IN841B - Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados no presente artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:

? Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.

1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais.

O actual Plan I2C recolle diversas liñas dentro do seu eixe estratéxico 5: Innovación como motor e crecemento, nas cales se recoñece tanto desde a perspectiva do programa 5.2 de impulso a modelos colaborativos desde unha concepción de innovación aberta, como desde a de crecemento do programa 5.3, a importancia da participación de entidades galegas en proxectos colaborativos de ámbito estatal e internacional como motor de cambio do Sistema Galego de Innovación. Con estas subvencións preténdese incrementar a participación das empresas galegas en proxectos estatais e internacionais promovendo accións que faciliten a súa presenza en actividades financiadas por outros organismos, para conseguir aumentar os retornos científicos, tecnolóxicos e industriais e apostar polo crecemento.


Entre as fontes de financiamento externas, o Plan I2C nas súas liñas 5.3.1 e 5.3.2 do programa 5.3 (Crecemento) antes citado, destaca como prioritarias o Fondo Tecnolóxico, o VII Programa Cadro e Programa Europeo de Competitividade e Innovación (CIP), polo que se primará a presentación de propostas a estas convocatorias.

As actuacións subvencionables deben estar comprendidas nunhas das seguintes categorías:

a) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do Plan Nacional, tanto individuais como en cooperación.

b) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas internacionais en cooperación, en particular VII Programa Cadro, Programa CIP e proxectos bilaterais e multilaterais de CDTI, que serán, en todos os casos, desenvolvidos principalmente no ámbito territorial de Galicia.

A proposta para ser subvencionable debe adecuarse aos criterios exixidos na convocatoria a que se vai presentar, condicionándose o pagamento da subvención á presentación oficial en tempo e forma do proxecto ante a Administración correspondente.

2. Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como gastos os seguintes:

a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto (ex. preparación da proposta ou formación do consorcio). Non se considerarán subvencionables os gastos relacionados co persoal que non teña relación contractual coa empresa beneficiaria da subvención.

b) Gastos de consultoría para a preparación e presentación da proposta (desde a concepción do proxecto ata a súa presentación a un programa de financiamento concreto: identificación de ideas, busca de socios, redacción da proposta, ).

c) Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

d) Gastos de viaxes e aloxamento realizados por persoal da entidade solicitante para a preparación da proposta (desprazamento para reunión con posibles socios do consorcio, asistencia a InfoDays, etc).

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda.

Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.


A axuda só poderá outorgarse a entidades que non estivesen en crise o 1 de xullo de 2008, segundo o disposto no punto 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas publicadas no Diario Oficial de la Unión Europea C 244/2, do 1 de outubro de 2004, ou segundo o disposto no número 7 do artigo 1 do Regulamento (CE) n.º 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto (Regulamento xeral de exención por categorías).

Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

ÁREA DE XESTIÓN

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)

15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981543993

Fax: 981541093

http://economiaeindustria.xunta.es

Órgano responsable

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C) (DOG nº 73 do 17 de abril de 2012).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.