SI437B - Premio Comunicar en Igualdade.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 01/08/2015 - 31/10/2015.

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de outubro de 2015 segundo a Resolución de 22 de setembro de 2015 (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Unha vez publicada a convocatoria, as persoas interesadas deberán presentar a solicitude (anexo I) de participación xunto coa seguinte documentación:
    • Breve currículo da persoa candidata, xunto cunha memoria explicativa que resuma e explique o traballo que se presenta. No caso de xornalismo impreso, o dito traballo deberá presentarse en soporte papel e CD. Para o caso de xornalismo audiovisual (radio ou televisión) achegarase unha copia en CD/DVD. No caso de xornalismo gráfico poderá presentarse unha serie, cun máximo de cinco fotografías, indicando a súa orde, en soporte CD, formato JPG de alta resolución, mínimo 300 dpi. Para os traballos dixitais indicarase a URL onde está publicado o traballo e en caso de non estar dispoñible a traves da rede presentarase un documento PDF en soporte CD.
      Ademais, de ser o caso, deben incluírse os datos da publicación (medio de comunicación e data de aparición).
    • Documentación xustificativa dos valores e meritos alegados.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación que debe acompañar á solicitude poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • Poderase requirir das persoas interesadas aquela información e documentación complementaria que poida resultar relevante para a avaliación dos meritos alegados.
    A documentación complementaria poderá presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN TÉCNICO-ADMINISTRATIVA

SERVIZO DE APOIO TÉCNICO-ADMINISTRATIVO
San lázaro, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545362
Email: igualdade@xunta.es
Información web: http://www.mulleresengalicia.es

Versión en formato PDF

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do I Concurso Comunicar en Igualdade. Así mesmo, por medio desta resolución convócase o dito concurso para o ano 2015.
Os premios do I Concurso Comunicar en Igualdade teñen como finalidade recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que contribuísen á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.
Trátase de premiar as boas prácticas xornalísticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero.
O I Concurso Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.
Premio para profesionais do xornalismo.
1. Nesta categoría outorgarase un premio ao mellor traballo informativo ou serie de pezas publicadas, individual ou colectivamente, baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre o fenómeno da violencia de xénero.
2. Os traballos, orixinais e en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e deberán ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego.
3. O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (2.000 ?). Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.
Premio para alumnado universitario.
1. Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
2. O premio outorgarase ao mellor traballo baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e aínda que non é condición indispensable que os orixinais fosen publicados previamente, o xurado valorará esta circunstancia.
3. O premio terá unha dotación económica de mil euros (1.000 ?). Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.

Beneficiarios:

- Xornalistas.
- Alumna ou alumno con matrícula nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
Obrigas das persoas beneficiarias, compatibilidade e reintegro.
1. Os beneficiarios e beneficiarias quedan obrigados a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectúe a Secretaría Xeral da Igualdade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.
2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos correspondentes xuros de mora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Requisitos:

Non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 10 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 27 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2015).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 27 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2015).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 22 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para participar no I Concurso Comunicar en Igualdade (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.