TR301Q - Subvencións para a execución das horas de formación que excedan do 25% da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, que se realicen con mozos e mozas menores de 30 anos, a través do seguinte programa:

- Programa de incentivos á formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe.

Será subvencionable ao abeiro deste programa a formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe, que exceda o 25 % da xornada laboral e que se realicen no ano 2014 e no ano 2015, con anterioridade ao 15 de novembro do ano 2015, no caso das entidades locais, e con anterioridade ao 30 de setembro do ano 2015, no caso das empresas. En todo caso, só serán subvencionables os gastos de formación posteriores ao 14 de novembro de 2014.


No suposto de que as persoas traballadoras contratadas con posterioridade ao 24 de xaneiro de 2015, sexan persoas beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil só será subvencionable a formación que exceda o 50 % da xornada laboral.

O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá adecuarse ao establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

As entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia poderán solicitar as axudas previstas neste capítulo con anterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

As empresas e as entidades empregadoras deberán solicitar esta axuda con posterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.


2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia para os programas establecidos nos capítulos II e III desta orde de convocatoria.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02) en relación coas grandes empresas.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia dun convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en virtude da cal se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

Obrigas da entidade beneficiaria.
1. Verificar o cumprimento polas persoas docentes dos requisitos exixidos pola normativa reguladora dos novos certificados de profesionalidade.
2. Pedirlles ás persoas traballadoras contratadas a documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar nas accións formativas de especialidades vencelladas a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e verificar o cumprimento dos anteditos requisitos.
3. Avaliar o alumnado por módulos formativos, de forma sistemática e continua, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais, segundo o establecido nos reais decretos polos que se regulan os certificados de profesionalidade, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, que desenvolve o Real decreto 34/2008, do 10 de outubro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
4. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, nun prazo non superior a tres meses desde a finalización da acción formativa, a documentación relativa ao proceso de avaliación e os cuestionarios de avaliación da calidade das accións formativas, comunicando a relación do alumnado que finalizou o curso con avaliación positiva. Para os cursos de novos certificados de profesionalidade, remitirase informe individualizado e acta da avaliación, segundo os modelos especificados nos anexos VI e VII da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 10 de outubro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
5. Remitir á Dirección Xeral de Emprego e Formación as baixas das persoas traballadoras contratadas e as datas en que se producen. Non cabe substituír estas persoas por outros traballadores. Será subvencionable a formación impartida ás persoas que causaron baixa e estas persoas terán dereito á certificación da formación recibida.
6. Comunicar á Dirección Xeral de Emprego e Formación calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos cursos programados, no prazo de cinco días desde que se produza.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Os incentivos establecidos neste programa serán de aplicación aos contratos de formación e aprendizaxe que se realicen con persoas traballadoras maiores de 16 e menores de 30 anos, que carezan da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

2. Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano e a máxima de tres. Non obstante, mediante convenio colectivo poderán establecerse distintas duracións do contrato, en función das necesidades organizativas ou produtivas das empresas, sen que a duración mínima poida ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos.

3. As modalidades de desenvolvemento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe serán as previstas no artigo 3 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

4. A actividade formativa subvencionable será a necesaria para a obtención dun certificado de profesionalidade ou acreditación parcial acumulable, e deberá ser programada de acordo cos reais decretos que regulan cada certificado de profesionalidade.

A actividade formativa tamén poderá incluír formación complementaria asociada ás necesidades da empresa ou da persoa traballadora, que non se considerara traballo efectivo e que deberá ser autorizada xunto coa autorización de inicio da actividade formativa, polo que deberá estar programada no acordo para a actividade formativa.

Para os contratos que tivesen lugar con posterioridade ao 24 de xaneiro de 2015 a formación complementaria deberá corresponderse cunha ou varias das especialidades formativas incluídas no ficheiro de especialidades formativas previsto no artigo 20.3 do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, e polo tanto axustarase aos requisitos que figuran nos programas formativos que se atopan dispoñibles na páxina web: www.sepe.es. No caso de que a formación complementaria non forme parte do ficheiro de especialidades formativas procederase segundo o establecido na Resolución do 12 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas.

5. A formación asociada ao contrato de formación e aprendizaxe vinculada a certificados de profesionalidade deberá ser impartida por un centro acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar creado polo Decreto 106/2011, do 19 de maio. Tamén se poderá impartir na propia empresa, que deberá estar acreditada conforme o establecido no artigo 18.4 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545640

Fax: 981544604

Órgano responsable

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro (DOG nº 78 do 27 de abril de 2015).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro (DOG nº 81 do 30 de abril de 2015).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual (BOE nº 270, do 9 de novembro de 2012).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.