BS103E - Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Tramitar a autorizacion para o inicio de actividade de centros e programas de servizos sociais.

A quen vai dirixido?

Entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas que desenvolvan servizos ou programas de servizos sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Requisitos

Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:

a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.

b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.


c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.

d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.

e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.

f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.

g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.

h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.

2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

Para a tramitación desta autorización, no caso dos centros, é indispensable que as obras e instalacións estean totalmente rematadas e debidamente equipadas.

No caso de centros, de non contar coa previa autorización para a creación/construción do centro, achegarase neste procedemento toda a documentación precisa para a súa tramitación co fin de resolver conxuntamente as dúas autorizacións.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZO DE INSPECCIÓN DE MAIORES, DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957681

Fax: 981957697

Email: inspeccion.maioresediscapacitados@xunta.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZO DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15890 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981540041

Fax: 981957697

Email: servizos.comunitarioseinclusion@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZO DE INSPECCIÓN DE FAMILIA E MENORES

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545688

Fax: 981957697

Email: inspeccion.familiaemenores@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981185771

Fax: 981185701

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

Ronda da Muralla, 70

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294289

Fax: 982294359

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

Avda. de la Habana, 79

32004 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386196

Fax: 988386838

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

R/ Concepción Arenal, 8

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817217

Fax: 986817637

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

Normativa

Ámbito Autonómico

Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Ligazón á normativa

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.