Xunta de Galicia

  • Obxecto

    A secretaría xeral técnica, da Consellería de Economía e Industria, autoridade designada pola comunidade atuónoma como punto de contacto para a unidade de mercado, actuará como Oficina do Proxecto ?Doing Business en Galicia?

    Dar publicidade ao modelo de comunicación de obstáculos e barreiras á competitividade económica, que figuran como Anexo II desta Orde.

    Informar que a oficina Doing Business en Galicia, así como os modelos estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

    A quen vai dirixido?

    Persoas físicas e/ou xurídicas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545532

    Fax: 981544949

    Email: lopd.industria@xunta.es

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 14 de xaneiro de 2016 pola que se crea a oficina Doing Business en Galicia e se dá publicidade aos modelos de propostas para a mellora da regulación económica e de comunicación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    A concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a realización de estadías durante o ano 2015 fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación, así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.

    Convócanse estas axudas para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.

    Condicións de aproveitamento
    1. As estadías para as que se solicite unha axuda ao abeiro da presente convocatoria deberán iniciarse en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro do ano 2015 e finalizarse en data igual ou anterior ao 30 de novembro do ano 2015.

    2. Non se poderá realizar interrupción ningunha no período correspondente á axuda de estadías concedido, salvo caso de forza maior.

    O importe da axuda comprenderá:

    1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, cunha asignación de 400 euros para estadías en España, Portugal e Andorra, de 600 euros para estadías no resto de Europa e de 1.000 euros para estadías no resto do mundo.

    2. Unha asignación mensual bruta de:
    - 1.400 euros, se a incorporación se produce en España, Portugal ou Andorra.
    - 1.700 euros, se a incorporación se produce no resto de países de Europa, África ou América (excluídos os Estados Unidos e Canadá).
    - 2.000 euros, se a incorporación se produce nos Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía.

    En todo caso, respectaranse as condicións da TIN/2965/2008, do 14 de outubro, de gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo, durante o período de programación 2007-2013, e a Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, e a Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo, que a modifican.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante.

    Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta convocatoria quedan obrigados a:

    1. Cumprir cos obxectivos da axuda que se lles conceda, así como cos compromisos asumidos e acreditar a realización da actividade subvencionada. De non ser así, perderán o dereito ao seu cobramento, e/ou, se é o caso, procederase ao reintegro da subvención.

    Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para isto tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.

    Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

    2. Facilitar toda información que lles sexa requirida pola Axencia Galega de Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

    3. Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para realizar as comprobacións e verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    4. Comunicarlle a Axencia Galega de Innovación, no momento en que se sexan beneficiarios, calquera axuda concedida para o mesmo fin, así como o seu importe e duración.

    5. Os beneficiarios deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

    6. Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión. Calquera documento relativo a este tipo de operación incluirá unha declaración en que se informe deste cofinanciamento.

    Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estructurais 2007-2013, que pode consultarse na páxina web:
    http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante.

    A vinculación laboral deberá estar vixente na data do remate do prazo de presentación da solicitude.

    Cada persoa só poderá solicitar unha estadía de 1 a 6 meses de duración.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    ÁREA DE XESTIÓN

    Praza de Europa nº 10A-6º

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541075

    Fax: 981957380

    Email: gain@xunta.es

    Órgano responsable

    ÁREA DE XESTIÓN

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías que se van realizar no 2015 correspondentes a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia, ao abeiro das accións financiables polo Fondo Social Europeo de Formación de Investigadores do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    A consellería de Innovación, Industria e Comercio e de Sanidade convocan axudas para a realización de proxectos de investigación en establecementos públicos sanitarios da Comunidade autónoma de Galicia a solicitar polos investigadores principais dos equipos de investigación dos citados establecemento.
    Estas axudas poden solicitalas as persoas pertencentes a grupos de investigación dos establecementos públicos sanitarios ubicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
    O prazo de presentación de 40 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación da orde no DOG.
    A presentación de solicitudes poderá facerse por vía telemática ou por escrito.
    O importe máximo de cada axuda non superará ós doce mil euros (12.000?).

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

    R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541538

    Fax: 981541515

    Órgano responsable

    INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de febreiro de 2005, conxunta da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e da Consellería de Sanidade pola que se convocan as axudas para a realización de proxectos de investigación en establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 45 do 7 de marzo de 2005).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 22/08/2012 - 21/09/2012.

    Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: 6 meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Formulario de solicitude (modelo IPP-12/01), cuxa carátula se publica no anexo III ,que se presentará na forma e prazo establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais desta resolución, asinadas polo candidato e co visto e prace do representante legal do organismo correspondente.
    • Memoria (mínimo 2 folios e máximo 10) asinada polo candidato na que se resuman:
      a) A actividade investigadora desenvolvida desde a súa incorporación ao Programa Isidro Parga Pondal.
      b) Plan de traballo que o candidato propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato
    • Currículo asinado polo candidato, correspondente ao período do contrato Parga Pondal. Indicarase en cada unha das alíneas do modelo oficial de currículo, que figura na páxina web http://gain.xunta.es, as actividades investigadoras posteriores ao inicio da súa actividade como contratado ao abeiro das axudas do Programa Isidro Parga Pondal.
    • No caso de solicitudes presentadas electronicamente, a solicitude deberá presentarse polo representante legal do centro. O candidato deberá achegar un documento cuxo modelo está dispoñible na páxina web http://gain.xunta.es, no que acepta esta presentación.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    ÁREA DE XESTIÓN

    Rúa dos Feáns, 7 baixo
    15706Santiago de Compostela
    Teléfono: 981541075Fax: 981957380
    Email: gain@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Co obxectivo de equiparar a duración das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Isidro Parga Pondal coa duración das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Economía e Competitividade (5 anos), esta convocatoria establece as bases que regulan a concesión dunha prórroga de dous anos das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal 2009, para a contratación de doutores en centros tecnolóxicos e centros de investigación de Galicia alleos ao SUG, adxudicadas por Resolución da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010).
    A duración das axudas así como a prórroga dos contratos establecida ao seu abeiro, será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2014.

    Beneficiarios:

    Os centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás ás universidades do SUG que contraten os candidatos e candidatas seleccionados, a través dun contrato laboral a tempo completo de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e polo Real decreto lexislativo 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, en virtude do cal o candidato/a seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro onde desenvolva a súa actividade.

    Requisitos:

    Poderán participar nesta convocatoria aqueles doutores que, na data de peche desta convocatoria, teñan en vigor un contrato como investigador correspondente ás axudas do Programa Isidro Parga Pondal 2009, adxudicadas por Resolución da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010) e que estean contratados por entidades distintas das universidades do SUG.
    Os beneficiarios das axudas convocadas nesta orde non poderán estar incursos nas causas de prohibición para obter a condición de beneficiarios previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán cumprir as obrigas do artigo 11 desta lei, así como os requisitos que se establezan no anexo I.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 7 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores en centros de investigación alleos ao sistema universitario de Galicia (SUG), e para a concesión, das bolsas para estadías correspondentes a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño, en centros alleos ao SUG, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria (DOG nº158 do 21 de agosto de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados no presente artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:

    ? Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.

    1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais.

    O actual Plan I2C recolle diversas liñas dentro do seu eixe estratéxico 5: Innovación como motor e crecemento, nas cales se recoñece tanto desde a perspectiva do programa 5.2 de impulso a modelos colaborativos desde unha concepción de innovación aberta, como desde a de crecemento do programa 5.3, a importancia da participación de entidades galegas en proxectos colaborativos de ámbito estatal e internacional como motor de cambio do Sistema Galego de Innovación. Con estas subvencións preténdese incrementar a participación das empresas galegas en proxectos estatais e internacionais promovendo accións que faciliten a súa presenza en actividades financiadas por outros organismos, para conseguir aumentar os retornos científicos, tecnolóxicos e industriais e apostar polo crecemento.

    Entre as fontes de financiamento externas, o Plan I2C nas súas liñas 5.3.1 e 5.3.2 do programa 5.3 (Crecemento) antes citado, destaca como prioritarias o Fondo Tecnolóxico, o VII Programa Cadro e Programa Europeo de Competitividade e Innovación (CIP), polo que se primará a presentación de propostas a estas convocatorias.

    As actuacións subvencionables deben estar comprendidas nunhas das seguintes categorías:

    a) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do Plan Nacional, tanto individuais como en cooperación.

    b) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas internacionais en cooperación, en particular VII Programa Cadro, Programa CIP e proxectos bilaterais e multilaterais de CDTI, que serán, en todos os casos, desenvolvidos principalmente no ámbito territorial de Galicia.

    A proposta para ser subvencionable debe adecuarse aos criterios exixidos na convocatoria a que se vai presentar, condicionándose o pagamento da subvención á presentación oficial en tempo e forma do proxecto ante a Administración correspondente.

    2. Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como gastos os seguintes:

    a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto (ex. preparación da proposta ou formación do consorcio). Non se considerarán subvencionables os gastos relacionados co persoal que non teña relación contractual coa empresa beneficiaria da subvención.

    b) Gastos de consultoría para a preparación e presentación da proposta (desde a concepción do proxecto ata a súa presentación a un programa de financiamento concreto: identificación de ideas, busca de socios, redacción da proposta, ).

    c) Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

    d) Gastos de viaxes e aloxamento realizados por persoal da entidade solicitante para a preparación da proposta (desprazamento para reunión con posibles socios do consorcio, asistencia a InfoDays, etc).

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda.

    Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.

    A axuda só poderá outorgarse a entidades que non estivesen en crise o 1 de xullo de 2008, segundo o disposto no punto 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas publicadas no Diario Oficial de la Unión Europea C 244/2, do 1 de outubro de 2004, ou segundo o disposto no número 7 do artigo 1 do Regulamento (CE) n.º 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto (Regulamento xeral de exención por categorías).

    Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    ÁREA DE XESTIÓN

    DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

    Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)

    15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981543993

    Fax: 981541093

    http://economiaeindustria.xunta.es

    Órgano responsable

    DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C) (DOG nº 73 do 17 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 18/04/2012 - 17/05/2012.

    Un mes, contado partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

    Prazo de resolución: 6 meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo.

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes estarán compostas polos formularios normalizados e o resto da documentación definida neste artigo. Nalgúns casos a documentación poderá identificarse polo solicitante como información accesible (ver o artigo 7 da convocatoria) de xeito que o órgano xestor das axudas poderá acceder á dita documentación, sen que sexa presentada polo solicitante. É altamente recomendable identificar como accesible toda a documentación posible, polos erros que se evitan ao solicitante, así como pola eficacia e eficiencia que pode acadarse na xestión administrativa. Considerando o anterior, as solicitudes deberán estar compostas pola seguinte documentación:
      • Formulario normalizado de solicitude obtido a traves da aplicación informática sinalada no artigo 2 da convocatoria. Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo/s representante/s legal/is da entidade correspondente.
        Os datos de contacto que figuren nas solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico, telefono e fax) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións. Serán responsabilidade exclusiva da entidade solicitante tanto os erros na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de I+D+i de calquera cambio que se producise neles.
      • Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas. De ser o caso, copia simple da resolución de concesión de esas outras axudas.
      • Declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos tres anos, en calquera outra administración, organismos ou entes públicos ou privados. Se for o caso, para as axudas concedidas deberá presentarse copia da resolución de concesión.
      • Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.
      • Toda a documentación xustificativa relativa aos criterios de valoración. Non se terán en conta para a valoración aqueles resultados que non estean correctamente xustificados.
      • Declaración responsable de estar ao día de pagamentos de obrigas por reintegros de subvencións.
      • Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante. Identificarase como información accesible (ver o artigo 7 da convocatoria) ou, en caso contrario, presentarase a seguinte documentación:
        - NIF da entidade solicitante en vigor.
        - Documento acreditativo de que a persoa que asina a solicitude representa a entidade solicitante. Poderá xustificarse achegando un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos necesario para ter personalidade xurídica no cal se identifiquen os representantes ou apoderados da entidade solicitante, así como o alcance da dita representación e vixencia. De non achegarse o dito certificado, deberá entregarse a escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, e a escritura pública de outorgamento do poder ou a do nomeamento do representante. Deben estar en vigor na data de presentación da solicitude e presentarse integramente; ademais, debe figurar expresamente a súa inscrición no rexistro que legalmente lle puider corresponder.
        - DNI da persoa ou persoas que asinan a solicitude, sen prexuízo do dereito a non presentar este documento segundo o Decreto 255/2008 (DOG n.º 221, do 13 de novembro) no caso de que o interesado o identifique como información accesible (ver o artigo 7 da convocatoria). Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.
      • Os certificados acreditativos de estar ao día das obrigas coas administracións públicas (Axencia Estatal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia) identificaranse como caso xeral como información accesible (ver anexo IV) e non terán que ser presentados aínda que, no caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización para acceder á dita información, deberá presentar xunto coa solicitude a seguinte documentación, que deberá estar en vigor:
        - Certificado acreditativo de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
        - Certificado acreditativo de estar ao día nas súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
        - Certificado acreditativo de estar ao día nas súas obrigas e que non ten pendente de pagamento ningunha outra debeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
      • Declaración responsable acerca da veracidade da titularidade da conta bancaria consignando o código do banco, código da sucursal, díxito de control e código da conta corrente no formulario normalizado de solicitude.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    ÁREA DE XESTIÓN

    DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS
    Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)
    15702Santiago de Compostela
    Teléfono: 981543993Fax: 981541093
    Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados no presente artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:
    ? Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.
    1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais.
    O actual Plan I2C recolle diversas liñas dentro do seu eixe estratéxico 5: Innovación como motor e crecemento, nas cales se recoñece tanto desde a perspectiva do programa 5.2 de impulso a modelos colaborativos desde unha concepción de innovación aberta, como desde a de crecemento do programa 5.3, a importancia da participación de entidades galegas en proxectos colaborativos de ámbito estatal e internacional como motor de cambio do Sistema Galego de Innovación. Con estas subvencións preténdese incrementar a participación das empresas galegas en proxectos estatais e internacionais promovendo accións que faciliten a súa presenza en actividades financiadas por outros organismos, para conseguir aumentar os retornos científicos, tecnolóxicos e industriais e apostar polo crecemento.
    Entre as fontes de financiamento externas, o Plan I2C nas súas liñas 5.3.1 e 5.3.2 do programa 5.3 (Crecemento) antes citado, destaca como prioritarias o Fondo Tecnolóxico, o VII Programa Cadro e Programa Europeo de Competitividade e Innovación (CIP), polo que se primará a presentación de propostas a estas convocatorias.
    As actuacións subvencionables deben estar comprendidas nunhas das seguintes categorías:
    a) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do Plan Nacional, tanto individuais como en cooperación.
    b) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas internacionais en cooperación, en particular VII Programa Cadro, Programa CIP e proxectos bilaterais e multilaterais de CDTI, que serán, en todos os casos, desenvolvidos principalmente no ámbito territorial de Galicia.
    A proposta para ser subvencionable debe adecuarse aos criterios exixidos na convocatoria a que se vai presentar, condicionándose o pagamento da subvención á presentación oficial en tempo e forma do proxecto ante a Administración correspondente.
    2. Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como gastos os seguintes:
    a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto (ex. preparación da proposta ou formación do consorcio). Non se considerarán subvencionables os gastos relacionados co persoal que non teña relación contractual coa empresa beneficiaria da subvención.
    b) Gastos de consultoría para a preparación e presentación da proposta (desde a concepción do proxecto ata a súa presentación a un programa de financiamento concreto: identificación de ideas, busca de socios, redacción da proposta,?).
    c) Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.
    d) Gastos de viaxes e aloxamento realizados por persoal da entidade solicitante para a preparación da proposta (desprazamento para reunión con posibles socios do consorcio, asistencia a InfoDays, etc).

    Beneficiarios:

    As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda.
    Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.
    A axuda só poderá outorgarse a entidades que non estivesen en crise o 1 de xullo de 2008, segundo o disposto no punto 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas publicadas no Diario Oficial de la Unión Europea C 244/2, do 1 de outubro de 2004, ou segundo o disposto no número 7 do artigo 1 do Regulamento (CE) n.º 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto (Regulamento xeral de exención por categorías).
    Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C) (DOG nº 73 do 17 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados no presente artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:

    - Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.

    1. Unha das vías para fomentar o acceso á innovación nas diferentes organizacións destinatarias é a do desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica. Con esta liña de actuación preténdese promover a realización, por parte das empresas, de proxectos de innovación e transferencia de tecnoloxía, que implican a incorporación e adaptación activa de tecnoloxías emerxentes na empresa, así como os procesos de adaptación e mellora de tecnoloxías a novos mercados, incluíndo a aplicación do deseño industrial e enxeñerías de produto e de proceso para a súa mellora tecnolóxica.

    O obxecto das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a innovación empresarial para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos. Trátase de impulsar non só as innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto senón tamén a implantación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas desde unha perspectiva de innovación aberta onde combinar o coñecemento interno co externo (liña 5.2.1 do Plan I2C). Procurarase a estimulación da innovación aberta dentro do tecido empresarial galego mediante as dinámicas de colaboración nas empresas, co obxectivo de aumentar a súa competitividade activando a valorización do coñecemento e optimizando os investimentos.

    Estas subvencións destinaranse á realización dos proxectos de innovación empresarial dentro das seguintes modalidades:

    ? Innovacións para a xestión:

    a) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos.

    A innovación en materia de organización debe sempre gardar relación co uso e explotación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) co fin de introducir cambios na organización.

    b) Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda.

    ? Innovación de loxística.

    Implantación de técnicas de xestión loxística orientadas a:

    ? Elaboración de plans loxísticos en que se faga unha análise integral dos procesos.

    ? A mellora da organización e utilización dos sistemas de información e das tecnoloxías de comunicación en toda a cadea.

    ? A xestión do fluxo dos bens e produtos rexeitados polo mercado destinados ao procesamento, reciclaxe, reutilización ou destrución.

    ? Xestión da rastrexabilidade do produto ata a entrega ao cliente final.

    ? Innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto.

    a) Innovación de proceso. Implantación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorados.

    b) Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto as súas características ou en canto ao uso ao que se destina.

    2. Co desenvolvemento destes proxectos de innovación, as empresas solicitantes deben superar a práctica de simple compra ou adquisición de tecnoloxía (maquinaria, patentes, etc.) e realizar o esforzo por vincular a incorporación e adopción de tecnoloxías adquiridas no mercado con esforzos innovadores propios que favorezan o aproveitamento óptimo delas dentro de cada organización e a mellora da competitividade da nosa comunidade autónoma. En consecuencia, os citados proxectos de innovación, para poderen acollerse a esta convocatoria de subvencións, deberán ter as seguintes características:

    a) Non se considerarán innovacións os cambios ou melloras de importancia menor, o aumento das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios nas prácticas comerciais, ou as relacións exteriores baseadas en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións ou adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a personalización (customisation), os cambios periódicos de carácter estacional ou outros e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

    b) A innovación debe representar unha novidade ou mellora substancial con respecto ao estado actual deste campo na industria de Galicia e, así mesmo, comportar un grao evidente de risco.

    c) Un proxecto de innovación non debe limitarse á mera adquisición de material inventariable.

    3. Establécense dúas modalidades de axuda, en función de que o proxecto o presente unha soa empresa ou varias empresas asociadas, pero en ambas potenciarase o seu desenvolvemento desde unha perspectiva de innovación aberta, aproveitando non só o coñecemento interno senón tamén o externo para a definición e desenvolvemento de proxectos:

    a) Proxectos individuais:

    Proxectos de innovación tecnolóxica en materia de proceso, produto, loxística e xestión levados a cabo por pemes (pequenas ou medianas empresas), co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas galegas e estimular o seu crecemento.

    Para este tipo de proxectos só poderán presentar solicitude de subvención as pemes.

    O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 75.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención

    b) Proxectos en colaboración:

    Proxectos de colaboración para a xeración de produtos, procesos ou servizos innovadores entre empresas (pemes e grandes empresas).

    Estes proxectos deberán mellorar a posición competitiva das empresas co obxectivo de xuntar os seus potenciais para acceder a novos mercados, especialmente internacionais. O obxectivo desta modalidade é promover a innovación colectiva no tecido empresarial, impulsando a utilización de estratexias de innovación aberta a través da cooperación para acadar a masa crítica suficiente para acometer proxectos de envergadura e reducir custos.

    As relacións entre os participantes nun proxecto colaborativo deberán formalizarse documentalmente mediante un contrato, convenio ou acordo en que se establezan os dereitos e obrigas que asume cada parte (distribución de actividades e orzamento, relacións de confidencialidade, propiedade dos resultados, protección legal destes e dereitos económicos, así como explotación comercial dos resultados).

    Para este tipo de proxectos poderán presentar solicitude de subvención as pemes e as grandes empresas. Non obstante, no caso de grandes empresas, exíxese que no proxecto en colaboración participe unha ou máis pemes e que a contribución conxunta destas pemes no custo subvencionable do proxecto sexa polo menos dun 30%.

    Para que poida considerase que existe colaboración efectiva, as dúas empresas deben ser independentes entre si.

    O custo subvencionable mínimo do proxecto no seu conxunto será de 150.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención.

    Durante a realización destes proxectos, as empresas poderán establecer dinámicas de colaboración cos centros tecnolóxicos, as universidades e os centros públicos de investigación e innovación.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    - As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia onde realicen as actividades susceptibles de obteren axuda.

    - As agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os mesmos requisitos anteriores.

    As agrupacións de empresas que carezan de personalidade xurídica deberán presentar un proxecto en colaboración entre as empresas pertencentes á agrupación de empresas. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e faranse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención aplicable por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

    Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    ÁREA DE XESTIÓN

    DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

    Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)

    15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981543993

    Fax: 981541093

    http://economiaeindustria.xunta.es

    Órgano responsable

    DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C) (DOG nº 73 do 17 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 28/07/2010 - 27/08/2010.

    Un mes contado, a partir do día seguinte ao da publicación da orden no DOG.

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude normalizada.
    • Declaracións:
      1. Declaración xurada do/a solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou polos seus organismos ou sociedades.
      2. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta declaración deberá ser asinada polo representante do organismo ou entidade a traves do cal se presente a solicitude.
      3. Declaración opcional do/a solicitante do compromiso de utilización da lingua galega nas relacións coa administración á cal solicita axuda.
      4. No caso de optar por incluír as actividades na Semana da Ciencia 2009: Declaración xurada do/a solicitante na que se compromete a trasladar a información sobre a actividade requirida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación nas datas fixadas pola devandita Dirección Xeral así como a distribuír o material de comunicación (cartelaría, merchandising, etc), colaborar na avaliación das actividades e empregar nas súas accións de promoción os logotipos da Semana da Ciencia que lles serán facilitados pola Dirección Xeral. O obxectivo deste requirimento e facer posible a coordinación das actividades da Semana da Ciencia pola devandita Dirección Xeral.
    • Memoria da actividade e datos do equipo (incluída no anexo II).
    • Memoria económica de actividade (incluída no anexo II).
    • Copia do documento acreditativo do poder polo cal o/a representante legal da entidade ostenta devandita representación.
    • No caso de institucións sen ánimo de lucro, xuntarase copia da escritura pública de constitución, dos estatutos da asociación ou entidade que formula a solicitude e unha relación das actividades de divulgación científica realizadas nos últimos tres anos para a acreditación da capacidade e experiencia da entidade conforme o sinalado no punto e) letra b do artigo 3 das bases reguladoras.
    • Nas solicitudes de axudas que procedan de persoal pertencente a centros sanitarios que xestionen as actividades a que fai referencia esta convocatoria a traves de fundacións de interese galego (Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego), o Sergas deberá dar o seu visto e prace á solicitude e autorizar a correspondente fundación sanitaria de interese galego para que xestione a subvención. Pola súa banda, o/a representante legal da fundación deberá asinar a aceptación da devandita xestión conforme o modelo presentado no anexo IV.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo) - 15781 Santiago
    15702Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957392 / 981957387Fax: 981541039
    Email: programas.gain@xunta.es
    Información web: http://gain.xunta.es

    Versión en formato PDF

    Fomentar unha cultura do coñecemento da ciencia e a tecnoloxía que posibilite que o conxunto da sociedade teña unha mellor percepción das actividades de I+D+I e dos resultados que delas se derivan. Así mesmo, debe promover a sensibilización social que faga posible un maior recoñecemento das actividades de I+D+I e dos seus resultados na sociedade. Neste contexto, as actividades de comunicación e divulgación da ciencia que promovan especialmente a participación de colectivos aos que a ciencia non chega habitualmente, en particular aqueles máis afastados do ámbito da ciencia e da tecnoloxía, ademais dos nenos e os mozos, son elementos centrais deste programa; así como a concienciación da importancia do potencial das mulleres no eido da investigación e das medidas de igualdade que cómpre implantar. Valoraranse aquelas actividades que introduzan medidas para facilitar a participación deses colectivos, por exemplo a celebración das actividades en horarios non laborais. Para levar á práctica ditos obxectivos, o Programa de Comunicación e Sensibilización Social xestiona a presente convocatoria de axudas para a realización de actividades de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica [DIVERCIENCIA].
    OBXECTIVOS:
    A presente convocatoria ten como obxectivos específicos:
    ­- Concienciar ao conxunto da sociedade sobre a importancia da I+D+I e da cultura científica no desenvolvemento económico e no benestar social de Galicia mediante a súa participación en actividades de ciencia e tecnoloxía.
    ­- Promover nas entidades galegas vinculadas coa ciencia e a tecnoloxía a realización de accións de divulgación e comunicación científica e tecnolóxica para o conxunto da sociedade. Para iso é fundamental que as accións de divulgación e comunicación científica e tecnolóxica estean relacionadas co ámbito de actuación das entidades que as desenvolven.
    ­- Impulsar o espírito científico e emprendedor e as profesións de científicos e tecnólogos entre as mulleres e mozos.
    ­- Celebrar a Semana da Ciencia en Galicia, así como outros fitos de carácter científico como a conmemoración do Ano Darwin ou do Ano Internacional da Astronomía.
    MODO DE PARTICIPACIÓN:
    As bases da convocatoria e a documentación para a presentación de solicitudes pode descargarse da páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: http://www.conselleriaiei.org/dxidi

    Beneficiarios:

    Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as seguintes entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma:
    a) Universidades do Sistema Universitario de Galicia.
    b) Centros tecnolóxicos recoñecidos pola Dirección Xeral de I+D+I.
    c) Organismos dependentes da Comunidade Autónoma ou da Administración Xeral do Estado, que desenvolvan actividades de investigación ou divulgación da ciencia e da tecnoloxía.
    d) Organismos dependentes das entidades locais galegas que desenvolvan actividades de investigación ou divulgación da ciencia e da tecnoloxía.
    e) Institucións sen ánimo de lucro:
    - Que dentro dos fins e obxectivos, recollidos nos seus estatutos ou documentos fundacionais, teñan competencias relacionadas coa investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico, a difusión e a divulgación da cultura científica.
    - Que teñan capacidade e experiencia demostrada para o desenvolvemento das anteriores actividades.

    Requisitos:

    a) Que se poidan inserir nalgúns dos obxectivos enunciados nesta convocatoria.
    b) Estar dirixidas a un público non especializado e non habitual nas actividades relacionadas coa ciencia e tecnoloxía.
    c) Ter carácter aberto e gratuíto.
    d) Contar cun plan de difusión e comunicación. As entidades beneficiarias deberán difundir as actividades a través de accións de publicidade axeitadas para o público ao cal van dirixidas.
    e) Empregar a lingua galega tanto no desenvolvemento da actividade como nos contidos de todo o material impreso, audiovisual ou electrónico que se produza.
    f) As actividades deberán ser innovadoras, ter carácter lúdico e fomentar a participación cidadá.
    Por exemplo: cafés científicos; exposicións; feiras científicas; visitas guiadas; obradoiros; excursións; ciclos de cine; representacións de teatro científico; e outras actividades, sempre e cando cumpran cos requisitos e cos criterios de selección indicados nesta convocatoria.
    Non obstante, quedarán expresamente excluídas as conferencias, as xornadas de portas abertas e todas aquelas accións dirixidas a un público especializado.

    Orde do 16 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (Diverciencia) no marco do Programa de comunicación e sensibilización social (CSS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 120 do 142 de 27 de xullo de 2010)

    Teléfono: 981957392 / 981957387

    Fax: 981541039

    Email: programas.gain@xunta.es

    http://gain.xunta.es

    Órgano responsable

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 16 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (Diverciencia) no marco do Programa de comunicación e sensibilización social (CSS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 120 do 142 de 27 de xullo de 2010)

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.

    2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2019 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva.

    Conceptos subvencionables

    1. Custo de persoal investigador ou de apoio.

    Persoal investigador contratado: investigadores, auxiliares de investigación e xestores de I+D+i que se dedican exclusivamente a esta actividade.

    Persoal de apoio contratado: persoal directivo ou persoal de administración con dedicación parcial a actividades de I+D+i.

    O custo do persoal de apoio non poderá ser superior ao 40 % do importe da subvención concedida.

    Unicamente será subvencionable o importe que conste como base do IRPF na nómina, non admitíndose axudas de custo, desprazamentos e outros que non formen parte da base do IRPF.

    2. Material bibliográfico (libros, publicacións periódicas en papel ou dixitais, bases de datos, …) e equipamento científico (inclúense aplicacións informáticas cando sexan necesarias para actividades de investigación) así como a súa reparación e conservación.

    3. Material funxible.

    Elementos adquiridos e utilizados pola entidade para a realización da actividade investigadora (materiais diversos, envases, material de oficina, ...).

    4. Custos de formación do persoal do centro tecnolóxico (inscrición, matrícula, custos do persoal ou entidade docente no caso de formación específica contratada polo centro, …). Non se admiten as axudas de custo e desprazamento nin facturas de combustibles.

    5. Outros gastos debidamente xustificados, conforme o punto 4 do artigo 19.1, ata un máximo do 10 % da axuda concedida.

    Gastos de natureza diversa que teñen por obxecto garantir o funcionamento normal da entidade (gastos de asesoría e similares, auga, electricidade e outras subministracións, servizos prestados por outras entidades para o desenvolvemento de actividades de I+D+i, outros servizos, ...).

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que teñan a consideración de consolidados.

    Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

    Obrigas dos beneficiarios

    Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

    a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

    b) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Así como facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

    c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación, no momento en que sexan beneficiarios de calquera axuda concedida para o mesmo fin, o seu importe e duración.

    d) Contabilizar de forma separada a súa actividade económica e non económica, de modo que se poida distinguir con claridade entre ambos os dous tipos de actividades e entre os seus respectivos custos e financiamento. O proxecto subvencionado dedicarase exclusivamente a actividades de carácter non económico, o que deberá ter o seu reflexo na contabilidade separada, de modo que cumpran o establecido no Marco comunitario sobre axudas estatais sobre investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE do 27.6.2014 C198/1).

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    ÁREA DE XESTIÓN

    DEPARTAMENTO DE XESTIÓN ECONÓMICA E ORZAMENTARIA

    Praza de Europa nº 10-A, 6º B

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981543986

    Fax: 981957380

    Email: xestion.gain@xunta.gal

    http://gain.xunta.gal

    Órgano responsable

    AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.