IN809A - Bolsas para estadías fóra da comunidade autónoma.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

A concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a realización de estadías durante o ano 2015 fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación, así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.

Convócanse estas axudas para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.

Condicións de aproveitamento
1. As estadías para as que se solicite unha axuda ao abeiro da presente convocatoria deberán iniciarse en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro do ano 2015 e finalizarse en data igual ou anterior ao 30 de novembro do ano 2015.

2. Non se poderá realizar interrupción ningunha no período correspondente á axuda de estadías concedido, salvo caso de forza maior.

O importe da axuda comprenderá:

1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, cunha asignación de 400 euros para estadías en España, Portugal e Andorra, de 600 euros para estadías no resto de Europa e de 1.000 euros para estadías no resto do mundo.

2. Unha asignación mensual bruta de:
- 1.400 euros, se a incorporación se produce en España, Portugal ou Andorra.
- 1.700 euros, se a incorporación se produce no resto de países de Europa, África ou América (excluídos os Estados Unidos e Canadá).
- 2.000 euros, se a incorporación se produce nos Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía.

En todo caso, respectaranse as condicións da TIN/2965/2008, do 14 de outubro, de gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo, durante o período de programación 2007-2013, e a Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, e a Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo, que a modifican.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante.


Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta convocatoria quedan obrigados a:

1. Cumprir cos obxectivos da axuda que se lles conceda, así como cos compromisos asumidos e acreditar a realización da actividade subvencionada. De non ser así, perderán o dereito ao seu cobramento, e/ou, se é o caso, procederase ao reintegro da subvención.


Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para isto tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.

Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

2. Facilitar toda información que lles sexa requirida pola Axencia Galega de Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

3. Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para realizar as comprobacións e verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle a Axencia Galega de Innovación, no momento en que se sexan beneficiarios, calquera axuda concedida para o mesmo fin, así como o seu importe e duración.

5. Os beneficiarios deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

6. Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión. Calquera documento relativo a este tipo de operación incluirá unha declaración en que se informe deste cofinanciamento.

Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estructurais 2007-2013, que pode consultarse na páxina web:
http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

Ler máis Ler menos

Requisitos

As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante.

A vinculación laboral deberá estar vixente na data do remate do prazo de presentación da solicitude.

Cada persoa só poderá solicitar unha estadía de 1 a 6 meses de duración.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

ÁREA DE XESTIÓN

Praza de Europa nº 10A-6º

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541075

Fax: 981957380

Email: gain@xunta.es

Órgano responsable

ÁREA DE XESTIÓN

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías que se van realizar no 2015 correspondentes a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia, ao abeiro das accións financiables polo Fondo Social Europeo de Formación de Investigadores do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.