SI440A - Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á reducción da súa xornada de traballo.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 01/04/2016 - 30/04/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • a) Anexo I. Solicitude debidamente cuberta e asinada pola persoa solicitante na cal, entre outras cuestións, deberán constar de maneira expresa as declaracións relativas ao seguinte: a persoa solicitante, durante o período desta solicitude, conviviu coa filla ou fillo por quen solicita a subvención; o período de redución de xornada para o cal solicita a axuda non coincide co permiso por maternidade, nin con ningún outro permiso, licenza ou excedencia para o mesmo fin do cónxuxe ou parella; de ser o caso, as datas do desfrute do permiso por maternidade entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, da persoa solicitante ou da súa cónxuxe ou parella, relativo á filla ou fillo por quen se solicita a axuda, o que se deberá acreditar mediante certificación do Instituto Nacional da Seguridade Social ou certificación acreditativa equivalente no caso doutro sistema de previsión social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.); a declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas concedidas e/ou solicitadas para a mesma finalidade, procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, así como de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • b) Anexo II. Declaración responsable para o caso de proxenitores solteiros cun/cunha fillo/a recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que exista convivencia entre pai e nai durante o período obxecto da axuda.
  • c) Anexo III. Certificación da empresa ou, se é o caso, da Administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada.
    No suposto de que durante o período de redución de xornada polo cal se solicita a axuda se produce un aumento ou diminución da porcentaxe inicial de redución da xornada de traballo, deberase cubrir un anexo III por cada unha das variacións producidas respecto deste punto. Igualmente, se a redución de xornada non se desfruta de modo ininterrompido, cubrirase un anexo III por cada un dos períodos nos cales se estivo nesta situación.
  • d) Copia da declaración do IRPF do exercicio 2014 ou certificación dos ingresos percibidos nesa anualidade emitida pola AEAT ou, no caso de estar exenta, certificación acreditativa desta circunstancia emitida pola AEAT para o caso de que denegase expresamente a súa consulta para a obtención telemática da Axencia Estatal da Administración Tributaria dos datos relativos aos ingresos do último período impositivo con prazo de presentación vencido (exercicio 2014).
  • e) Fotocopia compulsada do DNI ou NIE da persoa solicitante, para o caso de que non outorgue autorización para consultar os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
  • f) Certificación de empadroamento na cal se acredite a data de empadroamento da persoa solicitante dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado, para o caso de que non outorgue autorización para consultar os datos de residencia no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
  • g) Certificado de vida laboral, emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, relativo á persoa solicitante da axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.), certificación acreditativa equivalente.
  • h) De ser o caso, certificación de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.), certificación acreditativa equivalente.
  • i) Documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC, facilitado pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada por garda legal durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Muxexu, etc.), certificación en que se acredite a referida situación.
  • j) Fotocopia compulsada do libro de familia.
  • k) Fotocopia compulsada da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
  • l) Nos supostos de adopción, fotocopia compulsada da resolución xudicial pola cal se constitúa a adopción.
  • ll) No caso de acollemento familiar, copia compulsada da resolución administrativa ou xudicial de acollemento. Non será necesario presentar a resolución administrativa no caso de que fose expedida pola Xunta de Galicia no desenvolvemento das súas competencias e a persoa solicitante dea autorización expresa para a súa comprobación por parte da unidade tramitadora.
  • m) No suposto de fillos/as afectados/as por unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, certificación acreditativa de tal condición. Non será necesario presentar esta documentación no caso de que fose expedida pola Xunta de Galicia no desenvolvemento das súas competencias e a persoa solicitante dea autorización expresa para a súa comprobación por parte da unidade tramitadora.
  • As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    As copias dos documentos tamén gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a entidade solicitante de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E PROGRAMACIÓN
San Lázaro, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 881999163Fax: 981957690
Email: promoción.igualdade@xunta.es
Información web: http://www.igualdade@xunta.es

Versión en formato PDF

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas segundo o establecido no artigo 5 desta resolución.
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Accións subvencionables.
1. As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos neste artigo, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
2. O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive. Para ter dereito á axuda, deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.
Para a determinación do período subvencionable, para os efectos desta axuda, terase en conta o seguinte:
a) Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, co límite máximo de oito (8) meses, sempre e cando un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto dos períodos acumulables sexan inferiores a 60 días. No caso de familias non monoparentais, para o cómputo do período total subvencionable terase en conta o disposto na letra c) do artigo 4.2 desta resolución.
b) En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade, nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou do seu cónxuxe ou parella. De se producir este suposto, o período coincidente non se terá en conta no cómputo do período subvencionable.

Beneficiarios:

a) Os homes que se acollan á redución de xornada segundo o establecido no artigo 5 desta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
b) As familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea, nos termos indicados na alínea anterior, e que se acollan á redución de xornada segundo o establecido no artigo 5 desta resolución.
Para efectos destas axudas, entenderase por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

Requisitos:

- Para poderen obter a condición de beneficiarias, deberán cumprir todas os requisitos, condicións e obrigas establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, ademais das exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; en particular as seguintes:
a) Estar empadroadas en calquera concello da Comunidade Autónoma galega, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado.
b) Convivir coa filla ou fillo durante o período subvencionado.
c) No caso das familias non monoparentais, o cónxuxe ou parella deberá ser unha persoa traballadora por conta allea ou ben autónoma e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5 % do período subvencionado, sexa este continuado ou fraccionado.
d) Ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2015.
e) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.
- En ningún caso poderán ser beneficiarios desta axuda os proxenitores privados da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a súa tutela ou garda foi asumida por unha institución pública.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 61 do 31 de marzo de 2016).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Resolución do 5 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa e da solicitude de pagamento, establecido na Resolución 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.