SI449A - Axudas a asociacións de nais e pais do alumnado para a realización de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal e familiar.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas ás asociacións de nais e pais de alumnas e alumnos (ANPAS) legalmente constituídas, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que teñan como fin contribuír á conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante o curso escolar 2015/16.

O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Programas de actividades extraescolares subvencionables.

1. Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como á concienciación contra a violencia de xénero. Co dito fin primarase na valoración das solicitudes a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade, fomentar a corresponsabilidade e o respecto mutuo, e a prevención da violencia de xénero.

b) As actividades realizaranse nas dependencias do centro educativo e fóra do horario lectivo, de luns a venres durante o curso escolar 2015/2016 e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade, será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.

c) A programación das actividades será en horario continuado desde a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.

d) As actividades que formen parte do programa centrarase en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.

e) Cada actividade dirixirase obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales, polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido, en particular, cando se trate de centros escolares situados en concellos rurais cualificados como zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP) ou cando se trate de centros de educación especial.

Para estes efectos e para os demais previstos nesta resolución, só se terán en conta ás alumnas e alumnos participantes pertencentes a unidades familiares con ingresos non superiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o 2015, límite que se incrementa nun 15% máis cando se trate de familias monoparentais ou de familias numerosas.

2. Os programas achegados deberán considerar expresamente de que xeito se van atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.

3. Queda expresamente excluído desta convocatoria a prestación do servizo de comedor, así como calquera outro gasto en concepto de alimentos.

4. Cada asociación de nais e pais só poderá presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria.

5. Serán gastos subvencionables os derivados da execución do programa de actividades extraescolares obxecto de subvención, referidos a custos directos de persoal e outros custos directos e custos indirectos relacionados no artigo 6 desta resolución.

Para a determinación do importe do gasto subvencionable aplicase o sistema de custo simplificado segundo baremo estándar consonte ao disposto no artigo 67.1.b) e 5.a) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. O método utilizado é o de custo unitario por hora de asistencia ás actividades extraescolares das nenas e nenos procedentes de unidades familiares que non superen o límite de ingresos establecido na letra e) do punto 1 do artigo 5 desta resolución.

O custo unitario por hora de asistencia por alumna/o será de 1,10 ?, co limite de 144 días por actividade.

6. A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta convocatoria é de 6.000 ?.

O importe da axuda calcularase aplicando ao gasto subvencionable segundo o custo unitario por hora de asistencia por alumna ou alumno, a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 11 desta resolución, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

De ser o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade das horas de asistenciaás actividades extraescolares ou o número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.

En todo caso, non xerarán dereito ao cobramento e procederá a revogación da axuda cando non se acade o número mínimo esixido, segundo o establecido na letra e) do apartado 1 do artigo 6 desta Resolución.

Gastos subvencionables.

Serán gastos subvencionables os derivados da realización do programa de actividades extraescolares obxecto de subvención, correspondentes as seguintes categorías e conceptos:

1. Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que polo tanto se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.

a) Gastos directos de persoal: serán subvencionables ás retribucións correspondentes aos monitores que desenvolven ás actividades extraescolares, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e a cotización á seguridade social a cargo do empregador.

b) Outros gastos directos: serán subvencionables a elaboración ou adquisición de material didáctico ou doutros materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade; e os gastos de seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas directamente da actividade subvencionada, en particular, seguro de accidentes e póliza de responsabilidade civil, se é o caso.

2. Gastos indirectos: gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á operación subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento: gastos en bens consumibles e en material funxible.

3. En todo caso, os programas de actividades extraescolares que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento UE 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

4. Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

Así mesmo, non terán a consideración de subvencionables aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos nos puntos 1 e 2 do artigo 6 desta Resolución.

5. Para os efectos desta resolución, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles nos que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de profesionais, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

Así mesmo, entenderase que non hai subcontratación total na súa execución sempre que a entidade beneficiaria reserve para si a organización, a xestión e o seguimento das actividades para os cales se solicita a subvención, circunstancia que deberá acreditarse cando o servizo se contrate cunha única empresa.

Non obstante o anterior, cando de acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o importe de cada un dos gastos subvencionables supere os 9.000 ?, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número delas que as realicen ou subministren, ou que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPAS) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións.

Requisitos

a) Estar legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.

Todos os requisitos e condicións esixidas deberán cumprirse na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

A onde acudir

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA NA CORUÑA

Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 881881255

Fax: 981182352

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO

Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294262

Fax: 982889169

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN OURENSE

Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, 79

32004 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386799

Fax: 988386843

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8-1

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817820

Fax: 986817399

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE ....

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), ....

Ligazón á normativa

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.