Xunta de Galicia

  • Obxecto

    1. As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

    2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

    Obrigas da persoa beneficiaria.

    Son obrigas da persoa beneficiaria as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, en concreto as que se relacionan a seguir:

    a) Realizar a actividade nas condicións que fundamentaron a concesión da axuda.

    b) Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo órgano concedente, así como calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles fose requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    c) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Esta axuda é compatible con outras axudas ou axudas para a mesma finalidade, sempre e cando o importe total das axudas ou axudas concedidas non supere o custo total da actividade.

    d) Poñer á disposición do IGCC calquera información ou documentación que se lle solicite, especialmente a destinada a comprobar os datos facilitados polas organizacións para a obtención de axudas.

    e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuación de comprobación e control.

    f) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    g) Para as axudas indicadas nestas bases as asociacións deberán exhibir, nos lugares de celebración das actividades, o patrocinio destas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro das actividades do programa específico do Instituto Galego do Consumo e da Competencia «Dálle luz á túa factura».

    h) Dar cumprimento á normativa de protección de datos persoais, en concreto ao disposto no Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas en que respecta ao tratamento de datos persoais (Regulamento xeral de protección de datos) e demais normativa concordante. Os datos persoais das persoas usuarias participantes nas actuacións subvencionadas trataraos a Xunta de Galicia-Instituto Galego do Consumo e da Competencia na súa condición de responsable, coa finalidade de xestionar o adecuado desenvolvemento desta resolución e poderán ser comunicados ás administracións públicas competentes cando sexa necesario para a tramitación do procedemento. A base lexitimadora do tratamento é a realización dunha misión de interese público e o consentimento das persoas interesadas, que poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Contacto delegado de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais CVE-DOG: tokkuho1-tow1-nbn3-gbs5-jizkwzm1znx8 DOG núm. 135 luns, do 16 de xullo de 2018 páx. 33600 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia. As entidades beneficiarias da subvención serán responsables de informar de maneira fidedigna os destinatarios finais do tratamento que levarán a cabo sobre os seus datos, conforme o especificado no artigo 13 do Regulamento xeral de protección de datos, así como dos aspectos incluídos no parágrafo anterior, para o cal deberá solicitar o seu consentimento explícito. Así mesmo, as entidades beneficiarias serán responsables de custodiar a documentación que acredite o cumprimento destas obrigas.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas asociacións que, incumprindo manifestamente as súas obrigas legais, non colaborasen ou non facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

    - Para que as asociacións poidan beneficiarse destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    - Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545545 / 981545416

    Fax: 981544598

    Email: cooperacion.igc@xunta.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 2 de outubro de 2018 pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2018, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica (DOG nº 199 do 18 de outubro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 2 de outubro de 2018 pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2018, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica (DOG nº 199 do 18 de outubro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 29 de outubro de 2018 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2018, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2018, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica (DOG nº 210 do 5 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    A presente resolución ten por obxecto convocar un concurso de carteis que teñan como tema os dereitos das persoas consumidoras usando como vehículo a creación artística plástica.

    Características dos carteis.

    Para poder participar no concurso cada alumno ou alumna deberá presentar un cartel relativo aos dereitos das persoas consumidoras e usuarias.

    Os carteis que concursen en cada un dos distintos niveis de participación deben ter as seguintes características:
    - Presentarán unhas dimensións máximas de 50×70 centímetros. A técnica empregada será libre. No reverso do cartel consignaranse, en letras maiúsculas, para unha correcta identificación, os datos dos autores: nome, apelidos, idade, curso, título do cartel e enderezo e teléfono do centro escolar en que estean matriculados.

    - Deberán ser orixinais, non comercializados e non premiados con anterioridade.
    - No caso de incluír texto, estará redactado en calquera dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.
    - Non poderán incluír publicidade de empresas, produtos ou servizos comerciais.
    - Eliminaranse os estereotipos sexistas e/ou discriminatorios e fomentarase o igual valor de homes e mulleres.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    O alumnado dos centros escolares públicos, privados e concertados de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional de grao medio e de ensinanzas de réxime especial incluídos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Establécense os seguintes niveis de participación:
    a) Alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
    b) Alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
    c) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
    d) Alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
    e) Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.
    f) Alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de ensinanzas especiais.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Escola Galega de Consumo

    Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo

    15707

    Teléfono: 881999093 / 881999091

    Fax: 981544599

    Email: igc.escuela@xunta.es

    http://consumo.xunta.gal

    Órgano responsable

    Escola Galega de Consumo

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución conxunta do 7 de marzo de 2016, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca o concurso de carteis do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia (DOG nº 51 do 15 de marzo de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 05/07/2016 - 30/09/2016.

    Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro de 2016.

    Prazo de resolución: Cinco mesese

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Cada centro docente poderá presentar un único proxecto por cada unha das categorías de participación sinaladas a continuación. Non se establece un número mínimo de alumnos/as para cada categoría de participación.
    • Os proxectos que se presenten irán acompañados da seguinte documentación:
      • a) Solicitude asinada pola dirección do centro conforme o modelo que figura como anexo I desta resolución.
      • b) Memoria descritiva do traballo desenvolvido. Estará elaborada en galego. Terá unha extensión máxima de 5 páxinas; contará, de xeito resumido, o traballo realizado para a elaboración do proxecto e estruturarase do seguinte xeito:
        • Portada, que debe indicar o título do proxecto e a temática de traballo escollida.
        • Índice.
        • Corpo da memoria, que debe explicar de forma resumida as seguintes cuestións relativas ao desenvolvemento do proxecto:
          - Os obxectivos iniciais marcados e o nivel de cumprimento.
          - As distintas fases do proxecto.
          - As conclusións obtidas coa realización do proxecto.
          - Os materiais e os produtos creados no proxecto.
          - O grao de participación dos axentes implicados na realización do proxecto (profesorado, alumnado, familias, resto da comunidade educativa).
        • Anexo bibliográfico, fotográfico e virtual (coas ligazóns ás páxinas en que se poida visualizar o traballo desenvolvido, se e o caso).
      • c) Documentación, en formato físico ou dixital, que permita visualizar os produtos elaborados.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
      https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
      (https://sede.xunta.es/chave365).
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
      Na sede electrónica están publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Escola Galega de Consumo

    Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo
    15707Teléfono: 881999091 / 881999093Fax: 881999089
    Email: igc.escuela@xunta.gal
    Información web: http://consumo.xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Establécense tres categorías de participación:
    - Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
    - Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
    - Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de educación de persoas adultas.

    Beneficiarios:

    Os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2015/16 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego de Consumo.

    Requisitos:

    1. Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre unha ou varias das seguintes temáticas de consumo responsable que mellor se adapte ás súas necesidades.
    a) Consumo e xénero:
    - Xoguetes, xénero e publicidade.
    - Impacto das relacións de xénero no consumo.
    - Consumo e xénero: onte, hoxe e mañá.
    b) Linguaxe publicitaria:
    - Publicidade na miña contorna.
    - Publicidade dirixida á adolescencia.
    - Publicidade: onte, hoxe e mañá.
    c) Comercio electrónico:
    - Hábitos de consumo de comercio electrónico.
    - Seguridade no comercio electrónico.
    - Comercio electrónico: onte, hoxe e mañá.
    d) Servizos financeiros:
    - Tipoloxía dos servizos financeiros: captación e investimento.
    - Identificación de servizos inseguros: créditos rápidos e cláusulas abusivas.
    - Servizos financeiros: onte, hoxe e mañá.
    2. O proxecto deberá incluír un título directamente relacionado coa temática seleccionada.
    3. O proxecto deberá concretar o proceso de aprendizaxe na elaboración dun produto final que permita expor o coñecemento adquirido e o traballo realizado. Terá formato libre e formalizarase a través de calquera tipo de soporte (textual, audiovisual, informático, virtual, gráfico, campaña de concienciación...).
    4. O proxecto deberá basearse nun traballo colaborativo entre o profesorado e o alumnado.
    5. O desenvolvemento do proxecto en cada centro deberá servir para acadar os seguintes obxectivos específicos:
    a) Concienciar o alumnado da súa condición de persoa consumidora, iniciándoo no funcionamento dunha sociedade de consumo responsable.
    b) Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elixir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos e coñecer os seus dereitos e deberes.
    c) Desenvolver no alumnado un pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución conxunta do 1 de xuño de 2016, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se convocan os premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 125 do 4 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Categorías de participación .

    1. Establécense catro categorías de participación:

    – Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.

    – Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.

    – Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional e de educación de persoas adultas.

    – Categoría D: alumnado de educación especial.

    2. Non se establece un número mínimo de alumnos/as para cada categoría de participación.

    3. Cada centro docente só poderá presentar un único proxecto, correspondente a unha das categorías de participación sinaladas. Os centros con alumnado pertencente a varias categorías de participación deberán seleccionar unha das categorías sinaladas, segundo aquela que mellor represente o traballo realizado no centro. No caso de que non se seleccione ningunha categoría de participación, entenderase que o centro se presenta na categoría de participación correspondente ao alumnado de maior nivel académico.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2018/19 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

    Requisitos

    1. Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre unha das seguintes temáticas de consumo responsable que mellor se adapte ás súas necesidades:

    a) Consumo e xénero:

    Xoguetes, xénero e publicidade.

    Impacto das relacións de xénero no consumo.

    Consumo e xénero: onte, hoxe e mañá.

    b) Linguaxe publicitaria:

    Publicidade na miña contorna.

    Publicidade dirixida á adolescencia.

    Publicidade: onte, hoxe e mañá.

    c) Comercio electrónico:

    Hábitos de consumo de comercio electrónico.

    Seguridade no comercio electrónico.

    Comercio electrónico: onte, hoxe e mañá.

    d) Servizos financeiros:

    Tipoloxía dos servizos financeiros: captación e investimento.

    Identificación de servizos inseguros: créditos rápidos e cláusulas abusivas.

    Servizos financeiros: onte, hoxe e mañá.

    2. O proxecto deberá incluír un título directamente relacionado coa temática seleccionada.

    3. O proxecto deberá concretar o proceso de aprendizaxe na elaboración dun produto final que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado. Terá formato libre e formalizarase a través de calquera tipo de soporte (textual, audiovisual, informático, virtual, gráfico, campaña de concienciación...).

    4. O proxecto deberá basearse nun traballo colaborativo entre o alumnado e guiado polo profesorado.

    5. O desenvolvemento do proxecto en cada centro deberá servir para acadar os seguintes obxectivos específicos:

    a) Concienciar o alumnado da súa condición de persoa consumidora, iniciándoo no funcionamento dunha sociedade de consumo responsable.

    b) Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elixir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos que están ao seu dispor e coñecer os seus dereitos e deberes como persoa consumidora.

    c) Desenvolver no alumnado un pensamento crítico e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Escola Galega de Consumo

    Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo

    15707

    Teléfono: 881999091 / 881999093

    Fax: 881999089

    Email: igc.escuela@xunta.gal

    http://consumo.xunta.gal

    Órgano responsable

    Escola Galega de Consumo

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 5 de marzo de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 58 do 25 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 2 de setembro de 2019, conxunta do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 24/02/2017 - 23/03/2017.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Xunto coa solicitude deberá presentarse o orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:
      • a) DNI da persoa solicitante e certificado de empadroamento, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      • b) Documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. Só se lles concederá validez aos cursos ou titulacións homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
      • c) Título academico, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. No caso de títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, será necesario presentar o documento orixinal ou unha copia compulsada.
      • d) Certificación academica persoal de carácter oficial en que conste a nota media do expediente academico da titulación.
      • e) Currículo da persoa solicitante en que se relacionen os estudos cursados e, se e o caso, a súa experiencia profesional, así como os documentos acreditativos dos meritos alegados.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
      Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
    • A documentación complementaria poderá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
    • A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitarlle a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que e o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se e festivo, o primeiro día hábil seguinte.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999091 / 881999075
    Email: igc.escuela@xunta.gal
    Información web: http://consumo.xunta.gal

    Versión en formato PDF

    1. As bolsas de formación na Escola Galega de Consumo teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito.
    2. A Escola Galega de Consumo elaborará un programa formativo que integrará aspectos relativos aos dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias; á educación en materia de consumo responsable, tanto no eido do ensino regrado como non regrado; a innovación educativa e a educación e a formación en valores, e a investigación sobre os hábitos de consumo da sociedade galega. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas actividades de formación en materia de consumo responsable realizadas na Escola Galega de Consumo.
    3. Así mesmo, a Escola Galega de Consumo nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverá a/o bolseira/o.
    4. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2017 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro.

    Beneficiarios:

    Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

    Requisitos:

    a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
    c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
    d) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
    e) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
    f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
    g) Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega de Consumo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 38 do 23 de febreiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Os artesáns que cumpran os requisitos que se sinalan a continuación poderán solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a inscrición no Rexisro Xeral de Artesáns.

    Requisitos

    Ter superado cursos dunha duración mínima de 500 horas en centros de ensino que impartan formación artesán, ou traballou nun taller artesán baixo a dirección dun mestre artesán, cunha asistencia mínima de 500 horas, poderá solicitar perante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo a obtención da carta de artesán.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545596

    Fax: 981545541

    http://economiaeindustria.xunta.es

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG nº 56 do 23 de marzo de 1992).

    Ligazón á normativa

    Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 185 do 24 de setembro de 2001).

    Ligazón á normativa

    Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2014).

    Ligazón á normativa

    Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se actualizan os procedementos e os formularios normalizados para a obtención da carta de artesán e a cualificación de taller artesán (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde 12 de abril de 2017 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 79 do 25 de abril de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Revisión de actividades artesáns do rexistro xeral de artesanía de Galicia.

    Se vostede está interesado en revisar a relación de actividades artesáns incluídas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, poderá solicitalo á Comisión Galega de Artesanía.

    A relación de actividades artesáns poderá ser obxeto de revisión periódica pola Comisión Galega de Artesanía, de oficio ou a instancia da parte interesada. A revisión se levará a cabo mediante orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

    Os interesados dirixirán a solicitude de revisión á Comisión Galega de Artesanía, xunto coa documentación xustificativa dela e a que, no seu caso, se determine regulamentariamente. A Comisión poderá recabar do solicitante calquera información ou documentación adicional que estime necesaria.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545599 / 881999178

    Fax: 981545541

    Email: cei.dxcomercio@xunta.es

    http://ceei.xunta.gal

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG nº 56 do 23 de marzo de 1992).

    Ligazón á normativa

    Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 185 do 24 de setembro de 2001).

    Ligazón á normativa

    Orde 12 de abril de 2017 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 79 do 25 de abril de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA
    Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545599 / 881999178Fax: 981545541
    Email: cei.dxcomercio@xunta.es
    Información web: http://ceei.xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Revisión de actividades artesáns do rexistro xeral de artesanía de Galicia.
    Se vostede está interesado en revisar a relación de actividades artesáns incluídas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, poderá solicitalo á Comisión Galega de Artesanía.
    A relación de actividades artesáns poderá ser obxeto de revisión periódica pola Comisión Galega de Artesanía, de oficio ou a instancia da parte interesada. A revisión se levará a cabo mediante orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    Os interesados dirixirán a solicitude de revisión á Comisión Galega de Artesanía, xunto coa documentación xustificativa dela e a que, no seu caso, se determine regulamentariamente. A Comisión poderá recabar do solicitante calquera información ou documentación adicional que estime necesaria.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 185 do 24 de setembro de 2001).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG nº 56 do 23 de marzo de 1992).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto regular a marca que coa denominación de Artesanía de Galicia é propiedade da Xunta de Galicia, e o procedemento para a súa concesión, uso e control do distintivo da marca.

    2. A marca Artesanía de Galicia identifica os produtores e produtoras artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia e acredita que o produto que porte o distintivo da marca se elaborou nun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

    O distintivo da marca Artesanía de Galicia ten como finalidade:

    a) Dotar a artesanía galega dunha imaxe que a distinga e identifique a súa procedencia.

    b) Promover a difusión da artesanía de Galicia e fomentar a súa comercialización.

    c) Protexer e manter o prestixio dos artesáns de Galicia e das súas obras.

    d) Informar as persoas consumidoras sobre a produción artesanal.

    e) Apoiar os puntos de venda ofrecendo a información necesaria que a diferencie no mercado.

    A quen vai dirixido?

    Serán beneficiarios do uso do distintivo da marca Artesanía de Galicia:

    • Os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

    • Os establecementos de venda de artesanía, calquera que sexa a súa canle de comercialización, que así o soliciten, logo de autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía, que cumpran os seguintes requisitos:

    1º. Contar como provedores no ano inmediatamente anterior á data da solicitude dun mínimo de cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

    2º. Estar dado de alta na correspondente epígrafe do imposto de actividades económicas.

    Requisitos

    1. Os obradoiros de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia deberán usar na comercialización dos seus produtos, o distintivo da marca Artesanía de Galicia segundo as aplicacións previstas no artigo 4.1 desta orde.

    Poderán propoñer unha forma alternativa de cumprimento da obriga anterior:

    a) Os obradoiros en relación con produtos cuxas características sexan incompatibles cos modelos preexistentes no manual de uso.

    b) Os obradoiros que dispoñan dunha embalaxe e empaquetado propios.

    Para estes efectos, poderán utilizar material personalizado ou alternativo coa marca Artesanía de Galicia, logo da autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía. Con anterioridade á súa edición, deberán achegar a proba de preimpresión dixital.

    2. Os establecementos comerciais autorizados poderán utilizar as aplicacións da marca de Artesanía de Galicia previstas nas letras c) e d) do artigo 4.1 para identificar os produtos artesanais procedentes dun obradoiro de artesanía inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de acordo coas seguintes condicións:

    a) Os elementos de embalaxe utilizaranse exclusivamente para a comercialización de produtos elaborados e etiquetados por un obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

    b) Os distintos elementos de aplicación do uso da marca e os distintos produtos artesanais deberán estar dispostos de tal forma que non induzan a erro sobre a identificación dos produtos.

    c) So poderá utilizarse a sinalización exterior da marca Artesanía de Galicia naqueles establecementos en que máis do trinta por cento dos produtos postos á venda sexan de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

    Excepcionalmente, logo da autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía poderá utilizarse sinalización exterior personalizada coa marca Artesanía de Galicia. Con anterioridade á súa edición, deberán achegar a proba de preimpresión dixital.

    Por outra banda, a dirección xeral competente en materia de artesanía poderá, en supostos debidamente xustificados por razóns das condicións singulares do establecemento, consensuar co comerciante unha sinaléctica específica para este.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545599 / 881999178

    Fax: 981545541

    Email: cei.dxcomercio@xunta.es

    http://ceei.xunta.gal

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG nº 213 do 8 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento do sector artesanal na Comunidade Autónoma de Galicia, a través do apoio ás asociacións profesionais e empresariais do sector.

    En concreto, considéranse actuacións subvencionables as que a continuación se especifican, desenvolvidas por asociacións profesionais e empresariais de artesáns e artesás cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

    a) Investimentos en equipamento, mellora da loxística e das comunicacións.

    I. Adquisición de equipamentos para procesos de informatización, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso, cun máximo dunha unidade por entidade solicitante.

    II. Creación de redes de comunicación que posibiliten a interconexión en rede das asociacións profesionais e empresariais entre si ou cos seus artesáns e artesás, así como con outros organismos ou centros de xestión directamente relacionados co sector da distribución comercial, e que fomenten o labor de asesoramento e a posta en funcionamento de plataformas que faciliten o comercio.


    III. Proxectos de creación e consolidación de agrupacións e central de compras e servizos, estudos previos sobre a súa viabilidade e a súa posta en funcionamento, e plans de accións realizados por empresas especializadas.


    b) Divulgación e promoción de produtos artesanais:
    I. Realización de catálogos ou outro tipo de soporte publicitario, incluídos rótulos e valos publicitarios, en papel, magnéticos ou CD/DVD, a edición de material impreso e audiovisual sobre produción artesanal especificamente dirixidos e concibidos ao fomento da actividade e á potenciación dos produtos artesanais.

    II. Deseño, creación e contratación de dominio para páxina web.

    c) Participación como expositor con caseta propia en feiras de carácter profesional.

    I. Gastos que ocasionen os espazos que se contraten, alugamento ou construción da caseta e transporte do material, montaxe e desmontaxe das casetas, seguros, enerxía eléctrica e vixilancia. Contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes, gastos de desprazamento en transporte público colectivo e aloxamento de ata dúas persoas, así como publicidade e publicacións editadas ex profeso para a participación directa nestes eventos.

    II. Adquisición de elementos ou mobiliario básicos que formen parte do deseño dun expositor para a súa utilización exclusiva en feiras profesionais.

    d) Incorporación do deseño ás novas liñas de produto, mediante a colaboración con axentes externos profesionais que desenvolvan a dita actividade a título principal.

    I. Os honorarios dos consultores de deseño así como os custos relativos aos materiais necesarios para plasmar en prototipos os deseños froito da colaboración.

    e) Actuacións específicas realizadas polas asociacións profesionais e empresariais de artesáns e artesás tales como: actividades de información e orientación comercial, organización de conferencias, xornadas técnicas, mesas redondas, orientadas e deseñadas en liña coas características e especificidades do sector artesanal e encamiñadas ao fomento e desenvolvemento deste.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As asociacións profesionais ou empresariais de artesáns/ás

    Requisitos

    -Acreditar a inscrición dun mínimo de dez artesáns/ás no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
    -Ámbito de actuación se desenvolva integramente na Comunidade Autónoma de Galicia.
    -Non poderán obter a condición de beneficiarios/as aqueles/as solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007.
    -As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1º alínea h) do Regulamento (CE) 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas de minimis.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545557

    Fax: 981545541

    http://economiaeindustria.xunta.es

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 10 de marzo de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais e empresariais de artesáns e artesás cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011. Código de procedemento IN201F, presentación telemática (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2011).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.