Xunta de Galicia

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 01/08/2015 - 31/10/2015.

    Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de outubro de 2015 segundo a Resolución de 22 de setembro de 2015 (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Unha vez publicada a convocatoria, as persoas interesadas deberán presentar a solicitude (anexo I) de participación xunto coa seguinte documentación:
      • Breve currículo da persoa candidata, xunto cunha memoria explicativa que resuma e explique o traballo que se presenta. No caso de xornalismo impreso, o dito traballo deberá presentarse en soporte papel e CD. Para o caso de xornalismo audiovisual (radio ou televisión) achegarase unha copia en CD/DVD. No caso de xornalismo gráfico poderá presentarse unha serie, cun máximo de cinco fotografías, indicando a súa orde, en soporte CD, formato JPG de alta resolución, mínimo 300 dpi. Para os traballos dixitais indicarase a URL onde está publicado o traballo e en caso de non estar dispoñible a traves da rede presentarase un documento PDF en soporte CD.
        Ademais, de ser o caso, deben incluírse os datos da publicación (medio de comunicación e data de aparición).
      • Documentación xustificativa dos valores e meritos alegados.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación que debe acompañar á solicitude poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • Poderase requirir das persoas interesadas aquela información e documentación complementaria que poida resultar relevante para a avaliación dos meritos alegados.
      A documentación complementaria poderá presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN TÉCNICO-ADMINISTRATIVA

    SERVIZO DE APOIO TÉCNICO-ADMINISTRATIVO
    San lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545362
    Email: igualdade@xunta.es
    Información web: http://www.mulleresengalicia.es

    Versión en formato PDF

    Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do I Concurso Comunicar en Igualdade. Así mesmo, por medio desta resolución convócase o dito concurso para o ano 2015.
    Os premios do I Concurso Comunicar en Igualdade teñen como finalidade recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que contribuísen á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.
    Trátase de premiar as boas prácticas xornalísticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero.
    O I Concurso Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
    a) Premio para profesionais do xornalismo.
    b) Premio para o alumnado universitario.
    Premio para profesionais do xornalismo.
    1. Nesta categoría outorgarase un premio ao mellor traballo informativo ou serie de pezas publicadas, individual ou colectivamente, baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre o fenómeno da violencia de xénero.
    2. Os traballos, orixinais e en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e deberán ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego.
    3. O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (2.000 ?). Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.
    Premio para alumnado universitario.
    1. Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
    2. O premio outorgarase ao mellor traballo baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e aínda que non é condición indispensable que os orixinais fosen publicados previamente, o xurado valorará esta circunstancia.
    3. O premio terá unha dotación económica de mil euros (1.000 ?). Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.

    Beneficiarios:

    - Xornalistas.
    - Alumna ou alumno con matrícula nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
    Obrigas das persoas beneficiarias, compatibilidade e reintegro.
    1. Os beneficiarios e beneficiarias quedan obrigados a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectúe a Secretaría Xeral da Igualdade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.
    2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
    3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos correspondentes xuros de mora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

    Requisitos:

    Non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 10 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 27 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Resolución do 27 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Resolución do 22 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para participar no I Concurso Comunicar en Igualdade (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 01/04/2016 - 30/04/2016.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

    Prazo de resolución: Catro meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • a) Anexo I. Solicitude debidamente cuberta e asinada pola persoa solicitante na cal, entre outras cuestións, deberán constar de maneira expresa as declaracións relativas ao seguinte: a persoa solicitante, durante o período desta solicitude, conviviu coa filla ou fillo por quen solicita a subvención; o período de redución de xornada para o cal solicita a axuda non coincide co permiso por maternidade, nin con ningún outro permiso, licenza ou excedencia para o mesmo fin do cónxuxe ou parella; de ser o caso, as datas do desfrute do permiso por maternidade entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, da persoa solicitante ou da súa cónxuxe ou parella, relativo á filla ou fillo por quen se solicita a axuda, o que se deberá acreditar mediante certificación do Instituto Nacional da Seguridade Social ou certificación acreditativa equivalente no caso doutro sistema de previsión social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.); a declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas concedidas e/ou solicitadas para a mesma finalidade, procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, así como de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    • b) Anexo II. Declaración responsable para o caso de proxenitores solteiros cun/cunha fillo/a recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que exista convivencia entre pai e nai durante o período obxecto da axuda.
    • c) Anexo III. Certificación da empresa ou, se é o caso, da Administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada.
      No suposto de que durante o período de redución de xornada polo cal se solicita a axuda se produce un aumento ou diminución da porcentaxe inicial de redución da xornada de traballo, deberase cubrir un anexo III por cada unha das variacións producidas respecto deste punto. Igualmente, se a redución de xornada non se desfruta de modo ininterrompido, cubrirase un anexo III por cada un dos períodos nos cales se estivo nesta situación.
    • d) Copia da declaración do IRPF do exercicio 2014 ou certificación dos ingresos percibidos nesa anualidade emitida pola AEAT ou, no caso de estar exenta, certificación acreditativa desta circunstancia emitida pola AEAT para o caso de que denegase expresamente a súa consulta para a obtención telemática da Axencia Estatal da Administración Tributaria dos datos relativos aos ingresos do último período impositivo con prazo de presentación vencido (exercicio 2014).
    • e) Fotocopia compulsada do DNI ou NIE da persoa solicitante, para o caso de que non outorgue autorización para consultar os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • f) Certificación de empadroamento na cal se acredite a data de empadroamento da persoa solicitante dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado, para o caso de que non outorgue autorización para consultar os datos de residencia no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • g) Certificado de vida laboral, emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, relativo á persoa solicitante da axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.), certificación acreditativa equivalente.
    • h) De ser o caso, certificación de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.), certificación acreditativa equivalente.
    • i) Documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC, facilitado pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada por garda legal durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.), certificación en que se acredite a referida situación.
    • j) Fotocopia compulsada do libro de familia.
    • k) Fotocopia compulsada da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
    • l) Nos supostos de adopción, fotocopia compulsada da resolución xudicial pola cal se constitúa a adopción.
    • ll) No caso de acollemento familiar, copia compulsada da resolución administrativa ou xudicial de acollemento. Non será necesario presentar a resolución administrativa no caso de que fose expedida pola Xunta de Galicia no desenvolvemento das súas competencias e a persoa solicitante dea autorización expresa para a súa comprobación por parte da unidade tramitadora.
    • m) No suposto de fillos/as afectados/as por unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, certificación acreditativa de tal condición. Non será necesario presentar esta documentación no caso de que fose expedida pola Xunta de Galicia no desenvolvemento das súas competencias e a persoa solicitante dea autorización expresa para a súa comprobación por parte da unidade tramitadora.
    • As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
      Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
      As copias dos documentos tamén gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a entidade solicitante de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
      A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E PROGRAMACIÓN
    San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999163Fax: 981957690
    Email: promoción.igualdade@xunta.es
    Información web: http://www.igualdade@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas segundo o establecido no artigo 5 desta resolución.
    O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    Accións subvencionables.
    1. As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
    Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos neste artigo, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
    2. O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive. Para ter dereito á axuda, deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.
    Para a determinación do período subvencionable, para os efectos desta axuda, terase en conta o seguinte:
    a) Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, co límite máximo de oito (8) meses, sempre e cando un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto dos períodos acumulables sexan inferiores a 60 días. No caso de familias non monoparentais, para o cómputo do período total subvencionable terase en conta o disposto na letra c) do artigo 4.2 desta resolución.
    b) En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade, nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou do seu cónxuxe ou parella. De se producir este suposto, o período coincidente non se terá en conta no cómputo do período subvencionable.

    Beneficiarios:

    a) Os homes que se acollan á redución de xornada segundo o establecido no artigo 5 desta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
    b) As familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea, nos termos indicados na alínea anterior, e que se acollan á redución de xornada segundo o establecido no artigo 5 desta resolución.
    Para efectos destas axudas, entenderase por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

    Requisitos:

    - Para poderen obter a condición de beneficiarias, deberán cumprir todas os requisitos, condicións e obrigas establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, ademais das exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; en particular as seguintes:
    a) Estar empadroadas en calquera concello da Comunidade Autónoma galega, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado.
    b) Convivir coa filla ou fillo durante o período subvencionado.
    c) No caso das familias non monoparentais, o cónxuxe ou parella deberá ser unha persoa traballadora por conta allea ou ben autónoma e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5 % do período subvencionado, sexa este continuado ou fraccionado.
    d) Ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2015.
    e) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.
    - En ningún caso poderán ser beneficiarios desta axuda os proxenitores privados da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a súa tutela ou garda foi asumida por unha institución pública.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 61 do 31 de marzo de 2016).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Resolución do 5 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa e da solicitude de pagamento, establecido na Resolución 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas ás asociacións de nais e pais de alumnas e alumnos (ANPAS) legalmente constituídas, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que teñan como fin contribuír á conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante o curso escolar 2015/16.

    O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


    A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

    Programas de actividades extraescolares subvencionables.

    1. Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como á concienciación contra a violencia de xénero. Co dito fin primarase na valoración das solicitudes a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade, fomentar a corresponsabilidade e o respecto mutuo, e a prevención da violencia de xénero.

    b) As actividades realizaranse nas dependencias do centro educativo e fóra do horario lectivo, de luns a venres durante o curso escolar 2015/2016 e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade, será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.

    c) A programación das actividades será en horario continuado desde a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.

    d) As actividades que formen parte do programa centrarase en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.

    e) Cada actividade dirixirase obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales, polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido, en particular, cando se trate de centros escolares situados en concellos rurais cualificados como zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP) ou cando se trate de centros de educación especial.

    Para estes efectos e para os demais previstos nesta resolución, só se terán en conta ás alumnas e alumnos participantes pertencentes a unidades familiares con ingresos non superiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o 2015, límite que se incrementa nun 15% máis cando se trate de familias monoparentais ou de familias numerosas.

    2. Os programas achegados deberán considerar expresamente de que xeito se van atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.

    3. Queda expresamente excluído desta convocatoria a prestación do servizo de comedor, así como calquera outro gasto en concepto de alimentos.

    4. Cada asociación de nais e pais só poderá presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria.

    5. Serán gastos subvencionables os derivados da execución do programa de actividades extraescolares obxecto de subvención, referidos a custos directos de persoal e outros custos directos e custos indirectos relacionados no artigo 6 desta resolución.

    Para a determinación do importe do gasto subvencionable aplicase o sistema de custo simplificado segundo baremo estándar consonte ao disposto no artigo 67.1.b) e 5.a) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. O método utilizado é o de custo unitario por hora de asistencia ás actividades extraescolares das nenas e nenos procedentes de unidades familiares que non superen o límite de ingresos establecido na letra e) do punto 1 do artigo 5 desta resolución.

    O custo unitario por hora de asistencia por alumna/o será de 1,10 ?, co limite de 144 días por actividade.

    6. A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta convocatoria é de 6.000 ?.

    O importe da axuda calcularase aplicando ao gasto subvencionable segundo o custo unitario por hora de asistencia por alumna ou alumno, a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 11 desta resolución, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

    De ser o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade das horas de asistenciaás actividades extraescolares ou o número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.

    En todo caso, non xerarán dereito ao cobramento e procederá a revogación da axuda cando non se acade o número mínimo esixido, segundo o establecido na letra e) do apartado 1 do artigo 6 desta Resolución.

    Gastos subvencionables.

    Serán gastos subvencionables os derivados da realización do programa de actividades extraescolares obxecto de subvención, correspondentes as seguintes categorías e conceptos:

    1. Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que polo tanto se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.

    a) Gastos directos de persoal: serán subvencionables ás retribucións correspondentes aos monitores que desenvolven ás actividades extraescolares, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e a cotización á seguridade social a cargo do empregador.

    b) Outros gastos directos: serán subvencionables a elaboración ou adquisición de material didáctico ou doutros materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade; e os gastos de seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas directamente da actividade subvencionada, en particular, seguro de accidentes e póliza de responsabilidade civil, se é o caso.

    2. Gastos indirectos: gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á operación subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento: gastos en bens consumibles e en material funxible.

    3. En todo caso, os programas de actividades extraescolares que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento UE 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

    4. Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

    Así mesmo, non terán a consideración de subvencionables aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos nos puntos 1 e 2 do artigo 6 desta Resolución.

    5. Para os efectos desta resolución, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles nos que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de profesionais, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

    Así mesmo, entenderase que non hai subcontratación total na súa execución sempre que a entidade beneficiaria reserve para si a organización, a xestión e o seguimento das actividades para os cales se solicita a subvención, circunstancia que deberá acreditarse cando o servizo se contrate cunha única empresa.

    Non obstante o anterior, cando de acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o importe de cada un dos gastos subvencionables supere os 9.000 ?, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número delas que as realicen ou subministren, ou que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPAS) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións.

    Requisitos

    a) Estar legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    b) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.

    Todos os requisitos e condicións esixidas deberán cumprirse na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA NA CORUÑA

    Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Coruña

    Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

    Praza Luis Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881255

    Fax: 981182352

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO

    Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Lugo

    Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

    Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294262

    Fax: 982889169

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN OURENSE

    Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense

    Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

    Avda. da Habana, 79

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386799

    Fax: 988386843

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO

    Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

    Rúa Concepción Arenal, 8-1

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817820

    Fax: 986817399

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE ....

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), ....

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 14/01/2015 - 20/02/2015.

    Comezará o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de febreiro de 2015.

    Prazo de resolución: Catro meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Con cada solicitude (Anexo I da orde) e obrigatoria a presentación da seguinte documentación, que será imprescindible para a súa valoración:
      • a) Solicitude que deberá presentarse no modelo anexo I, que inclúe as seguintes declaracións, compromisos e autorizacións:
        • Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas concedidas, solicitadas e/ou percibidas para as actuacións previstas nesta convocatoria, procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
        • Declaración de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
        • Declaración de que a entidade solicitante:
        • Declaración de que a entidade cumpre todos os requisitos para obter a condición de beneficiaria das axudas reguladas nesta resolución e polo tanto non está incursa en ningunha das circunstancias de prohibición ás que se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
        • Declaración de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ten pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
        • Declaración de estar de acordo coas actuacións de control e supervisión destas axudas que leve a cabo o Fondo Social Europeo, a unidade administradora do FSE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e do órgano concedente.
        • Declaración de facer uso non sexista da linguaxe en todas as súas formas de expresión e comunciación.
      • b) Fotocopia do NIF da entidade.
      • c) Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade debidamente dilixenciados, salvo que xa estea en poder da Secretaría Xeral da Igualdade, circunstancia que haberá que facer constar expresamente identificando o procedemento no que consta.
      • d) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.
      • e) Certificacións da/o secretaria/o da entidade solicitante, segundo modelo que se determina no anexo II.
      • f) Certificado da dirección do centro educativo que acredite a súa conformidade para o desenvolvemento das actividades nas instalacións do centro.
      • g) Memoria detallada do programa de actividades solicitado, que deberá vir asinada. Esta memoria recollerá expresamente como se integra o fomento da igualdade entre os xeneros masculino e feminino e como se atenden as necesidades de nenas e nenos con discapacidade, e fará referencia necesariamente aos seguintes aspectos:
        • Obxectivos perseguidos polo programa e xustificación da súa incidencia na conciliación da vida familiar e laboral.
        • Datas de inicio e fin da programación.
        • Descrición de cada unha das actividades propostas: contidos, metodoloxía, medios materiais e persoais precisos, duración, resultados previstos e persoas responsables da súa execución:
        • Se e o caso, a descrición de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade e a prevención da violencia de xenero.
      • h) Orzamento estimado de gastos para cada unha das actividades propostas (anexo III).
      • i) Calendario semanal de realización das actividades (anexo IV).
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es,

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPAS) legalmente constituídas, dos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que teñan como fin contribuír á conciliación da vida familiar e laboral no curso escolar 2014/15.
    Programas e gastos subvencionables
    Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:
    a) Que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como á concienciación contra a violencia de xénero. Co dito fin primarase na valoración das solicitudes a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
    b) Que a programación das actividades se leve a cabo nas dependencias do centro e fóra do horario lectivo, de luns a venres no curso escolar, e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade, será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.
    c) Que a programación das actividades sexa en horario continuado desde a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.
    d) Que as actividades que formen parte do programa se centren en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.
    e) Que cada actividade se dirixa obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales, polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido.
    Os programas achegados deberán considerar expresamente de que xeito se van atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.
    Queda expresamente excluído desta convocatoria a prestación do servizo de comedor, así como calquera outro gasto en concepto de alimentos.
    Gastos subvencionables.
    Terán a consideración de subvencionables os gastos ocasionados polo desenvolvemento dos programas de actividades extraescolares que a seguir se relacionan, tendo en conta o establecido nas normas sobre elixibilidade aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e en especial o artigo 11 do Regulamento 1081/2006, do Parlamento e do Consello do 5 de xullo, relativa ao Fondo Social Europeo:
    a) Gastos do persoal necesario para a execución das accións: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, segundo a contía establecida na normativa aplicable por xornada real de traballo para os correspondentes grupos profesionais nos seus respectivos convenios colectivos.
    b) Gastos de seguros de accidentes e pólizas de responsabilidade civil, se é o caso.
    c) Gastos de materiais funxibles necesarios para o desenvolvemento das accións.
    Os gastos anteriormente mencionados deberán cumprir os seguintes requisitos: ser un gasto directo da acción, adecuado aos obxectivos, que exista constancia documental sobre a súa realización de forma verificable, que se acredite mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (ex.: nóminas, boletíns de cotización á Seguridade Social), que se realice no primeiro semestre de 2015 e que sexa efectivamente pagado pola entidade beneficiaria dentro do período de referencia establecido no punto 6 deste artigo.
    No caso de que o orzamento presentado pola entidade solicitante incluíse conceptos considerados como non subvencionables de acordo co previsto neste artigo, estes non serán tidos en conta no orzamento de gastos elixibles para efectos de determinar o importe da subvención.
    O período de referencia para a realización do pagamento dos gastos xerados polo desenvolvemento das actuacións terá como data límite o 8 de xullo de 2015.

    Beneficiarios:

    As asociacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Requisitos:

    As entidades solicitantes deberán cumprir, en todo caso, ademais dos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 respectivamente da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seguintes:
    a) Manter un sistema de contabilidade separada ou cunha codificación adecuada que permita identificar todas as transaccións realizadas relativas ao proxecto subvencionado e conservar os documentos xustificativos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, ou ben durante un período de tres anos a partir do ano en que tivese lugar o peche parcial deste, de acordo co disposto no artigo 90 do Regulamento (CE) 1083/2006.
    b) Facilitarlle ao persoal designado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para a verificación do cumprimento do disposto nestas bases, o acceso ás instalacións onde se leven a cabo as accións subvencionadas e a toda a documentación de carácter técnico, administrativo ou contable que teña relación coa subvención concedida. No caso de estar permitida a subcontratación de acordo co establecido no artigo 15, as/os subcontratistas están obrigadas/os a facilitaren ao persoal de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas.
    c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2014/ (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 11/05/2016 - 10/06/2016.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A solicitude da subvención deberá presentarse no modelo que figura como anexo I desta resolución, debidamente cuberto e asinado pola persoa que ten a representación da entidade solicitante, xunto coa seguinte documentación:
      • a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade.
      • b) Copia do DNI/NIE da persoa representante da entidade, no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      • c) Copia do NIF da entidade solicitante no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      • d) Memoria da entidade (anexo II) que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.
      • e) Memoria descritiva de actuacións (anexo III) que deberá conter como mínimo as epígrafes sinaladas neste anexo.
      • f) Certificación emitida polo órgano responsable da entidade, na cal figure o compromiso de asignar os medios materiais e humanos necesarios para garantir o axeitado desenvolvemento das actuacións previstas no artigo 7 desta resolución e de acordo co indicado no anexo III (memoria descritiva das actuacións que se van desenvolver).
      • g) Acreditación documental suficiente e detallada da experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de programas de inserción laboral con con mulleres vítimas da violencia de xenero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 16.1.1º, de ser o caso.
      • h) Documentación acreditativa do compromiso de contratación a que se refire o artigo 16.1.2º, asinada pola empresa ou empresas correspondentes, de ser o caso.
      • i) Documentación acreditativa do compromiso de prácticas non laborais a que se refire o artigo 16.1.3º, asinada pola empresa ou empresas correspondentes, de ser o caso.
      • j) Acreditación documental suficiente de que a entidade solicitante e promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de ser o caso.
      • k) Certificación emitida polo órgano responsable da entidade na cal figuren os obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral, segundo o previsto no artigo 16.1.7º, de ser o caso.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da entidade solicitante de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, deberá mencionarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido na documentación complementaria para cada procedemento.
      Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se se desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizarse de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. Neste caso deberá mencionarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL PARA O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

    SERVIZO DE PREVENCIÓN E ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS
    San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957699Fax: 981957690
    Email: vx.igualdade@xunta.es
    Información web: http://www.mulleresengalicia.es

    Versión en formato PDF

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para os anos 2016 e 2017, subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.
    O procedemento para a concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 1 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Beneficiarios:

    As entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución.
    Persoas destinatarias finais.
    As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta resolución serán as mulleres vítimas de violencia de xénero, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.
    Para os efectos desta resolución, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas que tivesen cesado a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 de Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:
    a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
    b) Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
    c) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
    d) Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
    e) Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
    Os documentos acreditativos da situación de violencia arriba indicados deben estar adoptados ou emitidos no intervalo temporal que comprende os dezaoito (18) meses inmediatamente anteriores á data de incorporación ao programa de inserción laboral regulado nesta resolución. En todo caso, terán preferencia para incorporación ao programa, as mulleres con orde de protección e/ou medidas cautelares vixentes no momento de incorporación ao programa. Para estes efectos, a Secretaría Xeral da Igualdade poderá realizar as comprobacións oportunas segundo os mecanismos que se determine.

    Requisitos:

    a) Carecer de ánimo de lucro.
    b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
    c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
    d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.
    Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas subvencionados.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (DOG nº 88 do 10 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para os anos 2019 e 2020 subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta, en moitas ocasións, a ruptura da situación de violencia.

    2. O procedemento para a concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    3. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Podrán ser destinatarias de las subvenciones para el desarrollo de las actuaciones reguladas en esta convocatoria las entidades sin ánimo de lucro que cumplan las obligaciones y requisitos exigidos en esta resolución y, de manera particular, deben cumplir los siguientes requisitos:

    Requisitos

    Carecer de ánimo de lucro.

    Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

    Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

    Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.

    Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas subvencionados.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL PARA O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

    SERVIZO DE PREVENCIÓN E ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957699

    Fax: 981957690

    Email: vx.igualdade@xunta.es

    http://www.mulleresengalicia.es

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 3 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 3 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Positivo

    Versión en formato PDF

    • Proxecto-memoria explicativa da medida municipal de conciliación de promoción autonómica que se vaia implantar ou xa implantada, con especificación dos fins, programas, período de actividades, medios técnicos e financeiros, número de persoas participantes e/ou beneficiarias da devandita medida.
    • Relación detallada do persoal, con indicación da dedicación horaria, perfil profesional, formación en materia de xénero e igualdade e adscrición de funcións, con referencia expresa da persoa responsable do desenvolvemento da medida municipal de conciliación.
    • - A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
      - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

    San Lazaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545351Fax: 981957690
    Email: promocion.igualdade@xunta.es
    Información web: http://www.mulleresengalicia.es

    Versión en formato PDF

    O obxecto deste decreto, sen prexuízo de calquera outra medida que poida ser adoptada polos diferentes departamentos da Administración autonómica no ámbito da súa competencia, o desenvolvemento regulamentario da promoción autonómica das medidas adoptadas polos concellos coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, co obxectivo final de acadar a corresponsabilidade entre mulleres e homes.
    A promoción autonómica de medidas municipais de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, dentro do ámbito de desenvolvemento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, comprenderá:
    a) Os bancos municipais de tempo, os plans de programación do tempo da cidade, e/ou a implantación de calquera outra medida de conciliación, e os plans de conciliación local.
    b) O asesoramento autonómico para a elaboración e para a aplicación de medidas municipais de conciliación.
    As medidas municipais de conciliación que cumpran os requisitos establecidos neste decreto, e unha vez rexistradas, poderán ser susceptibles de acceder aos seguintes tipos de axudas que establecerá o departamento competente en materia de traballo:
    a) Subvencións aos bancos de tempo para contratación de persoal xestor, adquisición e mantemento dos activos mobiliarios, coordinación e cooperación.
    b) Contratación de persoal para facilitar o descanso dous días ao mes a persoas con dependentes baixo o seu coidado, entendendo a dependencia segundo o recollido na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia.
    c) Subvencións aos plans de programación do tempo da cidade para cubrir custos sociais do persoal propio, compensación da persoa responsable do plan, gastos das convocatorias da mesa de concertación e fondo de manobra para axudas directas aos suxeitos privados que asumisen compromisos sobre horarios da cidade.
    d) Subvencións a outras actuacións que, segundo o establecido neste decreto, poidan ter a consideración de medidas municipais de conciliación.

    Beneficiarios:

    Poderán ser beneficiarias os concellos, individualmente ou asociados entre eles, con independencia de que a xestión das medidas se realice por si mesmas ou a través doutras entidades públicas ou privadas dependentes ou vinculadas a eles, sempre que estas últimas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución das correspondentes medidas municipais de conciliación.
    No caso de que a xestión das medidas se realice a través doutras entidades privadas dependentes ou vinculadas a eles, terán preferencia os concellos que conten coa colaboración de entidades sen ánimo de lucro que radiquen no seu ámbito de desenvolvemento.

    Requisitos:

    Os concellos desenvolverán as medidas municipais de conciliación de promoción autonómica, dentro do seu ámbito territorial e na súa área de influencia, cumprindo cos requisitos que a continuación se relacionan:
    a) A designación e, de ser o caso, a contratación do persoal de xestión das medidas que se vaian adoptar.
    b) A identificación do equipo xestor/coordinador, detallándose a fórmula organizativa.
    c) A presentación dun estudo das características do barrio, municipio ou mancomunidade, explicitando os servizos cos que conta, as demandas que se esperan, o tecido asociativo da zona, e cantos outros datos se consideren de interese para efectos da articulación de medidas municipais de conciliación.
    d) Compromiso de dispor dun local coa dotación necesaria e os medios adecuados, incluíndo a identificación e situación do local e a súa dotación.
    e) Orzamento e compromiso de financiamento dos gastos necesarios.
    f) Presentación, de ser o caso, de compromiso de colaboración e cooperación nos termos que acorden asociacións, empresas ou entidades.
    g) Relación de actividades que se desenvolverán, enumerándose o tipo de actividades obxecto de intercambio ou ás que se dará resposta desde a medida municipal de conciliación.
    h) Presentación dunha memoria de necesidades e unha proposta dos medios que destinarán o concello ou concellos solicitantes.
    i) Identificación da forma de contratación e os perfís profesionais, no suposto de que as medidas de conciliación as pretendan levar a cabo o concello ou concellos a través da contratación de persoas externas ao concello ou concellos.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132, do 14 de xullo de 2014).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa validación e funcionamento, nos termos establecidos na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia (DOG nº 167 do 29 de agosto de 2008).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    O obxecto desta disposición é crear o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e regular o procedemento de inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades de formación determinados no artigo 9 do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, no antedito rexistro, para os efectos de impartir a formación de oferta establecida no dito real decreto e na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

    A quen vai dirixido?

    Centros e entidades de formación.

    Requisitos

    Son obrigacións dos centros e entidades de formación:

    a) Manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

    b) Colaborar nos procesos para a selección de alumnos/as e para a súa inserción no mercado de traballo, na forma que determine a administración laboral competente.

    c) Non percibir cantidade ningunha dos alumnos incluídos nas programacións do subsistema de formación profesional para o emprego, regulado no Real decreto 395/2007, do 23 de marzo.

    d) Facer constar na súa publicidade estática e dinámica a súa condición de centro ou entidade de formación inscrita ou acreditada. Igualmente, farase constar o cofinanciamento, se o houber, polo Fondo Social Europeo.


    e) Solicitar autorización expresa da Dirección Xeral de Formación e Colocación para manter a inscrición e, se é o caso, acreditación como centro ou entidade de formación, cando se produza un cambio de titularidade ou de forma xurídica do centro. Esta solicitude debe ir acompañada da seguinte documentación:

    ?Subrogación de dereitos e obrigas do novo titular

    ?Documento que acredite a venda, arrendamento ou dereito de uso do antigo titular en favor do novo.

    A Dirección Xeral de Formación e Colocación emitirá resolución, logo do informe dos técnicos das xefaturas territoriais, en que se faga constar que se manteñen as instalacións, medios humanos e materiais que deron lugar á inscrición ou acreditación.

    f) Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación autorización expresa para manter a inscrición e, se é o caso, acreditación como centro ou entidade de formación, cando se produza un cambio de enderezo das instalacións, presentando a documentación relacionada no artigo 6.2, para os efectos de verificar que as novas instalacións cumpren os requisitos establecidos.

    A resolución das solicitudes mencionadas nas alíneas e) e f) do núemro anterior efectuaranse de acordo co establecido no artigo 6.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881597

    Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294257

    Fax: 982294282

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º

    36201 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386828

    Fax: 988386829

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817681 / 986817065

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 110 de 9 de xuño de 2011).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, correspondentes ao exercicio de 2015, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais.

    A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

    As accións formativas pódense solicitar polas seguintes vías de programación:
    - Vía de programación de convenios de colaboración vinculados a programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional e que se consideren de interese social. Neste suposto as entidades deberán solicitar a inscrición ou acreditación provisional segundo o artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, cando proceda

    A quen vai dirixido?

    Administracións locais e outras institucións públicas ou entidades sen ánimo de lucro que teñan entre o seus fins a formación ou inserción profesional dos colectivos de traballadores a que se dirixen estes programas.

    Requisitos

    No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545640

    Fax: 981544604

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881572

    Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294887

    Fax: 982294282

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386103

    Fax: 988386829

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817685 / 986817632

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 30 decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Orde do 27 de maio de 2015 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas (DOG nº 102 do 2 de xuño de 2015).

    Ligazón á normativa

    Orde do 4 de agosto de 2015 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao exercicio 2015, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2014 (DOG nº 151 do 11 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período 2019-2021, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do seguinte programa:

    Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).

    As bases reguladoras son as que constan na Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación.

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

    No caso das agrupacións temporais de empresa que presenten solicitude conxunta, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que como mínimo deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

    Calquera modificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para a súa autorización. Os ditos cambios non poderán en ningún caso minorar o compromiso de contratación adquirido pola agrupación.

    2. De conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, poderán ser beneficiarias as empresas que sexan entidades de formación acreditadas e/ou inscritas, pola administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia, caso en que poderán asumir o compromiso de contratación mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral. Nestes supostos, será a entidade de formación beneficiaria a que asuma a responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación.

    3. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

    4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

    A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén como anexo de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

    .

    Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas (artigo 12):

    a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos, tal e como establece o artigo 11.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    c) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

    d) Dispor de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común en todos eles á formación para o emprego.

    e) Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados ao abeiro desta orde de convocatoria, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión. Así, xunto coa documentación xustificativa, a entidade beneficiaria deberá achegar os documentos bancarios onde aparezan claramente identificados os ingresos da subvención percibida no sistema da entidade beneficiaria, agás o da liquidación final que se remitirá no momento da súa recepción.

    f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos por un prazo de 5 anos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    h) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

    Ademaís deberase ter en conta as obrigas de caracter xeral das entidades beneficiarias as establecidas no artigo 24 desta Orde.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    --Só poderán acudir a este procedemento aquelas empresas e entidades que cumpran os requisitos do artigo 4 desta orde e o resto da normativa aplicable, en concreto a normativa de subvencións e a que regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

    - Ademais da acreditación dos requisitos formais exixidos para o compromiso de contratación inmediata nesta orde e no resto da normativa aplicable, o órgano competente da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá facer as indagacións e comprobacións necesarias e solicitar da entidade solicitante ou dos organismos públicos competentes a documentación que considere adecuada para garantir a viabilidade da acción formativa, en concreto o grao de cumprimento de contratación e mantemento do emprego en proxectos formativos impartidos anteriormente, de ser o caso, balances da empresa e documentación da Seguridade Social.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545640 / 981545644

    Fax: 981544604

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X) (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.