Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións leiteiras galegas, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira:

    Liña 1. Refinanciamento de pasivos

    Liña 2. Apoio ao circulante

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

    Tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


    No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

    En calquera caso, deberán desenvolver a actividade de explotación de gando bovino para a produción de leite e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    En aplicación do artigo 51.b) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

    Ademáis, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras do Programa de préstamos do Igape para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), e convocar os devanditos préstamos, que non terán a consideración de axuda de estado, en réxime de concorrencia non competitiva.

    O Igape poderá conceder préstamos para financiar actividades empresariais en dúas modalidades:
    A) Préstamos Igape-BEI-Circulante, destinados a proporcionar un fondo de manobra estable, que permita ás empresas galegas, industriais ou exportadoras, fortalecer a súa estrutura financeira para desenvolver plans de crecemento.
    B) Préstamos Igape-BEI-Investimento, destinados a financiar proxectos de investimento en Galicia, fundamentalmente do sector industrial e estratexicamente relevantes.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser prestameiros:
    a) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme independente conforme o artigo 2.1 das presentes bases.
    b) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme dependente conforme o artigo 2.1 das presentes bases, dentro da limitación de contía de préstamos para este tipo de prestameiros establecida nos contratos de financiamento asinados entre o Igape e o BEI.
    c) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Investimento, poderán ser prestameiros empresas que non cumpran a definición de peme, sempre que pertenzan ao sector do automóbil. Neste caso as devanditas operacións de préstamo terán que ser previa e formalmente autorizadas polo BEI.
    d) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Circulante, as empresas deberán ter o seu domicilio social e fiscal en Galicia. Para o programa Igape-BEI-Investimento, a prestameira deberá ter ou crear cando menos un centro de traballo en Galicia, debendo estar situados os investimentos en Galicia.


    As sociedades holding financeiras ou as sociedades de leasing non poderán recibir financiamento mediante os préstamos regulados nestas bases.

    Non poderán ter a condición de prestameiras as empresas en crise, terase en conta para estes efectos a definición establecida no artigo 2.18 do Regulamento CE núm. 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías, nin as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2.b) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Estarán excluídas aquelas empresas que desenvolvan algunha das seguintes actividades:
    a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
    b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
    c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
    d) As actividades que implican a utilización de animais vivos con fins experimentais ou científicos.
    e) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
    f) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
    g) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Secretaría Xeral do IGAPE

    Subdirección de Información Especializada

    Complexo Administrativo San Lázaro s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Email: informa@igape.es

    http://www.tramita.igape.es

    Órgano responsable

    Subdirección de Información Especializada

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 22 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba o Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 30 de maio de 2016 pola que se modifica a Resolución do 22 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba o Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 102 do 31 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 22 de decembro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 22 de decembro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Resolución do 22 de outubro de 2015 que dá publicidade do Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 101 do 30 de maio de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Co obxectivo de incentivar actuacións empresariais nas distintas fases de aproximación ao MAB, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de iniciativa:

    1.1. Sondaxe prevaloración: avaliación mediante contratación externa das condicións de partida da empresa que permitan decidir se está en condicións mínimas para abordar o inicio do proceso.

    1.2. Estudo en profundidade e preparación de acceso definitiva: previo á colocación dos títulos no mercado, definición da operación de saída (características da emisión, importe, procedemento elixido, ), valoración e confección da documentación precisa entre CNMV e MAB, realizado por un asesor rexistrado por MAB ou por terceiros independentes coa aceptación por parte dun asesor rexistrado.

    No caso de que nunha determinada convocatoria as solicitudes subvencionables excedan os orzamentos asignados, serán prioritarios os proxectos dirixidos á iniciativa 1.1. anterior.

    Serán subvencionables os custos de consultoría externa ou asistencia técnica.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades mercantís con personalidade xurídica propia, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia ou que acometan unha porcentaxe importante do seu negocio global nos seus centros de traballo establecidos en Galicia

    Requisitos

    a) Empresas non participadas por outras que coticen en bolsa ou ben que esa participación sexa inferior ao 50%.

    b) Fondos propios non inferiores a 4 millóns de euros no último depósito de contas no Rexistro Mercantil anterior á solicitude de axuda.

    c) Os requisitos a) e b) anteriores, poderán ser substituídos por informe favorable de polo menos un asesor rexistrado por MAB, sempre que o valor de fondos propios establecidos na alínea b) sexa polo menos superior a 600.000 ?.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 11 de maio de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 96 do 24 de maio de 2010).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 28 de setembro de 2010 pola que se amplía o prazo de execución dos proxectos establecidos na convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica ( DOG nº 191 do 4 de outubro de 2010).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de decembro de 2010 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva e trámite anticipado de gasto, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao mercado alternativo bolsista (MAB) (DOG nº 5 do 10 de xaneiro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 4 de maio de 2011, pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2011 das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao mercado alternativo bolsista (MAB), convocadas mediante Resolución do 17 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 10 de xaneiro) (DOGn nº 92 do 12 de maio de 2011).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

    Ligazón á normativa

    Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08, actuación 2, e convocar as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

    Conceptos de gasto financiables.

    Para os efectos de cálculo do financiamento, consideraranse conceptos financiables os seguintes, sempre que reúnan os requisitos establecidos na Orde EHA/524/08, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión (BOE nº 53, do 1 de marzo de 2008):

    a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario.
    b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.
    c) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, agás o imposto sobre o valor engadido cando este non poida ser obxecto de recuperación ou compensación polo beneficiario.

    Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá no acordo de concesión individual correspondente os investimentos financiables ata o termo do prazo de execución do proxecto.

    Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

    Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo autorización expresa no acordo de concesión e logo de petición do solicitante.

    O investimento terase que manter no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao termo do prazo de execución do proxecto. O investimento financiado poderá ser substituído en caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da prestameira se manteña en Galicia durante os períodos mencionados, sen que poidan ser obxecto de financiamento os bens que substitúen os obsoletos.

    En caso dos activos intanxibles, para seren considerados financiables, deberán cumprir ademais todas estas condicións:
    1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
    2) Consideraranse activos amortizables.
    3) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.
    4) Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Sociedades mercantís.

    Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís ou comunidades de bens que cumpran os requisitos sinalados nos puntos anteriores. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


    Son obrigas dos prestameiros:
    a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión do préstamo subvencionado no prazo establecido no acordo de concesión e manter os investimentos durante 3 anos desde a finalización do prazo de execución.
    Na súa virtude, o préstamo concedido só será definitivo se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, e/ou o cesamento da actividade. O préstamo está condicionado ao respecto desas condicións e será obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión do préstamo.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.
    d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da axuda. En ningún caso o importe da axuda poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere os límites máximos de intensidade de axuda que sexan de aplicación.
    e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e pagamento dos conceptos subvencionables, durante polo menos un período de tres anos a partir do peche do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
    f) Dar publicidade ao financiamento polo Igape dos investimentos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Consellería de Economía e Industria, e Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, se é o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no Manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderán descargarse no enderezo da internet http://www.igape.es
    Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG nº 227, do 19 de novembro), e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es
    g) No caso de non poder realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Ser unha peme ou microempresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). En relación coa definición de peme ou microempresa, no momento en que se publique o novo regulamento de exención por categorías, que substitúa o Regulamento 800/2008, faranse as adaptacións oportunas.
    b) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Desenvolver ou ter previsto realizar no centro obxecto do proxecto algunha actividade empresarial financiable que non estea entre as actividades excluídas que se sinalan no anexo II nestas bases.

    d) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira do 30 % do proxecto; un 25 % deberá estar exento de calquera tipo de apoio público, ademais da totalidade dos impostos indirectos que graven a adquisición dos bens, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

    Non poderán ter a condición de beneficiarias:
    a) As sociedades mercantís cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
    b) As sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
    c) As empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no artigo 1.7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE nº 800/2008).
    d) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias do artigo 10.2. da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 3 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade do acordo, do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 108 do 9 de xuño de 2014).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 27 de abril de 2015 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección polo que se modifican as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 82 do 4 de maio de 2015).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 10 de setembro de 2015 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección polo que se modifican as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 178 do 17 de setembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 15 de decembro de 2015 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2015 das bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 241 do 18 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 26 de febreiro de 2016 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2016 das bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 42 do 2 de marzo de 2016).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 6 de maio de 2016 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección polo que se modifican as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape, previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 93 do 18 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras dos préstamos do Igape en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia e convocar os ditos préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.

    Conceptos de gasto financiables.

    1. Para os efectos de cálculo do financiamento, consideraranse conceptos financiables os seguintes:
    a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario. O importe máximo do investimento financiable en terreos non poderá exceder o 10 % do investimento total financiable.
    b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.

    c) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, agás o imposto sobre o valor engadido cando este non poida ser obxecto de recuperación ou compensación polo beneficiario.

    2. Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá no acordo de concesión individual correspondente os investimentos financiables ata o termo do prazo de execución do proxecto.

    3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

    4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo autorización expresa no acordo de concesión e logo de petición do solicitante.

    5. O investimento terase que manter no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao termo do prazo de execución do proxecto, que se elevará aos 5 anos seguintes ao dito termo no caso de bens inscritibles nun rexistro público. O investimento financiado poderá ser substituído en caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da prestameira se manteña en Galicia durante os períodos mencionados, sen que poidan ser obxecto de financiamento os bens que substitúen os obsoletos.

    6. En caso dos activos intanxibles, para seren considerados financiables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:
    a) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
    b) Consideraranse activos amortizables.
    c) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.
    d) Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarias aquelas sociedades mercantís que cumpran os seguintes requisitos:
    a) Ser unha peme ou microempresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
    b) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Desenvolver ou ter previsto realizar no centro obxecto do proxecto algunha actividade empresarial financiable que non estea entre as actividades excluídas que se sinalan no artigo 1.2.a) e no anexo II nestas bases.

    d) Achegar ao proxecto de investimento unha contribución financeira do 30 % do proxecto; un 25 % deberá estar exento de calquera tipo de apoio público, ademais da totalidade dos impostos indirectos que graven a adquisición dos bens, sexa mediante recursos propios sexa mediante financiamento externo.

    2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
    a) As sociedades cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
    b) As sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
    c) As empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no punto 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías (DOUE L 187, do 26 de xuño).
    d) As sociedades en que concorra algunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís ou comunidades de bens que cumpran os requisitos sinalados nos puntos anteriores. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541196

    Fax: 981558844

    Email: secretariaxeral@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolucíón do 1 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 172 do 9 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras para a habilitación dunha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar ás pequenas e medianas empresas galegas, auxiliares do sector naval, o acceso ao financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras.

    As presentes bases regulan o obxecto, requisitos e procedemento para acceder a unha liña de avais do Igape para facilitar o acceso a financiamento operativo adicional, por parte das pequenas e medianas empresas auxiliares da construción naval, someténdose ás directrices horizontais e sectoriais ditadas pola Comisión Europea. En particular, as garantías individuais que conceda o Igape ao abeiro destas bases deberán cumprir os requisitos establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE das axudas estatais en forma de garantía, para descartar a presenza de axuda estatal.


    O Igape poderá avalar liñas de financiamento, nas seguintes modalidades:
    - Liñas de crédito.
    - Liñas de desconto ou anticipo de efectos comercias ou facturas.
    - Liñas xenéricas de riscos mercantís.

    As operacións avaladas deberán destinarse ás seguintes finalidades:
    a) Créditos de prefinanciamento: créditos destinados ao financiamento do aprovisionamento de materias primas, pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, alugamento, acredores por prestación de servizos. A necesidade do prefinanciamento deberá ser xustificada pola empresa, baseándose nos pedidos en carteira e/ou previstos para o período de vixencia do financiamento e na previsión de aplicación de fondos.
    b) Créditos de posfinanciamento: créditos destinados a anticipar os dereitos de cobramento derivados das vendas e materializados en diferentes documentos tales coma facturas, obrigas de pagamento, letras de cambio, etc. A necesidade do posfinanciamento deberá ser xustificada pola empresa, baseándose nos pedidos en carteira e/ou previstos para o período de vixencia do financiamento e no prazo de cobramento establecido e/ou previsto.

    Cada unha das operacións poderá ser concedida por unha entidade financeira ou ben por un sindicato bancario e unha mesma empresa poderá solicitar o aval para as dúas finalidades sinaladas. No caso de que o soliciten para máis dunha finalidade nunha mesma entidade financeira, poderán ampararse nunha póliza xenérica de riscos mercantís.

    2. Deberá tratarse de operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

    Entenderase que a liña de financiamento acollida a estas bases substitúe outras liñas preexistentes coa mesma entidade financeira cando:
    a) Os contratos de financiamento que a beneficiaria teña subscritos coas entidades financeiras desde a data de entrada en vigor da convocatoria, para a mesma finalidade, fosen cancelados antes do seu vencemento, sen consentimento expreso do Igape.
    b) Os contratos de financiamento, para a mesma finalidade, que a beneficiaria teña subscritos, na data da solicitude, coa entidade financeira que concede a nova operación, non sexan renovados durante a vixencia da operación avalada, sen consentimento expreso do Igape.

    3. Cobertura dos avais do Igape e comisión anual.

    O Igape responderá do 50 % do saldo disposto, unha vez cumpridos os requisitos de execución establecidos no artigo 6.3 desta resolución, e devindicarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 1,00 % do importe do aval formalizado.

    No caso de acadarse o límite establecido na cláusula terceira desta resolución de 12.000.000 ? para a concesión de avais, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As pequenas e medianas empresas.

    Requisitos

    1. Poderán acceder aos avais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

    En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia e deberán acreditar que o destino do financiamento para o cal se solicita o aval se corresponde, directa ou indirectamente, cun contrato de subministración de bens ou servizos a un estaleiro da Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. Non poderán ser beneficiarias das garantías previstas nas presentes bases as empresas que estean en situación de crise, de acordo coa definición 18) recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Área de financiamento

    Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito

    Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541156 / 902300903

    Órgano responsable

    Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 22 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a habilitación dunha liña de avais para facilitar ás pequenas e medianas empresas galegas auxiliares do sector naval o acceso ao financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades financeiras colaboradoras (DOG nº 186 do 30 de setembro de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 29/07/2015 - 11/09/2015.

    Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 11 de setembro de 2015.

    Prazo de resolución: Ata o 4 de decembro de 2015

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o al solicita a subvención a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es .
    • Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia tecnica, a traves dos números de telefono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
    • As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
    • O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación:
    • Documentación relativa ás circunstancias do beneficiario:
      • a) DNI do representante legal, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.
      • b) Informe de vida laboral da empresa desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data de publicación no DOG destas bases.
      • c) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
      • d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se e o caso, no rexistro competente.
      • e) Acordo notarial de colaboración entre as empresas participantes no proxecto de internacionalización conxunto ou ben a escritura de constitución e estatutos dun consorcio domiciliado en Galicia e con personalidade xurídica independente.
        O acordo de colaboración deberá reunir, como mínimo, os seguintes puntos:
        • Datos das empresas participantes no proxecto: nome, domicilio social, NIF, IAE, CNAE, sector, número máximo de empregados por conta allea no 2014, número de empregados por conta allea no 2015 á data do acordo, cifra do volume de negocios do ano 2014 e cifra do balance do ano 2014.
        • País/países obxecto do proxecto.
        • Breve descrición do proxecto de colaboración.
        • Declaración de que todas as empresas cumpren o requisito de non vinculación previa tal e como se establece neste artigo, e no caso de que exista vinculación entre algunha das empresas participantes no proxecto, declaración do tipo de vinculación e entre que empresas.
      • f) Autorización ao Igape de todos os participantes no proxecto, segundo o modelo do anexo V, para que os datos persoais facilitados queden rexistrados nun ficheiro titularidade do Igape, cuxa finalidade e a xestión e rexistro deste procedemento, en cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, quen no ámbito das súas respectivas competencias, cederá os datos á Consellería de Economía e Industria para a resolución do expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nas bases reguladoras para a súa tramitación. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a traves dun correo electrónico a lopd@igape.es .
    • Documentación para os efectos sinalados no artigo 6.2 destas bases, se e o caso:
      • Proxectos en fase de inicio:
        • Contrato ou factura de aluguamento de oficina, local ou centro de negocios en destino.
        • Plan do proxecto.
        • Contrato laboral, fixo ou eventual, ou contrato de prestación de servizos do xerente do proxecto.
        • Contratos asinados con persoal ou provedores ou facturas do gasto para o cal se solicita a axuda (tamen para efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
        • As ofertas de diferentes provedores das que dispoña o solicitante na data de presentación da solicitude (tamen para efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
      • Proxectos en fase de consolidación e crecemento:
        • Facturas e/ou contratos de 2013 e/ou 2014 da empresa solicitante relacionadas co proxecto de internacionalización por un importe total superior a 20.000?, e copia das contas de 2013 e 2014 presentadas o Rexistro Mercantil. Esta documentación servirá ademais para determinar se o proxecto se atopa en fase de consolidación ou crecemento en orixe.
        • Escritura de constitución e estatutos, se e o caso, inscritos no correspondente rexistro da sociedade ou filial en destino ou, no caso de non ter personalidade xurídica propia en destino, acreditación de ter os permisos necesarios para operar no país de destino, ou contrato de alugamento da oficina, local ou centro de negocios.
        • Plan do proxecto.
        • Contratos asinados con persoal ou provedores ou facturas do gasto para o que se solicita a axuda (tamen para os efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
        • As ofertas de diferentes provedores de que dispoña o solicitante na data de presentación da solicitude (tamen para efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
      • De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa estea en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de cal se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
      • Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
        Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coas copias simples dos documentos relacionados no artigo 8.4. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.
      • Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirir ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
        Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
        Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:
        • a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
        • b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
        • c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
        • d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
        • e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
        • f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior, tamen poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso, o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE núm. 150, do 23 de xuño).
      • Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es , indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
      • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
    15703Santiago de Compostela
    Teléfono: 900815151Fax: 981558844
    Email: informa@igape.es

    Versión en formato PDF

    O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega subvencionando proxectos de internacionalización conxuntos que teñan por obxecto a prospección de mercados do estranxeiro xuntando esforzos, compartindo custos e, se é o caso, estratexia e marca coa finalidade de iniciar, fortalecer ou consolidar a súa presenza nun ou varios mercados.
    Tipos de proxectos subvencionables:
    a) Proxectos cooperativos en destino para implantación promocional e prospección de mercados. Establecemento de filiais ou oficinas de promoción en destino.
    b) Actuacións de promoción agrupada (feiras, desfiles, publicidade, showrooms, catas e degustacións...) en destino.
    c) Plataformas de internacionalización en orixe (accións conxuntas para estudo de mercado, busca de clientes, publicidade ..., en mercados exteriores).
    d) Licitacións en destino.
    e) Tramitación conxunta de certificacións, rexistros, etc., en destino.
    f) Plataforma de promoción en liña para mercados exteriores.
    g) Outros proxectos cooperativos de promoción internacional en orixe ou destino.
    Nestas bases por orixe enténdese Galicia e por destino fóra de España.
    Os apoios do programa Primex consistirán en subvencións a fondo perdido para proxectos de internacionalización conxuntos en orixe ou en destino en que o solicitante estea en calquera das seguintes etapas:
    a) Inicio: solicitantes con proxectos sen iniciar, ou iniciados pero sen facturación ou vendas como resultado do dito proxecto.
    b) Consolidación: solicitantes con proxectos xa iniciados con incremento de volume de negocio en 2014 respecto a 2013 e con facturación como resultado do dito proxecto.
    c) Crecemento en orixe: solicitantes con proxectos xa iniciados con incremento de volume de negocio en 2014 respecto a 2013 e con facturación como resultado do dito proxecto e con incremento do número total de empregados por conta allea en 2015 respecto ao número máis elevado de 2014.
    Quedan excluídas as axudas á exportación. Debe entenderse por axudas á exportación aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora.
    O prazo de execución dos proxectos subvencionables, iniciarase o 1 de xullo de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 xullo de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión da axuda, sen que nunca poida exceder o 31 de marzo do 2017.
    Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, recibirían unha axuda inferior a 5.000 ?.
    Unha empresa pode presentar un máximo dunha solicitude e non pode computar como socio mínimo doutros proxectos, segundo o requisito establecido no artigo 4.1.3 destas bases.
    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

    Beneficiarios:

    Empresas.
    Son obrigas dos beneficiarios:
    a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
    d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
    f) Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Xunta de Galicia, así como lendas relativas ao financiamento público nas casetas, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión mais alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es .
    Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro).
    g) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
    h) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
    k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
    l) Presentar ao Igape un informe o último día de cada trimestre de 2016 e 2017 ?a partir da data da resolución de concesión da axuda e ata o fin do prazo de execución do proxecto? do grao de avance do proxecto e os seus resultados e informe de execución orzamentaria por partidas de gastos subvencionable segundo se indica no anexo III destas bases.

    Requisitos:

    - Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
    - Que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
    - Que teñan un proxecto de internacionalización conxunto ?que se acreditará mediante acordo notarial de colaboración ou mediante a documentación relativa á existencia dun consorcio?, con polo menos, outra empresa peme ou non peme, con domicilio social en Galicia, que cumpra o requisito indicado no artigo 4.1.5 desta Resolución, e non vinculadas previamente entre si. A non vinculación previa implica que unha empresa non pode ter participación do capital doutra empresa coa que participa no proxecto de internacionalización conxunto, nin dúas empresas que formen parte do mesmo proxecto de internacionalización conxunto poden ter un accionista común maioritario nalgunha delas. Ademais, dúas empresas participantes no proxecto de internacionalización conxunto non poden ter antes da solicitude de axuda un mesmo representante legal ou administradores comúns.
    - Que teñan na data da solicitude e durante todo o prazo de execución do proxecto algún empregado por conta allea en Galicia.
    - Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2015, ou en exercicios anteriores.
    Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
    Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
    As empresas que xa tivesen aboada subvención por un proxecto Primex de acordo coa convocatoria do ano 2012 ou anterior ?que non acrediten estar en fase de consolidación ou crecemento? non poderán ser beneficiarios desta convocatoria en proxectos que teñan por obxectivo o mesmo país xa subvencionado e tampouco computarán no mínimo de socios que se exixe nestas bases (artigo 4.1.3) para admitir un proxecto que teña por obxecto ese mesmo país.

    Versión en formato PDF

    ESTATAL

    Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Resolución do 24 de xullo de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores (Plan Primex), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 141 do 28 de xullo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, priorizando os mozos sen ou con pouca experiencia e os sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais.

    Son obrigas dos beneficiarios:

    a) Formalizar co xestor un contrato de traballo a partir da data de solicitude da axuda e antes da data indicada na resolución de concesión para a presentación de documentación acreditativa da contratación. A contratación será a risco e ventura dos beneficiarios, para o caso, que o xestor contratado non cumpra as condicións establecidas no artigo 7 destas bases.

    b) Comprobar que o xestor contratado cumpre os requisitos establecidos no artigo 7 destas bases.

    c) Dedicar o xestor a tarefas de internacionalización concretadas nun plan de traballo indicado polo solicitante no formulario de solicitude e que vinculará o beneficiario.

    O Igape poderá contrastar co xestor a realización das ditas tarefas de internacionalización mediante cuestionarios periódicos descritivos das tarefas encomendadas.

    d) Dar de alta o xestor na Seguridade Social nun grupo de cotización 01 ou 02 ou grupo 04 no caso dos xestores que conten con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional e comunicar a contratación ao Servizo Público de Emprego (Sepe).

    e) O beneficiario está obrigado a aboarlle ao xestor, como mínimo, o salario neto subvencionable a que fai referencia o artigo 5.7 destas bases, sen prexuízo de que lle corresponda aboar un salario superior acorde coa súa categoría profesional e titulación, e debe asumir a diferenza coa cantidade subvencionada. O contrato debe establecer a liquidación de nóminas ao xestor co rateo de pagas extras.

    f) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, que incorporarán visitas ao lugar de traballo, con base en técnicas de mostraxe; o Igape comprobará, para estes efectos, un mínimo do 10 % dos expedientes, así como facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. Someterse a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, EURATOM) nº 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

    g) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    h) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

    i) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

    j) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o PO FSE Galicia 2014-2020, segundo o establecido no anexo III a estas bases.

    k) O beneficiario deberá facilitar a información que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e os de resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo.

    Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

    Así mesmo, nos casos en que se produza a substitución do xestor ou xestora, o beneficiario deberá presentar os indicadores de produtividade e de resultado inmediato respecto de cada unha das persoas polas que se percibiu a subvención.

    l) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    m) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    n) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se solicita a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza de non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

    ñ) Acreditar que o xestor estea dado de alta na Base de xestores de internacionalización do Igape, no caso de que se opoña á súa consulta no anexo V.

    o) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

    2. Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009). Todos deber ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

    As empresas terán que dispor do informe de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de programas do Igape a partir de 2013. De non dispor do citado informe de alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

    3. Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

    4. Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

    5. Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

    Condicións da contratación

    1. Relativas ao xestor de exportación:

    a) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en Comercio Internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

    b) En todo caso, deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia.

    c) Establécense tres perfís de xestor, con base na idade e experiencia acadados, e nos cales a intensidade da axuda irá acorde co dito perfil:

    I) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1984.

    1º. En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación específica de posgrao en comercio internacional:

    i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

    ii) Mestrado de comercio exterior ou

    iii) Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional ou

    iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

    2º. Non teren desempeñado en España con anterioridade, antes da contratación obxecto destas bases, traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 (no caso dos titulados universitarios) ou outro grupo de cotización (no caso dos técnicos de FP) por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas), nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases– por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto, intermediarios do comercio ou con actividades profesionais de consultoría (CNAE 46 e 70).

    3º. No caso de estaren inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, a contía da axuda incrementarase segundo o establecido no artigo 6.1.

    II) Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes de 1 de xaneiro de 1984.

    i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

    ii) Máster de comercio exterior ou

    iii) Certificado de profesionalidad de comercio exterior ou comercio internacional ou

    iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

    v) Experiencia laboral menor a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación exixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

    III) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1974).

    En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación ou experiencia laboral relacionada coa internacionalización empresarial:

    i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

    ii) Máster de comercio exterior ou

    iii) Certificado de profesionalidad ou

    iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

    v) Experiencia laboral igual ou superior a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación exixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

    2. Relativos o contrato:

    a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado polo beneficiario na súa solicitude de axuda, que se desenvolverá en Galicia ou no país destino obxecto do proxecto.

    b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección.

    3. Exclusións:

    a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

    b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 3 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

    A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

    Enténdese por vinculación entre empresas as que cumpran os requisitos establecidos no artigo 42 do Código de comercio.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 154 do 14 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 154 do 14 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2018, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

    Modalidades e características dos premios.

    Premiarase os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

    1. Modalidade A: ciclos de grao superior.

    – Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    – Asesoramento técnico do Igape.

    – Dotación económica:

    1º premio: 3.000 €.

    2º premio: 2.000 €.

    3º premio: 1.000 €.

    2. Modalidade B: ciclos de grao medio.

    – Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    – Asesoramento técnico do Igape.

    – Dotación económica:

    1º premio: 3.000 €.

    2º premio: 2.000 €.

    3º premio: 1.000 €.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Alumnado.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    1. As persoas beneficiarias do premio teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lle competen, segundo dispón o artigo 14.1.K) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    2. No anexo I a persoa beneficiaria debe facilitar a titularidade dunha conta bancaria con 24 díxitos e declarar acerca da veracidade dos datos relativos á dita conta, na cal se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do dito premio, no caso de obtelo. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que legalmente correspondan.

    3. No anexo II, as persoas participantes no mesmo proxecto beneficiarias deben facilitar a titularidade dunha conta bancaria con 24 díxitos e declarar acerca da veracidade dos datos relativos á dita conta, na cal se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do dito premio, no caso de obtelo. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que legalmente correspondan.

    4. A persoa beneficiaria ten a obriga de reintegro, total ou parcial, do premio ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, tal como indican os artigos 14.j) e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    5. Para os efectos do artigo 31.7 da Lei 9/2007, utilizarase a declaración responsable recollida no anexo I desta orde. De transcorreren máis de 6 meses desde a presentación desta declaración, a persoa beneficiaria ten a obriga de achegar unha nova declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    6. As persoas beneficiarias están obrigadas a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Estar matriculado no curso 2017/18 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

    b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios/as. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

    c) As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios/as de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indicado no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se convoca en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 19 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se convoca en réxime de concorrencia competita (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 16 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade da resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 203 do 24 de outubro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 22/09/2015 - 21/10/2015.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Cada asociación poderá presentar unha única solicitude (anexo II). Por cada solicitude poderán figurar ata un máximo de 12 actividades por asociación (anexo III).
    • As solicitudes para participar no procedemento de concesión das axudas presentaranse na forma e no prazo que se indican nos artigos 2 e 3 da convocatoria.
    • As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
      • a) NIF da entidade solicitante para o caso de que, na solicitude de axuda, non se autorice expresamente o Instituto Galego de Consumo para consultar os seus datos.
      • b) Só no caso de non autorizar a súa verificación no punto correspondente do anexo II, fotocopia compulsada do DNI do representante legal da asociación.
      • c) Testemuño autentico de poder da persoa solicitante que actúe en representación da asociación.
      • d) Certificación da listaxe de actividades que se pretenden levar a cabo obxecto de subvención (anexo III).
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA (IGC)

    Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5
    15707Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545545 / 981545416Fax: 981544598
    Email: cooperacion.igc@xunta.es
    Información web: igc.xunta.es

    Versión en formato PDF

    As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica coas especificidades que se establecen no artigo 2 desta Resolución.
    Actuacións e gastos susceptibles de axuda.
    1. As axudas concederanse para atender os gastos xerados polo desenvolvemento de programas de actividades que impliquen sensibilización, formación e divulgación que xeren, no consumidor a que van dirixidas, un grao de coñecemento da problemática da facturación e consumo de subministración eléctrica co fin de adquiran os coñecementos suficientes que lles permitan tomar decisións que redunden nun aforro e racionalidade do gasto en consumo eléctrico.
    2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
    Todos estes gastos teñen que ser realizados e efectivamente pagados dende a entrada en vigor da presente orde e ata a data límite de xustificación establecida no artigo 15.
    Considéranse custos subvencionables aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica, en concreto:
    a) Desenvolvemento e impartición de actividades formativas maioritariamente prácticas encamiñadas a identificar, esclarecer e coñecer os dereitos como usuarios do sector eléctrico e os datos esenciais que conforman a factura de consumo eléctrico, como pode ser:
    - Os datos do subministrador e do distribuidor, entendendo que poden ser empresas con distintas formas de contratación.
    - Todos os datos relacionados cos consumos eléctricos, entendendo o funcionamento de consumo real e consumo estimado, medición do consumo, etc., datos que deben figurar na factura segundo modelo oficial para PVPC.
    - Os datos relacionados co custo económica da subministración eléctrica aplicable en cada facturación.
    - Os datos económicos que se ven implicados no importe final da factura.
    b) Desenvolvemento e impartición de actividades práctico-teóricas co fin de sensibilizar e concienciar da importancia no aforro no consumo eléctrico (consumo de electrodomésticos, clases enerxéticas dos electrodomésticos, tarifas nocturnas, tipo de tarifas e comparativa das distintas tarifas tanto en mercado regulado como libre).
    c) Desenvolvemento práctico de simuladores de consumo eléctrico ou outro tipo de ferramentas, que axuden a unha mellor comprensión da factura eléctrica e a un aforro na subministración eléctrica nos fogares.
    d) Obradoiro de elaboración e deseño de guías útiles, claras e prácticas en que participen os propios consumidores destinatarios das actividades, co fin de fortalecer os criterios fundamentais no control do consumo eléctrico entre os consumidores.
    3. Cada actividade ou proxecto financiarase cunha contía máxima total de 200 euros (IVE incluído) por actividade, cun máximo de 12 actividades ou proxectos por asociación.
    4. A duración mínima de cada actividade será de 2 horas presenciais.
    O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    O prazo para a presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
    Non obstante, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web do Instituto Galego de Consumo.

    Beneficiarios:

    As asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución, no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
    Son obrigas do beneficiario as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, en concreto, as que se relacionan a seguir:
    a) Realizar a actividade nas condicións que fundamentaron a concesión da axuda.
    b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente, así como calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
    c) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Esta axuda é compatible con outras axudas ou axudas para a mesma finalidade, sempre e cando o importe total das axudas ou axudas concedidas non supere o custo total da actividade.
    d) Poñer á disposición do IGC calquera información ou documentación que se lle solicite, especialmente a destinada a comprobar os datos facilitados polas organizacións para a obtención de axudas.
    e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuación de comprobación e control.
    f) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    g) Para as axudas indicadas nestas bases, as asociacións deberán exhibir, nos lugares de celebración das actividades, o seu patrocinio pola Consellería de Economía e Industria e polo Instituto Galego de Consumo dentro das actividades do programa específico do Instituto Galego de Consumo «Dálle luz á túa factura».

    Requisitos:

    Para que as asociacións poidan beneficiarse destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
    a) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.
    Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Instituto Galego de Consumo no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
    Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas asociacións que, incumprindo manifestamente os seus deberes legais, non colaborasen ou non facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego de Consumo.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 4 de setembro de 2015 pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica (DOG nº 180 do 21 de setembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.