Pago de Débedas Tributarias
Descrición
Os medios a través dos que se poden efectuar os ingresos a favor do Concello de Ourense son varios, pero non todas as entidades financeiras colaboradoras na recadación de tributos teñen habilitados todos eles.
Na táboa que aparece a continuación poden consultarse as entidades colaboradoras coa recadación do Concello e os medios de pagamento que admiten cada unha delas.
Nome | Código Entidade | Oficinas | Caixeiro | Internet |
---|---|---|---|---|
ABANCA | 2080 | SÍ | SÍ | SÍ |
CaixaBank | 2100 | SÍ | NON | SI |
Banco Santander | 0049 | SÍ | NON | SÍ |
EspañaDuero | 2108 | SÍ | NON | Sí |
Banco Pastor | 0238 | SÍ | NON | Sí |
Banco Caixa Geral | 0130 | SÍ | NON | NON |
BBVA | 0182 | SÍ | NON | SÍ |
Banco Sabadell | 0081 | SÍ | NON | SÍ |
Banco Popular | 0097 | SÍ | NON | Sí |
Como facelo
Pagamento en oficinas:
Provistos da carta de pagamento-recibo ou co modelo de declaración-liquidacion debidamente cumprimentado a través dos sistemas informáticos do Concello de Ourense, poderase acudir ás oficinas das entidades financeiras colaboradoras na recadación e efectuar o ingreso.
Pagamento en caixeiros automáticos:
Requirirase, en primeiro lugar, dispoñer dunha carta de pagamento-recibo ou a declaración-liquidación obtida no Concello de Ourense, co correspondente código de barras necesario para efectuar o pagamento por esta vía.
A seguir débese introducir a tarxeta bancaria no caixeiro automático, seleccionando a opción de pagamento de impostos, tributos, recibos ou outra similar que lle ofreza e seguir, en adiante, as instrucións que lle indique a entidade, pasando o código de barras de que dispón o documento polo lector de código de barras do caixeiro.
O caixeiro automático expediralle un xustificante en papel acreditativo do pagamento realizado, en que constará a identificación do Concello de Ourense e a referencia, a identificación, o importe e a data e hora de realización do ingreso.
Poderán realizarse os pagamentos por esta vía nos caixeiros automáticos de ABANCA utilizando calquera tarxeta de crédito ou débito, con independencia da entidade emisora da mesma.
Mediante Domiciliación Bancaria:
Tamén poderá efectuarse o pagamento dos recibos dos Impostos sobre Bens Inmobles, sobre Vehículos de Tracción Mecánica, e de Actividades Económicas, e das taxas por ocupación do dominio público con mesas e cadeiras e polo paso de vehículos a través de beirarrúas (vaos) mediante domiciliación bancaria en calquera entidade financeira, sempre que se presente a solicitude de domiciliación no prazo previsto ao efecto.
Tramitar por internet:
Esta modalidad de pago permite aboar as débedas pendentes en voluntaria non fraccionadas, evitando o desprazamento a entidade financeira.
O Concello, a través da pasarela de pagamentos da entidade pública empresarial Red.es, conecta coa entidade financeira para proceder ao pago da débeda tributaria do contribuínte.
A este medio de pagamento poden acceder aqueles contribuíntes que cumpran os dous seguintes requisitos:
- Dispoñer de DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados de: FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana; Camerfirma )
- ser titulares ou cotitulares dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (para coñecer ditas entidades podes consultar a táboa que aparece na parte superior desta páxina).
No caso de que vostede cumpra estes requisitos, pode acceder ao pago das débedas de dúas formas:
- Seleccionando o enlace "TRAMITAR AGORA"; que se atopa na parte superior e inferior desta páxina, con isto abandonará a Sede electrónica do Concello e accederá a Carpeta Cidadá do Concello de Ourense, onde deberá indicar os datos do recibo para proceder ao seu pago.
- Se vostede cumpre os requisitos para ser usuario de Carpeta Cidadá pode acceder a súa carpeta, e consultar as débedas que se atopan pendentes de pagamento podendo realizar a través do enlace habilitado o seu pagamento sen necesidade de ter que cubrir ningún dato sobre o recibo a pagar.
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Servizo de Recadación | Rúa Imprenta nº 2 | 988 251 245/988 251 246 | Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizo de Recadación | Rúa Imprenta nº 2 | 988 251 245/988 251 246 |
Oficina | Horario | |
Servizo de Recadación | Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas |