Pago de taxas pola tramitación de diferentes documentos e pola expedición dos mesmos

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por expedición de documentos administrativos.

O obxecto da taxa é a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de los expedientes necesarios para a expedición pola Administración do documento solicitado.

Pode consultar as tarifas dos diferentes documentos a liquidar na ordenaza fiscal nº6 do ano en curso.

Instrucións para cubrir a autoliquidación

  1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do solicitante
  2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
  3. Identificación do documento: Deberá seleccionarse o documento solicitado de entre os relacionados no apartado de tarifas así como o número de unidades solicitadas
  4. Cálculo da autoliquidación: Introducir os datos relativos ao tipo de documento para que o formulario de autoliquidación poda devolver o importe a liquidar.

Como facelo

Tramitar por internet

Para proceder á autoliquidación deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

  • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
    • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
    • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, Caja Duero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
  • Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pagamento.

  • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
  • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

Documentación requirida

Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

Normativa

Tramitar
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.