IG637A - Axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores - Plan Primex.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 29/07/2015 - 11/09/2015.

Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 11 de setembro de 2015.

Prazo de resolución: Ata o 4 de decembro de 2015

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o al solicita a subvención a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es .
  • Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia tecnica, a traves dos números de telefono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
  • As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
  • O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación:
  • Documentación relativa ás circunstancias do beneficiario:
    • a) DNI do representante legal, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.
    • b) Informe de vida laboral da empresa desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data de publicación no DOG destas bases.
    • c) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
    • d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se e o caso, no rexistro competente.
    • e) Acordo notarial de colaboración entre as empresas participantes no proxecto de internacionalización conxunto ou ben a escritura de constitución e estatutos dun consorcio domiciliado en Galicia e con personalidade xurídica independente.
      O acordo de colaboración deberá reunir, como mínimo, os seguintes puntos:
      • Datos das empresas participantes no proxecto: nome, domicilio social, NIF, IAE, CNAE, sector, número máximo de empregados por conta allea no 2014, número de empregados por conta allea no 2015 á data do acordo, cifra do volume de negocios do ano 2014 e cifra do balance do ano 2014.
      • País/países obxecto do proxecto.
      • Breve descrición do proxecto de colaboración.
      • Declaración de que todas as empresas cumpren o requisito de non vinculación previa tal e como se establece neste artigo, e no caso de que exista vinculación entre algunha das empresas participantes no proxecto, declaración do tipo de vinculación e entre que empresas.
    • f) Autorización ao Igape de todos os participantes no proxecto, segundo o modelo do anexo V, para que os datos persoais facilitados queden rexistrados nun ficheiro titularidade do Igape, cuxa finalidade e a xestión e rexistro deste procedemento, en cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, quen no ámbito das súas respectivas competencias, cederá os datos á Consellería de Economía e Industria para a resolución do expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nas bases reguladoras para a súa tramitación. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a traves dun correo electrónico a lopd@igape.es .
  • Documentación para os efectos sinalados no artigo 6.2 destas bases, se e o caso:
    • Proxectos en fase de inicio:
      • Contrato ou factura de aluguamento de oficina, local ou centro de negocios en destino.
      • Plan do proxecto.
      • Contrato laboral, fixo ou eventual, ou contrato de prestación de servizos do xerente do proxecto.
      • Contratos asinados con persoal ou provedores ou facturas do gasto para o cal se solicita a axuda (tamen para efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
      • As ofertas de diferentes provedores das que dispoña o solicitante na data de presentación da solicitude (tamen para efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
    • Proxectos en fase de consolidación e crecemento:
      • Facturas e/ou contratos de 2013 e/ou 2014 da empresa solicitante relacionadas co proxecto de internacionalización por un importe total superior a 20.000?, e copia das contas de 2013 e 2014 presentadas o Rexistro Mercantil. Esta documentación servirá ademais para determinar se o proxecto se atopa en fase de consolidación ou crecemento en orixe.
      • Escritura de constitución e estatutos, se e o caso, inscritos no correspondente rexistro da sociedade ou filial en destino ou, no caso de non ter personalidade xurídica propia en destino, acreditación de ter os permisos necesarios para operar no país de destino, ou contrato de alugamento da oficina, local ou centro de negocios.
      • Plan do proxecto.
      • Contratos asinados con persoal ou provedores ou facturas do gasto para o que se solicita a axuda (tamen para os efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
      • As ofertas de diferentes provedores de que dispoña o solicitante na data de presentación da solicitude (tamen para efectos do sinalado no artigo 6.1 destas bases).
    • De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa estea en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de cal se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
    • Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coas copias simples dos documentos relacionados no artigo 8.4. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.
    • Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirir ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
      Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
      Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:
      • a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
      • b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
      • c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
      • d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
      • e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
      • f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior, tamen poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso, o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE núm. 150, do 23 de xuño).
    • Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es , indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703Santiago de Compostela
Teléfono: 900815151Fax: 981558844
Email: informa@igape.es

Versión en formato PDF

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega subvencionando proxectos de internacionalización conxuntos que teñan por obxecto a prospección de mercados do estranxeiro xuntando esforzos, compartindo custos e, se é o caso, estratexia e marca coa finalidade de iniciar, fortalecer ou consolidar a súa presenza nun ou varios mercados.
Tipos de proxectos subvencionables:
a) Proxectos cooperativos en destino para implantación promocional e prospección de mercados. Establecemento de filiais ou oficinas de promoción en destino.
b) Actuacións de promoción agrupada (feiras, desfiles, publicidade, showrooms, catas e degustacións...) en destino.
c) Plataformas de internacionalización en orixe (accións conxuntas para estudo de mercado, busca de clientes, publicidade ..., en mercados exteriores).
d) Licitacións en destino.
e) Tramitación conxunta de certificacións, rexistros, etc., en destino.
f) Plataforma de promoción en liña para mercados exteriores.
g) Outros proxectos cooperativos de promoción internacional en orixe ou destino.
Nestas bases por orixe enténdese Galicia e por destino fóra de España.
Os apoios do programa Primex consistirán en subvencións a fondo perdido para proxectos de internacionalización conxuntos en orixe ou en destino en que o solicitante estea en calquera das seguintes etapas:
a) Inicio: solicitantes con proxectos sen iniciar, ou iniciados pero sen facturación ou vendas como resultado do dito proxecto.
b) Consolidación: solicitantes con proxectos xa iniciados con incremento de volume de negocio en 2014 respecto a 2013 e con facturación como resultado do dito proxecto.
c) Crecemento en orixe: solicitantes con proxectos xa iniciados con incremento de volume de negocio en 2014 respecto a 2013 e con facturación como resultado do dito proxecto e con incremento do número total de empregados por conta allea en 2015 respecto ao número máis elevado de 2014.
Quedan excluídas as axudas á exportación. Debe entenderse por axudas á exportación aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora.
O prazo de execución dos proxectos subvencionables, iniciarase o 1 de xullo de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 xullo de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión da axuda, sen que nunca poida exceder o 31 de marzo do 2017.
Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, recibirían unha axuda inferior a 5.000 ?.
Unha empresa pode presentar un máximo dunha solicitude e non pode computar como socio mínimo doutros proxectos, segundo o requisito establecido no artigo 4.1.3 destas bases.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios:

Empresas.
Son obrigas dos beneficiarios:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
f) Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Xunta de Galicia, así como lendas relativas ao financiamento público nas casetas, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión mais alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es .
Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro).
g) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
h) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
l) Presentar ao Igape un informe o último día de cada trimestre de 2016 e 2017 ?a partir da data da resolución de concesión da axuda e ata o fin do prazo de execución do proxecto? do grao de avance do proxecto e os seus resultados e informe de execución orzamentaria por partidas de gastos subvencionable segundo se indica no anexo III destas bases.

Requisitos:

- Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
- Que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que teñan un proxecto de internacionalización conxunto ?que se acreditará mediante acordo notarial de colaboración ou mediante a documentación relativa á existencia dun consorcio?, con polo menos, outra empresa peme ou non peme, con domicilio social en Galicia, que cumpra o requisito indicado no artigo 4.1.5 desta Resolución, e non vinculadas previamente entre si. A non vinculación previa implica que unha empresa non pode ter participación do capital doutra empresa coa que participa no proxecto de internacionalización conxunto, nin dúas empresas que formen parte do mesmo proxecto de internacionalización conxunto poden ter un accionista común maioritario nalgunha delas. Ademais, dúas empresas participantes no proxecto de internacionalización conxunto non poden ter antes da solicitude de axuda un mesmo representante legal ou administradores comúns.
- Que teñan na data da solicitude e durante todo o prazo de execución do proxecto algún empregado por conta allea en Galicia.
- Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2015, ou en exercicios anteriores.
Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
As empresas que xa tivesen aboada subvención por un proxecto Primex de acordo coa convocatoria do ano 2012 ou anterior ?que non acrediten estar en fase de consolidación ou crecemento? non poderán ser beneficiarios desta convocatoria en proxectos que teñan por obxectivo o mesmo país xa subvencionado e tampouco computarán no mínimo de socios que se exixe nestas bases (artigo 4.1.3) para admitir un proxecto que teña por obxecto ese mesmo país.

Versión en formato PDF

ESTATAL

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 24 de xullo de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores (Plan Primex), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 141 do 28 de xullo de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.