BS210A - Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na comunidade autónoma de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

En particular, esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, canto aos requisitos e condicións para cada tipo de servizo e/ou libranza, as intensidades de protección dos servizos, o réxime de compatibilidades entre os servizos e libranzas, os criterios para a xestión das prestacións do sistema e a efectividade delas, o procedemento de valoración e recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para os/as menores de tres anos, así como dos supostos de emerxencia social, o procedemento para o recoñecemento da efectividade do dereito ás prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas durante a tramitación do procedemento sen recibiren atención, as comisións provinciais de coordinación e o réxime de infraccións e sancións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.


Titulares do dereito.
1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia os españois que, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:

a) Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
b) Para os menores de tres anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
c) Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia exixirase a quen exerza a súa garda e custodia.

2. Así mesmo, será necesario que o beneficiario resida na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.

3. As persoas que, reunindo os requisitos dispostos no parágrafo anterior, carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

4. As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

- Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.

1. De conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia está configurado na Comunidade Autónoma de Galicia polo seguinte catálogo de servizos:

a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal.

b) Servizo de teleasistencia.

c) Servizo de axuda no fogar.

d) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:

1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.

2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.

3. Servizo de atención diúrna especializada.

4. Servizo de atención de noite.

e) Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia:

1. Servizo residencial de persoas en situación de dependencia.

2. Estadías temporais en residencia.

3. Servizo de atención residencial a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.

f) Outros servizos de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.

2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.

Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.

De conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:

a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo privado dos enumerados no artigo 7.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 desta orde.

b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determine no correspondente programa individual de atención.

c) A libranza de asistencia persoal, que terá por obxecto a promoción da autonomía das persoas en situación de gran dependencia e dependencia severa, neste último suposto como complemento adicional da Comunidade Autónoma.

- Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.

1. De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 727/2007, do 8 de xuño, sobre criterios para determinar as intensidades de protección dos servizos e a contía das prestacións económicas da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e o Real decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia está configurado polo seguinte catálogo de servizos:

a) Servizos de prevención das situacións de dependencia.

b) Servizos de promoción da autonomía persoal.

1. Servizo de habilitación e terapia ocupacional.

2. Servizo de atención temperá.

3. Servizo de estimulación cognitiva.

4. Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional.

5. Servizo de habilitación psicosocial para persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual.

6. Servizo de apoios persoais e coidados en equipamentos especiais.

c) Servizo de teleasistencia.

d) Servizo de axuda no fogar.

e) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:

1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.

2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.

3. Servizo de atención diúrna especializada.

4. Servizo de atención de noite.

2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.

3. A prevención será prioritaria para as persoas en situación de dependencia en grao I, co obxecto de previr o agravamento do seu grao e nivel de dependencia, polo que debe formar parte de todas as actuacións que se realicen no ámbito do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

4. Os plans de prevención das situacións de dependencia, elaborados pola Comunidade Autónoma, concretarán no seu correspondente ámbito territorial os criterios, recomendacións e condicións mínimas que estableza o Consello Territorial do SAAD.

- Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.

De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:

a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo dos enumerados no artigo 9.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 da mesma orde.

b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determinen no correspondente programa individual de atención.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Persoas de calquera idade que se atopen en situación de dependencia.

As persoas que, reunindo os requisitos dispostos , carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

Requisitos

- Requisitos xerais para ser persoa beneficiaria.

Poderán ser persoas beneficiarias das prestacións reguladas na presente orde as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter o recoñecemento da situación de dependencia nalgún dos graos establecidos na Lei 39/2006, do 14 de decembro, segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, conforme o calendario de aplicación progresiva establecido na disposición derradeira primeira da citada lei.

b) Que a prestación sexa determinada como a modalidade de intervención máis axeitada, segundo as necesidades de atención da persoa en situación de dependencia, no programa individual de atención.

c) Que se acredite o cumprimento dos requisitos específicos para o aceso ás prestacións que correspondan en cada caso, conforme a normativa vixente.


d) Que a percepción da prestación se adecue ao réxime de compatibilidades regulada no capítulo III da presente orde.

- Requisitos específicos de acceso e intensidade dos servizos:

Intensidades dos servizos.

1. A intensidade dos servizos do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia establecerase no correspondente programa individual de atención. A intensidade determinarase polo contido prestacional de cada un dos servizos asistenciais e pola súa duración ou extensión segundo o grao e nivel de dependencia recoñecido, nos termos establecidos nos artigos seguintes.

2. Enténdense por servizos asistenciais os que ten que recibir a persoa en situación de dependencia para a súa atención e coidado persoal na realización das actividades da vida diaria, así como os que teñen como finalidade a promoción da súa autonomía persoal.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

R/Concepción Arenal, 7-9

15006 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 881881504

Fax: 981881506

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo

R/ Serra de Ancares, 68 baixo

27003 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294427

Fax: 982889162

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

R/ Sáenz Díez, nº 33

32003 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386199

Fax: 988386159

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

Rúa Concepción Arenal, nº 8

Teléfono: 986817669

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Normativa

Ámbito Autonómico

Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 de 19 de febreiro de 2010).

Ligazón á normativa

Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro do 2012).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 42 do 29 de febreiro de 2012).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).

Ligazón á normativa

Orde do 9 de Agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 157 do 20 de agosto de 2012).

Ligazón á normativa

Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 10 de abril de 2013).

Ligazón á normativa

Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 86 do 6 de maio de 2013).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 94 do 20 de maio de 2013).

Ligazón á normativa

Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 64 do 2 de abril de 2014).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2014).

Ligazón á normativa

Orde do 25 de febreiro de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2015).

Ligazón á normativa

Orde do 27 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 169 do 4 de setembro de 2015).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Lei 39/2006, 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia (BOE nº 299 do 15 de decembro de 2006).

Ligazón á normativa

Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 96 do 21 de abril de 2007).

Ligazón á normativa

Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).

Ligazón á normativa

Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).

Ligazón á normativa

Corrección de erros do Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 140 do 12 de xuño de 2007).

Ligazón á normativa

Real Decreto 99/2009, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do sistema para a autonomía e atención á dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 43 do 19 de febreiro de 2009).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.