IG515B - Axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do plan estratéxico do téxtil. visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo d...

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Incentivar a realización de actuacións de difusión e promoción xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

1. Actuacións de difusión:
a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


2. Actuacións de promoción:
a) Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto a participación en feiras incluídas no Plan Foexga (publicado na web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao beneficiario.
b) Eventos promocionais, realizados fóra de España, tanto se teñen por obxecto a presentación da marca e/ou produto ao mercado, como a propia empresa a potenciais clientes, socios ou inversores. Podendo tratarse de actuacións levadas a cabo de forma individual ou conxunta con outras empresas galegas, sexan ou non do sector téxtil-moda.

3. So se concederá un expediente por beneficiario, no que se poderán incluír varios proxectos dos mencionados.

4. Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700? (8.000? no caso de grandes empresas).

Conceptos subvencionables:

1. Nas actuacións de difusión, previstas no punto 1.1 do artigo 1º terán a consideración de conceptos subvencionables:
- Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
- Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
- Inserción nos medios de comunicación descritos no punto 1.1. a) do mesmo artigo.

2. Nas actuacións de promoción, previstas no punto 1.2 do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables:
- Aluguer de espazos e servizos.
- Construción, montaxe e decoración de postos.
- Inscrición e seguro obrigatorio.
- Inserción no catálogo da feira.
- Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
- Traballos de empresas de marketing, comunicación ou relacións públicas específicos para o evento.
- Inserción de anuncios.
- Cando se trate de feiras ou eventos no estranxeiro, a contratación de intérpretes.

3. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:
a) Os gastos do persoal habitual contratado pola empresa e calquera outro derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
b) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
c) Deseño, creación e aloxamento de páxinas web.
d) Imposto sobre o valor engadido (IVE).
e) Gastos de actuacións realizadas ou dirixidas ao ámbito da Comunidade Autónoma galega.
f) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
g) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
h) Os gastos de viaxe.
i) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

4. Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2015.

Tamén serán subvencionables aquelas actuacións do punto 1.2 do artigo 1 executadas no exercicio 2014, sempre que a data de execución sexa posterior ao 31 de outubro de 2014. Xustifícase esta retroactividade dado que a convocatoria destas axudas para o ano 2014 (Resolución do 18 de xullo de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020. DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2014), estableceu como data límite de execución o 31 de outubro de 2014.
Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2014 exixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2015.

5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.
Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, esixíndose aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

7. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, pertencentes ao sector téxtil moda confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren dadas de alta nas agrupacións 43, 44 e/ou 45 do imposto de actividades económicas ou no grupo 613, en Galicia

Son obrigas dos beneficiarios:
1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.

4. Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
6. Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, Xunta de Galicia e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nas stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian a ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na «Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013», que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
a) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
b) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
9. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012.

Os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico citado anteriormente pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape.

A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG 192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).

Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).


Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2014).

Ligazón á normativa

Resolución do 4 de maio de 2015 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2015 das bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 85 do 7 de maio de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.