IN417E - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética: estudos de viabilidade PMUS (VPM)

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas axudas son para Estudos de viabilidade de actuacións de mobilidade urbana sustentable (VPM).

Concepto e custo elixible.

? Estudos previos á implantación de medidas específicas de mobilidade urbana sustentable, que teñan un impacto importante no aforro enerxético. Os estudos que teñan por obxecto actuacións de natureza similar terán que integrarse dentro do mesmo. Os estudos resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento «Contido mínimo dos estudos» dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es). O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda.


? Experiencias piloto de medidas relacionadas coa mobilidade urbana: implantación dun sistema de coche compartido, carril-bus, servizo de autobús lanzadeira, etc. Non se inclúen neste caso os investimentos en infraestrutura de obra civil.

? Proxectos piloto para puntos de recarga de uso público para vehículos eléctricos. A rede mínima que debe resultar como consecuencia de cada proxecto é de 10 puntos de recarga superando, en calquera caso, o rateo de 1 punto de recarga por cada 10.000 habitantes do concello ou conxunto de concellos en que se realice o proxecto. Por punto de recarga entenderase cada enchufe ou posto da instalación de recarga.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Concellos, autoridade de transporte público, administracións públicas, empresas ou asociacións empresariais.

Requisitos

As actuacións que afecten varios municipios poderán ser presentadas nunha única solicitude, sempre que sexa acreditado por escrito polo órgano competente a conformidade dos municipios afectados.

Os beneficiarios deberán manifestar o compromiso de levar a cabo as medidas que se propoñan nestes estudos, sempre e cando sexan viables técnica e economicamente, mediante aprobación polo órgano de goberno correspondente.

Contía máxima da subvención.

O 60% do custo elixible, cun máximo de custo elixible de 100.000 euros para os estudos e 200.000 euros para as experiencias piloto. Para os proxectos piloto de redes de puntos de recarga de vehículos eléctricos será o 40% do custo elixible cun máximo por proxecto de 200.000 euros

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541538

Fax: 981541515

Órgano responsable

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.