Xunta de Galicia

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 23/02/2017 - 31/10/2017.

    *Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A documentación que deberá acompañar cada solicitude referida ao programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata e a seguinte:
      • a) NIF da entidade, só no caso de que se denegue expresamente a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente.
      • b) Documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante, só no caso de que denegue a súa consulta no Sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
      • c) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
      • d) Ficha do curso de formación profesional para o emprego (anexo I-B).
      • e) Anexo I-C, no cal figurará o número de persoas traballadoras por conta allea na empresa ou agrupación temporal de empresas, tanto con contrato indefinido como totais, no mes en curso da presentación da solicitude, así como nos 12 meses anteriores á data de solicitude do curso.
      • f) Compromiso de contratación asinado polo/s representantes da/s empresa/s vinculadas inicialmente no proxecto presentado.
      • g) Cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a novos certificados de profesionalidade, entendendo por novo certificado de profesionalidade para os efectos desta orde, aqueles publicados a partir do ano 2008, as entidades deberán, ademais, achegar a seguinte documentación:
        • Programa formativo elaborado pola propia entidade, tomando como base para a súa elaboración o contido do correspondente certificado de profesionalidade e segundo a estrutura dun curso normalizado de formación profesional para o emprego.
        • Convenio ou acordo coa empresa ou empresas nas cales realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade. Este suposto só será admisible para o caso de entidades beneficiarias que presentasen a súa solicitude como agrupación temporal de empresas, cando ao menos unha delas sexa de recente creación e sempre que o módulo de prácticas se efectúe nunha das integrantes da dita agrupación temporal.
      • h) Para todas as especialidades, relación detallada de dotacións e equipamentos, medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento e unha descrición das aulas e talleres, indicando metros cadrados, condicións de luminosidade, de seguridade, etc. e xuntando planos oficiais das instalacións onde se imparta a formación, que, nos casos de certificados de profesionalidade, deberán estar visados polo tecnico do colexio oficial competente.
      • i) Cando as especialidades formativas solicitadas non estean incluídas no Ficheiro de especialidades formativas, as entidades solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:
        • Un programa formativo elaborado pola propia entidade seguindo a maqueta que figura na ligazón http://traballo.xunta.gal/afd. Os programas deberán ser remitidos inescusablemente en soporte informático (en calquera formato de tratamento/procesamento de textos), e virán redactados en lingua galega e castelá, para o seu posterior envío ao Servizo Público de Emprego Estatal, para a súa aprobación previa ao inicio da acción formativa.
        • Informe motivado da necesidade de impartición da especialidade formativa solicitada. Deberá ser remitido inescusablemente en soporte informático, e virán redactados en lingua galega e castelá, para o seu posterior envío ao Servizo Público de Emprego Estatal, para a súa aprobación previa ao inicio da acción formativa.
        • Importe da subvención económica solicitada en función do número de persoas alumnas para o cal se solicita o proxecto formativo.
      • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO accesible a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes
        Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
      • A documentación complementaria en ambos os procedementos presentarase electronicamente, mediante a presentación do documento orixinal se se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal se se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma tecnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
        As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma tecnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por pulgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escala de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoelectrico).
        As imaxes electrónicas que presenten as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia exclusivamente no ámbito da actividade das administracións públicas.
        As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
        No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
        Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número do expediente e o número ou código único de rexistro.
      • *Prazo de presentación de solicitudes:
        O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas no capítulo II (programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata - TR301P) virá determinado polo cronograma de procesos de selección que se establece no número 6 do artigo 20, de tal maneira que a data límite para a presentación de solicitudes en 2017 será o 31 de outubro.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881572Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294887Fax: 982294282

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
    36201Vigo
    Teléfono: 986817685 / 986817632Fax: 986817010

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL
    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545640Fax: 981544604

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º
    32071Ourense
    Teléfono: 988386103Fax: 988386829

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:
    - Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.
    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG e que inclúan o compromiso de contratación nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III do 60 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa ou tempo equivalente no caso de que a contratación non sexa a xornada completa. Neste último caso, non se admitirán contratos inferiores ás catro horas diarias.
    No compromiso de contratación deberá figurar a categoría profesional e a localidade onde se vai contratar o alumnado.
    No momento da selección deberá ser informado o alumnado destes aspectos.
    No compromiso de contratación deberá outorgarse prioridade ao alumnado formado que superase a acción formativa.

    Beneficiarios:

    1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
    Para acadar o mínimo de cincuenta persoas traballadoras, poderán ser beneficiarias as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación. Neste caso, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
    Non poderán ser beneficiarias as empresas ou agrupacións que reducisen o número total de persoas traballadoras nin o número total de persoas traballadoras con contrato indefinido no período dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da subvención, salvo nos seguintes casos:
    a) Que tivesen un expediente de regulación de emprego derivado de forza maior nese período.
    b) Se non teñen a súa sede social en Galicia, que non reducisen o número total de persoas traballadoras nin o número total de persoas traballadoras con contrato indefinido no período dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude do curso nos seus centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Que a contratación comprometida por esta axuda supoña a recuperación do nivel de emprego dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda e a contratación indefinida do 20 % do alumnado que inicie o curso.
    d) Que a contratación comprometida por esta axuda supoña a recuperación do nivel de emprego dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda e que o compromiso de contratación sexa superior ao 90 %.
    2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, nin as entidades de formación.
    3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
    a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
    b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ter sido inhabilitados conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
    c) Ter dado lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
    d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
    g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
    h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atopárense indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
    4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
    5. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estaren incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de entidade beneficiaria, así como do número de persoas traballadoras con que conte no momento de presentar a súa solicitude, realizarase mediante declaración responsable.

    Requisitos:

    1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG e que inclúan o compromiso de contratación nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III do 60 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa ou tempo equivalente no caso de que a contratación non sexa a xornada completa. Neste último caso, non se admitirán contratos inferiores ás catro horas diarias.
    No compromiso de contratación deberá figurar a categoría profesional e a localidade onde se vai contratar o alumnado.
    No momento da selección deberá ser informado o alumnado destes aspectos.
    No compromiso de contratación deberá outorgarse prioridade ao alumnado formado que superase a acción formativa.
    2. Só poderán acudir a este procedemento aquelas empresas que cumpran os requisitos do artigo 4.1 desta orde.
    Así mesmo, deberán xustificar que non reduciron o número de persoas traballadoras con contrato indefinido nin o número total de persoas traballadoras da empresa durante a realización do curso.
    Para contabilizar o número total de persoas traballadoras e de persoas traballadoras con contrato indefinido, non se terán en conta as persoas traballadoras que causasen baixa na empresa por causa de xubilación, incapacidade ou falecemento. Estas circunstancias deberán ser xustificadas documentalmente.
    3. Ademais da acreditación dos requisitos formais exixidos para o compromiso de contratación inmediata nesta orde e no resto da normativa aplicable, o órgano competente da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá facer as indagacións e comprobacións necesarias e solicitar da entidade solicitante ou dos organismos públicos competentes a documentación que considere axeitada para garantir a viabilidade da acción formativa, nomeadamente o grao de cumprimento de contratación e mantemento do emprego en proxectos formativos impartidos anteriormente, de ser o caso; balances da empresa e documentación da Seguridade Social.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contrata (DOG nº 37 do 22 de febreiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, que se realicen con mozos e mozas menores de 30 anos, a través do seguinte programa:

    - Programa de incentivos á formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe.

    Será subvencionable ao abeiro deste programa a formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe, que exceda o 25 % da xornada laboral e que se realicen no ano 2014 e no ano 2015, con anterioridade ao 15 de novembro do ano 2015, no caso das entidades locais, e con anterioridade ao 30 de setembro do ano 2015, no caso das empresas. En todo caso, só serán subvencionables os gastos de formación posteriores ao 14 de novembro de 2014.


    No suposto de que as persoas traballadoras contratadas con posterioridade ao 24 de xaneiro de 2015, sexan persoas beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil só será subvencionable a formación que exceda o 50 % da xornada laboral.

    O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá adecuarse ao establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

    As entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia poderán solicitar as axudas previstas neste capítulo con anterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

    As empresas e as entidades empregadoras deberán solicitar esta axuda con posterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.


    2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia para os programas establecidos nos capítulos II e III desta orde de convocatoria.

    3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02) en relación coas grandes empresas.

    4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia dun convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
    c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
    d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
    g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en virtude da cal se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

    5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    6. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

    Obrigas da entidade beneficiaria.
    1. Verificar o cumprimento polas persoas docentes dos requisitos exixidos pola normativa reguladora dos novos certificados de profesionalidade.
    2. Pedirlles ás persoas traballadoras contratadas a documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar nas accións formativas de especialidades vencelladas a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e verificar o cumprimento dos anteditos requisitos.
    3. Avaliar o alumnado por módulos formativos, de forma sistemática e continua, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais, segundo o establecido nos reais decretos polos que se regulan os certificados de profesionalidade, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, que desenvolve o Real decreto 34/2008, do 10 de outubro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
    4. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, nun prazo non superior a tres meses desde a finalización da acción formativa, a documentación relativa ao proceso de avaliación e os cuestionarios de avaliación da calidade das accións formativas, comunicando a relación do alumnado que finalizou o curso con avaliación positiva. Para os cursos de novos certificados de profesionalidade, remitirase informe individualizado e acta da avaliación, segundo os modelos especificados nos anexos VI e VII da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 10 de outubro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
    5. Remitir á Dirección Xeral de Emprego e Formación as baixas das persoas traballadoras contratadas e as datas en que se producen. Non cabe substituír estas persoas por outros traballadores. Será subvencionable a formación impartida ás persoas que causaron baixa e estas persoas terán dereito á certificación da formación recibida.
    6. Comunicar á Dirección Xeral de Emprego e Formación calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos cursos programados, no prazo de cinco días desde que se produza.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Os incentivos establecidos neste programa serán de aplicación aos contratos de formación e aprendizaxe que se realicen con persoas traballadoras maiores de 16 e menores de 30 anos, que carezan da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

    2. Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano e a máxima de tres. Non obstante, mediante convenio colectivo poderán establecerse distintas duracións do contrato, en función das necesidades organizativas ou produtivas das empresas, sen que a duración mínima poida ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos.

    3. As modalidades de desenvolvemento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe serán as previstas no artigo 3 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

    4. A actividade formativa subvencionable será a necesaria para a obtención dun certificado de profesionalidade ou acreditación parcial acumulable, e deberá ser programada de acordo cos reais decretos que regulan cada certificado de profesionalidade.

    A actividade formativa tamén poderá incluír formación complementaria asociada ás necesidades da empresa ou da persoa traballadora, que non se considerara traballo efectivo e que deberá ser autorizada xunto coa autorización de inicio da actividade formativa, polo que deberá estar programada no acordo para a actividade formativa.

    Para os contratos que tivesen lugar con posterioridade ao 24 de xaneiro de 2015 a formación complementaria deberá corresponderse cunha ou varias das especialidades formativas incluídas no ficheiro de especialidades formativas previsto no artigo 20.3 do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, e polo tanto axustarase aos requisitos que figuran nos programas formativos que se atopan dispoñibles na páxina web: www.sepe.es. No caso de que a formación complementaria non forme parte do ficheiro de especialidades formativas procederase segundo o establecido na Resolución do 12 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas.

    5. A formación asociada ao contrato de formación e aprendizaxe vinculada a certificados de profesionalidade deberá ser impartida por un centro acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar creado polo Decreto 106/2011, do 19 de maio. Tamén se poderá impartir na propia empresa, que deberá estar acreditada conforme o establecido no artigo 18.4 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545640

    Fax: 981544604

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro (DOG nº 78 do 27 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro (DOG nº 81 do 30 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual (BOE nº 270, do 9 de novembro de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular, no ámbito da formación profesional para o emprego, o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, para a formación das persoas traballadoras ocupadas e desempregadas, desenvolvidas por empresas e centros de formación debidamente acreditados polo órgano competente.

    A quen vai dirixido?

    Empresas e centros de formación acreditados polo órgano competente de conformidade coa normativa vixente.

    Son obrigas das empresas e centros de formación autorizados:

    1. Realizar as accións solicitadas segundo o previsto nesta orde e na resolución de autorización, así como nos reais decretos reguladores de cada certificado, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

    2. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente á provincia na cal estea a empresa ou centro autorizado, con quince días de antelación ao inicio da acción formativa:
    a) As datas de inicio e finalización de cada acción formativa.

    b) A relación do alumnado participante, con indicación do que vai realizar o módulo de formación práctica en centros de traballo (detallando empresas e datas de realización), así como do alumnado que se atopa exento da súa realización.
    c) A documentación xustificativa da acreditación requirida polos formadores/as e
    titores/as-formadores/as intervenientes na acción formativa.
    d) Acta asinada pola persoa representante legal da entidade autorizada, na que, unha vez realizado o proceso de selección, se incluirá a manifestación expresa de que os/as candidatos/as seleccionados/as cumpren os requisitos para cursar con aproveitamento a formación nos termos previstos no artigo 20 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na normativa autonómica de aplicación.
    e) O programa formativo en formato normalizado, co desenvolvemento de cada un dos módulos formativos que comprenda a acción formativa que se vai impartir, a duración e os equipamentos necesarios.
    f) A planificación do proceso da avaliación, con indicación das datas de realización das probas finais, cando proceda, dos instrumentos que se van utilizar, dos espazos destinados ás probas e da duración destas.
    g) O convenio ou acordo entre os centros formativos e os centros de traballo para a realización do módulo de formación práctica en centros de traballo.
    h) A documentación acreditativa da existencia dunha póliza de seguro para a realización da acción formativa e do módulo de formación práctica en centros de traballo.

    3. Comunicar mensualmente á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente o control de asistencia mensual que conteña a sinatura diaria do alumnado asistente, as baixas e altas do alumnado e as datas en que se producen, así como calquera circunstancia que puidese ter incidencia sobre o desenvolvemento da acción formativa. Para os ditos efectos utilizarase a aplicación informática que lles facilitará a Dirección Xeral de Emprego e Formación.

    4. Facilitarlle á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente as tarefas de seguimento e control.

    5. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo e Benestar, así como a todas aquelas actuacións de avaliación, seguimento e control exixidas polo Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, e pola Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

    6. Cando se imparta o módulo de prácticas non laborais en centros de traballo, comunicar aos/ás representantes legais dos/as traballadores/as dos centros laborais nos cal se desenvolvan as prácticas, así como á Inspección de Traballo, a relación de alumnos/as participantes neste programa, a duración deste, e o seu programa formativo.

    7. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, nun prazo non superior a tres meses desde a finalización a acción formativa, a documentación relativa ao proceso de avaliación e os cuestionarios de avaliación da calidade das accións formativas. Para tal efecto, presentaranse as actas de avaliacion asinadas polo/a representante do centro colaborador e o/a titor/a do grupo e os documentos onde se reflicten os seus resultados, co contido previsto no artigo 14 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro.

    8. Verificar que todo o persoal docente, participante na formación, reúna as prescricións sobre formación e experiencia profesional e competencia docente exixidas por cada certificado, segundo o establecido nos respectivos reais decretos.

    9. Avaliar o alumnado por módulos formativos, de forma sistemática e continua, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais, segundo o establecido nos reais decretos polos que se regulan os certificados de profesionalidade e no capítulo I do título III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

    10. Desenvolver a formación aquí recollida con medios económicos suficientes para o seu desenvolvemento, sen que en ningún caso a Consellería de Traballo e Benestar adquira ningún compromiso ou responsabilidade económica derivada do desenvolvemento e/ou xestión desta.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Para a impartición das accións formativas desenvolvidas ao abeiro desta orde, as empresas e centros de formación non poderán utilizar a acreditación provisional recollida no artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se ó caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    A acción formativa desenvolvida debe incluír, como mínimo, un módulo formativo dunha especialidade asociada a un certificado de profesionalidade. Se se ofrecese a totalidade da especialidade formativa asociada a un certificado de profesionalidade, hase de ofertar, obrigatoriamente, o módulo de prácticas non laborais. En todo caso, a formación deberá adecuarse á normativa reguladora dos certificados de profesionalidade.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545640

    Fax: 981544604

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 30 de xaneiro de 2014 pola que regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais.

    As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan:
    - Especialidades formativas vinculadas a certificados de profesionalidade.

    - Competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23), comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
    - Competencias clave de nivel 3 en lingua castelá (FCOV02), matemáticas (FCOV12), comunicación en lingua galega (FCOVXX02).
    - Accións formativas vinculadas coa aprendizaxe de idiomas que figuran no anexo III.
    - Accións formativas vinculadas ás competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC que figuran no anexo III.

    A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Todos aqueles centros e entidades de formación inscritos e acreditados no rexistro de centros e entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, naquelas especialidades formativas a que fai referencia o artigo anterior en que estean inscritas ou acreditados á data de publicación desta orde.

    Requisitos

    - Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir en ningún caso a outro simultaneamente. Tampouco poderá causar baixa nun curso para acceder a outro, salvo autorización expresa do respectivo/a xefe/a territorial, por causas excepcionais debidamente xustificadas.

    - Terán a obriga de asistir e de seguir con aproveitamento os cursos e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada polo centro ou entidade impartidora, segundo o artigo 9, dentro dos 10 primeiros días lectivos.

    - Nos cursos de especialidades formativas correspondentes a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, terán a obriga de presentar copia da documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar no curso. Se é o caso, tamén deben presentar a documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais.


    - Será causa de exclusión incorrer en máis de dúas faltas de asistencia non xustificadas nun mes ou non seguir o curso con aproveitamento segundo criterio do seu responsable.

    A xustificación das faltas deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo da non asistencia. Os/as alumnos/as disporán dun prazo de 3 días hábiles para presentar no centro colaborador os xustificantes das súas faltas de asistencia. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar. As faltas de asistencia por actividade laboral, cun máximo de cinco ao mes, xustificaranse cunha copia do contrato de traballo.

    Igualmente será causa de exclusión incorrer en cinco incumprimentos horarios nun mes, sen xustificación. Enténdese por incumprimento horario tanto o retraso na hora de entrada, como o adianto na saída ou as ausencias durante parte das horas lectivas.

    Mediante resolución da persoa titular da xefatura territorial correspondente, os/as alumnos/as, logo de audiencia, poderán ser excluídos das accións formativas, por petición das entidades de formación, cando non sigan con suficiente aproveitamento a acción formativa ou dificulten o normal desenvolvemento desta. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada.

    - O alumnado deberá acudir á súa oficina de emprego, unha vez rematado o curso, para cancelar a suspensión da demanda.

    - Nas accións formativas de especialidades vinculadas a novos certificados de profesionalidade, os/as alumnos/as que teñan xa cursado con aproveitamento algún módulo formativo dos que integran a especialidade que estean cursando, non poderán volver a realizalo, sempre que esa formación sexa acreditable para os efectos da obtención dos certificados de profesionalidade.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545640

    Fax: 981544604

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881599

    Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294261 / 982294257

    Fax: 982294281

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386828 / 988386827

    Fax: 988386829

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817685 / 986817632

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 107 do 9 de xuño de 2015).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 136 do 21 de xullo de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

    Competencias clave que se convocan .

    1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

    • Comunicación en lingua galega.

    • Comunicación en lingua castelá.

    • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

    • Competencia matemática.

    2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

    A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Requisitos

    O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade.

    No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DAS CUALIFICACIÓNS

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546840

    Fax: 981544604

    http://traballo.xunta.es

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG nº 44 do 4 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Aprobar o modelo de solicitude de certificación persoal para a manipulación de gases fluorados, que figura como anexo I a esta resolución.

    A quen vai dirixido?

    Só poderán solicitarse, ante esta consellería, aqueles certificados acreditativos cando a persoa estea en posesión dun certificado de profesionalidade, ou ben como consecuencia da realización da formación prevista no anexo II do R.D. 795/2010, do 16 de xuño, cando esta se realizase nun centro autorizado pola Consellería de Traballo e Benestar.

    Requisitos

    As persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos establecidos no anexo I do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.

    1. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS CON SISTEMAS FRIGORÍFICOS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS:

    Poderase obter por algunha das seguintes vías:
    a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + posesión de:

    • Certificado de profesionalidade de Frigorista (R.D. 942/1997).
    • Certificado de profesionalidade de Mantedor de Aire Acondicionado e Fluídos (R.D. 335/1997).
    • Certificado de profesionalidade de Mantemento de Electrodomésticos (R.D. 616/2013).
    • Carné profesional de instalacións térmicas en edificios (R.D. 1027/2007) ou carné profesional de instalador/a mantedor/a de climatización (R.D. 1751/1998).

    • Técnico en Montaxe e mantemento de frío, climatización e produción de calor (R.D. 2046/1995).
    • Técnico superior en Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso (R.D. 2044/1995).

    b) Curso de formación cos contidos dos Programas Formativos 1 e 2 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en empresas habilitadas polo RSIF ou RITE.
    c) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 2 + experiencia de polo menos de 5 anos en empresas habilitadas polo RSIF ou RITE.
    d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade:

    • Certificado de profesionalidade de Montaxe e Mantemento de Instalacións Frigoríficas ( R.D. 1375/2009).
    • Certificado de profesionalidade de Montaxe e Mantemento de Instalacións de Climatización, Ventilación-Extracción (R.D.1375/2009).

    2. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS CON SISTEMAS FRIGORÍFICOS DE CARGA DE REFRIXERANTE INFERIOR A 3 KG DE GASES FLUORADOS

    Poderase obter por algunha das seguintes vías:
    a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en materia de instalacións de refrixeración e aire acondicionado.
    b) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3.A + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 3.B + experiencia de polo menos de 5 anos en materia de instalacións de refrixeración e aire acondicionado.
    c) Curso de formación co contido do Programa Formativo 4.
    d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade:

    • Certificado de profesionalidade de Frigorista (R.D. 942/1997).
    • Certificado de profesionalidade de Mantedor de Aire Acondicionado e Fluídos (R.D. 335/1997).
    • Certificado de profesionalidade de Mantemento de Electrodomésticos (R.D. 616/2013).

    3. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRANSPORTE REFRIXERADO DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS.

    Poderase obter por algunha das seguintes vías:
    a) Cursos de formación cos contidos dos Programas Formativos 1 e 2 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en empresas dedicadas ao mantemento e reparación de aplicacións non fixas de vehículos dedicados ao transporte refrixerado.
    b) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 2 + experiencia anterior de polo menos 5 anos en empresas dedicadas ao mantemento e reparación de aplicacións non fixas de vehículos dedicados ao transporte refrixerado.

    4. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRANSPORTE REFRIXERADO DE MERCADORÍAS QUE EMPREGUEN MENOS DE 3 KG DE REFRIXERANTES FLUORADOS.
    a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3.A + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 3.B relativo a aplicacións non fixas de vehículos de transporte refrixerado de mercancías.

    5. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE SISTEMAS FRIGORÍFICOS QUE EMPREGUEN REFRIXERANTES FLUORADOS DESTINADOS A CONFORT TÉRMICO DE PERSOAS INSTALADOS EN VEHÍCULOS.
    a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 5.

    6. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS QUE EMPREGUEN GASES FLUORADOS COMO AXENTE EXTINTOR.
    a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 6.

    7. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE DISOLVENTES QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS E EQUIPAMENTOS QUE OS EMPREGAN.
    a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 7.

    8. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE CONMUTADORES ELÉCTRICOS FIXOS QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS DE EFECTO INVERNADOIRO.
    a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 8.

    NOTAS:
    *A xustificación da experiencia debe realizarse presentando a vida laboral acompañada de contratos de traballo ou unha certificación da empresa/s onde traballase, certificando dita experiencia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DAS CUALIFICACIÓNS

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546841 / 981546806

    Fax: 981544604

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles (DOG nº 105 do 1 de xuño de 2011).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 42 de 18 de febreiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde PRA/905/2017, de 21 de setembro, pola que se modifican os anexos I e II do Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 233 de 27 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia).

    Tipoloxía de premios .

    Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos: Premio á Responsabilidade Social Empresarial, en que haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa e Mención á Conciliación, que non ten categorías sendo independente o tamaño da empresa.

    Valoración da empresa segundo tipoloxía .

    1. No Premio á Responsabilidade Social Empresarial, a valoración da empresa realizarase dun xeito integral nos tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:

    1.1. No ámbito laboral-económico:

    a) Creación de emprego de calidade e indefinido.

    b) Implantación de medidas para a redución de taxas de absentismo inxustificado, enfermidades profesionais e de número de accidentes de traballo.

    c) Promoción do desenvolvemento individual e profesional das persoas traballadoras mediante plans de formación, promoción, cualificación así como desenvolvemento de actuacións e habilidades das persoas para mellorar a súa empregabilidade.

    d) Investir en novas tecnoloxías.

    e) Contar con plan de igualdade ou con medidas positivas en materia de igualdade que vaian máis alá dos requerimentos legais convencionais.

    f) Adopción de medidas para a prevención do acoso laboral, sexual e o acoso por razón de xénero.

    g) Aplicar unha igualdade retributiva.

    h) Contar coa presenza de mulleres nos órganos de goberno e administración da empresa e outras similares.

    i) Integrar un goberno responsable da empresa.

    j) Sistematizar as canles de diálogo entre a empresa e os distintos grupos de interese.

    k) Dispoñer dun código ético ou similar.

    l) Dispoñer de órganos específicos responsables de velar pola adopción e aplicación de programas en materia de RSE e/ou de igualdade.

    m) Reportar información financieira e/ou non financieira aos órganos de control.

    n) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa laboral.

    ñ) Apoio explícito ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

    o) Emprego de mulleres mozas.

    p) Emprego de modelos de publicidade igualitaria e non sexista nas comunicacións comerciais.

    q) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.

    r) Outros criterios alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).

    1.2. No ámbito ambiental:

    a) Innovacións en produtos e servizos, en sistemas ou procesos de produción, con fins ambientalmente sustentables.

    b) Campañas de información e sensibilización ambiental entre os grupos de interese internos e/ou externos e a sociedade en xeral.

    c) Plans ou actuacións de eco-eficiencia no consumo de enerxía, auga e recursos naturais.

    d) Tratamento de residuos.

    e) Establecemento de medidas de aforro de enerxía, reciclaxe e transportes alternativos para redución de custos.

    f) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa ambiental.

    g) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative( GRI).

    1.3. No ámbito de acción social:

    a) Recoñecemento da diversidade.

    b) Procura da igualdade de oportunidades e integración social.

    c) Compromiso coa comunidade.

    d) Actividades de voluntariado.

    e) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa social.

    f) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).

    2. Na Mención á Conciliación distinguirase a iniciativas empresariais que de maneira significativa propicien a conciliación laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:

    a) Medidas de usos de tempo que faciliten que o seu persoal poida organizarse mellor, á vez que se mellora a organización empresarial.

    b) Promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos relacionados coa actividade da empresa.

    c) Dotación de salas de repouso e lactación nos centros de traballo para as traballadoras embarazadas e nais e pais nos casos de lactación.

    d) Recursos e estruturas para o coidado doutras persoas.

    e) Medidas que posibiliten o desenvolvemento persoal.

    f) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.

    g) Modificación de roles entre mulleres e homes que posibiliten a implicación de ambos coa familia, co fogar ou co traballo.

    h) Desenvolvemento de medidas innovadoras para a conciliación e a corresponsabilidade tales como: teletraballo, flexibilidade horaria, sistemas de compensación de días e horas, xornadas intensivas ou comprimidas, permisos especiais para situacións de emerxencia, xornadas especiais en períodos de vacacións escolares.

    i) Incentivos á solicitude de permisos de paternidade.

    j) Reducións de xornada ou excedencias para o coidado de fillos e fillas ou de persoas dependentes a cargo.

    h) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

    SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957759 / 981544615

    Fax: 981957751

    Email: relacionslaborais.emprego@xunta.es

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (DOG nº 74 do 16 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Orde do 11 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (TR320B).

    Servizos aos que optarán as empresas beneficiarias do Programa.

    1º. Unha diagnose ou análise do estado e potencial da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Para esta diagnose e análise, utilizarase a plataforma software XUNTA PRO-RSE e consistirá en analizar a situación da empresa seleccionada desde o punto de vista da RSE.

    2º. Un programa de formación, no que se tratarán aspectos referidos á sensibilización, grupos de interese e ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE.

    3º. Plan de implantación: a cada empresa participante, unha vez realizados e superados os servizos anteriores e que expresamente manifeste continuar no Programa, elaboraráselle un Plan de RSE específico que finalizará coa implantación das primeiras accións do dito plan.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.

    Requisitos

    a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

    b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

    c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

    SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957744 / 981544615

    Fax: 981957751

    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 1 de febreiro de 2018 pola que se lle dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán servizos do programa Responsabilízate (2ª edición) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Pechado o prazo de solicitudes para participar no programa Responsabilízate.

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia

    A quen vai dirixido?

    a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

    Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración.

    b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.

    c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, ex reclusos, etc) que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras. A entidade solicitante deberá xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.

    d) As entidades sen ánimo de lucro non incluídas na alínea anterior, que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras. A entidade solicitante deberá xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para a atención individual ás persoas demandantes de emprego e que reúnan as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3. Os locais e despachos deberan atoparse completamente habilitados na data de inicio do período subvencionable.

    b) Estar en condicións de habilitar unha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo «orientación» e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións electrónicas coa entidade.

    c) Dispoñer dos medios técnicos e materiais para habilitar unha conexión coa Rede corporativa da Xunta de Galicia vía internet. O hardware de comunicación que posibilite a conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.

    d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á rede corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a través doutras canles de comunicación por elementos situados en redes alleas á propia entidade. A entidade, para o seu acceso vía internet, deberá dispor dunha IP fixa. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento da aplicación informática cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.

    e) Dispoñer de acceso á internet e correo electrónico e aplicar medidas de seguridade de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal; as entidades que teñan acceso a datos de nivel alto deberán contar coas medidas de seguridade acordes á información que tratan. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia.

    - Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545292

    Fax: 981545765

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego (procedemento TR332A) con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.

    2. Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:

    a) Información, orientación e asesoramento.

    b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.

    c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

    d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

    e) Fomento da capacidade emprendedora.

    f) Prospección empresarial.

    g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

    h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b). A formación estará dirixida a obtención de, polo menos, un certificado de profesionalidade.

    O total de horas formativas que se lles deberá ofertar ás persoas demandantes que formen parte do programa deberá ser, como mínimo, de 300 horas. Os datos relativos a esta formación e á mencionada na letra b) deberán ser facilitados ao servizo xestor das axudas ben pola entidade beneficiaria ben polas entidades que impartan a formación, segundo o procedemento que se estableza nas instrucións que se publicarán na web institucional.

    i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas. O número mínimo de persoas demandantes que deberán levar a cabo as prácticas é de 15.

    j) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures) así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

    De non desenvolver algunha das accións anteriores, deberá xustificarse de xeito motivado.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:

    a) Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, sempre que, por si sós ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

    b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

    c) As entidades mencionadas nos parágrafos anteriores non poderán ser beneficiarias das axudas establecidas nesta orde cando teñan a condición de axencia de colocación e perciban como tales financiamento público a través de contratos, subvencións, axudas, convenios ou calquera outro instrumento xurídico destinado á promoción da inserción laboral para o mesmo ámbito territorial e período temporal.

    d) Para poder ser beneficiarias das axudas as entidades deberán facer constar na epígrafe de recursos humanos que contarán, cando menos, cunha persoa ao 60 % de imputación (dunha xornada completa) na data de inicio que figure no anexo de resolución. Esta exixencia implica que desde o momento da concesión da subvención a entidade ten que contar cun mínimo dun efectivo coa imputación mencionada anteriormente, capaz de levar a cabo a selección de persoas demandantes e, unha vez seleccionadas, poñer en marcha o resto das accións do programa nun prazo máximo de tres meses contado desde a data de inicio que figure no anexo de resolución.

    En ningún momento as persoas demandantes poden estar desatendidas á espera de que a entidade seleccione e contrate persoal específico para levar a cabo o programa. O efectivo anteriormente mencionado manterá a súa imputación, como mínimo, ata o momento, se é o caso, da contratación de persoal especificamente contratado para o programa.

    Obrigas das entidades beneficiarias. Reintegro da subvención.

    1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

    a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán á disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia na ligazón http://ceei.xunta.gal/programas-integrados.

    b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    d) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

    e) Comunicar á Consellería de Economía, Emprego e Industria e á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao programa integrado, así como as baixas e as novas incorporacións a este, de acordo coas instrucións para a posta en marcha dos programas publicadas na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://ceei.xunta.gal/programas-integrados).

    f) Asegurar os participantes contra accidentes para todas as accións que se leven a cabo dentro do programa, quedando a Consellería de Economía, Emprego e Industria exonerada de calquera responsabilidade ao respecto mediante a contratación dunha póliza sen franquía que terá, polo menos, a seguinte cobertura:

    – Asistencia médica, farmacéutica e hospitalaria para calquera accidente acontecido durante o horario de desenvolvemento das accións do programa, incluíndo o tempo necesario para o desprazamento da persoa participante desde a súa residencia habitual ao lugar de impartición ou desenvolvemento (o desprazamento deberá cubrir calquera medio de locomoción).

    – Indemnización mínima de 30.000 euros por falecemento e mínima de 60.000 euros por invalidez permanente, derivadas ambas as dúas situacións dun accidente no lugar onde se realicen as accións do programa.

    g) Entregarlles ás persoas usuarias no momento da selección un resumo detallado de todos os aspectos da memoria que as afectan: listaxe das accións que teñen previsto levar a cabo, aspectos innovadores do programa, existencia de medidas de conciliación se as houber, obrigatoriedade da realización de cuestionarios de satisfacción de todas as accións, etc. Este resumo coincidirá co exposto na memoria explicativa e incluirá os datos de contacto tanto da entidade coma do Servizo de Programas Mixtos. Deberá ir asinado pola persoa responsable do programa e ser achegado xunto coa memoria explicativa.

    2. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e das causas do incumprimento, a perda do dereito ao cobramento ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no título II (artigo 32 e seguintes) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no título IV (artigo 50 e seguintes) da citada lei e no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

    3. De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os criterios de gradación do desconto ante posibles incumprimentos, que resultarán de aplicación para determinar a cantidade que finalmente deba percibir a entidade beneficiaria ou, de ser o caso, o importe que se deba reintegrar, serán os seguintes:

    a) Non acadar a porcentaxe de inserción a que se comprometeu: desconto ou reintegro variable resultante dos cálculos realizados sobre a base da porcentaxe de inserción real.

    b) Non levar a cabo as seguintes accións de carácter obrigatorio que figuran no artigo 1:

    1) Información, orientación e asesoramento: 1 % do gasto subvencionado.

    2) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas: 1 % do gasto subvencionado.

    3) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea: 1 % do gasto subvencionado.

    4) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista: 1 % do gasto subvencionado.

    5) Fomento da capacidade emprendedora: 1 % do gasto subvencionado.

    6) Prospección empresarial: 1 % do gasto subvencionado.

    7) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes: 1 % do gasto subvencionado.

    8) Oferta formativa para o emprego, que deberá ser como mínimo de 300 horas: 2 % do gasto subvencionado.

    9) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas: 2 % do gasto subvencionado.

    10) Mobilidade laboral: 1 % do importe do gasto subvencionado.

    c) Impedir ou obstaculizar as actuacións de comprobación da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou outros órganos de control debidamente autorizados: 100 % do gasto subvencionado.

    d) Incumprimento da realización dos cuestionarios de avaliación das accións cando se fixese constar na memoria: 10 % do gasto subvencionado.

    e) Inexistencia da descrición dos perfís profesionais das persoas demandantes cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

    f) Inexistencia do deseño do itinerario de inserción laboral cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

    g) Inexistencia de aplicación informática de seguimento en que consten todas as actuacións que se fagan coas persoas usuarias ao longo do programa, cando se fixese constar na memoria: 10 % do gasto subvencionado.

    h) Inexistencia dos sistemas de avaliación da calidade cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

    i) Incumprimento das medidas de conciliación da vida familiar e laboral cando estivese recollido expresamente na memoria e no documento entregado ás persoas usuarias do programa: 5 % do gasto subvencionado.

    j) Non empregar as novas tecnoloxías e/ou non desenvolver un proxecto innovador cando estivese expresamente recollido na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

    k) Non impartir formación acreditable con certificados de profesionalidade cando non houbese impedimento para levala a cabo e estivese recollida expresamente na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

    l) Non empregar a lingua galega na realización das accións cando existise declaración do representante legal con ese compromiso: 1 % do gasto subvencionado.

    m) Incumprimento da obriga de presentación de documentación exixida no artigo 16: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado, e no suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de que a documentación presentada sexa incorrecta, o importe que se deberá reintegrar será proporcional ao gasto non xustificado.

    n) Incumprimento das obrigas en materia de publicidade establecidas no artigo 17: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado.

    ñ) Incumprimento dalgunha das obrigas previstas nas letras c), d), e) e g) do parágrafo primeiro deste artigo: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado, en cada caso.

    4. Cando, transcorrido o prazo de xustificación, esta non se efectuase ou a xustificación resultase insuficiente, acordarase o reintegro da subvención polo importe non xustificado logo do requirimento establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se procede.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.

    - Todas as entidades que non fosen beneficiarias nos últimos 5 anos de programas integrados de emprego ou lanzadeiras de emprego de Galicia concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017, deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

    - Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    - Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PROGRAMAS MIXTOS

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547224

    Fax: 981545765

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9 1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881575

    Fax: 881881576

    false

    false

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294261

    Fax: 982294282

    false

    false

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79- 7ª

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386828 / 988386810

    Fax: 988386829

    false

    false

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817024

    Fax: 986817010

    false

    false

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.