IG534B - Préstamos do Igape en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Publicar as bases reguladoras dos préstamos do Igape en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia e convocar os ditos préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.

Conceptos de gasto financiables.

1. Para os efectos de cálculo do financiamento, consideraranse conceptos financiables os seguintes:
a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario. O importe máximo do investimento financiable en terreos non poderá exceder o 10 % do investimento total financiable.
b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.

c) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, agás o imposto sobre o valor engadido cando este non poida ser obxecto de recuperación ou compensación polo beneficiario.

2. Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá no acordo de concesión individual correspondente os investimentos financiables ata o termo do prazo de execución do proxecto.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo autorización expresa no acordo de concesión e logo de petición do solicitante.

5. O investimento terase que manter no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao termo do prazo de execución do proxecto, que se elevará aos 5 anos seguintes ao dito termo no caso de bens inscritibles nun rexistro público. O investimento financiado poderá ser substituído en caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da prestameira se manteña en Galicia durante os períodos mencionados, sen que poidan ser obxecto de financiamento os bens que substitúen os obsoletos.

6. En caso dos activos intanxibles, para seren considerados financiables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:
a) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
b) Consideraranse activos amortizables.
c) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.
d) Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias aquelas sociedades mercantís que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser unha peme ou microempresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
b) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Desenvolver ou ter previsto realizar no centro obxecto do proxecto algunha actividade empresarial financiable que non estea entre as actividades excluídas que se sinalan no artigo 1.2.a) e no anexo II nestas bases.

d) Achegar ao proxecto de investimento unha contribución financeira do 30 % do proxecto; un 25 % deberá estar exento de calquera tipo de apoio público, ademais da totalidade dos impostos indirectos que graven a adquisición dos bens, sexa mediante recursos propios sexa mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As sociedades cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
b) As sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
c) As empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no punto 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías (DOUE L 187, do 26 de xuño).
d) As sociedades en que concorra algunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís ou comunidades de bens que cumpran os requisitos sinalados nos puntos anteriores. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541196

Fax: 981558844

Email: secretariaxeral@igape.es

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolucíón do 1 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 172 do 9 de setembro de 2016).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.