IN417L - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética: auditorías enerxéticas sector servizos (AES)
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas son para Auditoría enerxética nos edificios do sector residencial e servizos (AES).
Concepto e custo elixible.
Estudos de optimización enerxética en edificios do sector residencial e servizos.
Inclúense todos os custos externos derivados da realización da auditoría. As auditorías resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento «Contido mínimo de auditoría enerxética» dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.es). O formulario de resultados do estudo deberá cubrirse na súa totalidade. O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda.
Non se aceptarán auditorías enerxéticas parciais. Será necesario realizar a auditoría enerxética de todos os consumos enerxéticos do edificio.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada (propietarios ou titulares dalgún dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, promotores, inmobiliarias, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, empresas de servizos enerxéticos, etc.). Quedan excluídos os edificios novos.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).
Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres