Ayuntamiento de Orense

  • Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109
    Oficina Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Descrición

    Poderá realizarse mediante domiciliación bancaria o pago dos tributos municipais de cobro xornal seguintes:

    • Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
    • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)
    • Imposto sobre Actividades Económicas (IAE)
    • Taxa por ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e tribuna (VELADORES).
    • Taxa por ocupación da vía pública con pasos de vehículos (VADOS)

    O cargo do importe do recibo emitido na conta indicada polo contribuínte efectuarase o último día do período voluntario de ingreso, excepto no caso do pago por domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles en que se fracciona automaticamente o pago, agás que polo contribuínte indíquese o contrario, dos recibos de importe superior a 50 euros e inferior a 3.000 euros, en que o segundo prazo se cargará na conta o 15 de outubro (ou inmediato hábil posterior).

    Os recibos domiciliados de IBI e IVTM gozarán dunha bonificación do 1% e do 3% na cota, respectivamente. No caso dos recibos fraccionados de IBI, o importe da bonificación aplicarase no cargo da segunda fracción.

    Para que as ordes de domiciliación teñan efectividade no mesmo ano da súa presentación, deberanse comunicar con dous meses de antelación ao comezo do período recadatorio. Noutro caso, fornecerán efecto a partir do período seguinte. Se é tecnicamente posible, poderá ter efectividade no mesmo ano da súa solicitude sempre que se comunique antes do inicio do período recadatorio.

    Dirixido a

    Aqueles obrigados ao pago de recibos que se emiten periodicamente.

    Como facelo

    Electrónicamente

    Para solicitar a domiciliación bancaria de recibos a través da Sede electrónica municipal, deberá

    • Cubrir o modelo "Orde de domiciliación de débito directo SEPA" e asinar dito modelo electrónicamente.
    • Identificarse na Sede, proceso que require uso de certificado dixital admitido.
    • Tramitar a solicitude do tipo "Orde de domiciliación bancaria de recibos".
    • Seguir os pasos indicados, engadindo o modelo de "Orde de domiciliación de débito directo SEPA" cuberto e asinado electrónicamente.
    • Proceder ao envío da solicitude.

    Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

    Presencialmente

    Pode presentar a solicitude de domiciliación bancaria entregando el modelo de "Orde de domiciliación de débito directo SEPA" debidamente cuberto en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.


    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Orde de domiciliación de bancaria, asinada polo titular da conta.

    Información de interese

    As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas polo interesado, rexeitadas pola entidade de depósito ou o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas.


    Os pagos entenderanse realizados na data de cargo en conta, considerándose xustificante do ingreso o que para ese efecto expida a entidade de crédito onde se atope domiciliado o pago.


    É preciso presentar unha orde de domiciliación por cada recibo que se desexe domiciliar.


    A domiciliación das taxas por subministración de auga potable, saneamento e recollida de lixos unicamente poderá realizarse nas oficinas de VIAQUA, sitas na rúa Avilés de Taramancos, nº 6, baixo.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Oficina de atención ao contribuínte Rúa da Imprenta, núm. 2, 32005 Ourense 988 251 245 / 988 251 246 De luns a venres de 9:00 a 14:00 h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Oficina de atención ao contribuínte Rúa da Imprenta, núm. 2, 32005 Ourense 988 251 245 / 988 251 246
    Oficina Horario
    Oficina de atención ao contribuínte De luns a venres de 9:00 a 14:00 h

    Normativa

    Preguntas frecuentes

    Quen debe solicitar a domiciliación bancaria?

    O titular da conta bancaria onde se realicen os cargos, aínda que non sexa o titular dos recibos.

    Podo cancelar a domiciliación bancaria?

    As domiciliacións poderán anularse en calquera momento

    Podo cambiar a domiciliación bancaria?

    Poderán domiciliarse noutras entidades bancarias comunicándoo á Administración municipal con dous meses de antelación ao comezo do período recadatorio do tributo de que se trate. No caso de que sexa tecnicamente posible, poderá ter efectividade no mesmo ano da súa solicitude sempre que se comunique antes do inicio do período recadatorio.

    Que sucede se o cargo en conta non se realiza?

    • Se é por causa imputable ao debedor, iniciarase o período executivo de pago e orixinará a baixa da domiciliación sen necesidade de que a administración municipal efectúe notificación algunha.
    • Se é por causa non imputable ao debedor, non se esixirán a este recargas, intereses de demora nin sancións.
    Tramitar en liña

  • Descrición

    Os medios a través dos que se poden efectuar os ingresos a favor do Concello de Ourense son varios, pero non todas as entidades financeiras colaboradoras na recadación de tributos teñen habilitados todos eles.

    Na táboa que aparece a continuación poden consultarse as entidades colaboradoras coa recadación do Concello e os medios de pagamento que admiten cada unha delas.


    Entidades colaboradoras
    Nome Código Entidade Oficinas Caixeiro Internet
    ABANCA 2080
    CaixaBank 2100 NON SI
    Banco Santander 0049 NON
    EspañaDuero 2108 NON
    Banco Pastor 0238 NON
    Banco Caixa Geral 0130 NON NON
    BBVA 0182 NON
    Banco Sabadell 0081 NON
    Banco Popular 0097 NON

    Como facelo

    Pagamento en oficinas:

    Provistos da carta de pagamento-recibo ou co modelo de declaración-liquidacion debidamente cumprimentado a través dos sistemas informáticos do Concello de Ourense, poderase acudir ás oficinas das entidades financeiras colaboradoras na recadación e efectuar o ingreso.

    Pagamento en caixeiros automáticos:

    Requirirase, en primeiro lugar, dispoñer dunha carta de pagamento-recibo ou a declaración-liquidación obtida no Concello de Ourense, co correspondente código de barras necesario para efectuar o pagamento por esta vía.

    A seguir débese introducir a tarxeta bancaria no caixeiro automático, seleccionando a opción de pagamento de impostos, tributos, recibos ou outra similar que lle ofreza e seguir, en adiante, as instrucións que lle indique a entidade, pasando o código de barras de que dispón o documento polo lector de código de barras do caixeiro.

    O caixeiro automático expediralle un xustificante en papel acreditativo do pagamento realizado, en que constará a identificación do Concello de Ourense e a referencia, a identificación, o importe e a data e hora de realización do ingreso.

    Poderán realizarse os pagamentos por esta vía nos caixeiros automáticos de ABANCA utilizando calquera tarxeta de crédito ou débito, con independencia da entidade emisora da mesma.

    Mediante Domiciliación Bancaria:

    Tamén poderá efectuarse o pagamento dos recibos dos Impostos sobre Bens Inmobles, sobre Vehículos de Tracción Mecánica, e de Actividades Económicas, e das taxas por ocupación do dominio público con mesas e cadeiras e polo paso de vehículos a través de beirarrúas (vaos) mediante domiciliación bancaria en calquera entidade financeira, sempre que se presente a solicitude de domiciliación no prazo previsto ao efecto.

    Tramitar por internet:

    Esta modalidad de pago permite aboar as débedas pendentes en voluntaria non fraccionadas, evitando o desprazamento a entidade financeira.

    O Concello, a través da pasarela de pagamentos da entidade pública empresarial Red.es, conecta coa entidade financeira para proceder ao pago da débeda tributaria do contribuínte.

    A este medio de pagamento poden acceder aqueles contribuíntes que cumpran os dous seguintes requisitos:

    • Dispoñer de DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados de: FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana; Camerfirma )
    • ser titulares ou cotitulares dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (para coñecer ditas entidades podes consultar a táboa que aparece na parte superior desta páxina).

    No caso de que vostede cumpra estes requisitos, pode acceder ao pago das débedas de dúas formas:

    • Seleccionando o enlace "TRAMITAR AGORA"; que se atopa na parte superior e inferior desta páxina, con isto abandonará a Sede electrónica do Concello e accederá a Carpeta Cidadá do Concello de Ourense, onde deberá indicar os datos do recibo para proceder ao seu pago.
    • Se vostede cumpre os requisitos para ser usuario de Carpeta Cidadá pode acceder a súa carpeta, e consultar as débedas que se atopan pendentes de pagamento podendo realizar a través do enlace habilitado o seu pagamento sen necesidade de ter que cubrir ningún dato sobre o recibo a pagar.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizo de Recadación Rúa Imprenta nº 2 988 251 245/988 251 246 Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizo de Recadación Rúa Imprenta nº 2 988 251 245/988 251 246
    Oficina Horario
    Servizo de Recadación Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas
    Tramitar

  • Descrición

    Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por expedición de documentos administrativos.

    O obxecto da taxa é a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de los expedientes necesarios para a expedición pola Administración do documento solicitado.

    Pode consultar as tarifas dos diferentes documentos a liquidar na ordenaza fiscal nº6 do ano en curso.

    Instrucións para cubrir a autoliquidación

    1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do solicitante
    2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
    3. Identificación do documento: Deberá seleccionarse o documento solicitado de entre os relacionados no apartado de tarifas así como o número de unidades solicitadas
    4. Cálculo da autoliquidación: Introducir os datos relativos ao tipo de documento para que o formulario de autoliquidación poda devolver o importe a liquidar.

    Como facelo

    Tramitar por internet

    Para proceder á autoliquidación deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

    Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, Caja Duero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
    • Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pagamento.

    • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
    • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

    Documentación requirida

    Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

    Normativa

    Tramitar

  • Como facelo

    A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    1. Instancia.
    2. Foto tamaño carné.
    3. Fotocopia DNI.
    4. As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes extremos: CIF, acta de constitución, estatutos, escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.
    5. Certificado acreditando estar ao día no pagamento das obrigas tributarias con Facenda, Seguridade Social e Concello de Ourense (este último compróbao o Concello).
    6. Certificado de estar dado de alta no Réxime da Seguridade Social que lle corresponda.
    7. Certificado de estar dado de alta no IAE correspondente para cada actividade.
    8. Cumprir os requisitos e condicións esixidos na súa lexislación específica para a comercialización e venda dos produtos que oferta. En todo caso, cando se trate de venda de alimentos, as persoas encargadas de realizar esta actividade comercial deberán estar en posesión do certificado correspondente acreditativo da formación como manipulador de alimentos.
    9. Seguro de responsabilidade civil comprensivo de calquera incidencia que se poida producir como consecuencia da actividade. (Póliza + xustificante de pagamento)
    10. Pagamento das taxas correspondentes.
    11. No caso de tratarse de titulares procedentes de países non comunitarios, estar en posesión dos correspondentes permisos de residencia e traballo, ou tarxeta de residencia para os comunitarios. Se é persoa xurídica ten que estar legalmente constituída e inscrita no oportuno Rexistro Mercantil.
    12. Certificado da instalación do gas, de ser o caso.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Oficina de Comercio Praza de San Martiño nº2 2º 988 388 153 De luns a venres de 8h a 15h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Oficina de Comercio Praza de San Martiño nº2 2º 988 388 153
    Oficina Horario
    Oficina de Comercio De luns a venres de 8h a 15h

    Normativa

  • Descrición

    Toda persoa residente no Concello de Ourense que posúa un animal catalogado como potencialmente perigoso, debe solicitar a Expedición da Licenza Administrativa para a Posesión de Animais Potencialmente Perigosos, independentemente de que o animal resida noutro Concello.

    Unha vez obtida a licenza, indicarase o prazo que ten o propietario para solicitar a inscrición do animal no Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos do Concello de Ourense, rexistro que será obrigado cumprimento.

    Como facelo

    Iste procedemento require a tramitación en dous pasos:

    1. Solicitar a licenza.
    2. Obtida a licenza deberase rexistrar ao animal no Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos.

    En ambas tramitacións, os modelos de solcitude con resto da documentación pode ser prensentada en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    A documentación requirida esta indicada nos modelos de solicitude.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Concellería de Sanidade Rúa Vasco da Ponte nº 1 988 510 622 de 9.00h a 14.00h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Concellería de Sanidade Rúa Vasco da Ponte nº 1 988 510 622
    Oficina Horario
    Concellería de Sanidade de 9.00h a 14.00h

  • Descrición

    No caso de que vostede queira comunicar unha queixa o suxestión sobre a Sede electrónica municipal pode facérnola chegar a través do procedemento indicado liñas máis abaixo (sección "Como facelo?")

    Non será necesario que faga uso desta opción no caso de que vostede necesite de asesoramento para a correcta utilización da Sede. No caso de necesitar asesoramento técnico, recomendamos encarecidamente a lectura da sección "Guía para presentar unha solicitude", se dita lectura non resolve as súas dúbidas, sempre pode contactar co Concello chamando á centraliña municipal ao teléfono 988 388 100.

    Como facelo

    Electrónicamente

    Para presentar unha "Queixa ou suxestión sobre a Sede Eléctronica", deberá:

    • Cubrir o modelo de solicitude esixido.
    • Recompilar o resto de documentación que queira aportar.
    • Identificarse na Sede.
    • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Queixas e suxestións sobre a Sede electrónica".
    • Engadir o modelo de solicitude e demais documentos.
    • Enviar a solicitude.

    Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

    Presencialmente

    Debe presentar o modelo de solicitude "Queixas o suxestións sobre a Sede Electrónica" debidamente cuberto, xunto co resto de documentación que considere en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Tramitar en liña

  • Descrición

    • Dano avaliable, efectivo, individualizado con relación a unha persoa ou grupo de persoas. (Non serán indemnizables os danos que se deriven de feitos o circunstancias que non se puideran prever ou evitar consonte o estado dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción de aqueles)
    • Causa imputable á Administración

    Dirixido a

    Pódese presentar o modelo de reclamación en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Escrito demanda de reclamació
    • Probas e/ou testemuñas
    • Valoración danos

    Información de interese

    O dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou manifestación do efecto lesivo. No caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezará a computarse desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizos Xerais Praza Maior nº 1, baixo 988 388 190 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizos Xerais Praza Maior nº 1, baixo 988 388 190
    Oficina Horario
    Servizos Xerais de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Descrición

    Actos susceptibles de reclamación económico-administrativa:

    • Liquidacións provisionais e definitivas de tributos de competencia local.
    • Resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación de autoliquidación de tributos de competencia local.
    • Os que deneguen ou recoñezan exencións ou bonificacións tributarias e demais beneficios ou incentivos fiscais.
    • Os que impoñan sancións tributarias.
    • Os ditados no procedemento de recadación de tributos locais e demais ingresos de dereito púbico de competencia local.
    • As resolucións dos recursos de reposición.
    • Os que, distintos dos anteriores, se consideren expresamente impugnables por disposicións ditadas en materia tributaria.

    Actos que non admiten reclamación económico-administrativa:

    • Os actos de imposición de sancións non tributarias e de liquidación dos restantes ingresos públicos non tributarios, salvo os de xestión recadatoria seguida para o cobro en período executivo das débedas derivadas dos devanditos ingresos.
    • Os ditados en virtude dunha lei que os exclúa de reclamación.

    Dirixido a

    Lexitimados para interpór unha reclamación económico-administrativa:

    • Obrigados tributarios e suxeitos infractores.
    • Persoas cuxos intereses lexítimos e directos resulten afectados polo acto administrativo.

    Como facelo

    Tramitación Electrónica

    As persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válida para elas un método diferente de tramitación.

    Para realizar a tramitación electrónica, deberá:

    • Descargar no seu ordenador o "Modelo de reclamación económico administrativa" e cubrir dito documento.
    • Asinar de forma electrónica o documento anterior, así coma o resto de documentos que desexe engadir a súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentos, así que deberán realizar a sinatura electrónica de documentos no seu ordenador. No caso de necesitar información sobre como asinar documentos de maneira electrónica, pode consultar o documento PDF "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos"
    • Identificarse na Sede.
    • Acceder ao Rexistro electrónico e tramitar unha solicitude do tipo "Reclamación económica administrativa"
    • Engadir o modelo de solicitude e o resto de documentación (documentos que teñen que ter a súa sinatura electrónica, tal e como se indicou en puntos anteriores)
    • Enviar a solicitude.

    Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

    Tramitación Presencial

    As persoas non obrigadas a relacionarse coa administración por medios electrónicos, poden optar pola tramitación electrónica ou pode presentar de forma presencial a súa solicitude en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Teléfono: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Teléfono: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    Requisitos do escrito de reclamación:

    • Deberá conter necesariamente os seguintes extremos:
      • Identificación completa do reclamante (nome, apelidos, razón social e NIF), e, no seu caso, do representante (acompañando do documento que acredite a representación).
      • Domicilio para recibir notificación
    • Identificación do acto que se impugna e do órgano administrativo que o ditou.
    • No escrito de interposición deberá manifestarse non haber presentado previamente recurso potestativo de reposición, ou haber sido este desestimado de forma expresa ou por silencio administrativo. Non poden simultanearse o recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa.
    • O escrito de interposición dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto contra o que se reclama e indicarase que a reclamación se interpón ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense.
    • Poderá utilizarse o modelo de reclamación dispoñible na web do Concello de Ourense.

    Información de interese

    Prazo para interpor a reclamación:

    Será de un mes desde o día seguinte á notificación do acto impugnado, ou desde o seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.

    No suposto de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva ou de tributos cobrados mediante recibo, o prazo para a interposición se computará desde o día seguinte ó de finalización do periodo voluntario de pago salvo se se interpuxo recurso de reposición; neste caso, o prazo de un mes se computará desde o día seguinte á notificación da resolución expresa ou aquel en que deba entenderse desestimado por silencio administrativo.

    Prazo de resolución da reclamación:

    A duración do procedemento será dun ano contado desde a interposición da reclamación, transcorrido o cal o interesado poderá entender desestimada a reclamación ao obxecto de interpoñer o recurso procedente.

    Recursos contra a resolución da reclamación económico-administrativa:

    As resolucións ditadas polo Tribunal serán directamente recurribles en vía contencioso-administrativa diante dos xulgados do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses desde a notificación da resolución.

    Normativa

    Normativa municipal:

    Tramitar en liña

  • Como facelo

    Pódese presentar a instancia de procedementos xerais cuberta en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Sede da Área de Medio Ambiente Praza de San Martiño nº 2, baixo 988 388 135 de 8.30h a 14.00h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Sede da Área de Medio Ambiente Praza de San Martiño nº 2, baixo 988 388 135
    Oficina Horario
    Sede da Área de Medio Ambiente de 8.30h a 14.00h

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.