IG638A - Axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, priorizando os mozos sen ou con pouca experiencia e os sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais.

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Formalizar co xestor un contrato de traballo a partir da data de solicitude da axuda e antes da data indicada na resolución de concesión para a presentación de documentación acreditativa da contratación. A contratación será a risco e ventura dos beneficiarios, para o caso, que o xestor contratado non cumpra as condicións establecidas no artigo 7 destas bases.

b) Comprobar que o xestor contratado cumpre os requisitos establecidos no artigo 7 destas bases.

c) Dedicar o xestor a tarefas de internacionalización concretadas nun plan de traballo indicado polo solicitante no formulario de solicitude e que vinculará o beneficiario.

O Igape poderá contrastar co xestor a realización das ditas tarefas de internacionalización mediante cuestionarios periódicos descritivos das tarefas encomendadas.

d) Dar de alta o xestor na Seguridade Social nun grupo de cotización 01 ou 02 ou grupo 04 no caso dos xestores que conten con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional e comunicar a contratación ao Servizo Público de Emprego (Sepe).

e) O beneficiario está obrigado a aboarlle ao xestor, como mínimo, o salario neto subvencionable a que fai referencia o artigo 5.7 destas bases, sen prexuízo de que lle corresponda aboar un salario superior acorde coa súa categoría profesional e titulación, e debe asumir a diferenza coa cantidade subvencionada. O contrato debe establecer a liquidación de nóminas ao xestor co rateo de pagas extras.

f) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, que incorporarán visitas ao lugar de traballo, con base en técnicas de mostraxe; o Igape comprobará, para estes efectos, un mínimo do 10 % dos expedientes, así como facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. Someterse a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, EURATOM) nº 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

g) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

i) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

j) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o PO FSE Galicia 2014-2020, segundo o establecido no anexo III a estas bases.

k) O beneficiario deberá facilitar a información que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e os de resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo.

Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Así mesmo, nos casos en que se produza a substitución do xestor ou xestora, o beneficiario deberá presentar os indicadores de produtividade e de resultado inmediato respecto de cada unha das persoas polas que se percibiu a subvención.

l) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

m) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

n) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se solicita a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza de non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

ñ) Acreditar que o xestor estea dado de alta na Base de xestores de internacionalización do Igape, no caso de que se opoña á súa consulta no anexo V.

o) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

2. Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009). Todos deber ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

As empresas terán que dispor do informe de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de programas do Igape a partir de 2013. De non dispor do citado informe de alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

3. Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

5. Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Condicións da contratación

1. Relativas ao xestor de exportación:

a) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en Comercio Internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

b) En todo caso, deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia.

c) Establécense tres perfís de xestor, con base na idade e experiencia acadados, e nos cales a intensidade da axuda irá acorde co dito perfil:

I) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1984.

1º. En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación específica de posgrao en comercio internacional:

i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

ii) Mestrado de comercio exterior ou

iii) Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional ou

iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

2º. Non teren desempeñado en España con anterioridade, antes da contratación obxecto destas bases, traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 (no caso dos titulados universitarios) ou outro grupo de cotización (no caso dos técnicos de FP) por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas), nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases– por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto, intermediarios do comercio ou con actividades profesionais de consultoría (CNAE 46 e 70).

3º. No caso de estaren inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, a contía da axuda incrementarase segundo o establecido no artigo 6.1.

II) Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes de 1 de xaneiro de 1984.

i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

ii) Máster de comercio exterior ou

iii) Certificado de profesionalidad de comercio exterior ou comercio internacional ou

iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

v) Experiencia laboral menor a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación exixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

III) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1974).

En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación ou experiencia laboral relacionada coa internacionalización empresarial:

i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

ii) Máster de comercio exterior ou

iii) Certificado de profesionalidad ou

iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

v) Experiencia laboral igual ou superior a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación exixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

2. Relativos o contrato:

a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado polo beneficiario na súa solicitude de axuda, que se desenvolverá en Galicia ou no país destino obxecto do proxecto.

b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección.

3. Exclusións:

a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 3 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Enténdese por vinculación entre empresas as que cumpran os requisitos establecidos no artigo 42 do Código de comercio.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294032

Fax: 982294801

Email: lugo@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

15403 Ferrol (Coruña, A)

Teléfono: 981337101

Fax: 981337106

Email: ferrol@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981182239

Fax: 981182240

Email: coruña@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

36003 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986805305

Fax: 986805308

Email: pontevedra@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

32004 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988687289

Fax: 988687290

Email: ourense@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817366

Fax: 986817361

Email: vigo@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 154 do 14 de agosto de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 154 do 14 de agosto de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.