SA205A - Segunda opinión médica no Sistema público de saúde de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

O presente decreto ten por obxecto regular o procedemento e os efectos para o exercicio do dereito a unha segunda opinión médica, nos supostos que se indican no artigo 15.2 da Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias.

O dereito á segunda opinión médica só se poderá exercer unha soa vez en cada proceso asistencial, coa excepción do indicado para as recidivas tumorais e a proposta de tratamento de nova aparición, e co único obxecto de contrastar un primeiro diagnóstico completo ou indicación terapéutica e coa finalidade de facilitarlle ao/á paciente, ou a quen o/a represente, unha maior información que afiance a seguridade da súa decisión informada, consciente, participativa e autónoma, no mantemento e coidado da súa saúde e para os efectos de prestarlle unha mellor asistencia sanitaria.


Ámbito de aplicación.
O exercicio do dereito á segunda opinión médica garánteselles ás persoas titulares dos dereitos á protección da saúde e á atención sanitaria e que acrediten o dereito á asistencia sanitaria pública conforme a normativa vixente.

Resolución de solicitudes.
1. Se a solicitude non cumpre algunha das condicións previstas nos artigos 5 e 6 deste decreto, daráselle traslado á persoa solicitante para que proceda a emendala no prazo de 10 días segundo o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, coa indicación de que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución da persoa titular da xerencia da estrutura organizativa de xestión integrada de referencia do paciente, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada norma.
Mentres non se reciba a documentación requirida, permanecerá en suspenso o prazo para resolver sobre a autorización da segunda opinión, que se volverá computar, segundo os casos, a partir do momento en que se reciba a documentación solicitada en calquera dos rexistros do Servizo Galego de Saúde.
2. A persoa titular da xerencia da estrutura organizativa de xestión integrada, logo de requirir, se o considera oportuno, os informes complementarios necesarios, resolverá motivadamente sobre a solicitude no prazo de 10 días hábiles contados desde a data de recepción desta, de acordo co previsto no artigo 18.1 da Lei 12/2013, do 9 de decembro.
3. Transcorrido o prazo para resolver a solicitude de segunda opinión, sen que se emitise a resolución, entenderase que esta é favorable por silencio administrativo.
4. A resolución notificarase de forma inmediata ao solicitante da segunda opinión médica, a través do medio que indicase na súa solicitude.
5. No caso de que a resolución sexa favorable, a emisión da segunda opinión deberá realizarse no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa emisión.
6. Contra a resolución, poderase presentar recurso de alzada ante a persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
7. Nas resolucións favorables darase traslado inmediato do expediente de segunda opinión ao centro hospitalario en que preste servizo o/a profesional designado/a.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán solicitar unha segunda opinión médica o/a paciente, ou as persoas facultadas para isto, segundo o artigo 17.1 da Lei 12/2013, do 9 de decembro, que acrediten debidamente, se é o caso, a súa representación.

A intervención das persoas citadas nas alíneas b) a d) do artigo 17.1 citado, deberá ser adecuada ás circunstancias e proporcionada ás necesidades que sexa necesario atender, a favor do paciente e con respecto á súa dignidade, atendendo sempre a criterios médicos obxectivos.

No caso de pacientes maiores de 12 anos e menores de 16 anos de idade que sexan capaces intelectual e emocionalmente, de comprender, o dereito poderao exercer o seu representante legal, logo de ter escoitada a súa opinión.


Cando se trate de menores non incapaces nin incapacitados, mais emancipados ou con dezaseis anos cumpridos, e se trate dun caso de actuación de grave risco, segundo o criterio do/a facultativo/a, os pais serán informados e a súa opinión será tida en conta para a toma da decisión correspondente.

Revogación do dereito á obtención dunha segunda opinión médica.

1. Mediante resolución da persoa titular do centro directivo do Servizo Galego de Saúde que teña as competencias en materia de asistencia sanitaria, ditada á proposta da persoa titular da xerencia da estrutura organizativa de xestión integrada de que forme parte o centro hospitalario de referencia do/a paciente, poderase acordar a revogación do dereito á obtención dunha segunda opinión médica nos seguintes supostos:
a) Cando as persoas interesadas, ou quen as represente, de forma intencionada e no marco deste procedemento, faciliten información falsa.
b) No suposto de que os/as solicitantes, ou as persoas que exerzan a súa representación, impidan ou dificulten, sen causa xustificada, a realización de calquera trámite necesario para a resolución do procedemento de segunda opinión médica.
c) No suposto de que os/as solicitantes, ou as persoas que os/as a representen, impidan ou dificulten, sen causa xustificada, a realización de calquera trámite, consulta ou proba, necesarios para a emisión do informe de segunda opinión médica.
d) Cando sen causa xustificada non asistan ás consultas ou ás probas que, no marco deste procedemento, se lle programen para poder emitir o informe de segunda opinión médica.

2. Para os efectos de poder elaborar a proposta de resolución de revogación do dereito á obtención dunha segunda opinión médica, a persoa titular da xerencia da estrutura organizativa de xestión integrada poderá requirir os informes que considere necesarios para determinar a realidade do suposto ou dos supostos que poden dar lugar á perda do dereito á obtención dunha segunda opinión médica.

3. A proposta de resolución notificaráselles aos interesados, e indicaráselles a posta de manifesto do procedemento. Á notificación xuntarase unha relación dos documentos que figuren no procedemento, a fin de que os interesados poidan obter as copias dos que consideren convenientes; concederáselles un prazo de dez días para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a persoa titular da xerencia da estrutura organizativa de xestión integrada.

4. A proposta de resolución cursarase inmediatamente á persoa titular do centro directivo, do Servizo Galego de Saúde, que teña as competencias en materia de asistencia sanitaria, xunto con todos os documentos, alegacións e informacións que figuren no procedemento, para que esta emita a resolución que proceda.

5. Fronte á resolución pola que se revogue o dereito á obtención dunha segunda opinión médica, cabe interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. A emisión dunha segunda opinión médica poderá solicitarse cando o/a paciente dispoña dun primeiro diagnóstico completo e/ou proposta terapéutica emitido por un/unha profesional médico/a do Sistema público de saúde de Galicia, en relación con algún dos procesos que se indican no artigo 15.2 da Lei 12/2013, do 9 de decembro:
a) Enfermidades neoplásicas malignas.
b) Enfermidades neurolóxicas inflamatorias e dexenerativas invalidantes.
c) Confirmación de diagnósticos de enfermidade rara.

2. No caso de tratarse dunha recidiva tumoral maligna ou dunha proposta de tratamentos de nova aparición, poderá solicitarse novamente unha segunda opinión médica.


3. O/a facultativo/a responsable dun diagnóstico ou proposta terapéutica producida nun dos procesos a que se fai referencia no parágrafo 1 proporcionará, a requirimento do/a paciente, ou de quen o/a represente, a información acerca do procedemento para garantir a garantía do dereito a unha segunda opinión médica, e deixará constancia na historia clínica do diagnóstico ou proposta terapéutica.

4. Os servizos de admisión dos hospitais informarán os/as pacientes, ou a quen representen, dos requisitos e condicións para o exercicio do dereito á obtención dunha segunda opinión médica.

Todos os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde porán á disposición dos usuarios información clara, veraz, accesible e transparente sobre a garantía do dereito ao exercicio da segunda opinión médica.

5. Na páxina web do Servizo Galego de Saúde publicarase un catálogo en liña, ao que tamén se poderá acceder desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, no que se identificarán as patoloxías respecto das cales se poderá exercer o dereito á segunda opinión médica. Este catálogo ten carácter orientativo, de forma que pode haber patoloxías que non figuren nel, respecto das cales se poderá exercer o dito dereito, sempre e cando estean incluídas nos procesos que se indican no artigo 15.2. da Lei 12/2013, do 9 de decembro, a que se fai referencia no artigo 4.1 do presente decreto.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña

Xerencia de Xestión Integrada da Coruña

R/ Xubias de Arriba, 84

15006 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981178010

Fax: 981178012

Email: gerencia.chuac@sergas.es

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol

Avda. Residencia, s/n - Hospital Arquitecto Marcide

15405 Ferrol (Coruña, A)

Teléfono: 981334003

Fax: 981334015

Email: xerencia.xestion.integrada.ferrol@sergas

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Rúa Doutor Ulises Romero, 1

27003 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982296120

Fax: 982295611

Email: xerencia.lugo@sergas.es

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras

Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ramón Puga, 52

32005 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988385548

Fax: 881547058

Email: xerencia.Ourense@sergas.es

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e o Salnés

Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

Avenida de Vigo, 16

36001 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986800103

Fax: 986800004

Email: secretariaxerencia.pontevedra@sergas.es

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e Barbanza

Xerencia de Xestión Integrada de Santiago e Barbanza

Travesía da Choupana, s/n

15706 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981950960

Fax: 981950900

Email: xerencia.xxisantiago@sergas.es

CONSELLERÍA DE SANIDADE

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo

Xerencia de Xestión Integrada de Vigo

Rúa Pizarro, 22

36204 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986816016

Fax: 986816029

Email: xerencia.chuvi@sergas.e

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Normativa

Ámbito Autonómico

Decreto 54/2015, do 12 de marzo, polo que se regulan o procedemento e os efectos da garantía do dereito á segunda opinión médica no Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 72 do 17 de abril de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.