unha entidade debidamente acreditada para a atención a persoas en situación de dependencia.

    ?Requisitos específicos para a libranza de coidados no contorno familiar.

    - Aos efectos do recoñecemento da efectividade deste dereito deberá de quedar acreditado o cumprimento de todos os requisitos establecidos nos artigos 36, 37 e 38 da orde en relación con esta libranza.

    Ademais, deberá acreditarse:

    - Que o Programa Individual de atención da persoa beneficiaria, de existir, determine a adecuación desta prestación.
    - Que os coidados que se deriven da súa situación de dependencia se estiveron a prestar no seu domicilio habitual e con carácter previo á solicitude, debendo residir a persoa en situación de dependencia en dito domicilio como mínimo 9 meses ao ano.
    - Que se deron as condicións axeitadas de convivencia e habitabilidade da vivenda para a prestación dos coidados necesarios. Valorarase as condicións axeitadas de habitabilidade da vivenda, entre as que se terá en conta a accesibilidade suficiente que permitira o exercicio das funcións de coidado persoal.
    A convivencia no mesmo domicilio constitúe un elemento referencial de condición axeitada, sendo requisito necesario o de que a persoa coidadora convivira coa persoa en situación de dependencia no mesmo domicilio durante o tempo de referencia dos coidados. No informe que se elabore polos servizos sociais comunitarios, de saúde ou especializados, de ser o caso, debe de quedar constancia de que se deron as condicións de convivencia e relación no mesmo domicilio.

    ?Requisitos específicos para a libranza de asistente persoal.

    - Para os efectos do recoñecemento da efectividade deste dereito deberá de quedar acreditado o cumprimento de todos os requisitos establecidos nos artigos 42 a 43 da orde en relación con esta libranza.
    - En particular, deberá quedar acreditado que a persoa beneficiaria obtivera efectivamente, durante o período de referencia, a prestación do servizo por unha entidade debidamente acreditada para a atención a persoas en situación de dependencia ou directamente mediante contrato laboral ou de prestación de servizos.

    Prazo para a solicitude da efectividade deste dereito.
    O prazo establecido para solicitar a efectividade do dereito ás prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas será de cinco anos dende a data en que se produciu ou se produza o falecemento da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 27 do decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

    R/Concepción Arenal, 7-9

    15006 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881504

    Fax: 981881506

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo

    R/ Serra de Ancares, 68 baixo

    27003 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294427

    Fax: 982889162

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

    R/ Sáenz Díez, nº 33

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386199

    Fax: 988386159

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8

    Teléfono: 986817669

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 de 19 de febreiro de 2010).

    Ligazón á normativa

    Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro do 2012).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 94 do 20 de maio de 2013).

    Ligazón á normativa

    Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 64 do 2 de abril de 2014).

    Ligazón á normativa

    Orde do 25 de febreiro de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Orde do 27 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 169 do 4 de setembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Orde do 12 de novembro de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 222 do 19 de novembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 299 do 15 de decembro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº do 12 de maio de 2007).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 140 do 12 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 615 /2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº do 12 de maio de 2007).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 96 do 21 de abril de 2007).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocar para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva, 216 prazas para persoas mozas, de 16 a 30 anos, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social (procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes).

    Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.

    2. O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

    -74 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -55 home/muller prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.
    -87 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.

    3. Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional, tanto se é por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:
    -7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
    -8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.

    No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

    4. Así mesmo, do total de prazas resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. As distribución de prazas é:
    -7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
    -8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.

    Ao igual que no caso de reserva para a mocidade traballadora, no suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

    5. Cando o número de solicitudes supere a reserva establecida, para a adxudicación das prazas aplicaranse os criterios de selección establecidos no artigo 9 desta orde.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas mozas, de 16 a 30 anos.

    Obrigas das persoas residentes.

    1. As persoas residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.

    2. As persoas residentes deberán deixar os cuartos libres, inescusablemente, o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo de 2020. No caso de que a persoa residente sexa menor de idade deberá abandonar a residencia as fins de semana e os días non lectivos, agás autorización expresa dos pais, das nais ou da persoas que sexan titoras legais.

    3. Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual dos seus autores e das súas autoras ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso e terase que aboar o seu custo.

    4. As persoas adxudicatarias poderán incorporarse ás residencias xuvenís de acordo co inicio do curso académico segundo estableza o plan de estudos da persoa beneficiaria e dentro do prazo máximo establecido no artigo 2, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. Na súa falta, entenderase que renuncia á praza adxudicada, perderá os seus dereitos e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto nos artigos 9 e 12.3.

    5. O estado de saúde da persoa residente deberá en todo momento permitir o normal desenvolvemento da vida residencial e, en caso contrario e por prescrición facultativa, deberá abandonar a residencia ata a súa recuperación.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos xerais :

    a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

    b) Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.

    c) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2019.

    2. Requisitos específicos para as persoas mozas estudantes :

    a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

    Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

    b) Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

    INSTITUTO DA XUVENTUDE DE GALICIA

    Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545696 / 981544926

    Fax: 981545843

    Email: institutoxuventude.ctb@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA CORUÑA

    CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881238

    Fax: 881881237

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294923 / 982294224

    Fax: 982294339

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE OURENSE

    Avda. da Habana, 81 baixo

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386112 / 988788793

    Fax: 988386119

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE VIGO

    Concepción Arenal, 8-1º andar

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 886111072 / 986817048

    Fax: 986817082

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D Prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos/as e lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2019/20 (DOG nº 155 do 19 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 2 de agosto de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 31 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2019/20 (DOG nº 163 do 29 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 28/04/2016 - 27/05/2016.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I desta orde, acompañada da seguinte documentación:
      • a) Copia do DNI ou NIE só no caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente na solicitude a comprobación dos datos de identidade por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade.
      • b) Libro de familia: fotocopia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente á data de presentación da solicitude.
      • c) Título de familia numerosa: fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso. Cando este título fose emitido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, non será preciso achegalo sempre e cando se autorice expresamente na solicitude o acceso telemático a estes datos (anexo I - anexo II).
      • d) Certificado de empadroamento actualizado á data de presentación da solicitude só no caso de que o/a interesado/a non autorice expresamente na solicitude a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de residencia.
      • e) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se e o caso.
      • f) Copia da declaración do IRPF de cada unha das persoas que compoñen a unidade familiar obrigadas a declarar, só no caso de non autorizar a súa consulta. Na súa falta, certificación de Facenda de non ter obriga de declarar. Para consentir expresamente, a persoa solicitante marcará o cadro de autorización indicado para tal efecto na solicitude e as demais persoas con ingresos que compoñen a unidade familiar asinarán no número 2 do anexo IV.
        No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a selección quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación no centro.
        No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos para seren tomadas en consideración.
      • g) Acreditación de ser muller xestante: se e o caso, presentarase certificación medica que acredite o embarazo no momento da presentación da solicitude de axuda.
      • h) Acreditación de violencia de xenero: se e o caso, acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero, que son:
        • 1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
        • 2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
        • 3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
        • 4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
        • 5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
        • 6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
        • 7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
      • i) Orfandade: acreditación desta condición, se e o caso.
      • j) Discapacidade: acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar. No caso de documentos emitidos pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, non será preciso achegar a devandita acreditación se cada persoa da unidade familiar con discapacidade recoñecida autoriza expresamente a Consellería de Política Social para o acceso telemático dos seus datos. Así, cando a condición de discapacidade a teña o/a solicitante, abondará con marcar o recadro correspondente da solicitude; noutro caso deberase asinar o número 1 do anexo IV.
      • k) Familia monoparental: acreditación mediante certificado de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/materno filiais.
      • l) Desemprego: acreditación da situación de desemprego sen prestación económica do pai e/ou da nai ou do/da titor/a legal, se e o caso, só terá que presentarse se non autoriza expresamente a súa verificación (anexo IV).
    • Documentación específica para solicitudes de estudantes (código do procedemento BS303B)
      • a) Certificación academica: orixinal ou copia na cal figuren as notas correspondentes ao último curso academico en que estivo matriculado ou, se e o caso, da proba de selectividade. Na certificación deberá constar a nota media.
      • b) Fotocopia da preinscrición/reserva de praza nas facultades ou escolas universitarias, centros de bacharelato ou ciclos formativos, para o alumnado que vaia cursar o primeiro ano de estudos. Cando non se dispoña desta documentación por non estar aberto o prazo de preinscrición ou reserva durante o prazo de presentación de solicitudes de residencia, deberá comunicar esta circunstancia por escrito, comprometendose a presentala no momento en que se realice.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa solicitante ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa solicitante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
      Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa solicitante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas solicitantes unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      Todas as persoas solicitantes terán que xuntar á súa solicitude a documentación xeral sinalada no punto seguinte, ademais da específica que lles corresponda segundo sexan estudantes ou persoas traballadoras.
    • O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente orde.
      O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día e inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
      Con carácter excepcional poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no punto anterior no caso de cambio de concello de residencia da unidade familiar ou outras circunstancias que motivadamente se aprecien nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social. As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, a súa admisión estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles no centro onde se solicite a praza.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE OURENSE

    Avda. da Habana, 81 baixo
    32004Ourense
    Teléfono: 988386120 / 988386113Fax: 988386119

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

    INSTITUTO DA XUVENTUDE DE GALICIA

    Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545696 / 981544926Fax: 981545843
    Email: institutoxuventude.ctb@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE VIGO

    Concepción Arenal, 8-1º
    36201Vigo
    Teléfono: 986817781 / 986817782Fax: 986817082

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA CORUÑA

    CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881238Fax: 881881237

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294599Fax: 982294339

    Versión en formato PDF

    A presente orde ten por obxecto convocar para o curso académico 2016/17, en réxime de concorrencia competitiva, 220 prazas para mozos e mozas (de 16 a 30 anos) nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social.
    Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.
    O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:
    -74 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -55 home/muller prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.
    -91 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
    Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:
    - 7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    - 5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
    - 8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
    No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas traballadoras coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.
    Así mesmo, resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. As distribución de prazas é:
    - 7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    - 5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
    - 8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
    Ao igual que no caso de reserva para a mocidade traballadora, no suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse aos/ás demais estudantes.
    Cando o número de solicitudes supere a reserva establecida, para a adxudicación das prazas aplicaranse os criterios de selección establecidos no artigo 5 desta orde

    Beneficiarios:

    Os/as mozos e mozas estudantes.
    O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
    As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no cal estivesen matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
    En calquera caso, as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.
    Obrigas das persoas residentes.
    - Os/as residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.
    - Os/as residentes deberán deixar os cuartos libres inescusablemente o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo. No caso de que o/a residente sexa menor de idade deberá abandonar a residencia as fins de semana e días non lectivos, agás autorización expresa dos/das pais/nais ou titores/as legais.
    - Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual dos seus autores e das súas autoras ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso e terase que aboar o seu custo.
    - Os/as adxudicatarios/as poderán incorporarse ás residencias xuvenís de acordo co inicio do curso académico segundo estableza o plan de estudos do/da beneficiario/a e dentro do prazo máximo establecido no artigo 2, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. Na súa falta, entenderase que renuncia á praza adxudicada, perdendo os seus dereitos, e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto nos artigos 7 e 8.3 desta orde.
    - O estado de saúde do/a residente deberá en todo momento permitir o normal desenvolvemento da vida residencial e, en caso contrario e por prescrición facultativa, deberá abandonar a residencia ata a súa recuperación.

    Requisitos:

    - Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
    -Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.
    - Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016.
    Requisitos específicos para a mocidade estudante:
    - Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
    - Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros. Orde do 18 de abril de 2016 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17 (DOG nº 80 do 27 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 18 de abril de 2016 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17 (DOG nº 80 do 27 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    A presente orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20, e establecer as bases para a súa concesión.

    O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte :

    Cidade Residencia Prazas

    Lugo Centro Residencial Xuvenil LUG 4 Home/muller

    Ourense Florentino L. Cuevillas 5 Home/muller

    Vigo Altamar 6 Home/muller

    Criterios de valoración .

    1. Os criterios de valoración que se terán en conta para conceder estas axudas serán os seguintes:

    a) Proxecto de actividades. Este proxecto puntuarase de 1 a 7 puntos, de conformidade cos seguintes criterios de avaliación:

    1º. Obxectivos. Valorarase a definición e coherencia interna dos obxectivos e o sistema de avaliación e seguimento propostos: ata 1,25 puntos.

    1º.1. Obxectivos: ata 1 punto.

    1º.1.1. Inexistencia de descrición de obxectivos: 0 puntos.

    1º.1.2. Descrición básica (obxectivos xerais): 0,50 puntos.

    1º.1.3. Descrición correcta (obxectivos xerais e específicos): 1 punto.

    1º.2. Sistema de avaliación: ata 0,25 puntos.

    1º.2.1. Non se establecen sistemas de avaliación e seguimento ou os previstos son deficientes: 0 puntos.

    1º.2.2. O/s sistema/s elixido/s é/son básico/s: 0,10 puntos.

    1º.2.3. O/s sistema/s elixido/s é/son destacado/s: 0,25 puntos.

    Cando o sistema de avaliación se valore como correcto é porque se entende que resulta adecuado e suficiente para avaliar o grao de consecución dos obxectivos, a adecuada utilización dos recursos e a eficacia do programa.

    2º. Metodoloxía: ata 0,25 puntos.

    2º.1. Descrición básica: 0,10 puntos.

    2º.2. Descrición correcta: 0,25 puntos.

    3º. Actividades previstas para a implementación práctica do proxecto, ata 5 puntos tendo en conta:

    3º.1. Descrición das actividades: ata 1 punto.

    3º.1.1. Descrición básica: 0,25 puntos.

    3º.1.2. Descrición correcta: 0,50 puntos.

    3º.1.3. Descrición destacada: 1 punto.

    3º.2. Tipoloxía de actividades: ata 2,50 puntos.

    3º.2.1. Educativas, didácticas: 1 punto.

    3º.2.2. Lúdicas: 0,75 puntos.

    3º.2.3. Deportivas: 0,50 puntos.

    3º.2.4. Outras: 0,25 puntos.

    3º.3. Carácter innovador: 0,50 puntos.

    3º.4. Recursos que se van empregar: ata 1 punto.

    3º.4.1. Descrición imprecisa: 0,25 puntos.

    3º.4.2. Descrición detallada: 1 punto.

    4º. Temporalización: ata 0,25 puntos.

    4º.1. Imprecisión: 0,10 puntos.

    4º.2. Precisión: 0,25 puntos.

    5º. Custos: ata 0,25 puntos.

    5º.1. Descrición imprecisa: 0,10 puntos.

    5º.2. Descrición detallada: 0,25 puntos.

    b) Renda da unidade familiar: terase en conta a relación de ingresos/número de persoas que compoñen a unidade familiar.

    A renda calcularase por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro; cadros 392+405 da declaración do imposto da renda das persoas físicas. Tomarase o importe do total dos ingresos da unidade familiar, para o cal se sumarán as rendas do total de membros computables e o resultado dividirase entre o mesmo número para obter así a renda media da unidade familiar.

    O importe da renda enténdese referido á declaración do IRPF presentada no ano inmediato anterior á data de publicación desta convocatoria.

    Non obstante, cando as circunstancias na data da declaración do IRPF antes indicada non coincidan coas circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude, teranse en conta estas últimas, previamente xustificadas documentalmente, e sempre e cando cumpran as condicións consideradas no artigo 4.1.d).

    A renda media da unidade familiar puntuarase segundo o seguinte baremo:

    Inferior ao 50 % do IPREM: 10 puntos.

    Entre o 50 % e o 75 % do IPREM: 8 puntos.

    Superior ao 75 % e inferior ao 100 % do IPREM: 6 puntos.

    Entre o 100 % e o 125 % do IPREM: 3 puntos.

    c) Situación de familia numerosa:

    1º. Categoría xeral: 0,25 puntos.

    2º. Categoría especial: 0,50 puntos.

    d) Orfandade:

    1º. Condición de orfandade: 0,50 puntos.

    2º. Condición de orfandade absoluta: 1 punto.

    e) Discapacidade de calquera membro da unidade familiar. Por cada membro da unidade familiar con discapacidade:

    1º. Igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %: 0,50 puntos.

    2º. Igual ou superior ao 65 %: 1 punto.

    f) Residencia: por ter a súa residencia familiar en Galicia: 2 puntos.

    g) Embarazo: por ser muller en estado de xestación: 1 punto.

    h) Violencia de xénero: persoas vítima de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida dentro do intervalo de tempo dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude e sempre que a dita acreditación se realice de conformidade co indicado no artigo 4.1.f): 1 punto.

    i) Outras circunstancias sociofamiliares: por calquera outra circunstancia sociofamiliar que sexa susceptible de valoración a xuízo da comisión cualificadora e acreditada adecuadamente no momento de presentar a solicitude: ata un máximo de 2 puntos. En todo caso:

    1º. Por ter algún/algunha irmán/á-áns/ás con praza renovada na residencia: 1 punto.

    2º. Por ter a condición de familia monoparental: 1 punto. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por un/unha único/a proxenitor/a que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que, de existir outro/a proxenitor/a, non contribúa economicamente ao sustento.

    j) Rendemento académico segundo a nota media obtida no último curso ou na proba de selectividade ou proba de acceso á universidade, terase en conta só a nota media da parte xeral. Cando o curso universitario sobre o cal se fai a media non fose completo, teranse en conta o número de créditos cursados e ponderarase a nota media con base en 60 créditos de que conta o curso universitario segundo o Plan Boloña. A puntuación neste caso corresponderase coa dita nota media.

    k) Entrevista persoal. A comisión cualificadora poderá citar as persoas solicitantes para a realización dunha entrevista persoal que se valorará de 1 a 5 puntos.

    Puntuarase segundo o seguinte baremo:

    1º. Resposta a diferentes situacións que poden xurdir na residencia: ata 1,5 puntos.

    2º. Preguntas concretas sobre o desenvolvemento do proxecto presentado (aclaracións...): ata 1,5 puntos.

    3º. Motivacións para a solicitude da praza de bolseiro: ata 1 punto.

    4º. Análise de aptitudes e actitudes: ata 0,5 puntos.

    5º. Preguntas base para ver a súa adaptación á figura de colaborador: ata 0,5 puntos.

    l) Desemprego: situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai e/ou da nai ou do/da titor/a legal: 1 punto por cada situación.

    m) Ter sido residente na mesma residencia para a cal se solicita a bolsa en cursos académicos anteriores: 5 puntos.

    Este criterio preferente non se terá en conta para o caso daqueles/as residentes que abandonasen a residencia xuvenil antes de rematar o curso académico. Non obstante, puntuaranse os criterios indicados no caso de non completar o curso académico na residencia polos seguintes motivos:

    1º. Enfermidade persoal grave dos/das residentes ou dalgún/dalgunha familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, cos/coas que convivan, debidamente xustificada.

    2º. Contrato laboral noutra localidade.

    3º. Ser persoas merecedoras dunha bolsa de Erasmus ou Séneca.

    4º. Ter que realizar as prácticas académicas noutra localidade.

    En todo caso, a admisión de persoas que xa fosen residentes en cursos anteriores queda condicionada á inexistencia dun informe desfavorable da Dirección da residencia, baseado no incumprimento das normas de réxime interno ou inadaptación á normal convivencia e mínimo respecto cívico que debe rexer nestes centros.

    2. Para os efectos do disposto neste artigo, considéranse membros computables da unidade familiar:

    a) A persoa solicitante, o pai, a nai ou os/as titores/as legais, e os/as irmáns/irmás menores de idade que convivan no domicilio familiar ou os/as de maior idade incapacitados/as xudicialmente suxeitos/as á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Tamén se considerarán membros da unidade familiar irmáns e irmás, descendentes e ascendentes ata segundo grao que convivan coa persoa solicitante e que non dispoñan de ingresos ou que os teñan inferiores ao 50 % do IPREM.

    b) En cumprimento do establecido no artigo 6.2 da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, terase en conta o seguinte:

    1º. Computarase que a unidade familiar da que forme parte a muller embarazada está integrada por un ou máis membros adicionais desde o momento da fecundación, dependendo no número de fillos/as que espere, sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio.

    2º. Se a nai xestante non forma parte da unidade familiar, entenderase que, polo feito de estar embarazada, a constitúe.

    c) No caso de divorcio ou separación legal do matrimonio non se considerará membro computable aquel/aquela que non conviva coa persoa solicitante, sen prexuízo de que nos ingresos de base de familia se inclúa a súa contribución económica. Non obstante, si terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade, tendo que incluír a súa renda e o seu patrimonio.

    d) Cando a persoa solicitante constitúa unidade familiar independente, tamén se considerarán membros computables o/a cónxuxe ou persoa coa que estea unido/a por análoga relación, así coma os/as fillos/as se os tiver. Neste caso deberá acreditar suficientemente esta circunstancia e o seu domicilio, así como o pagamento do alugamento da vivenda, se é o caso, e dos medios económicos con que conta. De non xustificar suficientemente estes datos, a solicitude será sometida a exame pormenorizado con comprobación da renda e a situación real do/da solicitante.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas.

    Obrigas das persoas colaboradoras bolseiras.

    1. As persoas colaboradoras bolseiras, como residentes, teñen as seguintes obrigas:

    a) Obriga de incorporarse ás residencias xuvenís o día de inicio do curso académico, segundo o plan de estudos de cada persoa beneficiaria e como máximo o 16 de outubro de 2019, salvo causa de forza maior debidamente acreditada.

    En caso contrario, perderán o dereito á praza adxudicada e cubrirase a vacante conforme a lista confeccionada pola Comisión Cualificadora.

    b) Respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.

    c) Deixar os cuartos libres, inescusablemente, o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo de 2020.

    Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual dos seus autores e das súas autoras ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso, e terase que aboar o seu custo.

    2. As persoas colaboradoras bolseiras, como perceptoras da axuda, teñen as seguintes obrigas:

    a) A condición de persoa colaboradora bolseira obriga a esta nos termos previstos no artigo 14.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    b) Obriga de participar en todas as tarefas e labores relacionados coa dinamización do centro en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras. Correspóndelle á persoa que exerza a Dirección da residencia asignar estas tarefas en función do proxecto de actividades previsto no artigo 4.1.j), así como tamén colaborar no funcionamento ordinario da residencia segundo as indicacións da Dirección do centro.

    En ningún caso a persoa bolseira realizará prácticas vinculadas a tarefas que sexan exclusivas do persoal propio da Xunta Galicia.

    c) Dentro das actividades de información xuvenil a que fai referencia o parágrafo anterior inclúese a de participar no programa Correspondentes xuvenís 3.0 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, asumindo as obrigas e os dereitos derivados do referido programa.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

    b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.

    c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.

    d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.

    e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

    f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (en adiante, IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 9.1.b).

    2. Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA CORUÑA

    CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881238

    Fax: 881881237

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294599

    Fax: 982294339

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE OURENSE

    Avda. da Habana, 81 baixo

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386120 / 988386113

    Fax: 988386119

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8

    36201 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986817781 / 986817782

    Fax: 986817082

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 21 de xuño de 2019 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 21 de xuño de 2019 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocar para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva, 216 prazas para persoas mozas, de 16 a 30 anos, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social (procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes).

    Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.

    2. O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

    -74 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -55 home/muller prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.
    -87 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.

    3. Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional, tanto se é por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:
    -7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
    -8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.

    No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

    4. Así mesmo, do total de prazas resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. As distribución de prazas é:
    -7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
    -5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
    -8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.

    Ao igual que no caso de reserva para a mocidade traballadora, no suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

    5. Cando o número de solicitudes supere a reserva establecida, para a adxudicación das prazas aplicaranse os criterios de selección establecidos no artigo 9 desta orde.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas mozas, de 16 a 30 anos.

    Obrigas das persoas residentes.

    1. As persoas residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.

    2. As persoas residentes deberán deixar os cuartos libres, inescusablemente, o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo de 2020. No caso de que a persoa residente sexa menor de idade deberá abandonar a residencia as fins de semana e os días non lectivos, agás autorización expresa dos pais, das nais ou da persoas que sexan titoras legais.

    3. Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual dos seus autores e das súas autoras ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso e terase que aboar o seu custo.

    4. As persoas adxudicatarias poderán incorporarse ás residencias xuvenís de acordo co inicio do curso académico segundo estableza o plan de estudos da persoa beneficiaria e dentro do prazo máximo establecido no artigo 2, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. Na súa falta, entenderase que renuncia á praza adxudicada, perderá os seus dereitos e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto nos artigos 9 e 12.3.

    5. O estado de saúde da persoa residente deberá en todo momento permitir o normal desenvolvemento da vida residencial e, en caso contrario e por prescrición facultativa, deberá abandonar a residencia ata a súa recuperación.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos xerais :

    a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

    b) Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.

    c) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2019.

    2. Requisitos específicos para as persoas mozas traballadoras :

    a) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

    b) No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, que teña unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

    c) No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA CORUÑA

    CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881238

    Fax: 881881237

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294923 / 982294224

    Fax: 982294339

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE OURENSE

    Avda. da Habana, 81 baixo

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386112 / 988788793

    Fax: 988386119

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE VIGO

    Concepción Arenal, 8-1º andar

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 886111072 / 986817048

    Fax: 986817082

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D Prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos/as e lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2019/20 (DOG nº 155 do 19 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 2 de agosto de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 31 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2019/20 (DOG nº 163 do 29 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.