MT723A - Axudas económicas para a conservación das poboacións de caza menor.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados para a recuperación das poboacións de perdiz rubia (Alectoris rufa) e coello de monte (Oryctolagus cuniculus). Ano 2015.
Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
Son actuacións subvencionables destas axudas:
a) O financiamento dos investimentos para a roza e trituración mecánica do mato, a emenda e/ou fertilización, sementeira de cereal e/ou leguminosa e para a limpeza e adecuación de fontes e mananciais, de acordo coas indicacións contidas no anexo II desta Orde. As actuacións de mellora do hábitat non poderán afectar os hábitats prioritarios e deberán cumprir o establecido no artigo 60.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia. A actuación da sementeira estará condicionada a que o terreo sexa agrícola.
b) A construción das instalacións necesarias para a cría do coello de monte en semiliberdade, de acordo coas indicacións contidas no anexo II.
Estas instalacións deberán cumprir as normas básicas do Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen as normas de ordenación das explotacións cunícolas.
c) A construción de tobeiras artificiais por aquelas beneficiarias que teñan realizadas as instalacións mencionadas no parágrafo anterior, de acordo coas indicacións contidas no anexo II.
As actuacións non poderán afectar os hábitats prioritarios.
En ningún caso se subvencionarán actuacións realizadas con anterioridade á publicación desta orde.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poderán acollerse a estas axudas tanto corporacións locais titulares de tecores coma institucións sen ánimo de lucro, igualmente titulares de tecores, ou as agrupacións destas, que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso os terreos cinexéticos deberán ser lindeiros e estar situados nunha mesma zona rural das recollidas no anexo VIII desta orde. Para cada corporación local ou institución sen ánimo de lucro, só será admisible unha única solicitude.
Obrigas das beneficiarias
1. As obras obxecto de subvención deberán contar no momento do seu comezo coas licenzas e autorizacións preceptivas, se estas foren necesarias, e será responsabilidade da beneficiaria a obtención de ditas licenzas e autorizacións, sen que a Administración autonómica asuma ningunha responsabilidade ao respecto.
2. A aprobación da subvención implicará o compromiso das solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións propostas. A execución das actividades obxecto de axuda deberá realizarse na extensión e coas condicións técnicas recollidas na memoria e, en todo caso, axustarase aos termos recollidos na resolución.
3. No caso de que a actividade subvencionada sexa as instalacións para cría de coello de monte en semiliberdade, indicadas na alínea 1.b) do artigo 2, a beneficiaria comprométese á súa inscrición e mantemento en situación de alta no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) durante un mínimo de cinco (5) anos.
4. A finalidade ou función da actividade ou obra deberase manter durante un prazo mínimo de cinco (5) anos, de conformidade co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. O prazo para realizar os investimentos obxecto da subvención rematará o 15 de outubro de 2015, sempre que na resolución aprobatoria non se dispoña outro prazo diferente.
6. As beneficiarias deberán conservar polo menos durante cinco (5) anos os documentos acreditativos da aplicación dos fondos recibidos, segundo o artigo 11.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ler máis Ler menos
Requisitos
Non poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as corporacións locais ou institucións sen ánimo de lucro en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184539
Fax: 881881320
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Conservación da Natureza de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393
Fax: 982294539
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386511
Fax: 988386929
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097 / 986805469
Fax: 986805436
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 23 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2015).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres