BS103K - Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

Con carácter previo á súa realización

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude normalizada (anexo II)asinada polo/a titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro ou programa.
  • Memoria explicativa do cambio solicitado, xustificación da súa finalidade e descrición detallada das alteracións estruturais, materiais ou funcionais, que se propoñen sobre os servizos autorizados, así como o prazo previsto para a execución das obras.
  • Cando proceda, remitirase a documentación tecnica necesaria para a emisión, con carácter previo á súa execución, do informe tecnico que asegure a adecuación do proxecto á normativa específica.
  • Xustificante acreditativo de ter satisfeitas as taxas de autorización de modificación substancial de centros ou programas de servizos sociais exixidas na normativa vixente.
  • Para centros:
    • Proxecto das normas de funcionamento para o seu visado e, no seu caso, modelo de contrato a asinar coas persoas usuarias, e rexime de prezos ou tarifas.
    • Proxecto de modificacion/ampliación das pólizas de seguro de responsabilidade civil pola explotación do centro ou programa e do seguro de danos por sinistros do edificio no que se desenvolve o servizo (cando proceda).
    • Relación do novo persoal facendo constar o número de efectivos, a súa dedicación ao servizo, a súa relación laboral ou contractual coa entidade titular e as súas titulacións. No caso de centros de infancia, acreditarase tamen que o novo persoal posúe coñecementos básicos en primeiros auxilios, recoñecemento medico, vacinación contra a rubeola e carne de manipulador de alimentos.
    • Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular no que acredite:
      • A efectiva finalización das obras necesarias para o acondicionamento do inmoble (no caso de obras de ampliación ou reforma).
      • A disposición do equipamento necesario para a posta en funcionamento das novas unidades ou espazos, se e o caso.
      • Compromiso de adaptación do Plan de autoprotección ou de emerxencia segundo o tipo de centro (no caso de obras de ampliación ou reforma).
      • A disposición da licenza municipal de obra ou da súa solicitude, cando proceda.
    • Para programas:
      • Copia da documentación en virtude da cal se acredita o dereito polo cal se dispón do inmoble da instalación de referencia do programa.
      • Proxecto das novas normas de funcionamento para o seu visado, facendo constar o novo enderezo.
      • Copia da póliza de seguro de danos para garantir a reparación dos sinistros da base operativa do programa.
      • Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular no que acredite:
        • Que conta co equipamento necesario para o funcionamento do programa, que dispón do mobiliario básico da oficina e ademais conta con: ordenador, fax, telefono, correo electrónico, conexión a Internet, etc.
        • Que dispón das autorizacións e licenzas preceptivas para o desenvolvemento da actividade na base operativa do programa, ou ben a acreditación de telas solicitadas.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZO DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15890Santiago de Compostela
Teléfono: 981540041Fax: 981957697
Email: servizos.comunitarioseinclusion@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981957696Fax: 981957697
Email: inspección.ssociais@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008Coruña, A
Teléfono: 881881201Fax: 881881202

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

Rúa Concepción Arenal, 8
36201Vigo
Teléfono: 986817223Fax: 986817294

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZO DE INSPECCIÓN DE MAIORES, DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981957681Fax: 981957697
Email: inspeccion.maioresediscapacitados@xunta.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071Lugo
Teléfono: 982294437Fax: 982294359

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZO DE INSPECCIÓN DE FAMILIA E MENORES
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545688Fax: 981957697
Email: inspeccion.familiaemenores@xunta.es

Versión en formato PDF

Tramitar a autorización para a modificación substancial de centros ou programas de servizos sociais.
Considéranse modificacións substanciais dun centro ou programa:
a) Os cambios producidos no proxecto técnico da obra, unha vez obtida a autorización de creación ou construción do centro.
b) Aqueles cambios na estrutura do centro ou do programa que xa se atopa en funcionamento, sempre que impliquen algunha das seguintes circunstancias:
1.º Supoñan unha alteración funcional ou cambio de usos nas instalacións autorizadas.
2.º Supoñan unha ampliación das prazas ou unha ampliación ou redución das unidades autorizadas.
3.º Supoñan o traslado da instalación de referencia do programa autorizado a outra situación. Os traslados de centros autorizados a unha instalación diferente requirirán, en todo caso, unha nova autorización de creación e de inicio de actividade.

Beneficiarios:

Todas as entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas que desenvolvan servizos ou programas de servizos sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Requisitos:

Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:
a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.
b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.
d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.
e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.
f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.
g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.
h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.
2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.