Reclamación económico-administrativa
Descrición
Actos susceptibles de reclamación económico-administrativa:
- Liquidacións provisionais e definitivas de tributos de competencia local.
- Resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación de autoliquidación de tributos de competencia local.
- Os que deneguen ou recoñezan exencións ou bonificacións tributarias e demais beneficios ou incentivos fiscais.
- Os que impoñan sancións tributarias.
- Os ditados no procedemento de recadación de tributos locais e demais ingresos de dereito púbico de competencia local.
- As resolucións dos recursos de reposición.
- Os que, distintos dos anteriores, se consideren expresamente impugnables por disposicións ditadas en materia tributaria.
Actos que non admiten reclamación económico-administrativa:
- Os actos de imposición de sancións non tributarias e de liquidación dos restantes ingresos públicos non tributarios, salvo os de xestión recadatoria seguida para o cobro en período executivo das débedas derivadas dos devanditos ingresos.
- Os ditados en virtude dunha lei que os exclúa de reclamación.
Dirixido a
Lexitimados para interpór unha reclamación económico-administrativa:
- Obrigados tributarios e suxeitos infractores.
- Persoas cuxos intereses lexítimos e directos resulten afectados polo acto administrativo.
Como facelo
Tramitación Electrónica
As persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válida para elas un método diferente de tramitación.
Para realizar a tramitación electrónica, deberá:
- Descargar no seu ordenador o "Modelo de reclamación económico administrativa" e cubrir dito documento.
- Asinar de forma electrónica o documento anterior, así coma o resto de documentos que desexe engadir a súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentos, así que deberán realizar a sinatura electrónica de documentos no seu ordenador. No caso de necesitar información sobre como asinar documentos de maneira electrónica, pode consultar o documento PDF "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos"
- Identificarse na Sede.
- Acceder ao Rexistro electrónico e tramitar unha solicitude do tipo "Reclamación económica administrativa"
- Engadir o modelo de solicitude e o resto de documentación (documentos que teñen que ter a súa sinatura electrónica, tal e como se indicou en puntos anteriores)
- Enviar a solicitude.
Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.
Tramitación Presencial
As persoas non obrigadas a relacionarse coa administración por medios electrónicos, poden optar pola tramitación electrónica ou pode presentar de forma presencial a súa solicitude en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
Modelos de solicitude dispoñibles
- Modelo de reclamación económico- administrativa
- Modelo de representación para actuacións perante o tribunal económico administrativo
Documentación requirida
Requisitos do escrito de reclamación:
- Deberá conter necesariamente os seguintes extremos:
- Identificación completa do reclamante (nome, apelidos, razón social e NIF), e, no seu caso, do representante (acompañando do documento que acredite a representación).
- Domicilio para recibir notificación
- Identificación do acto que se impugna e do órgano administrativo que o ditou.
- No escrito de interposición deberá manifestarse non haber presentado previamente recurso potestativo de reposición, ou haber sido este desestimado de forma expresa ou por silencio administrativo. Non poden simultanearse o recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa.
- O escrito de interposición dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto contra o que se reclama e indicarase que a reclamación se interpón ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense.
- Poderá utilizarse o modelo de reclamación dispoñible na web do Concello de Ourense.
Información de interese
Prazo para interpor a reclamación:
Será de un mes desde o día seguinte á notificación do acto impugnado, ou desde o seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
No suposto de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva ou de tributos cobrados mediante recibo, o prazo para a interposición se computará desde o día seguinte ó de finalización do periodo voluntario de pago salvo se se interpuxo recurso de reposición; neste caso, o prazo de un mes se computará desde o día seguinte á notificación da resolución expresa ou aquel en que deba entenderse desestimado por silencio administrativo.
Prazo de resolución da reclamación:
A duración do procedemento será dun ano contado desde a interposición da reclamación, transcorrido o cal o interesado poderá entender desestimada a reclamación ao obxecto de interpoñer o recurso procedente.
Recursos contra a resolución da reclamación económico-administrativa:
As resolucións ditadas polo Tribunal serán directamente recurribles en vía contencioso-administrativa diante dos xulgados do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses desde a notificación da resolución.
Normativa
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
- Real decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba el Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa.
Normativa municipal:
Tramitar en liñaEn esta página
- Descrición
- Actos susceptibles de reclamación económico-administrativa:
- Actos que non admiten reclamación económico-administrativa:
- Dirixido a
- Como facelo
- Tramitación Electrónica
- Tramitación Presencial
- Modelos de solicitude dispoñibles
- Documentación requirida
- Información de interese
- Prazo para interpor a reclamación:
- Prazo de resolución da reclamación:
- Recursos contra a resolución da reclamación económico-administrativa:
- Normativa
- Normativa municipal:




