IN841C - Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT)

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados no presente artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:

- Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.

1. Unha das vías para fomentar o acceso á innovación nas diferentes organizacións destinatarias é a do desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica. Con esta liña de actuación preténdese promover a realización, por parte das empresas, de proxectos de innovación e transferencia de tecnoloxía, que implican a incorporación e adaptación activa de tecnoloxías emerxentes na empresa, así como os procesos de adaptación e mellora de tecnoloxías a novos mercados, incluíndo a aplicación do deseño industrial e enxeñerías de produto e de proceso para a súa mellora tecnolóxica.


O obxecto das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a innovación empresarial para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos. Trátase de impulsar non só as innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto senón tamén a implantación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas desde unha perspectiva de innovación aberta onde combinar o coñecemento interno co externo (liña 5.2.1 do Plan I2C). Procurarase a estimulación da innovación aberta dentro do tecido empresarial galego mediante as dinámicas de colaboración nas empresas, co obxectivo de aumentar a súa competitividade activando a valorización do coñecemento e optimizando os investimentos.

Estas subvencións destinaranse á realización dos proxectos de innovación empresarial dentro das seguintes modalidades:

? Innovacións para a xestión:

a) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos.

A innovación en materia de organización debe sempre gardar relación co uso e explotación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) co fin de introducir cambios na organización.

b) Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda.

? Innovación de loxística.

Implantación de técnicas de xestión loxística orientadas a:

? Elaboración de plans loxísticos en que se faga unha análise integral dos procesos.

? A mellora da organización e utilización dos sistemas de información e das tecnoloxías de comunicación en toda a cadea.

? A xestión do fluxo dos bens e produtos rexeitados polo mercado destinados ao procesamento, reciclaxe, reutilización ou destrución.

? Xestión da rastrexabilidade do produto ata a entrega ao cliente final.

? Innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto.

a) Innovación de proceso. Implantación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorados.

b) Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto as súas características ou en canto ao uso ao que se destina.

2. Co desenvolvemento destes proxectos de innovación, as empresas solicitantes deben superar a práctica de simple compra ou adquisición de tecnoloxía (maquinaria, patentes, etc.) e realizar o esforzo por vincular a incorporación e adopción de tecnoloxías adquiridas no mercado con esforzos innovadores propios que favorezan o aproveitamento óptimo delas dentro de cada organización e a mellora da competitividade da nosa comunidade autónoma. En consecuencia, os citados proxectos de innovación, para poderen acollerse a esta convocatoria de subvencións, deberán ter as seguintes características:

a) Non se considerarán innovacións os cambios ou melloras de importancia menor, o aumento das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios nas prácticas comerciais, ou as relacións exteriores baseadas en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións ou adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a personalización (customisation), os cambios periódicos de carácter estacional ou outros e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

b) A innovación debe representar unha novidade ou mellora substancial con respecto ao estado actual deste campo na industria de Galicia e, así mesmo, comportar un grao evidente de risco.

c) Un proxecto de innovación non debe limitarse á mera adquisición de material inventariable.

3. Establécense dúas modalidades de axuda, en función de que o proxecto o presente unha soa empresa ou varias empresas asociadas, pero en ambas potenciarase o seu desenvolvemento desde unha perspectiva de innovación aberta, aproveitando non só o coñecemento interno senón tamén o externo para a definición e desenvolvemento de proxectos:

a) Proxectos individuais:

Proxectos de innovación tecnolóxica en materia de proceso, produto, loxística e xestión levados a cabo por pemes (pequenas ou medianas empresas), co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas galegas e estimular o seu crecemento.

Para este tipo de proxectos só poderán presentar solicitude de subvención as pemes.

O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 75.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención

b) Proxectos en colaboración:

Proxectos de colaboración para a xeración de produtos, procesos ou servizos innovadores entre empresas (pemes e grandes empresas).

Estes proxectos deberán mellorar a posición competitiva das empresas co obxectivo de xuntar os seus potenciais para acceder a novos mercados, especialmente internacionais. O obxectivo desta modalidade é promover a innovación colectiva no tecido empresarial, impulsando a utilización de estratexias de innovación aberta a través da cooperación para acadar a masa crítica suficiente para acometer proxectos de envergadura e reducir custos.

As relacións entre os participantes nun proxecto colaborativo deberán formalizarse documentalmente mediante un contrato, convenio ou acordo en que se establezan os dereitos e obrigas que asume cada parte (distribución de actividades e orzamento, relacións de confidencialidade, propiedade dos resultados, protección legal destes e dereitos económicos, así como explotación comercial dos resultados).

Para este tipo de proxectos poderán presentar solicitude de subvención as pemes e as grandes empresas. Non obstante, no caso de grandes empresas, exíxese que no proxecto en colaboración participe unha ou máis pemes e que a contribución conxunta destas pemes no custo subvencionable do proxecto sexa polo menos dun 30%.

Para que poida considerase que existe colaboración efectiva, as dúas empresas deben ser independentes entre si.

O custo subvencionable mínimo do proxecto no seu conxunto será de 150.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención.

Durante a realización destes proxectos, as empresas poderán establecer dinámicas de colaboración cos centros tecnolóxicos, as universidades e os centros públicos de investigación e innovación.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

- As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia onde realicen as actividades susceptibles de obteren axuda.

- As agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os mesmos requisitos anteriores.

As agrupacións de empresas que carezan de personalidade xurídica deberán presentar un proxecto en colaboración entre as empresas pertencentes á agrupación de empresas. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e faranse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención aplicable por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.


Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

ÁREA DE XESTIÓN

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)

15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981543993

Fax: 981541093

http://economiaeindustria.xunta.es

Órgano responsable

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DE AXUDAS

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C) (DOG nº 73 do 17 de abril de 2012).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.