IN116A - Premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Categorías de participación .
1. Establécense catro categorías de participación:
Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional e de educación de persoas adultas.
Categoría D: alumnado de educación especial.
2. Non se establece un número mínimo de alumnos/as para cada categoría de participación.
3. Cada centro docente só poderá presentar un único proxecto, correspondente a unha das categorías de participación sinaladas. Os centros con alumnado pertencente a varias categorías de participación deberán seleccionar unha das categorías sinaladas, segundo aquela que mellor represente o traballo realizado no centro. No caso de que non se seleccione ningunha categoría de participación, entenderase que o centro se presenta na categoría de participación correspondente ao alumnado de maior nivel académico.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2018/19 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Requisitos
1. Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre unha das seguintes temáticas de consumo responsable que mellor se adapte ás súas necesidades:
a) Consumo e xénero:
Xoguetes, xénero e publicidade.
Impacto das relacións de xénero no consumo.
Consumo e xénero: onte, hoxe e mañá.
b) Linguaxe publicitaria:
Publicidade na miña contorna.
Publicidade dirixida á adolescencia.
Publicidade: onte, hoxe e mañá.
c) Comercio electrónico:
Hábitos de consumo de comercio electrónico.
Seguridade no comercio electrónico.
Comercio electrónico: onte, hoxe e mañá.
d) Servizos financeiros:
Tipoloxía dos servizos financeiros: captación e investimento.
Identificación de servizos inseguros: créditos rápidos e cláusulas abusivas.
Servizos financeiros: onte, hoxe e mañá.
2. O proxecto deberá incluír un título directamente relacionado coa temática seleccionada.
3. O proxecto deberá concretar o proceso de aprendizaxe na elaboración dun produto final que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado. Terá formato libre e formalizarase a través de calquera tipo de soporte (textual, audiovisual, informático, virtual, gráfico, campaña de concienciación...).
4. O proxecto deberá basearse nun traballo colaborativo entre o alumnado e guiado polo profesorado.
5. O desenvolvemento do proxecto en cada centro deberá servir para acadar os seguintes obxectivos específicos:
a) Concienciar o alumnado da súa condición de persoa consumidora, iniciándoo no funcionamento dunha sociedade de consumo responsable.
b) Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elixir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos que están ao seu dispor e coñecer os seus dereitos e deberes como persoa consumidora.
c) Desenvolver no alumnado un pensamento crítico e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)
Escola Galega de Consumo
Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo
15707
Teléfono: 881999091 / 881999093
Fax: 881999089
Email: igc.escuela@xunta.gal
Órgano responsable
Escola Galega de Consumo
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 5 de marzo de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 58 do 25 de marzo de 2019).
Resolución do 2 de setembro de 2019, conxunta do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2019).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres