IN417X - Proxectos de iluminación pública (PAP)

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas axudas son para Proxectos integrais de iluminación pública exterior (PAP).

Concepto.

Proxectos de renovación integral das instalacións de iluminación pública exterior existentes, por outras actuais e máis eficientes, en cumprimento do Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, e que se realicen a través de empresas de servizos enerxéticos. Estes proxectos deben ter a cualificación enerxética A ou B. Non se subvencionarán proxectos que teñan unha cualificación enerxética igual ou inferior a C. Inclúese a renovación de instalacións de semáforos por tecnoloxía LED.


Os proxectos obxecto desta liña de axudas deben estar executados a través de empresas de servizos enerxéticos. Neste sentido deberase incluír na documentación que sirva de base para a licitación e adxudicación do contrato, unha referencia expresa á solicitude e á concesión, se é o caso, desta axuda, coa repercusión que sobre aquel terá.

Custo elixible.

Formarán parte das partidas elixibles as lámpadas, reactancias, reloxos astronómicos, luminarias, apoios, sistemas de aforro (reactancias regulables ou redutores en cabeceira de liña), sistemas de telexestión, retirada de equipamentos existentes e a reforma da liña ata un máximo do 25% da actual rede de iluminación. Non se incluirán dentro desta liña a ampliación de puntos de luz, obra civil, canalización, acometidas, cadros de mando, protección e medida, proxectos de enxeñaría nin gastos de legalización.

Seguindo os criterios do Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, clasifícanse as instalacións de iluminación exterior en vías (funcional e ambiental), específicas, ornamentais, vixilancia e seguridade nocturna, sinais e anuncios luminosos, festivais e de Nadal. Tendo en conta a citada clasificación, consideraranse instalacións subvencionables e non subvencionables as seguintes:

Instalacións subvencionables:

? Iluminación de vías (funcional e ambiental).

? Iluminacións específicas.

? Iluminacións ornamentais.

Instalacións non subvencionables:

? Iluminación para vixilancia e seguridade nocturna.

? Iluminación de sinais e anuncios luminosos.

? Iluminación festiva e de Nadal.

As instalacións deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos técnicos:

? Sistema de acendido por reloxo astronómico.

? Lámpadas cun rendemento lumínico mínimo de 65 lm/W (lámpada + equipamento).

? As luminarias novas deberán ser pechadas con aloxamento de equipamento e que presenten como características mínimas:

? IP 44 no equipamento.

? IP 55 na óptica.

? IK 08.

? Clase eléctrica II.

? FHSinst igual ou inferior ao 5%.

? Sistema de dobre nivel, independentemente da potencia instalada.

? Cumprir co Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, en canto a niveis de iluminación e uniformidade das vías que se van iluminar que se reformen.

? Acadar unha cualificación enerxética A ou B conforme o Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro.

Considerarase punto de luz, o formado por apoio, soporte, luminaria, lámpada e equipamento auxiliar, completamente instalado e conectado.

Unicamente admitirase como punto de luz o formado por apoio, soporte e dúas luminarias nas instalacións axiais e puntos de luz formados por un apoio, e mais dunha luminaria na iluminación de rotondas e cruzamentos cando estes vaian no centro destes e non se dispoña doutro tipo de iluminación.

Contía máxima da subvención.

15% do custo elixible, cun custo elixible máximo de 1.000.000 de euros.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Concellos con número de habitantes superior a 25.000. Para este cómputo terase en conta o censo máis actualizado no Instituto Galego de Estatística.

Requisitos

Nesta liña de axudas só caberá que o peticionario presente unha solicitude, que non poderán superar a contía de 1.000.000 euros en concepto de custo elixible.

En cumprimento do disposto no convenio co IDAE, todas as instalacións que se acollan a esta liña de axudas deberán realizar previamente unha auditoría enerxética, segundo a memoria técnica a que se refire o artigo 6.B.2 dispoñible páxina web do Inega (www.inega.es). O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541538

Fax: 981541515

Órgano responsable

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.