IN117A - Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: 24/02/2017 - 23/03/2017.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- Xunto coa solicitude deberá presentarse o orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:
- a) DNI da persoa solicitante e certificado de empadroamento, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- b) Documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. Só se lles concederá validez aos cursos ou titulacións homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
- c) Título academico, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. No caso de títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, será necesario presentar o documento orixinal ou unha copia compulsada.
- d) Certificación academica persoal de carácter oficial en que conste a nota media do expediente academico da titulación.
- e) Currículo da persoa solicitante en que se relacionen os estudos cursados e, se e o caso, a súa experiencia profesional, así como os documentos acreditativos dos meritos alegados.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
- A documentación complementaria poderá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
- A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitarlle a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- No prazo de presentación de solicitudes, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que e o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se e festivo, o primeiro día hábil seguinte.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)
Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 881999091 / 881999075
Email: igc.escuela@xunta.gal
Información web: http://consumo.xunta.gal
1. As bolsas de formación na Escola Galega de Consumo teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito.
2. A Escola Galega de Consumo elaborará un programa formativo que integrará aspectos relativos aos dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias; á educación en materia de consumo responsable, tanto no eido do ensino regrado como non regrado; a innovación educativa e a educación e a formación en valores, e a investigación sobre os hábitos de consumo da sociedade galega. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas actividades de formación en materia de consumo responsable realizadas na Escola Galega de Consumo.
3. Así mesmo, a Escola Galega de Consumo nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverá a/o bolseira/o.
4. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2017 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro.
Beneficiarios:
Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
Requisitos:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
e) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
AUTONÓMICA
Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega de Consumo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 38 do 23 de febreiro de 2017).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres