1. A través do procedemento desta orde (ED516A) preténdese seleccionar novos centros públicos para a súa incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, así como apoiar a continuidade deste programa mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos en anteriores convocatorias (sempre que a través do seguimento que se realiza desde a coordinación do programa, e moi especialmente, a través da memoria correspondente ao actual curso 2018/19, acaden unha valoración positiva).
2. O plan de mellora procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan:
a) A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, en evolución cara a un «centro creativo das aprendizaxes».
b) O deseño da biblioteca cun enfoque inclusivo, con atención aos espazos, aos recursos, ás oportunidades e á actitude para unha correcta atención da diversidade.
c) A incorporación de novas tendencias en materia bibliotecaria: espazos para a creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido.
d) A súa contribución á mellora dos procesos de ensino e de aprendizaxe e á adquisición das competencias clave do alumnado.
e) O concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.
f) O deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, é dicir, as competencias de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos, así como o tratamento das linguaxes dos diferentes medios de comunicación.
g) A imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital.
h) A realización de actividades de formación de usuarios das bibliotecas e os seus recursos.
i) O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do proxecto lector de centro.
j) O fomento da lectura e da escritura.
k) A contribución da biblioteca á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro.
l) As posibilidades que ofrece para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.
m) A implicación da biblioteca en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.
3. Poden participar nesta convocatoria os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional incluídos nas seguintes epígrafes:
a) Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores:
1º. Centros incorporados nas convocatorias de 2005 a 2010 (Plambe 1-6), que recibirán asignacións para fondos.
2º. Centros incorporados nas convocatorias de 2011 a 2013 (Plambe 7-9), que poderán recibir asignacións para fondos, así como para mobiliario e outros equipamentos.
3º. Centros incorporados nas convocatorias de 2014 a 2017 (Plambe 10-13), que recibirán asignacións para fondos.
b) Os centros integrados na convocatoria de 2018 (Plambe-14), que poderán recibir contías para fondos, mobiliario ou outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento específicos da biblioteca.
c) Seleccionaranse un mínimo de 25 novos centros, para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2019/20 (número que poderá incrementarse no caso de producírense baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación terán preferencia os centros situados en concellos rurais.
4. Os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Subdirección Xeral de Centros), desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.
5. As asignacións ou axudas, de ser o caso, para os centros de nova incorporación estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento e fixaranse logo da análise das necesidades descritas na solicitude presentada, en función da maior adaptación aos criterios recollidos nesta orde (que se materializará na puntuación acadada pola memoria e programas presentados), e das características de cada centro: número de unidades e de alumnos e alumnas matriculados.
Criterios de selección .
Para a selección dos centros participantes teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Calidade global do programa presentado, considerando o punto de partida, as propostas e previsións de mellora, así como a dinámica de atención á biblioteca escolar xa creada, como espazo para a lectura, información e aprendizaxe (ata 6 puntos).
2. Coherencia interna do programa, entre propostas presentadas, situación real da biblioteca e modelo proposto pola consellería (ata 9 puntos).
3. Viabilidade do programa presentado cunha axeitada correspondencia entre as intervencións programadas e os obxectivos previstos (ata 9 puntos).
4. Grao de adecuación do programa ás orientacións previstas nesta convocatoria, segundo a disposición adicional primeira, en que se desenvolven os obxectivos e funcións da biblioteca como centro de recursos que favoreza a lectura e a escritura (nos seus máis variados contidos, soportes e formatos), a autonomía na aprendizaxe, o estudo, o traballo colaborativo, a adquisición de habilidades no uso e tratamento da información, o acceso ás tecnoloxías da comunicación e da información, a adquisición das competencias clave no seu conxunto e o achegamento dos bens culturais a toda a comunidade escolar:
a) Utilización da biblioteca escolar como centro de recursos centralizado da información e participación activa no desenvolvemento do proxecto lector (ata 12 puntos).
b) Existencia de actividades para o fomento da lectura e outros programas de difusión cultural á comunidade e propostas de utilización como lugar de traballo (ata 12 puntos).
c) Existencia de fondos en diferentes soportes cunha colección equilibrada e con atención á diversidade (ata 12 puntos).
d) Apertura da biblioteca á comunidade de xeito amplo e accesible incluída a atención a actividades formativas (ata 9 puntos).
5. Integración do programa nas actuacións destinadas á adquisición das competencias clave do alumnado e o cumprimento dos obxectivos contemplados no proxecto educativo, así como o grao de participación da biblioteca, dos seus recursos materiais e humanos, no desenvolvemento do proxecto lector de centro (ata 15 puntos).
6. Formación específica da persoa responsable da biblioteca escolar e horario destinado á atención da biblioteca (a formación acreditarase mediante copia dos certificados correspondentes; ata 9 puntos).
7. Composición do equipo de apoio, formación específica e dedicación horaria de atención á biblioteca por parte deste profesorado (a formación acreditarase mediante copia dos certificados correspondentes; ata 9 puntos).
8. Grao de implicación do equipo directivo e do profesorado do centro no seu conxunto (ata 12 puntos).
9. Atención á biblioteca escolar por parte do centro nos dous cursos anteriores en canto a orzamento, melloras, organización e actividades realizadas, especialmente as destinadas á formación do alumnado como usuario de distintas fontes informativas, así como o apoio a programas e actividades do centro:
a) Existencia de intervención no espazo físico da biblioteca así como na colección (fondos bibliográficos, recursos...) e equipamento nos dous últimos cursos con fondos propios (ata 9 puntos).
b) Utilización de sistemas estandarizados de clasificación (CDU) con rexistro e préstamo actualizado e automatizado nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).
c) Realización de actividades de formación de usuarios e actividades de traballos coa información nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).
d) Coordinación de proxectos de carácter interdisciplinario e realización de actividades para a competencia mediática nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).
e) Sistematización de activades de fomento da lectura (hora de ler, mochilas, lecturas compartidas...) nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).
f) Integración da cultura impresa e a cultura dixital desde a concepción da lectura como alfabetización múltiple nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).
g) Publicación de diferentes recursos como boletíns informativos, recomendacións, guías de lectura... tendo en conta a atención á diversidade e a implicación das familias nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).
10. Propostas de mellora nos servizos ofertados pola biblioteca e uso que deles fan os diversos sectores da comunidade escolar, así como na atención aos usuarios da biblioteca, con especial atención á diversidade:
a) Oferta de servizos de lectura en sala, consulta de libros e outros soportes, acceso á internet e préstamo individual e colectivo (ata 9 puntos).
b) Realización de actividades de fomento da lectura, formación de lectores e asesoramento en materia de lectura e de información (ata 9 puntos).
c) Programas específicos de apoio ao estudo con atención á diversidade (ata 6 puntos).
d) Horario de apertura da biblioteca, adaptación ás necesidades da comunidade educativa, colaboración e integración no contorno sociocultural (ata 9 puntos).
11. Criterios, procedementos, indicadores e ferramentas previstas para a avaliación da calidade dos servizos prestados pola biblioteca á comunidade educativa, así como do desenvolvemento e resultado das actividades desenvolvidas:
a) Existencia de criterios para a avaliación do proxecto tendo en conta procedementos e instrumentos e indicadores de calidade (ata 12 puntos).
b) Existencia de ferramentas para a avaliación do servizos e a súa calidade seguindo as recomendacións da Asesoría (ata 6 puntos).
Ler máis Ler menos
Poden participar nesta convocatoria os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional incluídos nas seguintes epígrafes:
a) Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores:
1º. Centros incorporados nas convocatorias de 2005 a 2010 (Plambe 1-6), que recibirán asignacións para fondos.
2º. Centros incorporados nas convocatorias de 2011 a 2013 (Plambe 7-9), que poderán recibir asignacións para fondos, así como para mobiliario e outros equipamentos.
3º. Centros incorporados nas convocatorias de 2014 a 2017 (Plambe 10-13), que recibirán asignacións para fondos.
b) Os centros integrados na convocatoria de 2018 (Plambe-14), que poderán recibir contías para fondos, mobiliario ou outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento específicos da biblioteca.
c) Seleccionaranse un mínimo de 25 novos centros, para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2019/20 (número que poderá incrementarse no caso de producírense baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación terán preferencia os centros situados en concellos rurais.
Ler máis Ler menos
Os centros solicitantes deberán reunir os requisitos seguintes:
1. Contar cun espazo destinado exclusivamente á biblioteca escolar de centro.
2. Presentar un programa para o funcionamento e utilización da biblioteca escolar, acorde coas pautas recollidas nesta convocatoria, cunha xestión centralizada dos fondos documentais e unha organización que permita o seu aproveitamento por toda a comunidade escolar, con prioridade do alumnado e o profesorado.
3. Designar un profesor ou profesora responsable da biblioteca escolar, entre o profesorado definitivo no centro, por un período mínimo de dous anos e asignación de horas, dentro do seu horario lectivo e/ou complementario, en número suficiente para as funcións que lle son propias, aproveitando as marxes que ofrece a actual configuración do réxime horario do profesorado. Este responsable integrarase na Comisión de coordinación pedagóxica do centro.
4. Crear un equipo de biblioteca ou grupo de apoio, de carácter interdisciplinario, formado por profesorado dos diferentes ciclos ou departamentos presentes no centro, con dispoñibilidade e dedicación específica para a realización das distintas tarefas derivadas do programa, que se terá en conta na elaboración dos horarios do profesorado a comezo do curso escolar. Preferentemente, será este profesorado o que realice as «gardas de biblioteca», co fin de garantir a unificación de criterios na xestión e organización dos fondos, e un maior aproveitamento dese tempo lectivo para formación, orientación, asesoramento do alumnado como usuarios de fontes informativas, como lectores críticos e como produtores de información en diversos soportes e formatos; tamén para a propia organización de todas as actuacións en que intervén a biblioteca.
5. Integrar a biblioteca no desenvolvemento do proxecto lector do centro. Incluír o programa da biblioteca na programación xeral anual de centro.
6. Detallar unha serie de compromisos para o vindeiro curso:
a) Asignar un orzamento anual específico (entre un 5 % e un 10 % do orzamento do centro), para o funcionamento e actualización da biblioteca escolar, independente das asignacións a que puidese dar lugar a participación na presente convocatoria.
b) Destinar a totalidade do financiamento conseguido ao abeiro desta convocatoria para a actualización e o funcionamento da biblioteca escolar do centro.
c) Crear unha comisión de biblioteca no seo do Consello Escolar (agás naqueles centros que non conten con este órgano).
d) Participar nas actividades de formación sobre biblioteca escolar que se oferten de forma específica desde a Derección Xeral de Centros e Recursos Humanos para os centros integrantes do programa. Ademais, todos os centros que se incorporan a este programa deberán solicitar un PFPP ao centro de formación e recursos de referencia, nos prazos establecidos, para realizar ao longo do período 2019-2021, relacionado co funcionamento da biblioteca escolar e os seus principais aspectos, ou incluír unha liña específica de biblioteca escolar nos PFPP xa postos en marcha, de ser o caso.
7. Presentar as actividades da biblioteca escolar nas actividades de formación organizadas pola consellería, de ser requiridos pola unidade de seguimento do Plan de mellora de bibliotecas escolares.
8. Contar coa aprobación do Claustro e presentar o proxecto ao Consello Escolar, de ser o caso, para a súa valoración, así como o compromiso de ambos os dous órganos para facilitar a posta en práctica do proxecto.
Ler máis Ler menos
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS
SERVIZO DE XESTIÓN DE PROGRAMAS EDUCATIVOS
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546547 / 881997330
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Orde do 2 de abril de 2019 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 74 do 16 de abril de 2019).
Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, recollidos no anexo II desta orde, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursara as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Realización das probas .
1. Realizaranse dúas convocatorias no curso académico 2019-2020, consonte o seguinte calendario:
a) A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
b) A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.
2. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 10 desta orde.
3. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas e que desexe finalizar os estudos correspondentes ao título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, poderá matricularse destas ensinanzas, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecido na súa normativa reguladora. No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.
Ler máis Ler menos
Para poderen acceder á realización das probas libres obxecto desta orde, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Algunha das condicións de acceso a que se refiren os artigos 6 e 7 da Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.
b) Ter formalizado en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, obxecto da presente convocatoria.
c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres reguladas nesta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
d) Non estar matriculado/a, durante o período de vixencia da matrícula, simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, consonte o establecido no artigo 47 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo.
e) Ter consumida algunha convocatoria nalgún módulo do ciclo formativo para o que solicita a realización da proba.
Ler máis Ler menos
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE ORDENACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997094
Email: sfp@edu.xunta.es.
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Orde do 28 de xuño de 2019 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG nº 133 do 15 de xullo de 2019).
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de admisión para as persoas adultas nos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior nos centros docentes públicos e centros privados que teñan estas ensinanzas concertadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Demandantes de ensinanzas de formación profesional.
Requisitos de acceso aos módulos profesionais dos ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas.
1. Segundo o establecido no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenacio?n xeral da formacio?n profesional do sistema educativo de Galicia, poderá incorporarse á oferta polo réxime para as persoas adultas quen teña feitos dezaoito anos ou os faga no ano natural en que comece o curso escolar.
Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de dezaseis anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización da Inspección educativa.
2. Con carácter xeral, as condicións de acceso á oferta por este réxime serán as mesmas que as establecidas para o réxime ordinario nos artigos 6 e 7 desta orde.
3. Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formacio?n permanente, a integracio?n social e a inclusio?n de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, podera?n acceder a? oferta parcial sen cumprir os requisitos académicos de acceso as persoas adultas que desexen cursar ofertas de mo?dulos profesionais inclui?dos en ti?tulos e asociados a unidades de competencia do Cata?logo nacional de cualificacio?ns profesionais. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas, sempre que acrediten unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que desexen cursar. Esta formación será acumulable para a obtención dun título de formación profesional, pero para obtelo cumprirá acreditar os requisitos académicos de acceso correspondentes.
Ler máis Ler menos
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE XESTIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881997407 / 881997408
Email: dxefpie@edu.xunta.es
SERVIZO DE XESTIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL
Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (DOG nº 120 do 27 de xuño de 2016).
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 01/09/2015 - 10/09/2015.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13 horas do día 10 de setembro de 2015.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546566Fax: 981546542
Esta orde ten por obxecto regular o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional básica, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas.
Procedemento de admisión.
1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
a) Alumnado que cursase 2º de ESO.
b) Alumnado que cursase 3º de ESO.
c) Alumnado que cursase 4º de ESO.
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.
2. A admisión do alumnado corresponde:
a) Nos centros públicos, ao director ou á directora. Ademais, o consello escolar, de existir este órgano colexiado, debe emitir informe, consonte o disposto nos artigos 132.n) e 127.e) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
b) Nos centros privados con ensinanzas concertadas, a admisión do alumnado correspóndelle a quen exerza a súa titularidade, e o consello escolar deberá garantir o cumprimento das normas xerais de admisión, consonte o disposto no artigo 57.c) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Con este fin, o referido consello escolar asesorará a quen exerza a titularidade do centro, que será responsable do cumprimento das citadas normas.
3. Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo nas datas que se establezan.
Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados a correspondente reclamación, no prazo que se estableza.
Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada no caso dos centros públicos ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación.
4. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados remitiranlle á correspondente xefatura territorial, a seguinte documentación:
a) Listaxe do alumnado admitido en cada ciclo formativo.
b) Número de postos escolares non cubertos, detallados por ciclo formativo.
c) Listaxe do alumnado non admitido no centro, xunto coa documentación presentada, de ser o caso.
5. A xefatura territorial correspondente remitirá esta documentación á comisión de escolarización a que se fai referencia no artigo 15 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
6. A comisión de escolarización, á vista da documentación recibida, tendo en conta os postos escolares non cubertos noutros ciclos, procederá a asignarlle praza ao alumnado que fose proposto para a oferta obrigatoria e que non fose admitido no primeiro ciclo solicitado. Para tal fin, a comisión de escolarización terá en conta a prioridade establecida polo alumnado na súa solicitude. A inspección educativa informará a este alumnado para tal efecto.
7. A comisión de escolarización comunicará á xefatura territorial o resultado desta asignación de prazas e, pola súa vez, a persoa titular da xefatura territorial remitirá a proposta de adxudicación subsidiaria de postos escolares aos centros en que, segundo o resultado deste proceso, se vaia producir a escolarización da alumna ou do alumno.
Matrícula.
1. A matrícula realizarase para cada un dos cursos en que se organicen as ensinanzas que conforman o ciclo formativo, que dará dereito a dúas convocatorias anuais.
2. Os traslados de matrícula na formación profesional básica rexeranse polo capítulo V da Orde do 12 de xullo de 2011.
Centros docentes públicos e privados do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional básica.
Segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 107/2014, para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.
AUTONÓMICA
Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas (DOG nº 137 do 22 de xullo de 2015).
Esta orde ten por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2019, co código de procedemento ED523A, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
Modalidades e características dos premios .
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Asesoramento técnico do Igape.
Dotación económica:
1º premio: 3.000
2º premio: 2.000
3º premio: 1.000
2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Asesoramento técnico do Igape.
Dotación económica:
1º premio: 3.000
2º premio: 2.000
3º premio: 1.000
Ler máis Ler menos
Alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. As persoas beneficiarias do premio teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lle competen, segundo dispón o artigo 14.1.K) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Na conta bancaria que figura no anexo I a que se refire o artigo 5 e no anexo II a que se refire o artigo 6 ingresarase, mediante transferencia bancaria, a dotación do premio, no caso de obtelo. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que legalmente correspondan.
3. A persoa beneficiaria ten a obriga de reintegro, total ou parcial, do premio ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, tal como indican os artigos 14.j) e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Para os efectos do artigo 31.7 da Lei 9/2007, utilizarase a declaración responsable recollida no anexo I desta orde. De transcorrer máis de 6 meses desde a presentación desta declaración, o beneficiario ten a obriga de achegar unha nova declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Ler máis Ler menos
Requisitos de participación .
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado no curso 2018/19 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
3. As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indicado no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
Requisitos xerais dos materiais e recursos dixitais .
1. Requisitos de forma.
a) Os traballos serán orixinais e inéditos.
b) Os materiais non incluirán publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.
2. Requisitos técnicos.
a) Os materiais e recursos dixitais terán que visualizarse correctamente nas últimas versións dos navegadores máis comúns. Deben funcionar sen necesidade de instalar ningún plugin específico nun navegador, salvo os de Flash, Java, Descartes e Malted.
b) Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e poderán ser executados en local.
Ler máis Ler menos
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL E RELACIÓN CON EMPRESAS
Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546564
Fax: 881999509
http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 49 do 11 de marzo de 2019).
Extracto da Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 49 do 11 de marzo de 2019).
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Establecerase na secretaría do centro que ofreza o programa.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE ORDENACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546543Fax: 981546551
Regular os programas de cualificación profesional inicial que se impartan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os programas de cualificación profesional inicial, previstos no artigo 30 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa. Teñen unha marcada vocación profesional, permiten a relación co mercado de traballo e facilitan a inserción laboral nunha actividade profesional de xeito cualificado.
Establécense cunhas determinadas características e unha organización co fin de que o alumnado poida obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, o deseño dos módulos obrigatorios aos cales se refire a sección 2.ª do capítulo II desta orde permite que o alumnado que os supere teña a formación necesaria para poder acceder a un ciclo formativo de grao medio.
a) Alumnado escolarizado con dificultades de aprendizaxe que acepte o marco escolar e valore continuar a súa formación nun ámbito profesionalizador, ou ben que se atope en grave risco de abandono escolar.
b) Alumnado desescolarizado por abandono do sistema educativo ou por proceder doutros países, que desexe acceder ao mercado laboral coa acreditación dunha cualificación profesional de nivel 1.
c) Alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade ou trastornos graves de conduta que teñan cursada a escolarización básica en centros ordinarios ou en centros de educación especial, co fin de facilitar a súa inserción laboral.
1. Poderá cursar programas de cualificación profesional inicial, con carácter xeral, o alumnado que teña entre quince e vinte e un anos cumpridos dentro do ano do inicio do programa para o cal se considere que é a mellor opción para alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria, e que non cursase con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial.
2. Non será de aplicación o límite superior de idade nin o requisito de non ter cursado con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial nos seguintes casos:
a) Ofertas específicas de programas de cualificación profesional inicial para o alumnado con necesidades educativas especiais que non poida conseguir os obxectivos da educación obrigatoria, destinadas a facilitar a integración social e laboral deste tipo de alumnado, de acordo co establecido na disposición adicional primeira desta orde.
b) Ofertas de programas externos de cualificación profesional inicial baixo a modalidade C a que se fai referencia no artigo 10 desta orde.
AUTONÓMICA
Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 99 do 23 de maio de 2008).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 02/03/2017 - 15/03/2017.
Para a convocatoria ordinaria: desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. / Para a convocatoria extraordinaria: desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE XESTIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781Coruña, A
Teléfono: 881997407 / 881997408
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Información web: http://www.edu.xunta.es/fp
O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2017 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
- Operador/ora industrial de caldeiras.
- Instalador/ora de gas, categoría A.
- Instalador/ora de gas, categoría B.
- Instalador/ora de gas, categoría C.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
AUTONÓMICA
Orde do 15 de febreiro de 2017 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2017 (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2017).
O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais (código do procedemento ED527A) para o ano 2019 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais :
Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
Operador/a industrial de caldeiras.
Instalador/a de gas, categoría A.
Instalador/a de gas, categoría B.
Instalador/a de gas, categoría C.
Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Ler máis Ler menos
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE XESTIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881997407 / 881997408
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Orde do 23 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2019 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 31/03/2016 - 30/04/2016.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2016.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
S.X. DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN
SERVIZO DE ORDENACIÓN, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546504Fax: 981546550
Información web: http://www.edu.xunta.es/web
A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2016/17 de incorporación dos centros docentes de educación primaria e de educación secundaria sostidos con fondos públicos á Rede de centros plurilingües de Galicia.
A regulación de centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia ten os obxectivos seguintes:
-Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.
-Establecer unha rede de centros plurilingües nos que se empregará a lingua estranxeira no ensino de diversas áreas e materias do currículo.
-Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas obxecto de ensino nos centros educativos para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.
Terán a consideración de centros plurilingües aqueles centros seleccionados, nos que se impartan nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, de educación primaria e/ou secundaria obrigatoria, cunha carga horaria total impartida en lingua estranxeira de ata o máximo dun terzo do horario lectivo do grupo, conforme o que se establece no Decreto 79//2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Esta circunstancia deberá estar reflectida no proxecto educativo e no proxecto lingüístico do centro.
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros sostidos con fondos públicos de educación primaria e de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia, que asuman os seguintes compromisos:
-Realizar as actividades de formación deseñadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para estes centros, e participar nelas.
-Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos centros plurilingües que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organice.
AUTONÓMICA
Orde do 12 de maio de 2011 pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de Centros Plurilingües de Galicia (DOG nº 97 do 20 de maio de 2011).
AUTONÓMICA
Resolución do 14 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2016/17 (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2016).
A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria no curso 2016/17 da ampliación da ensinanza plurilingüe á etapa postobrigatoria de bacharelato nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia.
Centros educativos.
Requisitos dos centros.
Para que os centros plurilingües poidan ampliar o programa na etapa do bacharelato deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Ser un centro pertencente á Rede de centros plurilingües desde o curso 2010/11, 2011/12 ou 2012/13 e que, polo tanto, no curso 2015/16, xa ten o programa implantado en toda a etapa da ESO.
2. Impartir en lingua estranxeira ata un máximo dun terzo do horario lectivo de cada grupo de alumnos e alumnas.
3. Dispor de profesorado cualificado para impartir as materias non lingüísticas en lingua estranxeira en toda a etapa.
4. Garantir que todo o alumnado que curse bacharelato dentro do programa plurilingüe poida seguir esta etapa con aproveitamento.
5. Aprobación do proxecto polo consello escolar, unha vez oído o claustro do profesorado.
6. Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos propios centros que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organice.
Requisitos do profesorado.
O profesorado que imparta materias non lingüísticas en lingua estranxeira deberá reunir os seguintes requisitos, establecidos no artigo 7 da Orde do 12 de maio de 2011, pola que se regulan os centros plurilingües e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de centros plurilingües de Galicia:
1. Ser especialista da materia que vai impartir en lingua estranxeira ou estar en posesión da habilitación correspondente.
2. Acreditar o nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), segundo a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Ler máis Ler menos
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
S.X. de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado
Servizo de Ordenación, Convivencia e Participación Educativa
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546544
Fax: 981546550
Email: centrosplurilingues@edu.xunta.es
Servizo de Ordenación, Convivencia e Participación Educativa
Resolución do 14 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2016/17 nos centros pertencentes á Rede de centros plurilingües de Galicia (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2016).