MR462A - Axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2015 as axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, establecidas no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para o pagamento do importe dos xuros que correspondan ata dous anos de carencia na amortización dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, concedidos con base nas convocatorias desde o ano 2007 ata o ano 2015, ambos inclusive, da orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar con entidades financeiras.


As ordes a que se fai referencia no parágrafo anterior son as seguintes:
- Convocatoria 2007: Orde do 10 de maio de 2007 (DOG nº 94, do 16 de maio).
- Convocatoria 2008: Orde do 15 de febreiro de 2008 (DOG nº 38, do 22 de febreiro).
- Convocatoria 2009: Orde do 17 de decembro de 2008 (DOG nº 248, do 23 de decembro).
- Convocatoria 2010: Orde do 31 de maio de 2010 (DOG nº 105, do 4 de xuño).
- Convocatoria 2011: Orde do 29 de decembro de 2010 (DOG nº 3, do 5 de xaneiro).
- Convocatoria 2012: Orde do 8 de maio de 2012 (DOG nº 90, do 11 de maio).
- Convocatoria 2013: Orde do 13 de xuño de 2013 (DOG nº 118, do 21 de xuño).
- Convocatoria 2014: Orde do 30 de decembro de 2013 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 2014).
- Convocatoria 2015: Orde do 30 de decembro de 2014 (DOG nº 15, do 23 de xaneiro de 2015).

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As persoas titulares de explotacións agrarias de vacún de leite que soliciten un período de carencia de ata dous anos de duración na amortización do préstamo concedido no seu día ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar con entidades financeiras para o financiamento de investimentos relativos ás axudas de mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e que non fosen beneficiarias destas mesmas axudas á moratoria dos préstamos nas convocatorias anteriores.

Requisitos

- Os prestameiros que soliciten a carencia deberán ter certificada, con anterioridade ao remate do prazo de solicitude da axuda a que fai referencia esta orde, a execución dos investimentos subvencionados nas axudas de mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria. Non obstante, no caso de non ter certificados os investimentos, estes deberán estar no prazo de execución establecido nas bases reguladoras polas que se aprobaron as axudas vinculadas a este préstamo, e terán que ser certificadas con anterioridade ao remate dese prazo de execución.

- Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO, S/N

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546959

Fax: 981546892

Órgano responsable

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 24 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2015(DOG nº 189 do 2 de outubro de 2015).

Ligazón á normativa

Ámbito Europeo

Regulamento nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.