TR301R - Autorización para a impartición de accións formativas non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.
Obxecto
Regular, no ámbito da formación profesional para o emprego, o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, para a formación das persoas traballadoras ocupadas e desempregadas, desenvolvidas por empresas e centros de formación debidamente acreditados polo órgano competente.
A quen vai dirixido?
Empresas e centros de formación acreditados polo órgano competente de conformidade coa normativa vixente.
Son obrigas das empresas e centros de formación autorizados:
1. Realizar as accións solicitadas segundo o previsto nesta orde e na resolución de autorización, así como nos reais decretos reguladores de cada certificado, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
2. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente á provincia na cal estea a empresa ou centro autorizado, con quince días de antelación ao inicio da acción formativa:
a) As datas de inicio e finalización de cada acción formativa.
b) A relación do alumnado participante, con indicación do que vai realizar o módulo de formación práctica en centros de traballo (detallando empresas e datas de realización), así como do alumnado que se atopa exento da súa realización.
c) A documentación xustificativa da acreditación requirida polos formadores/as e
titores/as-formadores/as intervenientes na acción formativa.
d) Acta asinada pola persoa representante legal da entidade autorizada, na que, unha vez realizado o proceso de selección, se incluirá a manifestación expresa de que os/as candidatos/as seleccionados/as cumpren os requisitos para cursar con aproveitamento a formación nos termos previstos no artigo 20 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na normativa autonómica de aplicación.
e) O programa formativo en formato normalizado, co desenvolvemento de cada un dos módulos formativos que comprenda a acción formativa que se vai impartir, a duración e os equipamentos necesarios.
f) A planificación do proceso da avaliación, con indicación das datas de realización das probas finais, cando proceda, dos instrumentos que se van utilizar, dos espazos destinados ás probas e da duración destas.
g) O convenio ou acordo entre os centros formativos e os centros de traballo para a realización do módulo de formación práctica en centros de traballo.
h) A documentación acreditativa da existencia dunha póliza de seguro para a realización da acción formativa e do módulo de formación práctica en centros de traballo.
3. Comunicar mensualmente á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente o control de asistencia mensual que conteña a sinatura diaria do alumnado asistente, as baixas e altas do alumnado e as datas en que se producen, así como calquera circunstancia que puidese ter incidencia sobre o desenvolvemento da acción formativa. Para os ditos efectos utilizarase a aplicación informática que lles facilitará a Dirección Xeral de Emprego e Formación.
4. Facilitarlle á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente as tarefas de seguimento e control.
5. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo e Benestar, así como a todas aquelas actuacións de avaliación, seguimento e control exixidas polo Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, e pola Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
6. Cando se imparta o módulo de prácticas non laborais en centros de traballo, comunicar aos/ás representantes legais dos/as traballadores/as dos centros laborais nos cal se desenvolvan as prácticas, así como á Inspección de Traballo, a relación de alumnos/as participantes neste programa, a duración deste, e o seu programa formativo.
7. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, nun prazo non superior a tres meses desde a finalización a acción formativa, a documentación relativa ao proceso de avaliación e os cuestionarios de avaliación da calidade das accións formativas. Para tal efecto, presentaranse as actas de avaliacion asinadas polo/a representante do centro colaborador e o/a titor/a do grupo e os documentos onde se reflicten os seus resultados, co contido previsto no artigo 14 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro.
8. Verificar que todo o persoal docente, participante na formación, reúna as prescricións sobre formación e experiencia profesional e competencia docente exixidas por cada certificado, segundo o establecido nos respectivos reais decretos.
9. Avaliar o alumnado por módulos formativos, de forma sistemática e continua, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais, segundo o establecido nos reais decretos polos que se regulan os certificados de profesionalidade e no capítulo I do título III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
10. Desenvolver a formación aquí recollida con medios económicos suficientes para o seu desenvolvemento, sen que en ningún caso a Consellería de Traballo e Benestar adquira ningún compromiso ou responsabilidade económica derivada do desenvolvemento e/ou xestión desta.
Ler máis Ler menos
Requisitos
Para a impartición das accións formativas desenvolvidas ao abeiro desta orde, as empresas e centros de formación non poderán utilizar a acreditación provisional recollida no artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se ó caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A acción formativa desenvolvida debe incluír, como mínimo, un módulo formativo dunha especialidade asociada a un certificado de profesionalidade. Se se ofrecese a totalidade da especialidade formativa asociada a un certificado de profesionalidade, hase de ofertar, obrigatoriamente, o módulo de prácticas non laborais. En todo caso, a formación deberá adecuarse á normativa reguladora dos certificados de profesionalidade.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545640
Fax: 981544604
Órgano responsable
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 30 de xaneiro de 2014 pola que regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2014).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres